Datos Identificativos 2011/12
Asignatura (*) Organización e Avaliación de Institucións Educativas Código 652G01012
Titulación
GRAO EN EDUCACIÓN INFANTIL
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Segundo Formación básica 6
Idioma
Galego
Prerrequisitos
Departamento Pedagoxía e Didáctica
Coordinación
Teasley Severino, Cathryn
Correo electrónico
cathryn.teasley1@udc.es
Profesorado
Teasley Severino, Cathryn
Correo electrónico
cathryn.teasley1@udc.es
Web http://http://www.udc.es/dep/pdce/Cata/CV_Cata_e.htm
Descrición xeral A materia "Organización e Avaliación de Institucións Educativas" ten carácter de formación básica e impártese no primeiro cuadrimestre do segundo curso do Grao en Educación Infantil.

Esta materia busca desenvolver no estudantado capacidades de descrición, análise, interpretación e valoración do funcionamento dos centros escolares. Pártese de que os centros son institucións complexas, reguladas por normas comúns, pero tamén dotadas de características singulares que fan que se constitúan en espazos privilexiados para o desenvolvemento profesional, a práctica da democracia e o cambio educativo. Para iso é necesario deseñar, desenvolver e avaliar proxectos de centro acordes con esa singularidade que contribúan á progresiva autonomía institucional.

Esta materia garda relación con "Teoría da Educación", "Socioloxía da Educación", "Historia da Educación", “Atención á Diversidade: Aspectos Didácticos e Organizativos", “Educación Inclusiva e Multicultural” e, especialmente, coa materia de "Deseño, Desenvolvemento e Avaliación do Curriculum" de 1º curso, dado que as dimensións didáctica-curricular e organizativa non poden entenderse de forma independente unha da outra.

Competencias do título
Código Competencias da titulación

Resultados de aprendizaxe
Competencias de materia (Resultados de aprendizaxe) Competencias da titulación
Coñecer a organización dos centros nos que se imparte Educación Infantil e a diversidade de accións que comprende o seu funcionamento A4
A27
A31
B3
B16
C4
C7
C8
Analizar, contrastar e sintetizar información para coñecer as características e dimensións da escola como organización complexa A13
A23
A27
A31
B2
B12
B16
C4
C7
C8
Interpretar e valorar información sobre diferentes procesos organizativos que teñen lugar nos centros escolares (planificación, traballo en grupo, coordenación, participación, comunicación, toma de decisións, liderado, avaliación, etc.) A13
A23
A27
A31
B3
B7
B12
B16
C8
Coñecer e usar estratexias de resolución de problemas e conflitos que surxen nas organizacións educativas A12
A13
A23
A30
B2
B3
B5
B6
B7
B16
C4
Desenvolver capacidades de argumentación, debate e colaboración para comprender o funcionamento organizativo das institucións educativas, valorando e respectando diferentes aportacións A13
A21
A23
B2
B3
B5
B6
B7
B16
C4
C6
Manexar diferentes fontes bibliográficas, lexislativas e documentais para enfrontarse á asignatura cunha actitude de indagación e contraste constante, co fin de entender as variables que inciden na organización de institucións educativas A4
A13
A27
A31
B3
B6
B11
B12
B16
C4
C6
C7
C8

Contidos
Temas Subtemas
1. A escola como organización: dimensións, funcións e características 1a. O centro como organización para o desenvolvemento do curriculum e do ensino.
1b. Dimensións constitutivas da organización escolar.
1c. Funcións da escola.
1d. Trazos característicos dos centros escolares.
1e. Enfoques para a comprensión das organizacións.
2. Políticas educativas e reformas escolares no sistema educativo español 2a. Incidencia das políticas educativas e das reformas escolares na organización e avaliación da Educación Infantil.
3. Contexto, estrutura e cultura organizativa 3a. O contexto organizativo: entre o local e o global.
3b. Estruturas organizativas de goberno, xestión, participación e coordinación.
3c. A organización do alumnado: admisión, agrupamentos e promoción.
3d. A organización da actividade escolar: contidos, estratexias pedagóxicas, espazos, tempos e recursos didácticos, con especial atención ao papel do ciber-espazo e as novas tecnoloxías da información e comunicación.
3e. Cultura organizativa e desenvolvemento profesional e organizacional.
4. Planificación e avaliación para o cambio e a mellora nas organizacións escolares 4a. Proxecto educativo, autonomía dos centros escolares e innovación.
4b. Estratexias de avaliación de centros: avaliación externa, avaliación interna e estratexias combinadas.
5. A constitución da escola como institución democrática: poder e participación da comunidade 5a. Escolas democráticas e diversidade.
5b. A participación como exercicio de cidadanía.
5c. Dificultades do proxecto participativo na escola.
5d. As relacións nas organizacións educativas: conexión e colaboración entre os diferentes actores da comunidade educativa.

Planificación
Metodoloxías / probas Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Presentación oral 1.5 2 3.5
Traballos tutelados 4.5 18 22.5
Proba mixta 2 8 10
Análise de fontes documentais 1 50.25 51.25
Discusión dirixida 3 0 3
Aprendizaxe colaborativa 5 0 5
Sesión maxistral 21 21 42
Xogo de rol (role playing) 2 0 2
Estudo de casos 4 0 4
Saídas de campo 6 0 6
 
Atención personalizada 0.75 0 0.75
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Presentación oral Exposición grupal dun guión do traballo tutelado, que terá lugar durante a semana anterior ao período festivo de Decembro-Xaneiro.
Traballos tutelados Realización en pequeno grupo dun traballo escrito, seguindo as orientacións dadas na aula e presentación oral do guión do mesmo. Dito traballo consistirá na análise e relación de contidos abordados ao longo do cuadrimestre. Entrégase o día do exame final.
Proba mixta A proba mixta consistirá nun exame, sen material, composto por preguntas de resposta breve e preguntas de desenvolvemento. Pode requirirse, ademais, a realización dun esquema ou mapa conceptual.
Análise de fontes documentais Lectura e análise da documentación seleccionada como obrigatoria para traballar a materia.
Discusión dirixida Debates e posta en común, en pequeno, mediano ou grande grupo, dos contidos traballados ao longo do cuadrimestre. Estes debates versarán sobre o contido das fontes seleccionadas como material de traballo obrigatorio. Con carácter xeral, ese material deberá ser preparado fóra do horario de clase.
Aprendizaxe colaborativa Consistirá en dinámicas de grupos variadas, que se empregarán nos debates, na análise das fontes realizada en grupo, nos traballos tutelados e na presentación oral.
Sesión maxistral Exposición oral, por parte da docente, e con apoio de recursos audiovisuais, de contidos relacionados co temario da materia.
Xogo de rol (role playing) Técnica de dinámica de grupos que ten como obxectivo axudar a desenvolver a perspectiva social e a empatía mediante a representación de diferentes papeies dentro de situacións conflictivas onde intervieñen diferentes posturas que teñen que ser combinadas. Utilízase para traballar as relacións interpersonais, o comportamento, os valores e as atitudes.
Estudo de casos Metodoloxía na que o suxeito é confrontado coa descrición dunha situación específica cun problema a ser entendida, valorada e determinada por un grupo de persoas a través dun proceso de discusión. O alumnado está perante un problema concreto que describe unha situación real de traballo, e debe ser capaz de analizar unha serie de eventos relativa a un determinado campo de coñecemento ou acción para acadar unha decisión fundamentada a través dun proceso de discusión en pequenos grupos de traballo.
Saídas de campo Posíbel visita ao Colexio Rural Agrupado (CRA) de Ponteceso.

Atención personalizada
Metodoloxías
Traballos tutelados
Proba mixta
Presentación oral
Descrición
Para preparar as actividades á esquerda, o estudantado, se o estima necesario, pode solicitar atención personalizada en clase ou en horario de titorías.

Avaliación
Metodoloxías Descrición Cualificación
Traballos tutelados --------------------------------------------------
O traballo grupal terá como prazo de entrega o día do exame final.

Para avaliar o traballo escrito teranse en conta os aspectos a seguir:

• Estrutura: presentación, organización do contido, claridade expositiva, e corrección gramatical (30%).

• Contido: comprensión das ideas básicas, dominio conceptual, uso dos contidos traballados ao longo do cuadrimestre, relacións entre eles (capacidade analítica e de síntese), creatividade e innovación nas propostas, calidade da participación na preparación desta actividade, e grao de fundamentación das fontes (referencias bibliográficas e bibliografía final) (70%).
-------------------------------------------------
30
Proba mixta -------------------------------------------------
Na proba mixta especificarase o peso de cada pregunta.

Nas preguntas de resposta breve teranse en conta a pertinencia e precisión da resposta, a claridade conceptual, e a corrección gramatical.

Nas preguntas de desenvolvemento teranse en conta a pertinencia e organización do contido, o dominio conceptual, a conexión entre ideas, a claridade expositiva, e a corrección gramatical.
-------------------------------------------------
50
Presentación oral --------------------------------------------------
Na presentación participarán todos os membros do grupo.

Todas as presentacións terán lugar durante a semana anterior ao período festivo de Decembro-Xaneiro.

Valoraranse os aspectos a seguir:

• Calidade da participación na preparación desta actividade.
• Relevancia e organización dos contidos expostos.
• Coordenación da exposición (que reflicta un traballo colaborativo, non unha suma de partes).
• Nivel de comprensión dos contidos básicos.
• Capacidade analítica e de síntese.
• Claridade expositiva.
• Creatividade e innovación nas propostas.
---------------------------------------------------
20
 
Observacións avaliación

Para aprobar a materia será necesario acadar,
como mínimo, unha puntuación de 4 (de 10) en cada unha das actividades
avaliadas: presentación do guión do traballo tutelado, traballo final e exame.

As porcentaxes especificadas en riba aplícanse
ao alumnado asistente, que é aquel que asiste a clase nun 80% do horario. O
alumnado non-asistente terá que poñerse en contacto coa profesora, e para
superar a materia realizará o exame final, que se ponderará en función do grao
de participación nas demais actividades da materia.


Fontes de información
Bibliografía básica

Bibliografía básica (*As lecturas obrigatorias procederán de varias destas fontes.)


Perspectivas xerais:


ALONSO GIL, A. (Coord.) (2008): Las leyes educativas de la democracia: descripción y contraste 1985-2006. Madrid, Acción Educativa / MEC.

BELTRÁN LLAVADOR, F. e SAN MARTÍN ALONSO, Á. (2000): Diseñar la coherencia escolar. Madrid, Morata.

BLANCO RÁBADE, M. e outros (2007): Un programa para educar na convivencia: “Vivir Xuntos, Convivir”. Revista Galega da Educación, No. 39, pp. 22-33.

CLEMENTE LINUESA, M. (2010): Diseñar el curriculum. Prever y representar la acción. En José Gimeno Sacristán (comp.), Saberes e incertidumbres sobre el curriculum. Madrid, Morata, pp. 281-293.

COVEY, S.R. (2009): El líder interior. Como transmitir e inspirar los valores que conducen a la grandeza. Barcelona, Paidós, pp. 42-43.

ESSOMBA, M.À. (2008): La gestión de la diversidad cultural en la escuela: 10 ideas clave. Barcelona, Graó.

ESTRUCH TOBELLA, J. (2008): Dirección escolar, corporativismo y profesionalidad, o de cómo un proyecto autogestionario acabó deborado por la inercia funcionarial. En Mariano FERNÁNDEZ ENGUITA e Eduardo TERRÉN LALANA (Coords.), Repensando la organización escolar. Madrid, Akal, pp. 171-203.

FEITO ALONSO, R. (2011): Los retos de la participación escolar: elección, control y gestión de los centros educativos. Madrid, Morata.

FERNÁNDEZ ENGUITA, M. (Coord.) (2002): ¿Es pública la escuela pública? Barcelona, Cisspraxis.

FERNÁNDEZ ENGUITA, M. (2008): Centros, redes, proyectos. En Mariano FERNÁNDEZ ENGUITA e Eduardo TERRÉN LALANA (Coords.), Repensando la organización escolar: crisis de legitimidad y nuevos desarrollos. Madrid, Akal, pp. 23-39.

GIMENO SACRISTÁN, J. (2000): La educación obligatoria: su sentido educativo y social. Madrid, Morata.

GIMENO SACRISTÁN, J. (2003): La calidad del sistema educativo vista desde los resultados que conocemos. En José GIMENO SACRISTÁN e Jaume CARBONELL SEBARROJA (Coords.), El sistema educativo: una mirada crítica. Barcelona, CissPraxis, pp. 179-199.

GIMENO SACRISTÁN, J. (Coord.) (2010): Saberes e incertidumbres sobre el curriculum. Madrid, Morata.

GÓMEZ LLORENTE, L. (2004): De dónde venimos y a dónde vamos. Bosquejo de una trayectoria. En José GIMENO SACRISTÁN e Jaume CARBONELL SEBARROJA (Coords.), El sistema educativo: una mirada crítica. Barcelona. Cisspraxis, pp. 13-38.

GONZÁLEZ GONZÁLEZ, M.T. (2006): Las organizaciones escolares: dimensiones y características. En Mª Teresa GONZÁLEZ GONZÁLEZ (Coord.), Organización y gestión de centros escolares: dimensiones y procesos. Madrid, Pearson-Prentice Hall, pp. 25-40.

HARGREAVES, Andy (1996): Profesorado, cultura y postmodernidad (Cambian los tiempos, cambia el profesorado). Madrid, Morata.

HARGREAVES, Andy e FINK, Dean (2008): El liderazgo sostenible: siete principios para el liderazgo en centros educativos innovadores. Madrid, Morata / Ministerio de Educación y Ciencia.

JARES, X.R. (2005): Los conflictos en las organizaciones educativas. En Miguel Ángel SANTOS GUERRA (Coord.), Escuelas para la democracia: cultura, organización y dirección de instituciones educativas (pp. 129-154). Santander, Consejería de Educación de Cantabria. Capítulo recuperado do URL: http://www.educantabria.es/docs/info_institucional/publicaciones/2005/Escuelas-Democracia.pdf

MARTÍN RODRÍGUEZ, E. (1988): Supervisión educativa. Madrid, UNED.

MARTÍN RODRÍGUEZ, E. (2010): Mejorar el curriculum por medio de su evaluación. En José Gimeno Sacristán (comp.), Saberes e incertidumbres sobre el curriculum. Madrid. Morata, pp. 620-636.

MORENO SÁNCHEZ, E. (2005): Análisis de las organizaciones educativas desde la perspectiva de género. En Miguel Ángel SANTOS GUERRA (Coord.), Escuelas para la democracia: cultura, organización y dirección de instituciones educativas (pp. 79-105). Santander, Consejería de Educación de Cantabria. Capítulo recuperado do URL: http://www.educantabria.es/docs/info_institucional/publicaciones/2005/Escuelas-Democracia.pdf

MOYA MAYA, A. (2002): El profesorado de apoyo: ¿dónde?, ¿cuándo?, ¿cómo? realiza su trabajo. Archidona, Aljibe.

MURILLO TORRECILLA, F.J. e GÓMEZ MARTÍN, J.C. (2006): Pasado, presente y futuro de la dirección escolar en España: entre la profesionalización y la democratización. Revista Iberoamericana sobre Calidad, Eficacia y Cambio en Educación, Vol. 4, Nº 4.

NIETO CANO, J.M. (2006): Perspectivas teóricas de la organización escolar. En Mª Teresa GONZÁLEZ (Coord.), Organización y Gestión de Centros Escolares: dimensiones yprocesos. Madrid, Pearson-Prentice Hall, pp. 1-23.

PUELLES BENITEZ, Manuel de (2006): Problemas actuales de política educativa. Madrid, Morata, pp. 78-85.

SAN FABIÁN MAROTO, J.L. (2003): Liderazgo ¿educativo? Organización y Gestión Educativa: Revista del Forum Europeo de Administradores de la Educación, Vol. 11, Nº 6, p. 35.

SAN FABIÁN MAROTO, J.L. (2005): Participar en las organizaciones educativas: un ejercicio de ciudadanía. En Miguel Ángel SANTOS GUERRA (Coord.), Escuelas para la democracia: cultura, organización y dirección de instituciones educativas (pp. 177-200). Santander, Consejería de Educación de Cantabria. Capítulo recuperado do URL: http://www.educantabria.es/docs/info_institucional/publicaciones/2005/Escuelas-Democracia.pdf

SAN FABIAN MAROTO, J. L. (2006, Novembro): La coordinación docente: condiciones organizativas y compromiso profesional. Participación Educativa, Nº 3, pp. 6-11.

SAN MARTÍN ALONSO, Á. e BELTRÁN LLAVADOR, F. (2004): Las organizaciones escolares a prueba de reformas. En José GIMENO SACRISTÁN e Jaume CARBONELL SEBARROJA (Coords.), El sistema educativo: una mirada crítica. Barcelona, Cisspraxis, pp. 145-158.

SANTOS GUERRA, M.A. (1993): Agrupamientos flexibles: un claustro investiga. Sevilla, Díada Editora.

SANTOS GUERRA, M.A. (1995): La evaluación: un proceso de diálogo, comprensión y mejora. Málaga, Aljibe.

SANTOS GUERRA, M.A. (Coord.) (2005): Escuelas para la democracia: cultura, organización y dirección de instituciones educativas. En PDF, consultado o 9 de setembro de 2010 no URL: http://www.educantabria.es/docs/info_institucional/publicaciones/2005/Escuelas-Democracia.pdf

SANTOS GUERRA, M.A. (2005): La escuela que aprende: retos, dificultades y esperanzas. En Miguel Ángel SANTOS GUERRA. (Coord.), Escuelas para la democracia: cultura, organización y dirección de instituciones educativas (pp. 155-176). Santander, Consejería de Educación de Cantabria, pp. 163-184. En PDF, consultado o 9 de setembro de 2010 no URL: http://www.educantabria.es/docs/info_institucional/publicaciones/2005/Escuelas-Democracia.pdf.

SANTOS GUERRA, M.A. (2007): Enseñar o el oficio de aprender: organización escolar y desarrollo profesional. Sevilla, MAD, pp. 19-21.

SANTOS GUERRA, M.A. (2010): El Proyecto de Centro: una tarea comunitaria, un proyecto de viaje compartido. En José GIMENO SACRISTÁN (Coord.), Saberes e incertidumbres sobre el curriculum. Madrid, Morata, pp. 294-310.

TORRES SANTOMÉ, J. (2001): La construcción de la escuela pública como institución democrática: poder y participación de la comunidad. En José GIMENO SACRISTÁN (Coord.), Los retos de la enseñanza pública. Madrid, Akal, pp. 105-146.

TORRES SANTOMÉ, J. (2011): La justicia curricular: el caballo de Troya de la cultura escolar. Madrid, Morata.

VARELA FERNÁNDEZ, J. (2001): La escuela y sus funciones. De la reprodución social a la producción de identidades. En José GIMENO SACRISTÁN (Coord.), Los retos de la enseñanza pública. Madrid, Akal, pp. 81-103.

VARELA FERNÁNDEZ, J. (Coord.) (2007): Las reformas educativas a debate (1982-2006). Madrid, Morata.

VIÑAO FRAGO, A. (2004): Escuela para todos: educación y modernidad en la España del siglo XX. Madrid, Marcial Pons.


Educación Infantil:


ANTÓN, M. (Coord.): Planificar la etapa 0-6: compromiso de sus agentes y práctica cotidiana. Barcelona, Graó.

ARIAS CORREA, A. e outros (2007): O proceso de adaptación. E ti... vas á escola? Santiago de Compostela, Xunta de Galicia. Recuperado o 12 de Setembro de 2010 no URL: http://www.edu.xunta.es/ftpserver/portal/DXC/proceso/oproceso/o_prodeso_de_adaptacion.pdf.

ARLEQUÍN, E.I.M. (2008): Viviendo el barrio: haciendo escuela de 0 a 6 años. Barcelona, Octaedro / Associació de Mestres Rosa Sensat.

AUSTIN, R. (2007): Deja que el mundo exterior entre en el aula. Madrid, Morata.

BROWN, B. (2010): Desaprender la discriminación en Educación Infantil. Madrid, Morata.

GOLDSCHMIED, E. e JACKSON, S. (2000): La educación infantil de 0 a 3. Madrid, Morata.

HOYUELOS PLANILLO, A. (2009, Novembro): Ir y descender a y desde Reggio Emilia. Participación Educativa, No. 12, pp. 171-181. Recuperado o 13 de Xullo de 2011 do URL: http://www.educación.gob.es/revista-cee/pdf/n12hoyuelos-planillo.pdf.

MALAGUZZI, L. (2001): La educación infantil en Reggio Emilia. Barcelona, Octaedro / Associació de Mestres Rosa Sensat.

LLEIXÀ ARRIBAS, T. (Coord.) (2001): La educación infantil 0-6 años: organización escolar. Barcelona, Editorial Paidotribo.

PANIAGUA VALLE, G. (2009, Novembro): El desarrollo de la Educación Infantil: un crecimiento costoso. Participación Educativa, No. 12, pp. 20-34 (pdf).

PANIAGUA, G. e PALACIOS, J. (2005): Educación infantil respuesta educativa a la diversidad. Madrid, Alianza.

PARRA ORTIZ, J.M. (2005): La educación infantil: su dimensión didáctica y organizativa. Granada, Grupo Editorial Universitario.

PARRA ORTIZ, J.M. (2010): Manual de Didáctica de la Educación Infantil. Madrid, Garceta. (Unidade 8, pp. 138-159).

PEÑALVER PÉREZ, R. (2009, Novembro): El Plan Educa3. Apostando por el primer ciclo de Educación Infantil. Participación Educativa, No. 12, pp. 8-19 (pdf).

SÁNCHEZ MULITERNO, J. (2009, Novembro): El estado de la Educación Infantil en España: la opinión de los maestros y educadores infantiles. Participación Educativa, No. 12, pp. 56-73 (pdf).

WILLIS, A. e RICCIUTI, H. (1990): Orientaciones para la escuela infantil de cero a dos años. Madrid, Morata.


Fontes audiovisuais:


ALLEWAY, L. (Dir.) (1997): Modern Times, Testing Times (Documental). Reino Unido, BBC / Lynn Alleway.


Lexislación de particular relevancia:


Ley Organica 2/2006, de 3 de mayo, de Educación (LOE): http://www.boe.es/boe/dias/2006/05/04/pdfs/A17158-17207.pdf

Real Decreto 1630/2006 de 29 de diciembre, que regula as ensinanzas mínimas do segundo ciclo de Educación Infantil en todo o Estado: http://www.boe.es/boe/dias/2007/01/04/pdfs/A00474-00482.pdf

Real Decreto 132/2010, de 12 de febrero, por el que se establecen los requisitos mínimos de los centros que impartan las enseñanzas del segundo ciclo de la educación infantil, la educación primaria y la educación secundaria. (BOE 12-03-2010): http://www.boe.es/boe/dias/2010/03/12/pdfs/BOE-A-2010-4132.pdf

Decreto 374/1996 de regulamento orgánico das escolas de Educación Infantil e Primaria: http://www.xunta.es/Dog/Dog1996.nsf/FichaContenido/AD36?OpenDocument

Decreto 330/2009, do 4 de Xuño, polo que se establece o currículo da Educación Infantil: http://www.edu.xunta.es/portal/mostrarfile?tipoRecursoCampoID=72e4e373-c0a8fd03-006e7a5b-a9a0b568&recursoID=0bbc5732-0ab4f107-5e35d7cb-901ef437&lleng=gl

Preacordo de 10 de xullo de 2009 sobre os agrupamentos do alumnado de Educación Infantil e Primaria para os efectos de constitución de unidades: http://centros.edu.xunta.es/ceiposalvador/files/preacordo%20agrupacions.pdf

Orde do 25 de Xuño de 2009 pola que se regula a implantación, o desenvolvemento e a avaliación do segundo ciclo da Educación Infantil (ratios): http://www.xunta.es/Dog/Dog2009.nsf/FichaContenido/273BE?OpenDocument

Decreto 329/2005, do 28 de Xullo, polo que se regulan os centros de menores e os centros de atención á infancia (0-3) (ratios): http://edu.coruna.es/content/download/28556/213917/file/centros_menores_atencion_infancia_DOG_20050816.pdf

Regulamento de organización e funcionamento da rede de escolas infantís municipais do Concello da Coruña (2008): http://edu.coruna.es/content/download/28554/213903/file/reglamento_reim_ayto_coruna.pdf

Decreto 29/2007 polo que se regula a selección, nomeamento e cesamento dos directores e directoras dos centros docentes públicos: http://www.xunta.es/dog/Dog2007.nsf/0e5fb445f3681a75c1257251004b10d7/4869efca431d46e1c125729c0029ee61/$FILE/05000D002P007.PDF

Decreto 30/2007 polo que se regula a admisión do alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos: http://www.xunta.es/dog/Dog2007.nsf/0e5fb445f3681a75c1257251004b10d7/ad33ed3e91fd174ac125729f0058861e/$FILE/05400D001P006.PDF

Decreto 85/2007, do 12 de abril, polo que se crea e se regula o Observatorio Galego da Convivencia Escolar: http://centros.edu.xunta.es/iesdefene/files/u1/reto_observatorio_galego_convivencia_escolar.pdf

Plan Galego de Convivencia Escolar: http://www.edu.xunta.es/convivencia/

Decreto 79/2010, do 20 de maio, para o plurilingüismo no ensino non universitario de Galicia:http://www.xunta.es/linguagalega/decreto_plurilinguismo | O decreto en PDF: http://www.xunta.es/dog/dog.nsf/c7a004d8eff71862c125717600543011/6d6aedc0902df901c125772d00649755/$FILE/09700D002P006.PDF

Lei de convivencia e participación da comunidade educativa (28 de Xuño de 2011) - Anteproxecto: http://www.elcorreogallego.es/adjuntos/documentos/20110105anteproxecto.pdf

Bibliografía complementaria

Bibliografía complementaria  

Dispoñíbel desde a plataforma dixital (Moodle), xunto con outros recursos tales como revistas, webs, gravacións audiovisuais e lexislación de interese.


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Deseño, desenvolvemento e avaliación do currículo/652G01002
Historia da educación/652G01006
Educación inclusiva e multicultural/652G01011
Bases didácticas da educación especial inclusiva/652G01034

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario
Teoría da educación/652G01001
Deseño, desenvolvemento e avaliación do currículo/652G01002
Socioloxía da educación/652G01003
Historia da educación/652G01006
Educación inclusiva e multicultural/652G01011

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías