Metodoloxías Descrición Cualificación
Prácticas de laboratorio Avaliación continua (participación, controis periódicos mediante exames tipo test). 10
Seminario Avaliación continua (participación, controis periódicos mediante preguntas orais e exames tipos test) 5
Aprendizaxe colaborativa Avaliación continua (valoración de traballos en grupos reducidos) 10
Proba mixta Inclúe.

1.- PROBA DE ENSAIO.- Preguntas cortas que requiren unha resposta breve.

2..- PROBA OBXECTIVA.- Inclúe preguntas de resposta múltiple, preguntas de resposta breve e proba de completar

3.- PROBA ORAL.
60
Obradoiro Avaliación continua (realización dos CADERNOS DE TRABALLO DE ANATOMÍA HUMANA).
5
Prácticas clínicas Avaliación continua (seqún grado de adquisición de competencias básicas na valoración clínica do aparato locomotor, mediante a valoración funcional de músculos e articulacións). 10
 
Observacións avaliación
A materia, de 9 ECTS, está dividida en dúas partes:



  • Anatomía Humana (de 6 ECTS; Prof. Isaac Fuentes)


  • Cinesioloxía Estrutural (3 ECTS; Prof. Sergio Santos del Riego e Prof. José Ramón Meilán).

 

A materia avalíase mediante:



  • un exame final (cun valor de 6,0 sobre 10)


  • avaliación continua (cun valor de 4,0 sobre 10).

 

EXAME FINAL. A contribución de cada parte da materia na cualificación do exame final é:



  • Anatomía Humana: 4,0 sobre 6

  • Cinesioloxía estrutural: 2,0 sobre 6 (1 punto por profesor)

Para aprobar o exame, é necesario alcanzar a metade da puntuación (3,0 sobre 6), debendo obter como mínimo 0,6 sobre 6 no exame de Cinesioloxía Estrutural.

 

AVALIACIÓN CONTINUA. A avaliación continua resulta da media aritmética das calificacións sobre 4 puntos obtidas por cada un dos tres profesores da materia. Para aprobar a avaliación continua é necesario obter un mínimo de 2,0 sobre 4.

 

Para aprobar a materia é necesario ter aprobado o exame e a avaliación continua.

 

Ó inicio do curso académico, o coordinador da materia explicará con detalle ó alumnado os criterios de avaliación.

 

2ª convocatoria (xullo).- Mantense a cualificación da avaliación continua obtida na 1ª convocatoria. Respecto ó exame, o alumnado só se presentará a parte suspensa da 1ª convocatoria.

 

Avaliación da parte de Anatomía Humana (Prof. Isaac Fuentes).- O exame consistirá nun test de 12 preguntas (cada pregunta con 4 afirmacións; só unha é correcta; non se puntúa negativo por resposta incorrecta; o aprobado está en 7 respostas correctas) e en 5 preguntas cortas. O exame tipo test contribuye nun 50% e o exame de preguntas cortas contribuye nun 50% á cualifiación final do exame desta parte da materia. Para a avaliación continua teranse en conta a realización dos cadernos de prácticas, probas tipo test periódicas sobre unidades temáticas da materia, presencialidade e participación activa nas prácticas de laboratorio e seminarios.

 

Avaliación da parte do Prof. Sergio Santos del Riego (Cinesioloxía Estrutural).- Realiza avaliación continua empleando dúas rúbricas que entregará ao inicio da asignatura: unha para o alumnado (cada alumno evalúa a un grupo de compañeiros dunha maneira reglada) e outra para o profesor. A puntuación final é a media aritmética de ambas rúbricas. A rúbrica do alumnado valora a adecuación da Preparación /Estrutura, a aportación de recursos materiais apoio/clase, o coñecemento da materia, a habilidade: aplicacións xerais e ocupacionais da materia, a expresión verbal e actitude persoal e o compromiso co grupo. A rúbrica do profesor evalúa asistencia e participación, presentación diapositivas: Organización, estrutura, novas aportacións, o traballo Word (Presentación e Redacción/Forma e Contidos/Fondo), os coñecementos e habilidades do raquis e os membros superior e inferior. O exame consiste en preguntas tipo test ou preguntas cortas.

 

Avaliación da parte do Prof. José Ramón Meilán Devesa (Prácticas de CinesioloXía Estrutural).- A avaliación continua baséase na presencialidade e participación activa durante as clases prácticas. O exame consiste na valoración dun grupo muscular e dunha goniometría articular. Ademáis, poderase incluir unha parte de estiramentos, na que o alumnado terá que explicar a maniobra e a implicación do grupo muscular ou músculo illado. Calquera destas accions se corresponderá coas explicadas en clase e levadas a cabo por todo o alumnado durante o desenvolvemento das clases prácticas.