Metodoloxías Descrición Cualificación
Traballos tutelados A calificación dos traballos tutelados representará un máximo dun 5% sobre a nota de cada unha das partes da asignatura, sempre e cando a calificación das probas obxectivas sexa superior a un 4, como se pode apreciar no apartado de "Proba obxectiva" . 5
Solución de problemas A calificación destes problemas representará un máximo dun 5% sobre a nota de cada unha das partes da asignatura, sempre e cando a calificación das probas obxectivas sexa superior a un 4, como se pode apreciar no apartado de "Proba obxectiva" 5
Proba obxectiva Unha proba obxectiva que consistirá nun examen que se dividirá en duas partes:

1.- Hidrostática
2.- Hidrodinámica

Cada unha de estas partes dividirase a súa vez en Teoría e Práctica.

Para poder aprobar a materia haberá que ter alo menos un 4 (sobre 10) en cada unha das partes citadas (Hidrostática e hidrodinámica). Esa nota obterase considerando en conxunto as notas de Teoría e máis de Práctica.

A parte de Teoría terá unha valoración do 65 % ou o 60 % do total e a de práctica o 35 % ou o 40 % do total, en cada unha de esas duas partes antes citadas, a definir ó comezo do curso, e farase público a través de Moodle e nas clases presenciais.

A valoración de cada unha de esas partes será.

1.- 50 % do total
2.- 50 % do total

Haberá, adicionalmente aos exames finais, uns exames parciais de cada unha das partes antes sinaladas.

Todo estes exames serán liberatorios, pero esta liberación só terá valor ata o remate do curso académico 2014-2015. En ningún caso esta liberación será válida para a proba da convocatoria extraordinaria de decembro.

A LIBERACIÓN DAS PARTES SO SE PODERÁ FACER DE FORMA CONXUNTA PARA CADA PARTE, POLO TANTO, NON SE LIBERARÁ DE FORMA INDIVIDUALIZADA TEORÍA E PROBLEMAS DE CADA PARTE.

A nota final do alumno obterase do seguiente modo:

Nota final = 50% Nota Hidrostática + 50% Nota Hidrodinámica

Nota Hidrostática = 90% Proba obxectiva + 5% Solución Problemas (se a nota da proba obxectiva>4) + 5% Traballo Tutelado (se a nota da proba obxectiva>4)

Nota Hidrodinámica = 90% Proba obxectiva + 5% Solución Problemas (se a nota da proba obxectiva>4) + 5% Prácticas Laboratorio (se a nota da proba obxectiva>4)
90
 
Observacións avaliación