Código Competencias da titulación
A54 Coñecer os conceptos, e técnicas numéricas e gráficas, esenciais sobre a fiabilidade e a súa aplicación a problemas de enxeñaría.
A55 Coñecer e manexar o software dispoñible para o control fiabilidade e saber aplicar cada técnica estudada mediante algunha ferramenta informática.
A56 Formular e resolver problemas numéricos no ámbito da enxeñaría mecánica con MATLAB.
A57 Modelar matematicamente sistemas e procesos e resolver o modelo por medio de técnicas numéricas.
B2 Resolver problemas de forma efectiva.
B7 Comunicarse de xeito efectivo nun ámbito de traballo.
B8 Actitude orientada ao traballo persoal intenso.
B10 Actitude orientada á análise.
B12 Capacidade para encontrar e manexar a información.
B16 Fixar obxectivos e tomar decisións.
B17 Analizar e descompoñer procesos.
B18 Capacidade de abstracción, comprensión e simplificación de problemas complexos.
B22 Vontade de mellora continua.
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.