Código Competencias da titulación
A1 Capacidade para a redacción, firma, desenvolvemento e dirección de proxectos no ámbito da enxeñaría industrial, e en concreto da especialidade de electrónica industrial.
A10 Coñecementos básicos sobre o uso e programación dos ordenadores, sistemas operativos, bases de datos e programas informáticos con aplicación en enxeñaría.
A16 Coñecer os fundamentos da electrónica.
A17 Coñecer os fundamentos dos automatismos e métodos de control.
A25 Coñecer os fundamentos e aplicacións da electrónica analóxica.
A26 Coñecer os fundamentos e aplicacións da electrónica dixital e microprocesadores.
A27 Coñecemento aplicado de electrónica de potencia.
A28 Coñecemento aplicado de instrumentación electrónica.
A29 Capacidade para deseñar sistemas electrónicos analóxicos, dixitais e de potencia.
A30 Coñecer e ser capaz de modelar e simular sistemas.
A31 Coñecementos de regulación automática e técnicas de control e a súa aplicación á automatización industrial.
A32 Coñecer os principios e aplicacións dos sistemas robotizados.
A33 Coñecemento aplicado de informática industrial e comunicacións.
A34 Capacidade para deseñar sistemas de control e automatización industrial.
A36 TFG:Capacidade para a elaboración, presentación e defensa, ante un tribunal universitario, dun exercicio orixinal consistente nun proxecto no ámbito da Enxeñaría Industrial de natureza profesional en que se sinteticen e integren as competencias adquiridas nas ensinanzas.
B1 Capacidade de resolver problemas con iniciativa, toma de decisións, creatividade e razoamento crítico.
B4 Capacidade de traballar e aprender de forma autónoma e con iniciativa.
B5 Capacidade para empregar as técnicas, habilidades e ferramentas da enxeñaría necesarias para a práctica desta.
B6 Capacidade de usar adecuadamente os recursos de información e aplicar as tecnoloxías da información e as comunicacións na enxeñaría.
B7 Capacidade para traballar de forma colaborativa e de motivar un grupo de traballo.
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.