Metodoloxías Descrición Cualificación
Sesión maxistral Evaluación con modalidad de Prueba mixta.
0
Estudo de casos - Evaluación continua:
Total: 3 puntos
1 punto/profesor.

30
Proba mixta - Exame:
Sobre 7 puntos/profesor.
Media do tres profesores.
Só ten validez a media do tres cualificacións e non as cualificacións por separado dos profesores.
Necesitarase unha cualificación media igual ou maior a 3.5 puntos para sumar coas cualificacións da avaliación continua. Se fose inferior a 3.5 puntos, a cualificación final da materia será de Suspenso/a.
70
 
Observacións avaliación

CUALIFICACIÓN DA MATERIA REHABILITACIÓN DO ADULTO CON DISCAPACIDADE FÍSICA DO GRAO EN TERAPIA EN TERAPIA OCUPACIONAL:

1.- AVALIACIÓN CONTINUA: 30%

Sobre 1 punto, traballo en grupo fóra de clase de carácter preferentemente práctico (estudo de casos, entrevistas, simulacións, entre outros) ou outra fórmula, segundo metodoloxía específica organizada en ?actividades iniciais? e avaliada ao final da materia segundo determine o Prof. Sergio Santos da Rega.

Sobre 1 punto, avaliación de caso/s clínico/s práctico/s ou outra fórmula, segundo metodoloxía específica que organizará e explicará o Prof. Antonio Montoto Marqués ao comezo das súas clases.

Sobre 1 punto, avaliación de caso/s clínico/s práctico/s ou outra fórmula, segundo metodoloxía específica que organizará e explicará o Prof. Antonio Rodríguez Sotillo ao comezo das súas clases.

2.- EXAME: 70%

Cada profesor puntuará o seu parte de exame sobre un máximo de 7 puntos. Obterase a cualificación media do tres partes dos profesores, que deberá ser igual ou maior a 3.5 puntos para sumar coas cualificacións da avaliación continua. Se fose inferior a 3.5 puntos, a cualificación final da materia será de Suspenso/a.

3.- INFORMACIÓN SOBRE A CUALIFICACIÓN FINAL:

- En relación coa convocatoria/curso, realizarase só un exame final, co tres partes, na primeira oportunidade  e outro na segunda oportunidade (xuño) para preservar a equidade no trato cos estudantes.

- Na primeira oportunidade, o exame realizarase en data próxima á finalización das clases da materia, caso de contar coa aprobación nos órganos colexiados universitarios pertinentes, a efectos de garantir que os estudantes adquiran as competencias desta materia con anterioridade á impartición completa das materias aplicadas do ciclo vital.

- A materia compórtase e avalía como un todo: só computará a cualificación media global do exame, non as cualificacións individuais de cada profesor.

- O profesor responsable da materia determina o prazo de entrega das cualificacións revisadas do resto de profesores da materia, elabora e expón publicamente a cualificación final nun prazo determinado e realiza as últimas matizacións de calidade, contexto e institucionais previamente á introdución na aplicación informática en prazo oficial das cualificacións finais de cada estudante.

- A non realización dalgunha metodoloxía de avaliación continua polo estudante cualificarase como non presentado/a (NP) e repercutirá na cualificación final como NP, de igual forma considerarase a non realización dalgunha das partes do exame.

- O estudante ten dereito a ter unha cualificación numérica na avaliación continua, en ambas as oportunidades, nas condicións específica que cada profesor estime, moi especialmente na oportunidade de Xullo.

- Observacións: Para axudar a conseguir unha contorna inmediata sustentable e cumprir o obxectivo estratéxico 9 do I Plan de Sustentabilidade Medio-ambiental Green Campus FCS, os traballos documentais que se realicen nesta materia:

a.- Mayoritaríamente solicitaranse en formato virtual e soporte informático.

b.- De realizarse en papel:

- Non se utilizarán plásticos.
- Realizaranse impresións a dobre cara.
- Empregarase papel reciclado.
- Evitarase a realización de borradores.