Metodoloxías Descrición Cualificación
Estudo de casos As actividades de estudos de caso consisten na elaboración dun itinerario de formación e no deseño dunha proposta de intervención que integre a perspectiva de xénero.
Estas dúas actividades son grupais (máximo catro persoas) e inscríbense nas características da aprendizaxe colaborativa. Ambalas dúas actividades son aplicables a actividade de simulación.
15
Simulación Actividade grupal. Consiste no deseño de actuacións para a inserción laboral requeridas nunha convocatoria pública simulada. Esta actividade realízase conxuntamente coa materia de Acción Socioeducativa con Minorías e Colectivos Vulnerables. A súa finalidade é promover a aprendizaxe autónoma e colaborativa baixo a tutela e seguimento da profesora. 35
Proba mixta Integrará preguntas de resposta breve e de resolución de casos prácticos relacionados cos estudos de caso ou coa actividade de simulación. 50
 
Observacións avaliación
Para superar a materia

é imprescindible obter a metade da cualificación
outorgada a cada unha das tres actividades que computan na avaliación.

Na
convocatoría de xullo

só se valora a proba mixta que incrementa o seu valor até
10.

 

As actividades grupais

van ser obxecto de autoavaliación e coavaliación. Os seus resultados van se reflectir na cualificación global.


Poden realizarse actividades optativas

polas que se poden acadar até 2 puntos. Estas actividades van ser presentadas na primeira semana de aulas e o alumnado interesado  ten que   comunicar  na última semana de setembro   que actividades vai realizar.


Aquelas persoas que, por razóns debidamente acreditadas non podan ter
unha asistencia superior ó 85%

, poden acollerse a unha modalidade
de avaliación específica. Para poder optar  esta modalidade   hai que contactar,  a máis tardar  o 18 de setembro ou cando se produza a circunstancia que impida a asistencia ás aulas. 
coa docente para concretar as actividades de avaliación e o proceso de
supervisión e seguimento das mesmas. Para estes casos varia  o peso na cualificación global das actividades de avaliación 
e engádese a elaboración dun informe sobre as aprendizaxes e competencias adquiridas.