Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Exposición nas aulas dos contidos teóricos da materia. Solución de problemas do alumnado.
Traballos tutelados Realización en grupo dun traballo proposto e tutelado pola profesora sobre contidos do programa
Glosario Elaboración no Campus Virtual do vocabulario da materia
Lecturas Proporciónanse textos de lectura obrigada que complementan ou substitúen as sesións maxistrais
Resumo Síntese e comentarios escritos dos textos das lecturas
Prácticas a través de TIC Análise das prácticas levadas adiante polos distintos tipos de bibliotecas en relación ós contidos do programa
Presentación oral Exposición na aula das análises realizadas coas prácticas a través das TIC
Proba de ensaio Proba na que se busca responder por escrito a preguntas de certa amplitude valorando que se proporcione a resposta esperada, combinada coa capacidade de razoamento (argumentar, relacionar, etc.), creatividade e espírito crítico.