Metodoloxías Descrición Cualificación
Seminario Participación activa e traballo realizado na resolución de cuestións teóricas e problemas prácticos (de forma individual ou en grupos moi reducidos) 20
Proba mixta Proba escrita que inclúe resolución de problemas e cuestións breves (referentes tanto a contidos teóricos como ás prácticas de ordenador) 70
Prácticas de laboratorio Resolución de problemas de carácter práctico e ilustración de aspectos teóricos coa axuda do programa de ordenador Matlab/Octave 10
 
Observacións avaliación

A cualificación final da materia consta de tres partes:

No caso do alumnado matriculado a tempo completo:

  • a cualificación das prácticas de laboratorio: NP (entre 0 e 1)
  • a cualificación da proba mixta: NE (entre 0 e 7)
  • a cualificación dos seminarios: NS (entre 0 e 2)

No caso do alumnado matriculado a tempo parcial:

  • a cualificación dunha memoria de prácticas de ordenador: NP (entre 0 e 1)
  • a cualificación da proba mixta: NE (entre 0 e 7)
  • a cualificación dun traballo aplicado a un problema real da Enxeñaría: NS (entre 0 e 2)

A cualificación final será a suma de NP+NE+NS para o alumnado matriculado a tempo parcial. Para o alumnado matricualdo a tempo completo isto soamente sucederá no caso no que se cumpran as seguintes condicións:

  • as ausencias inxustificadas nos seminarios e nas prácticas de laboratorio non superen o 10%
  • a cualificación da proba mixta NE sexa maior que 2.45

Noutro caso, a cualificación final será a dada pola proba mixta NE. Tanto as cualificacións NP como NS conservaranse na segunda oportunidade de avaliación. De ser solicitado polo alumnado, a cualificación NP poderá ser tida en conta en avaliacións posteriores.