Metodoloxías Descrición
Proba obxectiva Nas datas sinaladas oficialmente para a celebración dos exames, terá lugar unha proba escrita sobre o temario da materia exposto nas clases de docencia expositiva.
Sesión maxistral É a explicación por parte do profesorado dos contidos da materia na aula na denominada docencia expositiva. Ocasionalmente apoiarase en soporte visual. As clases son para entender os conceptos e as teorías e formular posibles dúbidas sobre estes. Durante o curso de poderán realizar seminarios, conferencias, coloquios e xornadas relacionadas con temas obxecto da materia, aos que os alumnos deberán de asistir, existindo a posibilidade de que nos exames se poida incluír algúns dos temas tratados nas devanditas actividades.