Aprendizaxe colaborativa |
O alumnado deberá desenvolver un traballo de investigación aplicada sobre unha iniciativa educativa e/ou cultural local. O número de membros do grupo será de tres persoas e non deberán entregala, senón defendela no espazo e prazo que indicará ao seu debido tempo o profesor. |
Discusión dirixida |
Ao longo do cuadrimestre, abordaremos proxectos ou experiencias para ser discutidas en clase. |
Sesión maxistral |
Consiste en explicacións do profesor así como doutras persoas, nomeadamente profesionais en activo no ámbito da acción educativa e cultural local, do exercicio profesional en cuestión. O profesor especificará no seu momento e con suficiente antelación, o número e compoñentes de ditas sesións. |