Datos Identificativos 2011/12
Asignatura (*) Psicoloxía da aprendizaxe en contextos educativos Código 652G02007
Titulación
GRAO EN EDUCACIÓN PRIMARIA
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Primeiro Formación básica 6
Idioma
Galego
Prerrequisitos
Departamento Psicoloxía Evolutiva e da Educación
Coordinación
Baña Castro, Manuel
Correo electrónico
m.bcastro@udc.es
Profesorado
Baña Castro, Manuel
Brenlla Blanco, Juan Carlos
Correo electrónico
m.bcastro@udc.es
juan.brenlla@udc.es
Web
Descrición xeral Esta materia xunto coa "Psicoloxía do desenvolvemento de 6 a 12" configuran o Módulo de Formación Básica do Título: Procesos educativos, aprendizaxe e desenvolvemento da personalidade de 6 a 12 anos (Orden ECI/3857/2007, do 29 de decembro).
O núcleo de competencias básicas trata da comprensión dos procesos educativos e da aprendizaxe e dos determinantes persoais e relacionais e contextuais da aprendizaxe escolar.

Competencias do título
Código Competencias da titulación
A1 Comprender os procesos de aprendizaxe relativos ao período de 6-12, no contexto familiar, social e escolar.
A4 Identificar dificultades de aprendizaxe, informalas e colaborar no seu tratamento.
A5 Coñecer as propostas e desenvolvementos actuais baseado na aprendizaxe de competencias.
A6 Identificar e planificar a resolución de situacións educativas que afectan a estudantes con diferentes capacidades e distintos ritmos de aprendizaxe.
A7 Analizar e comprender os procesos educativos na aula e fóra de ela relativos ao período 6-12.
A11 Coñecer os procesos de interacción e comunicación na aula.
B1 Aprender a aprender.
B2 Resolver problemas de forma efectiva.
B5 Traballar de forma colaborativa.
B11 Capacidade de comprensión dos distintos códigos audiovisuais e multimedia e manexo das ferramentas informáticas.
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.

Resultados de aprendizaxe
Competencias de materia (Resultados de aprendizaxe) Competencias da titulación
Coñecer, comprender e valorar o coñecemento científico aportado desde a psicoloxía da educación ao estudo dos procesos de cambio comportamental que se producen nos seres humanos como resultado da súa participación en situacións educativas. A1
A7
Coñecer, comprender e reflexionar sobre as principais teorías, concepcións e tipos de aprendizaxe e as súas implicacións educativas e valorar a importancia de facer unha aprendizaxe constructiva, significativa e interactiva. A1
A5
B1
Coñecer, comprender, identificar e reflexionar sobre algunhas das variábeis máis relevantes propias das situacións educativas escolares de natureza intrapersoal ou propias do alumnado, tanto do ámbito cognitivo como afectivo e a súa incidencia na aprendizaxe escolar. A1
A4
A6
A7
B1
Coñecer, comprender, identificar e reflexionar sobre algunhas das variábeis máis relevantes propias das situacións educativas escolares de natureza relacional ou contextual e a súa incidencia na aprendizaxe escolar. A1
A7
A11
B1
Planificar e realizar tarefas de forma crítica e creativa, como froito dun pensamento diverxente. B1
B5
C6
C7
Manexar ferramentas informáticas e utilizar distintos recursos da rede para a procura de información. B1
B5
B11
C6
Elaborar informes de forma sistemática e planificada a partir de datos obtidos da aplicación de cuestionarios u observación. A1
B1
B5
C6
C7
Entender o caracter interactivo do proceso de ensino/aprendizaxe nas situacións educativas, e en consecuencia valorar a asistencia á clase como o contexto en que se materializará o mesmo. A1
B1
C6
C7
Valorar a participación, o diálogo e o debate, cunha actitude de respecto, tanto cara ás quendas como ás ideas, como formas de implicación activa e compromiso coa aprendizaxe. A5
B5
C7
Sensibilizarse, comprometerse activamente, responsabilizarse e avaliar o propio proceso de aprendizaxe, desenvolvendo hábitos de traballo, esforzo, responsabilidade e actitudes de curiosidade, rigor científico e interese pola aprendizaxe e o traballo ben feito. B1
C7
Desenvolver técnicas e actitudes favorábeis á cooperación, coparticipación, compromiso e intercambio con outros e outras compañeiros e compañeiras e desenvolver formas de conversación e pensamento exploratorias que favorezan a comprensión e construción do coñecemento. B1
B2
C6
C7
Recoñecer e valorar as diferenzas individuais rexeitando a discriminación baseada en diferenzas de sexo, clase social, crenzas, raza e outras características individuais e sociais. Aceptar e valorar a diversidad C7

Contidos
Temas Subtemas
TEMA 1: A PSICOLOXÍA DA EDUCACIÓN 1. A orixe da Psicoloxía da Educación
2. Concepcións da relación entre Psicoloxía da Educación e educación
3. Dimensións ou finalidades
4. Obxecto de estudo
5. Os contidos
6. As tendencias actuais e perspectivas de futuro
TEMA 2: A APRENDIZAXE ESCOLAR 1. Principais enfoques Psicolóxicos da Aprendizaxe
1.1. Enfoque condutista
1.2. Enfoque cognitivo
2. Categorías e tipos de aprendizaxe escolar
3. Trazos relevantes da aprendizaxe escolar

TEMA 3: FACTORES INTRAPERSOAIS IMPLICADOS NA APRENDIZAXE ESCOLAR: O ALUMNO
1. Variables cognitivas
1.1. A intelixencia
1.2. Procesos de aprendizaxe
1.3. Estratexias de aprendizaxe
1.4. Estilos e enfoques de aprendizaxe
2. Variables motivacionais
2.1. As metas académicas
2.2. As atribucións causais
2.3. O autoconcepto
TEMA 4: FACTORES INTERPERSOAIS QUE INCIDEN NA APRENDIZAXE ESCOLAR: O CONTEXTO 1. As interaccións entre iguais
1.2. Tipos de relación entre iguais
1.3. A construcción do coñecemento na interacción entre o alumnado: mecanismos interpsicolóxicos
1.4.O agrupamento dos alumnos
2. A interacción profesorado-alumnado: as expectativas do profesor
2.1. A formación das expectativas
2.2. Efectos das expectativas na educación

Planificación
Metodoloxías / probas Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Actividades iniciais 1.5 0 1.5
Sesión maxistral 36 0 36
Análise de fontes documentais 1.5 2 3.5
Esquemas 1.5 3 4.5
Estudo de casos 1.5 0 1.5
Estudo de casos 6 38 44
Presentación oral 3 20 23
Glosario 0 1 1
Proba de resposta múltiple 3 25 28
Resumo 3 0 3
Prácticas a través de TIC 0 3 3
 
Atención personalizada 1 0 1
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Actividades iniciais Actividades que se levarán a cabo antes de iniciar o proceso de ensino/aprendizaxe a fin de coñecer as competencias, intereses e/ou motivacións que posúe o alumnado para o logro dos obxectivos que se queren alcanzar. Con elas preténdese obter información relevante que permita articular a docencia para favorecer aprendizaxes eficaces e significativas, que partan dos saberes previos do alumnado.
Sesión maxistral Exposición oral complementada co uso de medios audiovisuais e a introdución de algunhas preguntas dirixidas ao alumnado, coa finalidade de transmitir os coñecementos de cada tema e facilitar a súa aprendizaxe.
Análise de fontes documentais Técnica metodolóxica que supón a utilización de documentos audiovisuais e/ou bibliográficos (fragmentos de reportaxes documentais ou películas, noticias de actualidade, paneis gráficos, fotografías, biografías, artigos, textos lexislativos, etc.) relevantes para a temática da materia con actividades especificamente deseñadas para a análise dos mesmos.
Esquemas Un esquema é a representación gráfica e simplificada da información que conleva uns determinados contidos de aprendizaxe.
Estudo de casos En pequeno grupo tentarase analizar a metodoloxía a empregar para dar unha clase.
Estudo de casos Metodoloxía onde o suxeito se enfronta á descrición dunha situación específica que suscita un problema que ten que ser comprendido, valorado e resolto por un grupo de persoas, a través dun proceso de discusión. O alumno sitúase ante un problema concreto (caso), que lle describe unha situación real da vida profesional, e debe ser capaz de analizar unha serie de feitos, referentes a un campo particular do coñecemento ou da acción, para chegar a unha decisión razoada a través dun proceso de discusión en pequenos grupos de traballo.
Presentación oral Intervención inherente aos procesos de ensino/aprendizaxe baseada na exposición verbal a través da que o alumnado e profesorado interactúan dun modo ordenado, propoñendo cuestións, facendo aclaracións e expoñendo temas, traballos, conceptos, feitos ou principios de forma dinámica.
Glosario Un glosario é un recurso que consiste na explicación e contextualización dun conxunto de termos ou conceptos propios dun material especializado para facilitar a súa comprensión.
Proba de resposta múltiple Proba obxectiva que consiste en formular unha cuestión en forma de pregunta directa ou de afirmación incompleta, e varias opcións ou alternativas de resposta que proporcionan posibles solucións, das que só unha delas é válida.
Resumo Consiste nunha síntese dos principais contidos traballados. É un recurso óptimo para facilitar a comprensión do texto e a concentración persoal sobre o material obxecto de estudo. É tamén unha axuda importante para o repaso e a preparación de exames.
Prácticas a través de TIC Metodoloxía que permite ao alumnado aprender de forma efectiva, a través de actividades de carácter práctico (demostracións, simulacións, etc.) a teoría dun ámbito de coñecemento, mediante a utilización das tecnoloxías da información e as comunicacións. As TIC supoñen un excelente soporte e canal para o tratamento da información e aplicación práctica de coñecementos, facilitando a aprendizaxe e o desenvolvemento de habilidades por parte do alumnado.

Atención personalizada
Metodoloxías
Análise de fontes documentais
Esquemas
Estudo de casos
Presentación oral
Glosario
Prácticas a través de TIC
Estudo de casos
Descrición
A atención personalizada realizarase tanto no escenario da aula, como na rede e en titorías.
Consistirá en guiar e tutelar o proceso da aprendizaxe dos grupos de traballo nas distintas actividades de tipo teórico e práctico e na elaboración dos informes pertinentes.
Todo isto farase coa finalidade de facilitar que o alumnado comprenda significativamente a información, a integre na súa estrutura de coñecementos e se implique activamente.

Avaliación
Metodoloxías Descrición Cualificación
Análise de fontes documentais En pequeno grupo, terase que buscar fontes documentais do tipo web e analizalas segundo as pautas que se expoñerán na sesión interactiva. 2
Esquemas En pequeno grupo, terase que sintetizar as achegas dos diferentes enfoques e modelos dentro dos contidos do Tema 2: A aprendizaxe escolar. 1
Estudo de casos Ao longo de varias clases interactivas introducirase ao alumnado na avaliación das variables traballadas no Tema 3: Factores intrapersoais implicados na aprendizaxe escolar. Unha vez que domine o seu uso, en pequeno grupo, terá que enfrontarse a unha situación real da cal debe ser capaz de analizar unha serie de feitos, para chegar a unha decisión razoada. 40
Presentación oral Baséase na exposición oral en pequeno grupo dos contidos do tema As Estratexias de Aprendizaxe, para o que deberá documentarse e preparar a súa presentación ante os seus compañeiros. 15
Glosario De xeito individual, a través de Moodle, deberá facer a explicación e contextualización dun termo propio da materia 1
Proba de resposta múltiple Farase unha proba escrita para avaliar os coñecementos teóricos da materia. A proba consistirá en 30 preguntas con tres posibles respostas das cales só unha é a correcta, as preguntas incorrectas restan a razón de cada dúas mal anulan unha ben. 40
Estudo de casos En pequeno grupo tentarase analizar a metodoloxía a empregar para dar unha clase. 1
 
Observacións avaliación

Teranse en conta dúas opcións en función da asistencia e participación do alumnado nas clases presenciais.


Opción A. ALUMNADO QUE ASISTE E PARTICIPA NA CLASE (> 85%):
Coñecementos prácticos: Nas clases interactivas realizaranse as tarefas antes mencionadas en pequeno grupo e individualmente, constituíndo o 60% da nota final. O alumnado terá que asistir ás clases interactivas para poder facer estas prácticas, e entregalas dentro dos prazos establecidos.
Coñecementos teóricos: Mediante a Proba de resposta múltiple avaliaranse os coñecementos teóricos, que constitúen o 40 % da nota final. Todas as prácticas e o exame serán puntuados nunha escala de 0 a 10 e logo aplicado o correspondente porcentaxe para a obtención da nota final.
A cualificación final será a suma da cualificación dos coñecementos teóricos e dos prácticos, esta suma só se realizará cando en cada unha das dúas partes (práctica e teórica) se obteña o 50% da puntuación posible.


Opción B. ALUMNADO QUE NON ASISTE E PARTICIPA NA CLASE (< 85%)
Coñecementos prácticos: Como non pode asistir as clases interactivas terá que realizar as tarefas individualmente dentro dos prazos establecidos. Estas prácticas constitúen o 33,33 % da nota final.
Coñecementos teóricos: O alumno terá que facer dúas probas ou exames para avaliar os coñecementos teóricos. Mediante a Proba de resposta múltiple, antes comentada, obterá o 33,33 % da nota final. E mediante unha Proba de resposta breve de 10 preguntas obterá o restante 33,33 % Todas as prácticas e o exame serán puntuados nunha escala de 0 a 10 e logo aplicado o correspondente porcentaxe para a obtención da nota final.
A cualificación final será a suma da cualificación dos coñecementos teóricos e dos prácticos, esta suma só se realizará cando en cada unha das tres partes se obteña o 50% da puntuación posible.


NOTAS. 1. No caso de ter aprobada só unha das partes (teoría ou práctica), esta manterase aprobada noutras convocatorias (máximo 4 cursos académicos, mentres os responsables da materia sexa Juan Carlos Brenlla Blanco). 2. A cualificación de NP darase a aquel alumnado que non participa de ningunha das metodoloxías de avaliación descritas.


 


Fontes de información
Bibliografía básica

Apuntes entregados a través de Moodle

Bibliografía complementaria

Barca, A. y otros (1994). Procesos básicos de aprendizaje y aprendizaje escolar. La Coruña: Servicio de Publicaciones. Universidade da Coruña

Beltrán, J. e Bueno, J.A. (Eds.) (1995): Psicología de la educación. Barcelona: Marcombo.

Beltrán, J., García-Alcañiz, E., Moraleda, M., Calleja, F.G., Santiuste, V. (1995). Psicología de la educación. Madrid: Eudema Universidad

Bueno, J.A. e Castanedo, C. (Coords.) (2001): Psicología de la educación aplicada. Madrid: CCS

Coll, C., Palacios, J. e Marchesi, A. (Comps.) (2007): Desarrollo psicológico y educación. II. Psicología de la educación escolar. Madrid: Alianza. Psicología y Educación.

Coll, C., Palacios, J. e Marchesi, A. (Comps.) (1990): Desarrollo psicológico y educación, II. Psicología de la educación. Madrid: Alianza Psicológica.

Fernández, E., Justicia, F. y Pichardo, M.C. (2007). Enciclopedia de psicología evolutiva y de la educación. Málaga: Aljibe

González Pienda, J.A. e outros (Coords.) (2002): Manual de psicología de la educación. Madrid: Pirámide.

González, M. C. y Tourón, J. (1992). Autoconcepto y Rendimiento escolar. Pamplona: EUNSA.

Good, T.H.L. e Brophy, J. (1996): Psicología educativa contemporánea. Madrid: McGraw Hill

Henson, K.T. e Eller, B.F. (2000): Psicología educativa para la enseñanza eficaz. México: International Thompson Editores.

Ormrod, J.E. (2005). Aprendizaje humano. Madrid: Pearson Educación

Sampascual, G. (2001): Psicología de la educación. Madrid: UNED.

Sampascual, G. (2002): Psicología del desarrollo y de la educaicón. Vol. II: Psicología de la educación. Madrid: UNED.

Santrock, J.W. (2001): Psicología de la educación. México: McGraw Hill.

Schunk, D.H. (1996). Teorías del aprendizaje. México: Pearson Education

Sprinthall, N.A., Sprinthall, R.C. e Oja, S.N. (1996): Psicología de la educación. Madrid: McGraw Hill

Trianes, M.V. (Coord.) (1996): Psicología de la educación para profesores. Madrid: Pirámide (Biblioteca Eudema).

Trianes, M.V. e Gallardo, J.A. (Coords) (1998): Psicología de la educación y del desarrollo. Madrid: Pirámide.

Trianes, M.V. e Gallardo, J.A. (Coords) (2004): Psicología de la educación y del desarrollo en contextos escolares. Madrid: Pirámide.

Woolfolk, A. (1999): Psicología educativa. México: Prentice Hall


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías