Competencias do título |
Código
|
Competencias da titulación
|
A45 |
Coñecer o currículo escolar das linguas e a literatura. |
A46 |
Falar, ler e escribir correcta e adecuadamente nas linguas oficiais da Comunidade Autónoma. |
A48 |
Fomentar a lectura e animar a escribir. |
A50 |
Afrontar situacións de aprendizaxe de linguas en contextos multilingües. |
B3 |
Aplicar un pensamento crítico, lóxico e creativo. |
B7 |
Comunicarse de maneira efectiva nun contorno de traballo. |
B9 |
Capacidade para expoñer as ideas elaboradas, de forma oral e na escrita. |
Resultados de aprendizaxe |
Competencias de materia (Resultados de aprendizaxe) |
Competencias da titulación |
Coñecer o currículo de Lingua e Literatura Galega na E. Primaria. |
A45
|
|
|
Ser capaz de analizar criticamente as propostas curriculares procedentes da administración educativa. |
A45
|
B3
|
|
Coñecer o comportamento fónico, morfosintáctico, léxico e pragmático da lingua galega. |
A46
|
|
|
Utilizar en cada contexto comunicativo os trazos fónicos, morfosintácticos e léxicos adecuados da lingua galega. |
A46
|
|
|
Distinguir o dialectal do estándar e o correcto do incorrecto, e aplicar estas distincións á aprendizaxe da lingua galega na aula de E. Primaria. |
A46
|
|
|
Posuír un dominio alto da expresión oral, da lectura e da escritura en lingua galega. |
A46
|
|
|
Expor con corrección, falando e escribindo en lingua galega, ideas previamente elaboradas, e facelo de maneira coherente e organizada. |
A46
|
B9
|
|
Saber comunicarse no centro educativo de xeito apropiado e eficaz en lingua galega nas diferentes situacións docentes. |
|
B7
|
|
Ser capaz de organizar e conducir o desenvolvemento das destrezas orais e escritas en lingua galega na E. Primaria. |
A50
|
|
|
Coller gusto e hábito pola lectura e pola escritura en lingua galega e fomentalos no alumnado. |
A48
|
|
|
Contidos |
Temas |
Subtemas |
1. A lingua galega na E. Primaria.
|
1.1. A Lei de normalización lingüística e os decretos de desenvolvemento dela.
1.2. O currículo de Lingua e Literatura Galega.
|
2. A competencia na lingua galega. |
2.1. A competencia lingüística e as destrezas básicas.
2.2. A competencia na lingua galega do profesorado de E. Primaria.
2.3. O desenvolvemento das destrezas en lingua galega na E. Primaria.
2.3.1. A comprensión e a expresión oral.
2.3.2. A lectura e a escritura. |
3. O comportamento fónico da lingua galega. |
3.1. O sistema vocálico e o sistema consonántico: descrición, alteracións e fenómenos especiais.
3.2. As secuencias máis relevantes da expresión oral: explicación e práctica.
3.3. A aprendizaxe dos trazos fónicos da lingua galega na E. Primaria. |
4. O comportamento morfosintáctico da lingua galega. |
4.1. Usos do artigo determinado.
4.2. Formantes constitutivos e facultativos do nome. Gradación do nome adxectivo.
4.3. Funcións e usos do pronome persoal. Posición das formas pronominais átonas.
4.4. Posición e significación dos demostrativos. Función e significación dos posesivos.
4.5. Observacións respecto do uso dos indefinidos, dos numerais e dos relativos, interrogativos e exclamativos.
4.6. O verbo.
4.6.1. Estrutura xeral e descrición morfolóxica.
4.6.2. Valores e uso dos tempos. Emprego das formas non finitas.
4.6.3. Perífrases verbais.
4.7. Observacións respecto do uso de determinados adverbios, preposicións, conxuncións e interxeccións.
4.8. Unidades e funcións sintácticas. |
5. O léxico xeral da lingua galega. |
. |
6. Achegamento ao dominio lingüístico da lingua galega. |
6.1. Principais fenómenos diferenciadores das falas. Bloques occidental, central e oriental, e áreas lingüísticas máis importantes.
6.2. As variedades diatópicas e a variedade común ou estándar.
6.3. A presenza e o tratamento destas variedades na E. Primaria. |
Planificación |
Metodoloxías / probas |
Horas presenciais |
Horas non presenciais / traballo autónomo |
Horas totais |
Proba mixta |
2.5 |
22.5 |
25 |
Lecturas |
0 |
27 |
27 |
Prácticas de laboratorio |
18 |
27 |
45 |
Esquemas |
0 |
8 |
8 |
Sesión maxistral |
24 |
18 |
42 |
|
Atención personalizada |
3 |
0 |
3 |
|
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado |
Metodoloxías |
Metodoloxías |
Descrición |
Proba mixta |
Proba escrita que integra preguntas características das probas de ensaio e das probas obxectivas. En canto ás primeiras, inclúe preguntas abertas de desenvolvemento de certa amplitude, valorando a resposta esperada e as capacidades de razoamento, relación e análise. En canto ás segundas, contén preguntas destinadas á avaliación da expresión escrita e da capacidade de corrección de textos. |
Lecturas |
Obras de literatura e outros textos para os alumnos e as alumnas melloraren a comprensión lectora e progresaren no coñecemento do léxico propio da lingua galega. |
Prácticas de laboratorio |
Diferentes actividades, realizadas individualmente ou en grupo, concibidas para o desenvolvemento da expresión, tanto oral como escrita, do alumnado. |
Esquemas |
Representacións simplificadas da información que inclúen os contidos máis relevantes dos temas explicados e das actividades desenvolvidas. |
Sesión maxistral |
Exposicións orais complementadas con materiais de apoio e con introdución de preguntas teóricas e prácticas dirixidas ao alumnado, coa finalidade de transmitirlle coñecementos, facilitarlle a aprendizaxe e afacelo á aplicación práctica cotiá. |
Atención personalizada |
Metodoloxías
|
Sesión maxistral |
Prácticas de laboratorio |
|
Descrición |
Consultas relacionadas con calquera das explicacións e das actividades realizadas todo ao longo das horas presenciais ou das non presenciais e de traballo autónomo do alumnado.
Realización, revisión e comentario de prácticas encamiñadas á mellora da competencia expresiva en lingua galega dos alumnos e das alumnas que o poidan precisar. |
|
Avaliación |
Metodoloxías
|
Descrición
|
Cualificación
|
Proba mixta |
Avaliación dos coñecementos aprendidos e da capacidade de análise, da competencia na expresión escrita e da capacidade para a corrección de textos, mediante preguntas equiparábeis ás das probas de ensaio e ás das probas obxectivas. |
67.5 |
Lecturas |
Valoración da comprensión das obras lidas, das capacidades de razoamento, relación e organización, e da corrección expositiva, mediante unha pregunta incluída na proba mixta. |
22.5 |
|
Observacións avaliación |
|
Fontes de información |
Bibliografía básica
|
|
. ÁLVAREZ, R., H. MONTEAGUDO e X. L. REGUEIRA (1994): Gramática galega, Vigo, Galaxia.
. ÁLVAREZ, R. e X. XOVE (2002): Gramática da lingua galega, Vigo, Galaxia.
. FERNÁNDEZ REI, F. (1990): Dialectoloxía da lingua galega, Vigo, Xerais.
. MONTEAGUDO, H. e X. M. BOUZADA (coordinadores) (2003): O proceso de normalización do idioma galego(1980 - 2000), Santiago de Compostela, Consello de Cultura Galega.
. REAL ACADEMIA GALEGA (1994): Lingua inicial e competencia lingüística en Galicia, A Coruña.
. REAL ACADEMIA GALEGA (2007): Mapa sociolingüístico de Galicia 2004. Volume 1: Lingua inicial e competencia lingüística en Galicia, A Coruña.
. REAL ACADEMIA GALEGA e INSTITUTO DA LINGUA GALEGA (2012): Normas ortográficas e morfolóxicas do idioma galego, A Coruña.
. CARBALLEIRA ANLLO, X. Mª (coordinador), C. ARES VÁZQUEZ, C. HERMIDA GULÍAS, P. IGLESIAS SIERRA, X. Mª LEMA SUÁREZ e R. LÓPEZ FERNÁNDEZ (2002): Diccionario Xerais da Lingua, Vigo, Xerais.
. CARBALLEIRA ANLLO, X. Mª (coordinador), C. ARES VÁZQUEZ, C. HERMIDA GULÍAS, P. IGLESIAS SIERRA, X. Mª LEMA SUÁREZ e R. LÓPEZ FERNÁNDEZ (2009): Gran Dicionario Xerais da Lingua, Vigo, Xerais.
. REAL ACADEMIA GALEGA (2000): Diccionario da Real Academia Galega, A Coruña, Galaxia - Xerais. |
Bibliografía complementaria
|
|
. ALONSO PINTOS, S. (2002): Para unha historia do estándar galego. As propostas do período 1966 - 1980, Madrid, UNED.
. ÁLVAREZ, R., F. FERNÁNDEZ REI e X. XOVE FERNÁNDEZ (1984): "Galego", en Gran Enciclopedia Gallega. Tomo XIV, Santiago de Compostela, Silverio Cañada editor, páxinas 223 a 255.
. ARES, Mª do C. e X. ARIAS (1986): "O galego estándar sen merma da variante dialectal", en Revista Galega de Educación, número 3, páxinas 29 a 31.
. CAIRNEY, TH. (1992): Enseñanza de la comprensión lectora, Madrid, Morata.
. CARBALLO CALERO, R. (1979): Gramática elemental del gallego común, Vigo, Galaxia.
. CASSANY, D. (1993): La cocina de la escritura, Barcelona, Anagrama.
. CASSANY, D. (1994): Enseñar lengua, Barcelona, Graó.
. DOURAL ROCHA, A. (1995): Didáctica da redacción, narración e descrición, Vigo, Xerais.
. ESPIÑO, M. e H. SÁNCHEZ (1990): Aprender palabras e significados. A léxico-semántica, A Coruña, Vía Láctea.
. ETXEBARRIA, M. (2002): La diversidad de lenguas en España, Madrid, Espasa Calpe.
. FEIXÓ CID, X. (2003): Dicionario galego dos nomes, Vigo, Xerais.
. FERNÁNDEZ REI, F. (1987): "Aplicación da Dialectoloxía na aprendizaxe do galego común", en Grial, número 96, Vigo, Galaxia, páxinas 131 a 150.
. GRAVES, D. H. (1991): Didáctica de la escritura, Madrid, Morata.
. LÁZARO CARRETER, F. (1971): Diccionario de términos filológicos, Madrid, Gredos.
.MARIÑO PAZ, R. (1998): Historia da lingua galega, Santiago de Compostela, Sotelo Blanco.
. MARIÑO PAZ, R. (2003): "Galego", en Gran Enciclopedia Galega. Tomo XX, Lugo, El Progreso, Silverio Cañada editor.
. MEDRANO, C. (1998): Outros 50 xogos de lingua, Vigo, Xerais.
, MONTEAGUDO, H. (1989): Historia social da lingua galega, Vigo, Galaxia.
. NINYOLES, R. (1976): Cuatro idiomas para un estado, Madrid, Cambio 16.
. REGUEIRA, X. L. (coordinador) (1999): Os sons da lingua, Vigo, Xerais.
. RODRÍGUEZ, F. (1991): Conflito lingüístico e ideoloxia na Galiza, Santiago de Compostela, Laiovento. |
Recomendacións |
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
|
Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
|
Materias que continúan o temario |
|
Observacións |
1. O 10% pendente na avaliación -apartado 7 da Guía Docente- non se pode incluír neste por dificultades informáticas. Está dirixido á valoración das respostas e achegas académicas e das actitudes profesionais ao longo das actividades presenciais.
2. Coñecementos necesarios para cursar axeitadamente esta materia:
- coñecementos básicos de fonoloxía galega.
- coñecementos amplos de morfoloxía galega.
- coñecemento do léxico común habitual da lingua galega.
- dominio medio da expresión oral e da escrita en lingua galega.
|
|