Metodoloxías Descrición Cualificación
Proba obxectiva Os alumnos terán que superar un exame nas datas oficialmente establecidas. Dito exame constará de dúas partes, unha para a avaliación dos coñecementos adquiridos nas clases presenciais e outra que realizarán apoiados nos resumos das lecturas que levaran a cabo. 40
Recensión bilbiográfica Os alumnos terán que presentar, antes do día establecido para o exame, individualmente e por escrito, dúas recensións ou análises de contenido de dúas lecturas ou textos convidos co profesor. Poderán ser citados polo profesor para comentar ditos contidos. 20
Traballos tutelados Os alumnos, de forma individual ou colectiva (non máis de tres) realizarán un traballo, que entregarán antes da data do exame, sobre algún dos temas ou aspectos contidos no programa. Levarán tamén a cabo traballos, nas clases interactivas, utilizando as novas tecnoloxías. Todos estes traballos estarán dirixidos ou tutelados polo profesor e servirán para evaluar e, no seu caso, liberar esta parte da materia. 40
 
Observacións avaliación