Seminario |
O traballo do seminario constitúe, xunto coas sesións maxistrais, o elemento central do traballo de aula na materia. Aborda o estudo dos núcleos temáticos dos contidos mediante a análise, posta en común, discusión e interpretación de textos (artigos e capítulos de libros) propostos ó alumno.
O traballo de seminario supón unha doble tarefa, a realizar fóra da aula, por conta do alumno. Por unha banda, a lectura previa dos textos. Por outra, o comentario de fragmentos extraídos dos mesmos e posterior, en consecuencia, ás sesións de seminario. Proporánse ó alumno 5 fragmentos, un por cada un dos bloques de contidos, dos que entregará 3 comentarios. |
Sesión maxistral |
Recurrirá á exposición oral do profesor, co obxectivo de introducir nos núcleos conceptuais principais das unidades temáticas abordadas e establecer as pautas esenciais para a lectura dos textos que serán obxecto de análise e discusión nas sesións de seminario. |
Proba mixta |
Realizarase segundo a data e hora previstas no calendario oficial de exames. Constará do comentario dun fragmento extraído dos textos obxecto de lectura nas sesións de seminario e dunha cuestión teórica sobre os contidos abordados na aula, tanto nas sesións maxistrais coma nos seminarios. |