Datos Identificativos 2011/12
Asignatura (*) Psicofarmacoloxía Código 652438013
Titulación
MESTRADO UNIVERSITARIO EN PSICOLOXÍA APLICADA
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 2º cuadrimestre
Primeiro Obrigatoria 3
Idioma
Castelán
Galego
Prerrequisitos
Departamento Psicoloxía
Coordinación
Laffon Lage, Blanca
Correo electrónico
blanca.laffon@udc.es
Profesorado
Laffon Lage, Blanca
Correo electrónico
blanca.laffon@udc.es
Web
Descrición xeral Nesta materia se achegará ao estudante ás bases neurofisiolóxicas da psicofarmacoterapia, aos aspectos farmacocinéticos e farmacodinámicos subxacentes aos mecanismos de acción farmacolóxica, e aos principais grupos de psicofármacos e a súa utilidade terapéutica.

Competencias do título
Código Competencias da titulación
A2 Saber identificar os factores persoais, psico-sociais e/ou educativos que poden pór en risco a saúde das persoas.
A3 Ser capaz de elaborar un informe científico que implique definir un problema de investigación, as hipóteses e variables asociadas, así como definir o deseño, a mostra e o seu modo de selección, as ferramentas de recollida de datos e a súa consecuente análise e discusión.
A12 Adquirir un coñecemento teórico básico sobre o estado da arte nas diferentes áreas implicadas na psicoloxía aplicada.
A13 Coñecer e ser capaz de utilizar os diferentes modelos, teorías, métodos e técnicas de avaliación e intervención que son específicos dos distintos ámbitos da investigación en Psicoloxía Aplicada e desenvolver unha actitude crítica propia do espírito científico.
A16 Adquirir os coñecementos e destrezas necesarias para a exposición e defensa dun traballo de investigación.
B3 Traballo en equipo.
B5 Habilidades nas relacións interpersoais.
B15 Capacidade de traballar cun equipo interdisciplinario.
B16 Capacidade para comunicarse con persoas non expertas na materia.
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral como escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.

Resultados de aprendizaxe
Competencias de materia (Resultados de aprendizaxe) Competencias da titulación
Coñecer as bases neurofisiológicas da acción dos psicofármacos AI12
Coñecer as características e principais factores que afectan a cada un dos catro procesos farmacocinéticos AI12
Coñecer os mecanismos xerais de acción dos fármacos, a utilidade das curvas doses-resposta e os factores implicados na variabilidade interindividual na resposta a fármacos AI2
AI12
Coñecer os principais grupos de psicofármacos, o seu mecanismo de acción e a súa aplicación clínica AI2
AI12
Coñecer as etapas no desenvolvemento de novos psicofármacos AI12
Dominar a linguaxe científica propio da disciplina e comunicarse de xeito efectivo AI3
AI13
CM1
Traballar en grupo de forma colaborativa BI3
BI5
BI15
Saber expresarse en público AI16
BI16

Contidos
Temas Subtemas
I. Introdución 1. Bases neurofisiolóxicas da Psicofarmacoloxía: neurofisioloxía celular, comunicación interneuronal, principios de psicofarmacoterapia
II. Farmacoloxía 2. Conceptos básicos en Farmacoloxía

3. Farmacocinética: procesos de absorción, distribución, metabolización e eliminación

4. Farmacodinamia: mecanismos de acción dos fármacos, curvas doses-resposta, variabilidade na resposta farmacolóxica
III. Psicofármacos 5. Fármacos psicolépticos: hipnóticos, ansiolíticos, neurolépticos

6. Fármacos psicoanalépticos: antidepresivos, psicoestimulantes, nootropos

7. Sustancias psicodislépticas
IV. Avances 8. Desenvolvemento de novos psicofármacos

Planificación
Metodoloxías / probas Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Proba de resposta breve 0 2 2
Sesión maxistral 16 28 44
Seminario 4 4 8
Traballos tutelados 0 15 15
Solución de problemas 2 2 4
 
Atención personalizada 2 0 2
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Proba de resposta breve Ao finalizar o programa da materia realizarase unha proba que constará de preguntas de resposta curta. Coa publicación das cualificacións provisionais fixarase para uns días despois a revisión de exames por parte dos alumnos
Sesión maxistral Introdución polo profesor dos contidos do programa con axuda de materiais multimedia. Resolución ás cuestións expostas polos estudantes
Seminario Seminarios bibliográficos nos que os alumnos exporán ante a clase os traballos tutelados realizados.
Posteriormente realizarase un debate sobre o tema exposto
Traballos tutelados Traballos tutelados sobre un tema proposto polo profesor. Realizaranse para iso tutorías nas que o profesor orientará aos alumnos sobre os puntos a tratar en cada traballo e proporcionaralles material bibliográfico orientativo. Unha copia en papel dos traballos entregarase en man, e outra en formato electrónico (MS Word ou Adobe Acrobat) xunto coa presentación (PowerPoint ou Adobe Acrobat) entregaranse a través do Campus Virtual antes da data fixada. Os traballos estarán a disposición de todos os alumnos no Campus Virtual.
Solución de problemas Clases prácticas nas que se tratará a resolución de problemas sobre distintas cuestións relacionadas co temario da materia

Atención personalizada
Metodoloxías
Traballos tutelados
Descrición
Para levar a cabo os traballos tutelados realizaranse tutorías nas que o profesor orientará aos alumnos sobre os puntos a tratar en cada traballo e proporcionaralles material bibliográfico orientativo.

A solicitude dos alumnos realizaranse tutorías nas que o profesor resolverá as dúbidas e cuestións expostas por aqueles, ofreceralles orientación e axudaralles no desenvolvemento tanto das competencias específicas da materia como nas competencias transversais e nucleares da titulación.

Avaliación
Metodoloxías Descrición Cualificación
Solución de problemas Se valorará a asistencia regular e a participación 5
Proba de resposta breve Proba con preguntas de resposta curta 40
Traballos tutelados Realización obrigatoria dun traballo tutelado 40
Seminario Se valorará a asistencia regular e a participación 5
Sesión maxistral Se valorará a asistencia regular e a participación 10
 
Observacións avaliación

Fontes de información
Bibliografía básica

Brunton, L.L.; Lazo, J.S.; Parker, K.L. (2007) Goodman & Gilman Las bases farmacológicas de la terapéutica. México D.F.: McGraw-Hill Interamericana.

Cabrera Bonet, R.; Mencías Rodríguez, E.; Cabrera Forneiro, J. (1993) Toxicología de los psicofármacos. Madrid: Mosby.

Flórez, J. (2001) Farmacología humana. Barcelona: Masson.

Gómez-Jarabo, G. (2007) Farmacología de la conducta. Manual básico para psicoterapeutas y clínicos. Madrid: Síntesis.

Janicak, P.G.; Davis, J.M.; Preskorn, S.H.; Ayd, F.J. Jr.; Marder, S.R.; Pavuluri, M.N. (2006) Principles and practice of psychopharmacotherapy, 4th edition. Philadelphia: Lippincott Williams & Wilkins.

Pöldinger, W. (1984) Compendio de psicofarmacoterapia. Basilea: Roche.

Salazar, M.; Peralta, C.; Pastor, J. (2005) Tratado de psicofarmacología. Bases y aplicación clínica. Madrid: Panamericana.

Schaztberg, A.F.; Nemeroff, C.B. (2006) Tratado de psicofarmacología. Barcelona: Masson Elsevier.

Snyder, S.H. (1992) Drogas y cerebro. Barcelona: Prensa Científica.

Stahl, S.M. (2002) Psicofarmacología esencial. Bases neurocientíficas y aplicaciones clínicas. Barcelona: Ariel.

Bibliografía complementaria

Bayés, R. (1977) Iniciación a la farmacología del comportamiento. Barcelona: Fontanella.

Bear, M.F.; Connors, B.W.; Paradiso, M.A. (1998) Neurociencia. Explorando el cerebro. Baltimor: Williams & Wilkins.

Bravo Ortiz, M.F. (2008) Psicofarmacología para psicólogos. Madrid: Síntesis.

Carlson, N.R. (2006) Fisiología de la conducta (8ª Edición). Madrid: Pearson Educación.

Mulder, G.J.; Dencker, L. (2006) Pharmaceutical Toxicology. Scarborough: Pharmaceutical Press.

Pies, R.W. (2000) Manual de psicofarmacología básica. Barcelona: Masson.

Pinel, J.P.J. (2007) Biopsicología. Madrid: Pearson Educación.

Raviña Ruvira, E. (1987) Introducción al diseño de fármacos. Santiago de Compostela: Servicio científico Roche.

Rosenzweig, M.R.; Leiman, A.L.; Breedlove, S.M. (2001) Psicología Biológica. Barcelona: Ariel.

Salazar, M.; Peralta, C.; Pastor, J. (2005) Guía de estudio del Tratado de psicofarmacología. Madrid: Panamericana.


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Biopsicoloxía/652438010

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións
-Recoméndase ter coñecementos de informática a nivel usuario, para a utilización do Campus Virtual e a preparación do traballo obrigatorio e a súa exposición. -Recoméndase ter coñecementos de inglés, para a consulta de materiais bibliográficos.


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías