Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Actividades teóricas e prácticas presenciais: Clases directas e exercicios na aula co obxectivo de que o/a alumno/a adquira as competencias de Tipo A (relativas á comprensión dos contidos temáticos da asignatura), tendo en conta que deberán establecerse as ferramentas analíticas necesarias, en función das novas tecnoloxías da información e a comunicación; e ademáis, as habilidades axeitadas ás competencias Tipo B.
Traballos tutelados Traballo persoal co obxectivo do uso por parte do alumnado das competencias Tipo A (coñecementos) e as do Tipo B, mediante a realización de comentarios críticos, traballos de revisión/investigación e análises dos temas de educación de maior actualidade e situacións ou realidades sociais relativas á análise social en materia educativa.
Investigación (Proxecto de investigación) O Traballo Teórco Práctico constitue o núcleo central da asignatura, tanto no que se refire á actividade a desenvolver polo alumnado como polo que respecta a súa avaliación
Análise de fontes documentais Nese traballo, o marco teórico e recollida de información (secundaria) existente sobre o obxectivo da investigación fixado polo alumnado, co asesoramento do profesor, supón unha parte fundamental e que ven a sustituir a parte memorística e a proba obxectiva ou examen. É dicir, documentarse e saber sobre o caso da investigación vai a ser considerada como a parte teórica da asignatura a superar.
Presentación oral Si a disposición de tempo o permite, os traballos serán presentados en clase, tanto para que o resto de compañeiros podan saber deles, como para ir practicando este tipo de facetas do traballo técnico
Lecturas Tanto para a parte teórica da asignatura como para saber qué hai sobre o tema elexido, as lectuas son imprescindibles para enterarse, non caer en repeticións nin en erros
Discusión dirixida Trátase de agudizar o razoamento crítico nas materias de educación e o seu significado sociolóxico no proceso de cambio social existente na actualidade.