Metodoloxías Descrición Cualificación
Solución de problemas Asistencia recomendada 0
Discusión dirixida Asistencia recomendada 0
Proba obxectiva A teoría contribúe o 40% á nota e os problemas un 60% 90
Prácticas de laboratorio Obrigatorias: Non se permiten faltas non xustificadas 10
Sesión maxistral Asistencia recomendada 0
 
Observacións avaliación
Realizarase unha proba obxectiva parcial ao longo do cuadrimestre e unha proba final coincidindo coa data do exame aprobada en Xunta de Centro.

A proba final constará dunha parte de teoría e unha parte de problemas e terá unha duración máxima de 4 horas.

A asistencia e a realización das prácticas de laboratorio son obrigatorias. O seu peso na cualificación establécese na táboa.