Datos Identificativos 2011/12
Asignatura (*) Inserción e orientación laboral Código 652606612
Titulación
5 MESTRADO UNIVERSITARIO EN PROFESORADO DE EDUCACIÓN SECUNDARIA: FORMACIÓN E ORIENTACIÓN LABORAL
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial Anual
Primeiro Obrigatoria 4
Idioma
Prerrequisitos
Departamento Filosofía e Métodos de Investigación en Educación
Coordinación
Arza Arza, Neves
Correo electrónico
neves.arza@udc.es
Profesorado
Arza Arza, Neves
Correo electrónico
neves.arza@udc.es
Web
Descrición xeral

Competencias do título
Código Competencias da titulación
A1 Coñecer o valor formativo e cultural das materias correspondentes á especialización.
A2 Coñecer os contidos que se cursan nos respectivos ensinos.
A3 Coñecer a historia e os desenvolvementos recentes das materias e as súas perspectivas para poder transmitir unha visión dinámica das mesmas.
A4 Coñecer contextos e situacións en que se usan ou aplican os diversos contidos curriculares.
A5 Coñecer os desenvolvementos teórico-prácticos do ensino e a aprendizaxe das materias correspondentes.
A6 Transformar os currículos en programas de actividades e de traballo.
A7 Adquirir criterios de selección e elaboración de materiais educativos.
A11 Coñecer e aplicar propostas docentes innovadoras no ámbito da especialización cursada.
A12 Analizar críticamente o desempeño da docencia, das boas prácticas e da orientación utilizando indicadores de calidade.
A13 Identificar os problemas relativos ao ensino e a aprendizaxe das materias da especialización e expor alternativas e solucións.
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
C5 Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras.
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.

Resultados de aprendizaxe
Competencias de materia (Resultados de aprendizaxe) Competencias da titulación
Identificar as atribucións docentes e as funcións do profesorado da especialidade de FOL no campo da orientación profesional e compreder a importancia e necesidade de formación neste ámbito de intervención AP4
CM7
Coñecer a evolución e situación actual da orientación profesional no sistema educativo e no ámbito labora e saber das prestacións dos servizos e entidades relacionadas coa orientación e inserción laboral AP3
AP4
Analizar o desenvolvemento teórico da orientación, coñecer as características conceptuais, as áreas, os principios e os modelos de intervención da orientación profesional e reflexionar sobre as súas implicacións para a práctica. AP3
AP5
CM5
Identifica-los factores que interveñen na inserción laboral e analizala súa relación coas áreas de intervención. AP5
Analizar o currículo das materias e módulos da especialidade de FOL tendo como criterios as características conceptuais da orientación profesional, as áreas e modelos de intervención. AP1
AP2
Analizar e deseñar programas e materiais de orientación profesional para o ensino secundario, para os programas de cualificación profesional inicial e para os ciclos formativos. AP4
AP6
AP7
AP12
Coñecer as posibilidades de utilización de Internet e da web 2.0 na OP e concretalas na programación das materias da especialidade AP6
AP11
CM3
CM6
Analizar a influenza do xénero na toma de decisións académicas e profesionais e na inserción laboral e identificar os indicadores da desigualdade por razón de xénero no sistema educativo e no mercado laboral. AP1
AP3
AP13
CM4
Identificar os obxectivos, contidos e principios da orientación profesional non sexista, analizar e deseñar programas ou actividades que integren a perspectiva de xénero AP1
AP6
AP7
AP11
AP12
CM4
Utilizar axeitadamente a terminoloxía específica relacionada cos contidos da materia CM1

Contidos
Temas Subtemas
Tema 1. A orientación profesional:campo de intervención do profesorado de FOL



1.1. A orientación profesional/laboral no currículo dos módulos e áreas que imparte o profesorado de FOL
1.2. A orientación profesional/laboral como función: as atribucións do profesorado de FOL nos departamentos de orientación e nos departamentos de información e orientación profesional.
1.3. A orientación profesional no temario de acceso á especialidade

Tema 2. Orientación profesional e orientación laboral
2.1 Delimitación, caracterización conceptual da orientación profesional e da orientación laboral e relacións entre ambas.
2.2. Inserción laboral, profesional, sociolaboral e transición da escola a vida activa. Factores de inserción laboral.
2.3. Áreas de intervención
2.4. Modelos de intervención
2.5. A orientación na avaliación, recoñecemento e acreditación de competencias
Tema 3. Xénero e orientación profesional
3.1. O xénero como factor condicionante da toma de decisións académicas e profesionais.
3.2. Radiografía das desigualdades de xénero do sistema educativo e do mercado laboral
3.3. A OP para a igualdade de oportunidades na normativa legal: evolución e situación actual.
3.4. Finalidades, obxectivos e contidos da OP para a igualdade de oportunidades.
5.5.Análise e deseño de programas e actividades de OP non sexista

Tema 4. A utilización de internet e da web 2.0 en orientación profesional l
4.1. Ámbitos de utilización de Internet

4.2. As aplicacións da web 2.0

4.3. Implicacións nas competencias profesionais do profesorado de FOL
Tema 5. Desenvolvemento e situación actual da orientación profesional e laboral no sistema educativo e no ámbito laboral
2.1. Principais fitos e tendencias no desenvolvemento da OP.
2.2. Organización e funcións da OP no sistema educativo.
2.3. Organización e funcións da OL no ámbito laboral
2.4. A orientación profesional nas políticas de formación e emprego da UE.


Planificación
Metodoloxías / probas Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Actividades iniciais 1 0 1
Análise de fontes documentais 3 16 19
Sesión maxistral 11 0 11
Aprendizaxe colaborativa 4 8 12
Presentación oral 1 1 2
Portafolios do alumno 0 13 13
Estudo de casos 7 27 34
Proba mixta 1 3 4
 
Atención personalizada 4 0 4
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Actividades iniciais Actividades de coñecementos previos que se realizarán ao inicio de cada tema.
Análise de fontes documentais As actividades de análise documental abordan distintas temáticas da materia:
a) Análise do currículo das materias da especialidade e de dous libros de texto (actividade grupal)
b) Análise de programas e actividades de orientación non sexista (actividade grupal)
c) Análise de documentos que permiten profundizar nalgún dos contidos da materia e que dos que se dará conta no portafolios (actividade individual)
d)Análise dos sesgos sexistas nun libro de texto das materias da especialidade (actividade grupal)
Sesión maxistral O método expositivo vai ser utilizado para presentar, explicar e sintetizar os contidos dos temas que integran o programa da materia.
Aprendizaxe colaborativa A aprendizaxe colaboativa é o principio que ha de rexir nas actividades grupais de análíse de fontes documentais e nas de estudo de casos.
Presentación oral Presentación grupal dun dos estudos de caso e da análise dos sesgos sexistas nos libros das materias da especialidade
Portafolios do alumno Consiste nun informe no que o alumnado da conta das aprendizaxes adquiridas, da súa aplicación no TFM e no período de prácticas e da relación existente co resto das materias do mestrado. No portafolios hai que incluír un mapa conceptual dos contidos da materia.
Estudo de casos a) Deseño de actividades que inclúan a perspectiva de xénero.

b) Deseño de actividades que incorporen algún dos ámbitos de utilización de Internet e da web 2.0.
Proba mixta Está orientada á avaliación das aprendizaxes tanto teóricas como prácticas. Combina preguntas curtas e de síntese dalgúns dos contidos abordados na materia.

Atención personalizada
Metodoloxías
Portafolios do alumno
Estudo de casos
Descrición
A titoría vai ser grupal e individual. A titoría ten como finalidades o apoio no proceso de aprendizaxe e ó seguimento e supervisión dalgunhas das actividades que, como se indica na planificación, esixen de apoio personalizado (análise de fontes documentais, portafolios do alumnado e estudo de casos)

Avaliación
Metodoloxías Descrición Cualificación
Análise de fontes documentais As actividades de análise documental abordan distintas temáticas da materia:
a) Análise do currículo das materias da especialidade e de dous libros de texto (actividade grupal)
b) Análise de programas e actividades de orientación non sexista (actividade grupal)
c) Análise de documentos que permiten profundizar nalgún dos contidos da materia e da que hase dar conta no portafolios (actividade individual)
d)Análise dos sesgos sexistas nun libro de texto das materias da especialidade (actividade grupal)
As actividades grupais deste apartado desénvolvense no marco da aprendizaxe colaborativa
20
Portafolios do alumno Consiste nun informe no que o alumnado descrebe o proceso de aprendizaxe e as aprendizaxes adquiridas, a súa aplicación no TFM e no período de prácticas e a relación co resto das materias do mestrado. 35
Estudo de casos
a) Deseño de actividades que inclúan a perspectiva de xénero. O alumnado destinatario está a cursar un Programa de Cualificación Profesional Inicial.

b) Deseño de actividades que incorporen os distintos ámbitos de utilización de Internet para un grupo que está a cursar un Ciclo Formativo. .
As dúas actividdes de estudo de caso son grupais e inscríbense nas características da aprendizaxe colaborativa.
25
Proba mixta Preguntas curtas nas que se valoran as capacidades de análise, reflexión e relación.
20
 
Observacións avaliación

A cualificación final 

será o resultado  das puntuación obtidas nas tres   actividades de avaliación:

  • Cartafol individual (4 puntos)
  • Actividades grupais (4 puntos)
  • Proba mixta (2 puntos)
Para superar a materia cómpre sacar a metade da cualificación que se asigna a cada unha das tres actividades.

O portafolios do alumnado é unha actividade individual e ha de   conter os seguintes apartados:
  • Aprendizaxes adquiridas (que sabía /que aprendín, pódese utilizar como  criterio os obxectivos de  cada tema, incorporar  as aprendizaxes conseguidas  na realización das actividades grupais)
  • Reflexión sobre o proceso de aprendizaxe  (forma de afrontar o estudo, dúbidas, dificultades e superación das mesmas, cuestións nas que profundizar.....
  • Relación/vinculación coas materias do módulo xenérico e especialmente coas materias do itinerario de FOL.
  • Aplicación na elaboración do TFM
  • Listaxe de cuestións  relacionada cos contidos da matería que terás que observar e analizar durante as prácticas
  • Elaboración dun mapa conceptual dos contidos da materia
Ó rematar a materia e na data que se fixe, cada grupo presentará  un dossier no que se  inclúan todas as actividades realizadas. Tamén hai que incorporar unha descrición e reflexión sobre o funcionamento do grupo (distribución de tarefas, número de reunións grupais realizadas e obxectivos das mesmas, cambios introducidos e que se deberíand e ter feito para o seu mellor funcionamento). 

Na avaliacion do programa e da docencia van se utilizar os seguintes medios:

- Observacións e reflexións da profesora sobre o desenvolvemento do programa
- A valoración do alumnado recollida en distintas sesións.
- Cuestionario final.


 

Fontes de información
Bibliografía básica Sánchez Garcia, M. F. (2006). Orientación laboral. Para la diversidad y el cambio . Madrid: Sanz Torres
Espin, J. e outras (1996). Análisis de recursos educativos desde una perspectiva sexista. Barcelona: Editorial Laertes
Rodríguez Moreno, M.L. (2010). Desarrollo de competencias: teoria y práctica. Barcelona:Editorial Laertes
Alastruey. R. (2010). El networking. Barcelona: Editorial UOC
Alastruey. R. (2009). Empleo 2.0. Barcelona: Editorial UOC
Álvarez González, M. e Bisquerra, R. (2007). La madurez para la carrera en Educación Secundaria: evaluación e intervención. Madrid: EOS
Pérez Ortega, A. (2009). Marca personal. Madrid: Editorial ESIC
Echeverría, B. (Coord.) (2008). Orientación Profesional (caps:3,4,5 e7) . Barcelona: UOC
Sobrado, L. e Cortés, A. (2009). Orientación Profesional. Nuevos escenarios y perspectivas. Madrid:Bibliotec Nueva
Grañeras, M. e Parras, A. (2008). Sociedad de la información e intervención psicopedagógica. Madrid: CIDE

Para cada tema   vaíse proporcionar  bibliografía e webgrafia específica, diferenciando a de lectura obrigatoria e a de profundización. 


Bibliografía complementaria (). .


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións
O profesorado da especialidade de FOL asume funcións  do ámbito da orientación profesional.  Algúns dos contidos dos módulos e das áreas da súa competencia docente, xunto coas funcións que a normativa lle atribúe, como membro do departamento de orientación dos IES e dos departametos de  orientación e información dos centros integrados de formación profesional, remarcan  a necesaria especialización do profesorado de FOL no campo da orientación profesional. 

Por outra parte, a heteroxoneidade na formación inicial do alumnado que cursa a especialidade de FOL que, fóra dalgunha excepción, non ten cursado materias relacionadas coa OP, unida á necesidade de formación específica neste campo  xustifican a incorporación da materia de Orientación e Inserción Laboral  no  itinerario de Formación e Orientación Laboral. 

A materia de Orientación e inserción laboral quere significarse nas dimensións profesionalizadora e orientadora. Como profesionalizadora,  a finalidade pretendida é  a adquisición das competencias que lle permitan comprender o alcance da orientación profesional e o exercicio satisfactorio das funcións orientadoras propias da especialidade. A dimensión orientadora asume o coñecemento dos cometidos de orientación profesional propios do profesorado da especialdiade de FOL.



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías