Metodoloxías Descrición Cualificación
Proba de ensaio Comentario de texto que pretende a comprobación sobre o grao de desenvolvemento de distintas competencias asociadas á materia. Terá en conta o desenvolvemento dos contidos presentados nas sesións maxistrais e traballados nas actividades realizadas polo alumnado. A súa realización pódese apoiar na documentación achegada e noutras lecturas realizadas 40
Portafolios do alumno Traballo reflexivo do estudante que se pode facer de maneira individual ou en pequeno grupo e no que se reflicten as dinámicas das sesións interactivas en relación cos elementos abordados nas sesións expositivas. 60
 
Observacións avaliación

Para aprobar a materia será preciso que cada un dos elementos de avaliación estean aprobados. Se algún dos elementos está aprobado e ou outro non gardarase para a segunda oportunidade a cualificación do elemento aprobado e só terá que recuperar o suspenso. 

Para o alumnado que por razóns debidamente acreditadas (alumnado matriculado a tempo parcial ou ao que sobreveña algunha continxencia laboral e/ou persoal)  non teña unha asistencia sistemática o portafolios orientarase cara a lecturas coas correspondentes reflexións arredor das temáticas abordadas na materias.