Metodoloxías Descrición Cualificación
Traballos tutelados Computará a adecuación ás pautas marcadas (contido e presentación), a aplicación dos coñecementos adquiridos, a coherencia entre a proposta e o seu desenvolvemento, as iniciativas, a resolución de problemas, fontes e bibliografía utilizada, e entrega no prazo establecido. E a presentación oral.
40
Obradoiro Computarase a asistencia e os traballos e actividades realizadas no taller.
5
Proba obxectiva Valorarase a adecuación das respostas ás preguntas expostas, os coñecementos, a ausencia de erros, a achega persoal, así como a claridade, síntese e orde na exposición, e a presentación.
45
Lecturas Avaliarase a entrega na data establecida, síntese e reflexión persoal do asunto tratado.

5
Prácticas a través de TIC Avaliaranse as prácticas de acordo coa asistencia e a execución das prácticas sinaladas.

5
 
Observacións avaliación
A realización dos traballos tutelados é requisito imprescindible para presentarse á proba obxectiva. Para aprobar a materia deberán superarse tanto a proba obxectiva como os traballos tutelados. As notas dos traballos tutelados, individuais e en grupo, en caso de ser positivas, conservarase para as dúas probas sucesivas do ano académico; en caso de nota negativa, e tamén para as dúas probas sucesivas, poderase/n reelaborar o/o traballo/s presentado/s inicialmente ou presentar un novo traballo, sempre de acordo coa profesora.
As entregas das prácticas, talleres e lecturas terán que presentarse na data establecida. Nestes casos, non hai opción á súa repetición nin entrega posterior.