Metodoloxías Descrición Cualificación
Sesión maxistral A presenza e participación nas clases aportará un máximo de 5 % co 100 % da asistencia. A relación asistencia-puntuación non será lineal, asistencias inferiores o 50% non puntuarán. A cualificación engadese o alumno se logra acadar un mínimo do 40% do valor da proba obxectiva. 5
Solución de problemas O alumno entregará nos prazos estipulados polo profesor cada un dos problemas da colección que se lle requira. A escolma de problemas que se lle facilitará colgará da paxina web da UDC. Podendo acadar por entrega de problemas como máximo 5 puntos sobre os 100 de cualificación final.
A defensa individual durante a clase de resolución dos problemas, engadirá o alumno 5 puntos como máximo.
Quedando a liberdade do profesor a petición individual de defensa da resolución dos problemas, ase como a entrega dos mesmos o alumno xa corrixidos.
10
Proba obxectiva Realizaranse segundo as datas aprobadas en xunta de escola convocatoria ordinaria de xaneiro e de 2ª oportunidade de xullo, ditas probas estarán dividida en dúas partes: 1ª parte, con preguntas de teoría que inclúen dende o primeiro ata o derradeiro tema explicado nas clases, despois dun receso farase entrega da 2ª parte (problemas). A distribución dos pesos de cualificación das diferentes partes da proba obxectiva farase en función do grado de dificultade de ámbalas dúas partes. O profesor notificará dito criterio no intre de principiar a proba obxectiva.
O alumno deberá vir cunha calculadora, unha regra, un bolígrafo e o carné acreditativo: documento oficial da escola, DNI o pasaporte.
75
Saídas de campo A asistencia as saídas de campo e obrigatoria e aporta un 5% do computo da avaliación.

As saídas de campo avaliaranse cun cuestionario que se entregara cos exames das convocatorias ordinaria e 2ª oportunidade, normalmente farase coa parte de preguntas de teoría, aportando un 5%
10
 
Observacións avaliación

A participación nas actividades de Prácticas de Laboratorio, Saidas de Campo, Eventos Cientificos ou divulgativos e Talleres porán facerse ou non , en función da dispoñibilidade dos medios físicos. Se o elevado número de matricula impedise a feitura das saidas de campo a parte porcentual na avaliación engadiríase o 75% da proba obxetiva da convocatoria ordinaria.

Se o alumno acadase unha puntuación superior a 4 na proba obxetiva da convocatoria ordinaria e a calificación final non chegase o aprobado o mestre pora propoñerlle un mini proxecto que defendera nas datas que estime o profesor, se a calificación dese traballo+defensa acadara o 5 aprobaría a materia sen ter que presentarse na convocatoria de 2ª oportunidade.

Queda a criterio do mestre a posibilidade de puntuar ata un máximo dun 20% a realización de actividades extracurriculares, propostas na area de enxeñaría eléctrica de tematica vinculante ou afin a materia, ditas actividades consistirían na, asistencia a conferencias, simposios ou xornadas, realización de prácticas de empresa,etc.