Traballos tutelados |
O alumnado deberá desenvolver un traballo tutelado polo profesor responsábel da materia. Os prazos para a determinación do tema, as sesións de atendemento e a entrega do mesmo serán anunciados na primeira sesión presencial. |
Análise de fontes documentais |
Análise de documentos audiovisuais ou bibliográficos (fragmentos de reportaxes documentais ou filmes, noticias de actualidade, gráficos, fotografías, biografías, artigos, textos lexislativos, etc.) como instrumento de aplicación de estudo de casos. |
Presentación oral |
O alumnado deberá realizar a presentación oral de algúns supostos prácticos de expresión oral en lingua portuguesa que o profesor presentará durante as sesións presenciais e, eventualmente, tamén do traballo tutelado. |
Actividades iniciais |
Actividades de sondaxe das competencias previas do alumnado en lingua portuguesa e de presentación dos obxectivos, metodoloxías e mecanismos de avaliación do curso.
|
Estudo de casos |
Perante a descrición dunha situación específica de comunicación, o alumnado (de maneira individual ou en grupo) realizará dous tipos de actividades: nuns casos, recoñecer as variantes lingüísticas presentes e proceder ao estudo do léxico e a morfosintaxe (e, cando o soporte documental o permitir, tamén a fonética); noutros, defrontarse de maneira práctica aos reptos comunicacionais da situación presentada (ora oralmente, ora por escrito), atendendo ás cuestións gramaticais -con especial atención ás pragmáticas.
A adaptación á situación real proposta das solucións fornecidas polos participantes serán discutidas e avaliadas nun proceso de práctica oral da lingua até alcanzar unha decisión razoada. |