Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral As clases maxistrais, serán a base das sesións presenciais de teoría, ás cales se deberá acudir co tema correspondente lido, de forma que a participación na clase sexa máis alta.
Proba mixta A proba mixta consistente na realización dunha proba obxectiva, xunto cunha proba onde o alumno deberá resolver problemas relacionados con de a materia. Será a metodoloxía básica para a avaliación do alumno.
Prácticas de laboratorio As prácticas de laboratorio van encamiñadas a plasmar e comprobar o funcionamento dos circuítos e sistemas desenvolvidos durante as clases de teoría.
Así mesmo preténdese que o alumno se familiarice cos equipos de medida cos que se atopará na súa vida profesional.
Simulación As clases de problemas poderán ir acompañadas da utilización de simuladores para a comprobación do funcionamento dos circuítos.