Metodoloxías Descrición Cualificación
Discusión dirixida
Valorarase a participación, a coherencia na exposición e a achega persoal.
5
Lecturas
Avaliarase a entrega na data establecida, síntese e reflexión persoal do asunto tratado.
5
Prácticas a través de TIC Avaliaranse as prácticas de acordo coa asistencia e a execución das prácticas sinaladas.

10
Traballos tutelados
Computará a adecuación ás pautas marcadas (contido e presentación), a aplicación dos coñecementos adquiridos, a coherencia entre a proposta e o seu desenvolvemento, as iniciativas, a resolución de problemas, fontes e bibliografía utilizada, e entrega no prazo establecido.
35
Proba obxectiva
Valorarase a adecuación das respostas ás preguntas expostas, os coñecementos, a ausencia de erros, a achega persoal, así como a claridade, síntese e orde na exposición, e a presentación.
45
 
Observacións avaliación

A realización dos traballos tutelados é requisito imprescindible para presentarse á proba obxectiva. Para aprobar a materia deberán superarse tanto a proba obxectiva como os traballos tutelados. As notas dos traballos tutelados, individuais e en grupo, en caso de ser positivas, conservarase para as dúas probas sucesivas do ano académico; en caso de nota negativa, e tamén para as dúas probas sucesivas, poderase/n reelaborar o/o traballo/s presentado/s inicialmente ou presentar un novo traballo, sempre de acordo coa profesora.
As entregas da discusión dirixida, prácticas e lecturas terán que presentarse na data establecida. Nestes casos, non hai opción á súa repetición nin entrega posterior.