Metodoloxías
Seminario
Prácticas de laboratorio
Descrición
Prácticas de laboratorio.: Se guía ao alumno de forma individualizada no desenvolvemento de cada unha das prácticas de laboratorio. Aínda que no desenvolvemento da primeira práctica existen grandes diferenzas nas necesidades de cada alumno, progresivamente vanse homoxeneizando en canto ás súas necesidades de atención personalizada. Sen ningunha dúbida, a identificación deste parámetro é fundamental para determinar que a totalidade dos alumnos progresa durante o desenvolvemento da materia.

Seminarios.: Mediante o traballo conxunto en desenvolvementos prácticos con pequenos grupos formados en cada seminario.

Atención personalizada.: Toda cuestión tecnolóxica exposta polo alumno, en persoa, tutorías, email., etc.