Datos Identificativos | 2014/15 | |||||||||||||
Asignatura | Relacións Literarias no Espazo Galaico-Portugués: Séculos XVI e XXI | Código | 710476008 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Mestrado Oficial | 1º cuadrimestre |
Primeiro | Obrigatoria | 3 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Descrición |
Sesión maxistral | Presentación, desenvolvemento e análise de contidos teóricos e procedementais fundamentais para o alumnado atinxir as competencias e destrezas previstas no seminario. Segundo a porcentaxe derivada do seu tipo de matrícula, o alumnado deberá asistir ás aulas teóricas presenciais en que se presentarán conceptos e estratexias cuxo coñecemento será exixido para a superación do curso. |
Lecturas | Realización dunha serie de lecturas, relativamente breves, previamente seleccionadas polo docente e relacionadas directamente cos contidos abordados no seminario. |
Traballos tutelados | Realización dun breve estudo relacionado cos asuntos abordados no seminario. Este traballo poderá ser realizado de maneira individual ou colectiva e será executado de acordo coa planificación (canto a prazos, objetivos, procedementos, estrutura, fontes, etc) realizada polo profesor no inicio do seminario. |
Discusión dirixida | Presentación polo profesor ou polo alumnado dunha serie de casos teórico-práticos para a súa análise conxunta e colaborativa ao longo das sesións presenciais. Previamente, deberán preparar as discusións patenteando as súas argumentacións no espazo de traballo colaborativo on-line. |
Presentación oral | Exposición oral ao conxunto da turma dos resultados do traballo tutelado e/ou de unha lectura breve atribuída de entre a listaxe fornecida polo profesor no início das sesións. Durante esas presentacións orais, o alumnado utilizará os recursos tecnolóxicos precisos ao efecto e demostrará a asunción e a aplicación práctica dos contidos, destrezas e competencias abordados durante o seminario. |
Proba de ensaio | O alumnado deberá superar unha proba escrita ao final do cuadrimestre. |