Datos Identificativos 2011/12
Asignatura (*) Deseño, desenvolvemento e avaliación do currículo Código 652G02009
Titulación
GRAO EN EDUCACIÓN PRIMARIA
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Primeiro Formación básica 6
Idioma
Prerrequisitos
Departamento Pedagoxía e Didáctica
Coordinación
Sanchez Bello, Ana
Correo electrónico
ana.sanchez.bello@udc.es
Profesorado
Sanchez Bello, Ana
Correo electrónico
ana.sanchez.bello@udc.es
Web http://campusvirtual.udc.es/moodle/
Descrición xeral Esta materia pretende o desenvolvemento de capacidades que permitan ao alumnado configurar un marco integrador e interrelacional da súa práctica no ámbito do sistema educativo, a través da adquisición do coñecemento epistemolóxico da pedagoxía e a didáctica que sustenta a intervención educativa, así como do desenvolvemento de prácticas baseadas na utilización dos recursos didácticos para construír unha intervención informada e comprometida coa optimización do acceso á aprendizaxe en favor da inclusión da diversidade que caracteriza o contexto educativo.

Os principais temas e núcleos de coñecemento que se abordarán están orientados ao estudo e análise da escola, da cultura e da sociedade; do deseño e concreción do proceso de ensino e aprendizaxe; da análise da acción no ensino como unha estrutura de traballo para profesorado e estudantes e da avaliación no proceso de ensino e aprendizaxe.

Competencias do título
Código Competencias da titulación
A1 Comprender os procesos de aprendizaxe relativos ao período de 6-12, no contexto familiar, social e escolar.
A7 Analizar e comprender os procesos educativos na aula e fóra de ela relativos ao período 6-12.
A10 Coñecer a evolución histórica do sistema educativo no noso país e os condicionantes políticos e lexislativos da actividade educativa.
A16 Deseñar, planificar e avaliar a actividade docente e a aprendizaxe na aula.
A17 Coñecer e aplicar experiencias innovadoras en educación primaria.
A19 Coñecer e aplicar metodoloxías e técnicas básicas de investigación educativa e ser capaz de deseñar proxectos de innovación identificando indicadores de avaliación.
B1 Aprender a aprender.
B3 Aplicar un pensamento crítico, lóxico e creativo.
B5 Traballar de forma colaborativa.
B6 Comportarse con ética e responsabilidade social como cidadán e como profesional.
B11 Capacidade de comprensión dos distintos códigos audiovisuais e multimedia e manexo das ferramentas informáticas.
B13 Lectura e interpretación de imaxes.
B14 Capacidade para traballar en equipo de forma cooperativa, para organizar e planificar o traballo, tomando decisións e resolvendo problemas, tanto de forma conxunta como individual.
B15 Capacidade para utilizar diversas fontes de información, seleccionar, analizar, sintetizar e extraer ideas importantes e xestionar a información.
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.
C8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.

Resultados de aprendizaxe
Competencias de materia (Resultados de aprendizaxe) Competencias da titulación
Comprender a terminoloxía básica, específica e propia da Didáctica, así como os conceptos referentes aos compoñentes didácticos do proceso de ensino e aprendizaxe, de modo que sexa capaz de reflexionar con rigor sobre os mesmos e orientar racionalmente a súa futura práctica docente. A1
A7
B13
B15
Valorar críticamente as diferentes formas de interpretar a realidade educativa de acordo coas diferentes visións sobre a función social da escola e o ensino como sistema, en conexión cos obxectivos socio-educativos propostos. Comprender e reflexionar sobre a importancia da inclusión da diversidade que circunda as aulas educativas. A1
A7
A10
A16
B3
B5
B14
C4
C6
Comprender as diferenzas entre a planificación curricular e a programación do proceso de ensino e aprendizaxe. Distinguir os diferentes niveis de concreción curricular e as súas implicacións. Coñecer os diferentes elementos e modalidades de deseño curricular. A1
A7
A16
B3
C6
Coñecer e diferenciar os principios básicos e as características que fundamentan a articulación curricular na actualidade. A16
A19
B3
Diferenciar os distintos elementos curriculares. Utilizar diferentes criterios tanto para a análise de grupo, da formulación de obxectivos e a selección e secuenciación de contidos considerándoos como un corpo de coñecementos no marco dun proceso de construción e reconstrución progresiva. A16
A17
A19
B15
Comprender o valor científico e pedagóxico da avaliación no campo do ensino, entendida como unha avaliación eminentemente formativa, así como afondar nas relacións entre avaliación e investigación. A19
Analizar as figuras implicadas no proceso de ensino e aprendizaxe. Reflexionar sobre a necesaria profesionalización docente e as funciones do profesorado. Comprender o carácter interrelacionar da función do profesorado no sistema educativo. A1
A7
B5
B6
B14
C4
C7
Desenvolver actitudes de investigación e innovación para facilitar a reflexión sobre a súa práctica educativa, entendida como un proceso de indagación e construción no marco da sociedade do coñecemento e o cambio cultural. A17
A19
B1
B11
B15
C6
C7
C8

Contidos
Temas Subtemas
MÓDULO I. A Didáctica no marco das ciencias da educación. ­- Ámbito conceptual da Didáctica.
- Natureza, obxecto de estudo e finalidade da Didáctica.
- A Didáctica, os procesos de ensino e aprendizaxe e o currículum.
MÓDULO II. As funcións sociais do ensino: (re)produción e (re)construción dos saberes, das condutas e dos valores. ­- As relacións escola-ensino-sociedade.
­- Ensino e socialización: os principios do ensino nunha sociedade democrática.
­- Reprodución e reconstrución do saber e da sociedade na escola.
­- Harmonía e conflito nas relacións ensino-sociedade: contradicións no proceso de socialización.
- A escola como camiño para a igualdade e a inclusión social, cara unha escola multicultural.
MÓDULO III. A cultura da institución escolar ­- As dimensións da escola.
­- A cultura no ensino obrigatorio: o currículum como categoría para a análise da cultura escolar.
­- O oculto e o manifesto na aprendizaxe escolar.
­- As determinacións dos contidos.
­- O ensino na sociedade da información.
­- Os fins básicos dos niveis do sistema educativo.
MÓDULO IV. O ensino como estrutura de comunicación ­- As relacións interpersoais no proceso de ensino.
­- A aula e os centros como espazos de comunicación pedagóxica.
­- A xeración de expectativas e a aprendizaxe escolar.
­- A importancia do clima da aula na aprendizaxe.
­- O ensino máis alá do coñecemento: dimensións persoais.
MÓDULO V. O deseño e concreción do proceso de ensino e aprendizaxe ­- As concepcións sobre o currículum.
­- As fontes e enfoques do currículum.
­- Elementos e funcións do currículum.
­- Niveis de concreción/obxetivación do currículum.
­- O ensino como deseño e desenvolvemento do currículum.
MÓDULO VI. O ensino como unha estrutura de traballo para profesorado e estudantes: a análise da acción ­- A interacción de profesorado, estudantes, cultura, contexto e recursos nas actividades de ensino.
­- As tarefas como marco de socialización educativa e do proceso de ensino e aprendizaxe.
­- A estrutura de tarefas académicas no traballo de ensinantes e na actividade do alumnado.
­- Pautas para o estudo de tarefas e das súas secuencias.
­- Os métodos pedagóxicos: secuencia de tarefas.
­- Os recursos didácticos, organizativos e materiais no proceso de ensino e aprendizaxe.
­- Modelos e tradicións metodolóxicas na selección de actividades de ensino: a súa valoración crítica.
MÓDULO VII. A avaliación no proceso de ensino e aprendizaxe ­- A avaliación no pensamento educativo e na práctica escolar.
­- Funcións da avaliación no contexto escolar e social.
­- Modelos de avaliación e posibilidades pedagóxicas.
­- Modalidades de avaliación. Avaliación cuantitativa e cualitativa. Avaliación diagnóstica, formativa e sumativa. A autoavaliación.
- Técnicas e instrumentos de avaliación: as súas características e limitacións.

Planificación
Metodoloxías / probas Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral 22 33 55
Análise de fontes documentais 4 8 12
Discusión dirixida 4 8 12
Estudo de casos 4 8 12
Traballos tutelados 4 35 39
Proba de ensaio 2 16 18
 
Atención personalizada 2 0 2
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Na actividade de sesión maxistral traballaranse os contidos que conforman o marco teórico mediante a exposición oral, guiada co uso de presentacións, de medios audiovisuais e coa introdución de cuestións dirixidas ao alumnado coa finalidade de favorecer a aprendizaxe e a construción do coñecemento.

Realizarase unha exposición xeral introdutoria de cada un dos distintos temas de que consta o programa, indicando os aspectos que o alumnado debe ampliar co seu traballo persoal, coas oportunas orientacións bibliográficas.
Análise de fontes documentais As fontes documentais serán a base de referencia sobre o tratamento dos contidos que se abordarán en torno aos diferentes núcleos temáticos da materia. Utilizaranse documentos audiovisuais e bibliográficas relevantes sobre a materia con actividades específicas deseñadas para a análise dos mesmos.
Discusión dirixida Mediante esta dinámica abordaranse diversas temáticas orientadas a que o alumando reflexione sobre a importancia da inclusión da diversidade, atendendo aos múltiples factores que inciden no desenvolvemento da intervención educativa, co obxecto de favorecer a construción dunha visión crítica das diferentes formas de interpretar a realidade educativa.
Estudo de casos As actividades de estudio de caso versarán sobre a presentación de situacións centradas no ámbito educativo para a súa análise dende a óptica da intervención dos profesionais da logopedia de maneira integrada cos demais profesionais que desenvolven a súa labor no contexto educativo.
Traballos tutelados En torno aos diferentes temas proporase a realización de pequenos traballos de grupo que se iniciarán na aula e que logo deberán ser completados mediante o traballo autónomo do alumnado, atendendo as indicacións que se proporcionarán a través da atención personalizada do profesor aos diferentes grupos. Para a realización destes traballos tomaranse como referencia tanto os materiais básicos da materia así como outros complementarios. Finalmente, a través da exposición na aula, cada grupo compartirá os traballos realizados cos demais grupos.
Proba de ensaio A proba de ensaio constituirá unha actividade final da materia con carácter avaliativo a través da que o alumnado deberá dar resposta a unha ou varias cuestións interrelacionadas facendo un tratamento global e integrado dos coñecementos adquiridos, de acordo co conxunto de contidos abordados en torno ás diferentes dinámicas de traballo ao longo da materia.

Atención personalizada
Metodoloxías
Traballos tutelados
Descrición
A atención personalizada que se describe en relación a estas metodoloxías concíbense como momentos de traballo presencial co profesor, polo que implican unha participación obrigatoria para o alumando.

A forma e o momento en que se desenvolverá indicarase en relación a cada actividade ao longo do curso segundo o plan de traballo da materia.

Avaliación
Metodoloxías Descrición Cualificación
Proba de ensaio A proba de ensaio consistirá no desenvolvemento dunha ou varias cuestións interrelacionadas que implicarán un tratamento global e integrado dos contidos abordados ao longo da materia. 50
Traballos tutelados En relación cos traballos tutelados valorarase:
A profundidade do contido.
O tratamento dunha linguaxe propia do contexto disciplinar.
A utilización de fontes documentais complementarias e actuais.
A presentación e a claridade da exposición.
30
Estudo de casos En relación cos estudos de caso valorarase:
A comprensión da situación presentada considerando a diversidade e complexidade dos factores que inciden no ámbito educativo.
A profundidade de análise atendendo ao marco teórico traballado na materia.
O valor de síntese e da adecuación das propostas de acción e intervención como resposta á situación presentada.
20
 
Observacións avaliación
A avaliación contempla duas opcións: alumnado asistente (opción A) e alumnado non asistente (opción B)

------------------------------------------------------------------------------
Opción A. Para o alumnado que asiste/participa nas actividades de clase (85% de asistencia presencial):

a) Elaboración dun cartafol cos traballos de cada grupo no que se recollerán as prácticas que se desenvolvan na aula así como aquelas actividades relacionadas coa lectura e análise de materiais diversos presentados en clase (20%).

b) Traballo dunha obra individual (30%)

b) Un exame escrito sobre os contidos da materia (50%).

Para ter apto na materia é imprescindible ter aprobadas as tres probas a avaliar

-------------------------------------------------------------------------------
Opción B. Para o alumnado que non asiste/participa nas actividades de clase ( 85% de faltas de asistencia):


a)Exame escrito sobre os contidos da materia (65%).
b) traballo individual sobre unha obra de referencia curricular marcada pola profesora (35%)

Para ter apto na materia é imprescindible ter aprobadas as duas probas a avaliar

Fontes de información
Bibliografía básica

Apple, M.W. e Beane, J.A. (Comps.). (1997): Escuelas democráticas. Madrid: Morata.

Bernstein, B. (1989): Clase y pedagogías visibles e invisibles. En J. Gimeno Sacristán e Á. Pérez Gómez (Comps.), La enseñanza: su teoría y su práctica. Madrid, Akal Universitaria, pp. 54-72.

Bruner, J. (1987): La importancia de la educación. Barcelona, Paidós.

Eliott, J. (1998). El cambio educativo desde la investigación-acción. Madrid: Morata

Fernández Enguita, M. (1999): La profesión docente y la comunidad escolar: crónica de un desencuentro (3ª ed.). Madrid/Coruña, Morata/Fundación Paideia.

Fernández Enguita, M. (2001): Educar en tiempos inciertos. Madrid, Morata.

Gardner, H., Feldman, D.H., Krechevsky, M. e Viens, J. (2001): El Proyecto Spectrum (Tomo I): construir sobre las capacidades infantiles. Madrid, Morata.

Gee, J.P. (2005): La ideología en los discursos. Madrid, Morata.

Gimeno Sacristán, J. (1997): El curriculum: una reflexión sobre la práctica. Madrid, Morata (7ª ed.).

Gimeno Sacristán, J. e Pérez Gómez, Á.I. (Comps.) (1997): Comprender y transformar la enseñanza (6ª ed.). Madrid, Morata.

Gimeno Sacristán, J. (2010). Saberes e incertidumbres sobre el curriculum. Madrid. morata

Giroux, H.A. (1988): Los profesores como intelectuales: hacia una pedagogía crítica del aprendizaje. Barcelona/Madrid, Paidós/MEC.

Grundy, S. (1998): Producto o praxis del curriculum. Madrid, Morata (3ª ed.).

Guttman (Gutmann), A. (2001): La educación democrática: una teoría política de la educación. Barcelona, Paidós.

Hargreaves, A. (2003): Enseñar en la sociedad del conocimiento. Barcelona, Octaedro.

Hernández, S. y Ventura, M. (1992): La organización del currículo por proyectos   de trabajo. Barcelona, Graó.

Jackson, P.W. (1996): La vida en las aulas. Madrid/A Coruña, Morata/Fundación Paideia.

Kemmis, S. e McTaggart, R. (1992): Cómo planificar la investigación-acción (2ª ed.). Barcelona, Laertes.

Kincheloe, J.L., Steinberg, S.R. e Villaverde, L. (Comps.) (2004): Repensar la inteligencia. Madrid, Morata.

Kushner, S. (2002): Personalizar la evaluación. Madrid, Morata.

Moya Maya, A. (2002): El profesorado de apoyo: ¿dónde?, ¿cuándo?, ¿cómo?...realiza su trabajo. Archidona, Ediciones Aljibe.

Moya Maya, A., Martínez Ferrer, J. e Ruiz Salguer, J.M. (2005): Una alternativa de apoyo en los centros: el modelo de apoyo curricular. Archidona, Ediciones Aljibe.

McCarthy, C. (1994): Racismo y curriculum: la desigualdad social y las teorías y políticas de las diferencias en la investigación contemporánea sobre la enseñanza. Madrid/Coruña, Morata/Fundación Paideia.

Perrenoud, P. (1996): La construcción del éxito y el fracaso escolar. Madrid, Morata / Fundación Paideia (2ª ed. ampliada).

Ramonet, I. (1998): La tiranía de la comunicación. Barcelona, Temas de Debate.

Santos Guerra, M.Á. (1990): Hacer visible lo cotidiano: teoría y práctica de la evaluacion cualitativa de los centros escolares. Madrid, Akal.

Schön, D. A. (1992). La formación de profesionales reflexivos: hacia un nuevo diseño de la enseñanza y el aprendizaje en las profesiones. Madrid / Barcelona, Centro de Publicaciones del Ministerio de Educación y Ciencia (MEC) / Paidós.

Stainback, S. e Stainback, W. (2001). Aulas inclusivas: un nuevo modo de enfocar y vivir el currículo. Madrid, Narcea.

Steinberg, S.R. e Kincheloe, J. L. (Comps.) (2000): Cultura infantil y multinacionales. Madrid, Morata.

Stenhouse, L. (2003): Investigación y desarrollo del curriculum (5ª ed.). Madrid, Morata.

Torres Santomé, J. (2001): Educación en tiempos de neoliberalismo. Madrid, Morata.

Torres Santomé, J. (2005): El curriculum oculto (8ª ed.). Madrid, Morata.

Torres Santomé, J. (2006): La desmotivación del profesorado. Madrid, Morata.

Torres Santomé, J. (2006): Globalización e interdisciplinariedad: el curriculum integrado (5ª Ed.). Madrid, Morata.


Bibliografía complementaria
Bibliografía complementaria: 

Ainscow, M. (2001): Desarrollo de escuelas inclusivas. Madrid, Narcea.

Antúnez, S., del Carmen, L. M., Imbernón, F., Parcerisa, A. e Zabala, A. (2005): Del proyecto educativo a la programación de aula. Barcelona, Graó.

Apple, M.W. (1996): Política cultural y educación. Madrid, Morata.

Ayuste, A., Flecha, R., López Palma, F. e Lleras, J. (1994). Planteamientos de la pedagogía crítica: comunicar y transformar. Barcelona, Graó.

Barcena, F. e Mèlich, J.-C. (2000): La educación como acontecimiento ético: natalidad, narración y hospitalidad. Barcelona, Paidós.

Barnes, D. (1994): De la comunicación al currículo. Madrid, Visor. (2ª Ed.)

Barton, L. Bolívar, A. (2000): Los centros educativos como organizaciones que aprenden. Promesas y realidades. Madrid, La Muralla.

 (1998): Discapacidad y sociedad. Madrid, Morata.

Casado Velarde, C. (1988): Lenguaje y cultura. Madrid, Síntesis.

Cazden, C.B. (1991): El discurso en el aula: el lenguaje de la enseñanza y del aprendizaje. Barcelona/Madrid, Paidós/MEC. (2ª ed.)

Clemente Linuesa, M. (2004): Lectura y cultura escrita. Madrid, Morata.

Coll, C. e outros/as (1993): El constructivismo en el aula. Barcelona, Graó.

Cortina, A. (1993): Ética aplicada y democracia radical. Madrid, Tecnos.

Cummins, J.A. (2002): Lenguaje, poder y pedagogía: niños y niñas bilingües entre dos fuegos. Madrid, Morata.

Delamont, S. (1985): La interacción didáctica. Madrid, Cincel.

Delpit, L. (1995): Other people's children: cultural conflict in the classroom. New York, The New Press.

Del Carmen, L. e outros/as (2004): La planificación didáctica. Barcelona, Graó.

Edwards, D. e Mercer, N. (1988): El conocimiento compartido: el desarrollo de la compresión en el aula. Barcelona/Madrid, Paidós/MEC.

Fernández Pérez, M. (1994): Las tareas de la profesión de enseñar. Madrid, SXXI.

Fernández Enguita, M. (1999): Alumnos gitanos en la escuela paya: un estudio sobre la Freire, P. (1985): Pedagogía del oprimido. Madrid, Siglo XXI.

Freire, P. (1985): La naturaleza política de la educación. Barcelona/Madrid: Paidós/MEC.

González Sánchez, M. (1987): Lenguaje escolar y clase social. Slamanca, Amarú. (2ª Ed.)

Hargreaves, A. (1996): Profesorado, cultura y postmodernidad (cambian los tiempos, cambia el profesorado). Madrid, Morata.

Kalyanpur, M. e Harry, B. (1999): Culture in special education: building reciprocal family-professional relationships. Baltimore, Paul H. Brookes.

Losen, D. e Orfield, G. (Comps.) (2002): Racial inequity in special education. Cambridge, Harvard University Press.

Martín Rojo, L., Alcalá Recuerda, E., Garí Pérez, A., Mijares Molina, L., Sierra Rodrigo, I. e Rodríguez, M. Á. (2003): ¿Asimilar o integrar? Dilemas ante el multilingüismo en las aulas. Madrid, Centro de Investigación Documentación Educativa (CIDE), Ministerio de Educación, Cultura y Deporte.

Martínez, I. e Vázquez-Bronfman, A. (Comps.) (1995): La socialización en la escuela y la integración de las minorías: perspectivas etnográficas en el análisis de la educación de los años 90. Madrid, Fundación Infancia y Aprendizaje / Fundación "la Caixa".

Moreno, M. e outros/as (1983): La pedagogía operatoria: un enfoque constructivista de la educación. Barcelona, Laia.

Sánchez Blanco, C. (1994): La cooperación en Educación Infantil. A Coruña, Universidade da Coruña.

Sánchez Blanco, C. (1994): El desarrollo de actitudes en Educación Infantil. Zaragoza, Edelvives.

Stubbs, M. (1987): Análisis del discurso, análisis sociolingüístico del lenguaje natural. Madrid, Alianza.

Stubbs, M. (1983): Lenguaje y escuela: análisis sociolingüístico de la enseñanza. Madrid, Cincel.

Tannen, D. (1998): Género y discurso. Barcelona, Paidós.

Unamuno, V. (2003): Lengua, escuela y diversidad sociocultural: hacia una educación lingüística crítica. Barcelona, Graó.

Van Dijk, T.A. (1995): Texto y contexto: semántica y pragmática del discurso (5ª ed.). Madrid, Cátedra.

Varela, J. e Álvarez-Uría, F. (1991). Arqueología de la escuela. Madrid, La Piqueta

 

Recursos web

Asociación de Enseñantes con Gitanos: http://www.pangea.org/aecgit

A Página de Educaçao (revista electrónica internacional): http://www.a-pagina-da-educacao.pt

Aula Intercultural: portal de educación intercultural (con moita información didáctica): http://www.aulaintercultural.org/mot.php3?id_mot=72

CIDE (Centro de Investigación e Documentación Educativa) - MEC: http://www.mec.es/cide/index-ga.htm

CNICE (Centro Nacional de Información e Comunicación Educativa) - MEC: http://www.pntic.mec.es

Consellería de Educación e Ordenación Universitaria - Xunta de Galiza: http://www.edu.xunta.es/portal/index.jsp

Currículo Sem Fronteiras (revista electrónica crítica da actualidade educativa polo mundo): http://www.curriculosemfronteiras.org/artigos.htm

Edugaliza. O ensino galego na rede: http://www.edugaliza.org

EURYDICE - Red europea de información sobre a educación en Europa: http://www.eurydice.org/index.shtml

Foro Social Ibérico pola Educación: http://www.fsipe.org/cas/principal.htm

Fórum Mundial de Educação: http://fmet.terra.com.br

IEA (International Association for Evaluation of Educational Achievement): http://www.iea.nl

Instituto de Avaliación - Ministerio de Educación y Ciencia: http://www.ince.mec.es

MEC (Ministerio de Educación y Ciencia): http://www.mec.es

OCDE - Education: http://www.oecd.org/topic/0,2686,en_2649_37455_1_1_1_1_37455,00.html

OEI (Org. de Estados Iberoamericanos para a Educación, Ciéncia e Cultura): http://www.oei.es

OLPED (Observatório Latino-Americano de Políticas Educacionais): http://www.lpp-uerj.net/olped

PISA (Programme for International Student Assessment): http://www.pisa.oecd.org

UE - Red Europea de Responsábeis de Avaliación de Sistemas Educativos: http://cisad.adc.education.fr/reva

UNESCO - Oficina Internacional de Educación: http://www.ibe.unesco.org

UNICEF: http://www.unicef.org/

Revistas de educación

­ ADAXE

­ AULA DE INNOVACIÓN EDUCATIVA

­ COMUNIDAD ESCOLAR

­ CUADERNOS DE PEDAGOGÍA

­ CURRICULUM

­ ENSEÑANZA

­ ESCUELA ESPAÑOLA

­ GUIX

­ INFANCIA Y APRENDIZAJE

­ INNOVACIÓN EDUCATIVA

­ INVESTIGACIÓN EN LA ESCUELA

­ KIKIRIKÍ

­ PADRES Y MAESTROS

­ PERSPECTIVA ESCOLAR

­ REVISTA DE EDUCACIÓN

­ REVISTA DE ESTUDIOS DEL CURRICULUM

­ REVISTA GALEGA DE EDUCACIÓN

­ REVISTA GALEGA DE EDUCACIÓN

REVISTA GALEGA DO ENSINO

SIGNOS

-------------------------------------------------------------------------------------------------------------------

BRITISH JOURNAL OF EDUCATIONAL STUDIES.

BRITISH JOURNAL OF SOCIOLOGY OF EDUCATION.

CURRICULUM INQUIRY.

DISCOURSE.

E-LEARNING.

EDUCATIONAL ACTION RESEARCH.

EDUCATIONAL POLICY.

EDUCATIONAL RESEARCHER.

EDUCATIONAL STUDIES.

GENDER AND EDUCATION.

HARVARD EDUCATIONAL REVIEW.

INTERCHANGE.

INTERNATIONAL JOURNAL OF INCLUSIVE EDUCATION.

JOURNAL OF CURRICULUM STUDIES.

JOURNAL OF EDUCATION POLICY.

JOURNAL OF TEACHER EDUCATION.

PEDAGOGY, CULTURE & SOCIETY (antes CURRICULUM STUDIES).

TEACHERS COLLEGE RECORD.

TEACHING & TEACHER EDUCATION.

THE CURRICULUM JOURNAL.

THEORY AND RESEARCH IN EDUCATION.

THEORY INTO PRACTICE.

 
Bibliografía de motivación
BANDA DESEÑADA:

GIMÉNEZ, Carlos (1977-2003): Paracuellos (6 vols.). Barcelona, Glenat.

GIMÉNEZ, Carlos (2001): Barrio. Barcelona, Glenat.

MARÍN, Xaquín (1978): Gaspariño. A Coruña, Rueiro.

MARÍN, Xaquín (1982): Gaspariño 2. Vigo, Edicións Xerais.

QUINO (2001): Todo Mafalda. Barcelona, Lumen (5ª ed.).

TONUCCI, Francesco (1994): Con ojos de niño. Barcelona, Barcanova (6ª ed.).

TONUCCI, Francesco (1988): Niño se nace. Barcelona, Barcanova (2ª ed.).

TONUCCI, Francesco (1989): Cómo ser niño. Barcelona, Barcanova.

TONUCCI, Francesco (1993): La soledad de los niños. Barcelona, Barcanova.

TONUCCI, Francesco (2003): Cuando los niños dicen ¡Basta!. Madrid, Fundación Germán Sánchez Ruipérez.

LITERATURA:

BOYNE, John (2007): El niño con el pijama de rayas. Barcelona, Salamandra.

GOSCINNY, René (2001): El pequeño Nicolás. Madrid, Alfaguara (24 ed.).

GOSCINNY, René (2001): Los recreos del pequeño Nicolás. Madrid, Alfaguara (16 ed.).

GOSCINNY, René (2001): Las vacaciones del pequeño Nicolás. Madrid, Alfaguara (20 ed.).

GOSCINNY, René (1988): Los amiguetes del pequeño Nicolás. Barcelona, Salvat.

HASKI, Pierre (2004): El diario de Ma Yan. Madrid, Maeva.

HENTIG, Hartmut Von (2003): ¿Por qué tengo que ir a la escuela? Cartas a Tobías. Barcelona, Gedisa.

MACHADO, Antonio (1991): Juan de Mairena: sentencias, donaires, apuntes y recuerdos de un profesor apócrifo (1936). Madrid, Castalia.


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías