Metodoloxías Descrición Cualificación
Proba obxectiva Realizaranse varios exames parciais tipo test que se levarán cabo en horario de clase.

Tamén se levará a cabo un exame de problemas

Todas as preguntas do test teñen catro posibles respostas das cales só unha é verdadera. Na cualificación do test aquelas respostas equivocadas restan 0,3 puntos, mentres que as respostas en branco non se puntúan.

Calquera nota inferior a 4.0 penalizará, computando o dobre á hora de realizar a nota media dos exames. Por exemplo, se un alumno obtivo nos parciais as seguintes notas: 7, 6, 3 y 2; a súa nota media será: (7+6+3+3+2+2) / 6 = 3,83.

Para ter opción ao aprobado débese obter máis de 4,0 nas probas obxectivas

O alumno poderá presentarse de novo aos parciais que considere oportuno o 4 de xuño co obxecto de mellorar nota.

En caso de que obtivese unha nota inferior á anterior, conservaráselle a primeira nota
75
Presentación oral Realizaranse dúas presentacións orais dos traballos tutelados 10
Sesión maxistral Os alumnos que asistan a máis do 80% das clases terán 0,5 puntos sobre 10 na nota final 5
Traballos tutelados Realizaranse dous traballos tutelados en grupo sobre distintos aspectos do temario que posteriormente se expoñerán oralmente 10
 
Observacións avaliación