Análise de fontes documentais |
Técnica metodolóxica que supón a utilización de documentos audiovisuais e/ou bibliográficos (fragmentos de reportaxes documentais ou películas, noticias de actualidade, paneis gráficos, fotografías, biografías, artigos, textos lexislativos, etc.) relevantes para a temática da materia con actividades especificamente deseñadas para a análise dos mesmos. Pódese empregar como introdución xeral a un tema, como instrumento de aplicación do estudo de casos, para a explicación de procesos que non se poden observar directamente, para a presentación de situacións complexas ou como síntese de contidos de carácter teórico ou práctico. |
Sesión maxistral |
Mediante unha exposición oral, o profesor tenta transmitir os conceptos e coñecementos éticos e xurídicos básicos da materia. A súa singularidade fai que adique tamén un tempo á exposición da linguaxe específica que soporta os conceptos, e que serve de principal medio de comunicación e argumentación ética e xurídica. Sen estas sesións aclaratorias o estudante terá dificuldades para comprender axeitadamente a linguaxe e os conceptos que integran os aspectos éticos e xurídicos da investigación biomédica |
Proba obxectiva |
Exame teórico final que consistirá en preguntas breves e/ou tipo test e, no seu caso, unh pregunta tipo tema sobre o contido teórico da asignatura. |