A materia enfócase na construción crítica dunha educación xusta e igualitaria para os membros máis novos da nosa sociedade.
As grandes liñas de estudo inclúen:
- Formas de representación e participación igualitaria na etapa de Infantil
- Prexuízos, estereotipos, racismo, xenofobia, homofobia, ableismo, e outros tipos de discriminación e exclusión nas institucións escolares
- Modelos de educación multicultural e intercultural
-O modelo social de discapacidade
-Conceptos de inclusión e integración, incluíndo unha análise critica dos discursos oficiais e públicos sobre ditos procesos
- Atención á diversidade cultural e funcional, visións comunitarias fronte as deficitarias
- Estratexias didácticas de educación inclusiva e multicultural na etapa de Educación Infantil
Competencias do título
Código
Competencias da titulación
A1
Comprender os procesos educativos e de aprendizaxe no período de 0-6, no contexto familiar, social e escolar.
A8
Saber informar a outros profesionais especialistas para abordar a colaboración do centro e do mestre na atención ás necesidades educativas especiais que se propoñan.
A9
Adquirir recursos para favorecer a integración educativa de estudantes con dificultades.
A12
Promover e colaborar en accións dentro e fóra da escola, organizadas por familias, concellos e outras institucións con incidencia na formación cidadá.
A13
Analizar e incorporar de forma crítica as cuestións máis relevantes da sociedade actual que afectan á educación familiar e escolar: impacto social e educativo das linguaxes audiovisuais e das pantallas; cambios nas relacións de xénero e interxeracionais; multiculturalidade e interculturalista; discriminación e inclusión social e desenvolvemento sustentable.
A19
Comprender que a dinámica diaria en educación infantil é cambiante en función de cada estudante, grupo e situación e saber ser flexible no exercicio da función docente.
A21
Saber traballar en equipo con outros profesionais de dentro e fóra do centro na atención a cada estudante, así como na planificación das secuencias de aprendizaxe e na organización das situacións de traballo na aula e no espazo de xogo, identificando as peculiaridades do período 0-3 e do período 3-6.
A26
Saber analizar os datos obtidos, comprender criticamente a realidade e elaborar un informe de conclusións.
A32
Valorar a relación persoal con cada estudante e a súa familia como factor de calidade da educación.
B3
Aplicar un pensamento crítico, autocrítico, lóxico e creativo.
B5
Traballar de forma colaborativa.
B11
Capacidade de busca e manexo de información.
B16
Capacidade para integrarse e comunicarse con expertos noutras áreas e en contextos diferentes.
B20
Coñecemento de outras culturas e de outras costumes.
B24
Recoñecemento e respecto á diversidade e á multiculturalidade.
C4
Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
C6
Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C8
Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.
Resultados de aprendizaxe
Competencias de materia (Resultados de aprendizaxe)
Competencias da titulación
O alumnado: - Familiarizarase coas das diversas tradicións intelectuais da Educación Inclusiva e Multicultural, e os aspectos máis relevantes destes campos de investigación para a etapa de Educación Infantil, ao entrar en contacto coas fontes bibliográficas, audiovisuais e informativas fundamentais.
A1 A9 A13
B11 B20 B24
C4
- Situará estas tradicións na evolución das múltiples expresións históricas da mestizaxe, hibridación e porosidade transculturais, por unha banda, e por outra banda, o peche cultural mediante o racismo, o etnocentrismo, a dominanción lingüística, a xenofobia, o clasismo, o sexismo, a homofobia e outras expresións de discriminación, opresión e marxinación, até o actual momento histórico do mundo globalizado.
A9 A13 A19 A26
B3 B11 B20 B24
- Comprenderá que a Educación Inclusiva e Multicultural supón un corpo de coñecementos inacabados, mutábeis, e continuamente negociados, non un paradigma pechado ou monolítico, polo que debe derivar no desenvolvemento dun xuízo (ou disposición) profesional flexíbel e crítico.
A1 A19 A26
B20
C6
- Apreciará a importancia tanto profesional como social dos aspectos ético-axiolóxicos da Educación Inclusiva e Multicultural para a etapa de Educación Infantil, ao desenvolver actitudes á vez críticas e solidarias fronte á diversidade humana nas comunidades educativas, e ao adquirir e fomentar valores tanto universais como particulares relacionados con: a empatía, o respecto, a dignidade humana e os dereitos humanos, o apoio mutuo, a reciprocidade, a colaboración, a inclusión dos excluídos, a participación igualitaria e democráticas na vida pública do centro.
A8 A12 A21 A32
B5 B16 B20 B24
C4
- Comprenderá, analízará e avaliará os principais contidos, recursos, estratexias e ámbitos de intervención abordados desde a Educación Inclusiva e Multicultural: contidos culturalmente inclusivos e interculturais, a organización democrática da aula e do centro, a inclusión e promoción das perspectivas e voces minoritarias e/ou desfavorecidas socialmente, a análise crítica dos documentos e medios de comunicación-aprendizaxe.
A1 A9 A12 A21 A26
B3 B5 B11 B16 B24
C6 C8
- Iniciarase na aplicación crítica dos coñecementos pedagóxicos e das principais estratexias e recursos didácticos (curriculares, metodolóxicos, organizativos e dinamizadores) desenvolvidos desde a Educación Inclusiva e Multicultural para a etapa de Educación Infantil.
A1 A8 A9 A12 A13 A19 A21 A26 A32
B3 B5 B11 B16 B20 B24
C4 C6 C8
Contidos
Temas
Subtemas
Estratexias didácticas na atención á diversidade e a educación inclusiva na etapa de Educación Infantil
A educación como práctica cultural
Contextos institucionais da educación
Modelos de Educación Multicultural
Procesos da marxinazatión nos espazos escolares
Identidade, fronteiras, e a globalización
Pedagoxía crítica e xustiza social
Atención á diversidade cultural e funcional, discapacidade e inclusión na escolaridade temperán: minorías étnicas, inmigrantes, emigrantes, persoas con discapacidade
Diversidade funcional: “a diferenza que fai unha diferenza”
A construción social do éxito e do fracaso escolar
Asimilación, integración, e “Atención á diversidade”
Multiculturalismo, prexuízos, estereotipos, racismo, xenofobia e outros tipos de discriminación e exclusión nas institucións escolares
Construíndo o Outro- racismo e xenofobia
Sexualidade e heteronormatividade
Sexo e xénero
Minorización de linguas e variacións dialectais
Globalización e curriculum na Educación Infantil, formas interculturais de representación e participación na etapa de Infantil
Transversalidade, flexibilidade, e cooperación
Representación, recognición, e participación
Procesos de reflexión, investigación, e innovación
Planificación
Metodoloxías / probas
Horas presenciais
Horas non presenciais / traballo autónomo
Horas totais
Aprendizaxe colaborativa
10
0
10
Lecturas
0
40
40
Presentación oral
4
4
8
Sesión maxistral
22.5
20
42.5
Proba de ensaio
0
10
10
Traballos tutelados
5.5
30
35.5
Atención personalizada
4
0
4
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado
Metodoloxías
Metodoloxías
Descrición
Aprendizaxe colaborativa
Os traballos tutelados (ver descrición abaixo) e as actividades puntuais que se levan a cabo nas clases interactivas
Lecturas
Lecturas obrigatorias que se len fora da aula e que se poden clarificar durante as clases expositivas, e lecturas adicionais que apoian a información presentada nas clases expositivas e que forman a base bibliográfica para os traballos.
Presentación oral
Informe oral sobre os traballos grupais, posta en común sobre as actividades puntuais que se levan a cabo nas clases interactivas
Sesión maxistral
Exploracións e explicacións baseadas tanto nas lecturas básicas da materia como noutras que complementan e enriquecen as básicas
Proba de ensaio
Exame final enfocado nos apuntes e nas lecturas obrigatorias
Traballos tutelados
Traballos colaborativos que se levan a cabo en grupos de 3-5 e que se entregan de forma escrita. As datas limites serán especificadas no primeiro día de clase, xunto coas pautas para seguir co cumprimento de cada traballo.
Atención personalizada
Metodoloxías
Traballos tutelados
Descrición
Recíbese unha atención personalizada, ao nivel do grupo de traballo, durante as clases interactivas e as titorías (por iniciativa do alumnado). Pódese recibir unha atención personalizado ao nivel individual durante as titorías.
Avaliación
Metodoloxías
Descrición
Cualificación
Proba de ensaio
Exame final enfocado nos apuntes das clases expositivas e nas lecturas obrigatorias
50
Traballos tutelados
Traballos colaborativos que se levan a cabo en grupos de 3-5 e que se entregan de forma escrita. As datas limites serán especificadas no primeiro día de clase, xunto coas pautas para seguir co cumprimento de cada traballo.
50
Observacións avaliación
A materia é
presencial. As faltas de asistencia deberían ser xustificadas por informe medico
ou laboral. Unha falta de asistencia excesiva pode resultar nunha
modalidade non-presencial, no que o exame final comprenda un 100% da avaliación.