Metodoloxías Descrición Cualificación
Saídas de campo Valorarase a capacidade de análise do ámbito e a descrición escrita realizada polo alumno (avaliando de forma negativa os erros gramaticais e ortográficos), así como a aplicación dos coñecementos teórico-prácticas e a capacidade de síntese. 15
Proba mixta Se valorará, además de los conocimientos adquiridos, la capacidad de expresión escrita del alumno (evaluando de forma negativa los errores gramaticales y ortográficos), y la integración de conceptos. 25
Prácticas de laboratorio Valorarase: a puntualidade, a asistencia obrigatoria, a responsabilidade, a iniciativa, o interese, a actitude ante as normas, a relación co equipo de compañeiros, a integración e a aplicación de conceptos teóricos-prácticos adquiridos previamente, as destrezas, a aprendizaxe colaboradora e os coñecementos adquiridos. A presentación oral dos traballos e a realización dos exercicios. 20
Estudo de casos Valorarase, ademais dos coñecementos adquiridos, a capacidade de expresión escrita do alumno (avaliando de forma negativa os erros gramaticais e ortográficos), a integración de conceptos e a capacidade de resolución de problemas. Para iso, terase en conta a aplicación dos modelos de práctica de terapia ocupacional específicos: Modelo Canadense do Desempeño, Modelo de Ocupación Humana, Modelo do Desempeño Ocupacional, Modelo Kawa, Modelo da adaptación a través da ocupación, Modelo australiano de terapia ocupacional, Modelo do déficit cognitivo, Modelo de habilidades adaptativas, Modelo da saúde a través das actividades 30
Proba oral Valoraranse os coñecementos adquiridos referentes ó contido da materia, as habilidades e destrezas para a práctica da Terapia ocupacional neste ámbito. Así mesmo será avaliada a actitude crítica, a capacidade de razoamento e a argumentación ofrecida nas respostas. 10
 
Observacións avaliación

O sistema de cualificacións
expresarase mediante cualificación numérica acordo co establecido no art. 5 do Real
Decreto 1125/2003 de 5 de setembro (BOE 18 de setembro), polo que se establece
o sistema europeo de créditos e o sistema de cualificacións nas titulacións
universitarias de carácter oficial e validez en todo o territorio nacional
Sistema de cualificacións: 0-4.9=Suspenso 5-6.9=Aprobado 7-8.9=Notable
9-10=Sobresaliente 9-10 Matrícula de Honor (Graciable).

 







Para aprobar a materia, o alumno debe entregar todos os traballos,
participar no laboratorio e ter unha cualificación mínima de 1.25 puntos na
proba mixta e de 0.5 na proba oral. É dicir, só se terán en conta para a
cualificación final da materia todas as notas dos traballos de Estudo de Casos,
Laboratorios e Saída de campo, se o alumno ten unha puntuación mínima de 1.75
nas probas (suma da proba mixta e proba oral). En caso contrario, a nota da
convocatoria corresponderá á nota acadada nas probas e as notas dos demais
traballos se terán en conta para a cualificación do alumno na segunda
oportunidade (xullo).