Metodoloxías
Traballos tutelados
Aprendizaxe colaborativa
Discusión dirixida
Descrición
Na atención personalizada o profesor resolverá as dúbidas que teña o alumno sobre os diferentes temas a traballar na materia. Ademais, calquera dúbida que poida xurdir para a solución de problemas, nas lecturas como nos traballos das clases máis prácticas (interactivas). Durante estas sesións, realizarase un seguimento do traballo do alumno, supervisando e orientando o proceso a seguir en cada unha das actividades realizadas.

Esta atención personalizada realizarase no despacho do profesorado (P1A18) no horario de tutorias. Este horario está colgado no taboleiro que está no despacho do profesor, na páxina web do departamento de Filosofía e Métodos de Investigación en Educación como da Facultade de Ciencias da Educación.

A ATENCIÓN PERSONALIZADA REALIZARASE CARA A CARA ENTRE O ALUMNO E PROFESOR POLO QUE A ATENCIÓN VITUAL NON FORMA PARTE NIN SE REALIZARÁ NESTA MATERIA. O CORREO ELECTRÓNICO DO PROFESOR NON SE DEBE UTILIZAR COMO: ELEMENTO PARA SOLICITAR CITA NIN PARA REALIZAR CONSULTAS.