Metodoloxías Descrición Cualificación
Proba obxectiva Exame final de tipo test (20 preguntas) 50
Proba de resposta múltiple Exame parcial de tipo test (10 preguntas) 20
Prácticas a través de TIC Exame de tipo test (5 preguntas) que avaliará o coñecemento do programa estatístico empregado nas prácticas (R/R Commander) 30
 
Observacións avaliación

A proba de resposta múltiple (exame parcial) realizarase ó longo do
curso (a título orientativo, unha vez impartido o tema 4). A proba
obxectiva (exame final) abarcará os contidos de tódolos temas (temas 1 a
7). Na avaliación das Prácticas a través de TIC, sen perxuizo da nota
obtida no test, o profesor poderá ter tamén en conta a
asistencia regular ás prácticas durante o curso. Para superar a
asignatura na avaliación correspondente á primeira oportunidade é
necesario acadar unha cualificación total mínima de 50 puntos, sendo en
todo caso necesaria a presentación á proba obxectiva. Quen non se
presente á proba obxectiva será cualificado como 'non presentado'. No
caso de que a cualificación obtida sumando a proba de resposta múltiple e
a proba obxectiva sexa menor que a da proba obxectiva puntuada sobre un
máximo de 70 puntos, reemplazarase aquela cualificación por esta
última.

Na avaliación correspondente á segunda oportunidade farase
unha proba obxectiva similar á da primeira oportunidade, que
contribuirá á cualificación cun máximo de 70 puntos. Non se fará proba
de resposta múltiple nin se gardará a nota obtida na primeira
oportunidade nesa proba. A avaliación das Prácticas a través de TIC
farase mediante un test semellante ao da primeira oportunidade,
que contribuirá á cualificación cun máximo de 30 puntos. No caso de que a
asistencia regular ás prácticas durante o curso se tivera en conta na
primeira oportunidade, tamén será tida en conta (e co mesmo criterio) na
avaliación da segunda oportunidade.