Metodoloxías Descrición
Proba obxectiva Método de avaliación dos coñecementos adquiridos polo alumnado. Haberá unha proba final obxectiva que computará para a cualificación global. Poderán tamén realizase probas de autoevaluación para os diversos bloques temáticos.
Prácticas a través de TIC Actividades de carácter práctico que permiten ao alumnado aprender de forma efectiva a teoría dun ámbito de coñecemento. Realizaranse procuras bibliográficas, procuras de información e consultas a diferentes recursos accesibles a través de Internet.
Sesión maxistral Desenvolvemento expositivo dos contidos esenciais correspondentes aos temas en que se divide o programa. Visualización de exemplos e modelos. Resposta a dúbidas e preguntas.
Traballos tutelados Estarán orientados á aplicación dos conceptos e técnicas da materia de forma autónoma por parte do alumnado, contando sempre coa atención personalizada e seguimento da docente. Os traballos elaboraranse de acordo coas pautas formais e de contido proporcionadas pola profesora.
Lecturas Inclúese baixo este epígrafe o resumo e comentario de lecturas, vídeos, conferencias, etc. Trátase de actividades que permiten profundar nos contidos traballados.
Obradoiro Tarefas prácticas sobre un tema determinado, con apoio e supervisión da profesora, que inclúen exposicións, debates, prácticas guiadas, solución de problemas, etc.