Datos Identificativos 2011/12
Asignatura (*) Educación inclusiva e multicultural Código 652G02016
Titulación
GRAO EN EDUCACIÓN PRIMARIA
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Segundo Formación básica 6
Idioma
Galego
Prerrequisitos
Departamento Pedagoxía e Didáctica
Coordinación
Teasley Severino, Cathryn
Correo electrónico
cathryn.teasley1@udc.es
Profesorado
Nuñez Mayan, Maria Teresa
Teasley Severino, Cathryn
Correo electrónico
teresa.nunez.mayan@udc.es
cathryn.teasley1@udc.es
Web http://http://www.educacion.udc.es/
Descrición xeral Para comprender de xeito holístico o cometido da Educación Inclusiva e Multicultural perante as xeracións máis novas de escolares da nosa sociedade, e para podermos contribuir á construción crítica deste cometido, cabe situar este ámbito de formación e investigación --tanto as aproximacións conceptuais como as conexións entre teoría e práctica pedagóxica-- no amplo, complexo e dinámico contexto histórico de desenvolvemento das sociedades e da convivencia humana no mundo actual. Este "enmarcamento" da asignatura de Educación Inclusiva e Multicultural tenta transcender as focaxes que se limitan a abordar a cultura escolar da etapa de Infantil, ou os procesos de aprendizaxe dentro da institución educativa en si, e pouco máis. Máis que iso, procura revelar as conexións que ten este corpo de coñecementos con outros ámbitos de educación e con outras esferas de produción socio-cultural, como son: a educación no seo da familia, as expresións de cultura popular e a formación da identidade nas comunidades tanto locais como globais, o rol dos medios de comunicación na sua produción e reprodución destes procesos, do sistema económico capitalista (cada vez máis globalizado e neoliberal), da política dos estados-nación e do ámbito transnacional das migracións, dos dereitos humanos, dun medioambiente finito, das relixións, dos pobos, dos xéneros, das sexualidades, da dis/capacidade, e doutros factores determinantes da diversidade humana.

Desde este marco "glocal", educar para a xustiza intercultural e o acceso igualitario áos bens das democracias --acceso a un sistema educativo que optimice a formación intelectual e o desenvolvemento persoal de todas e cada unha das mentes novas-- é un labor relacional e transversal que emerxe e participa destes múltiples ámbitos sociais solapados, e que pode e debe incidir neles para fomentar ditos dereitos. Require, polo tanto, unha pedagoxía que abarque contidos e temas curriculares reveladores das desigualdades, exclusións e opresións, e construtores da "igualdade na diversidade". Esta formación ten connotacións éticas e/ou controvertidas, e comprende procesos organizativos e didácticos colaboradores, colectivizantes e transformadores, que establezan pontes entre a necesaria reflexión teórica e a imprescindíbel posta en práctica. Así mesmo, precisa dunha orientación crítica sobre as relacións humanas que sexa á vez intrapersoal (auto-reflexiva) e interpersoal, e tanto intergrupal como colectivo-global.

As grandes liñas de estudo inclúen:

- Globalización e curriculum na Educación Primaria, e formas interculturais de representación e participación igualitaria na etapa de Primaria.
- Multiculturalismo, prexuízos, estereotipos, racismo, xenofobia e outros tipos de discriminación e exclusión nas institucións escolares.
- Modelos de Educación Inclusiva, Multicultural, Intercultural e Anti-Racista.
- Atención á diversidade cultural e funcional, e a inclusión na escola: minorías étnicas, inmigrantes, emigrantes e alumnado con diversidade funcional.
- Estratexias didácticas de atención á diversidade e de educación inclusiva na etapa de Educación Primaria.

Competencias do título
Código Competencias da titulación
A1 Comprender os procesos de aprendizaxe relativos ao período de 6-12, no contexto familiar, social e escolar.
A2 Coñecer as características destes estudantes, así como as características dos seus contextos motivacionais e sociais.
A3 Dominar os coñecementos necesarios para comprender o desenvolvemento da personalidade destes estudantes e identificar disfuncións.
A4 Identificar dificultades de aprendizaxe, informalas e colaborar no seu tratamento.
A5 Coñecer as propostas e desenvolvementos actuais baseado na aprendizaxe de competencias.
A6 Identificar e planificar a resolución de situacións educativas que afectan a estudantes con diferentes capacidades e distintos ritmos de aprendizaxe.
A7 Analizar e comprender os procesos educativos na aula e fóra de ela relativos ao período 6-12.
A8 Coñecer os fundamentos da educación primaria.
A9 Analizar a práctica docente e as condicións institucionais que a enmarcan.
A10 Coñecer a evolución histórica do sistema educativo no noso país e os condicionantes políticos e lexislativos da actividade educativa.
A11 Coñecer os procesos de interacción e comunicación na aula.
A12 Abordar e resolver problemas de disciplina.
A13 Promover o traballo cooperativo e o traballo e esforzo individuais.
A14 Promover accións de educación en valores orientadas á preparación dunha cidadanía activa e democrática.
A15 Coñecer e abordar situacións escolares en contextos multiculturais.
A16 Deseñar, planificar e avaliar a actividade docente e a aprendizaxe na aula.
A17 Coñecer e aplicar experiencias innovadoras en educación primaria.
A18 Participar na definición do proxecto educativo e na actividade xeral do centro atendendo a criterios de xestión de calidade.
A21 Coñecer e saber exercer as funcións de titor e orientador en relación coa educación familiar no período 6-12.
A22 Relacionar a educación co medio, e cooperar coas familias e a comunidade.
A23 Analizar e incorporar de forma crítica as cuestións máis relevantes da sociedade actual que afectan á educación familiar e escolar: impacto social e educativo das linguaxes audiovisuais e das pantallas; cambios nas relacións de xénero e interxeracionais; multiculturalidade e interculturalidade; discriminación e inclusión social e desenvolvemento sustentable.
A28 Valorar as ciencias como un feito cultural.
A29 Recoñecer a mutua influencia entre ciencia, sociedade e desenvolvemento tecnolóxico, así como as condutas cidadás pertinentes, para procurar un futuro sustentable.
A34 Fomentar a educación democrática da cidadanía e a práctica do pensamento social crítico.
A35 Valorar a relevancia das institucións públicas e privadas para a convivencia pacífica entre os pobos.
A37 Desenvolver e avaliar contidos do currículo mediante recursos didácticos apropiados e promover as competencias correspondentes nos estudantes.
A60 Desenvolver e avaliar contidos do currículo mediante recursos didácticos apropiados e promover as competencias correspondentes nos estudantes.
A61 Adquirir un coñecemento práctico da aula e da xestión da mesma.
A62 Coñecer e aplicar os procesos de interacción e comunicación na aula e dominar as destrezas e habilidades sociais necesarias para fomentar un clima de aula que facilite a aprendizaxe e a convivencia.
A63 Controlar e facer o seguimento do proceso educativo e en particular o de ensino-aprendizaxe mediante o dominio das técnicas e estratexias necesarias.
A64 Relacionar teoría e práctica coa realidade da aula e do centro.
A65 Participar na actividade docente e aprender a saber facer, actuando e reflexionando desde a práctica.
A66 Participar nas propostas de mellora nos distintos ámbitos de actuación que se podan establecer nun centro.
A68 Coñecer formas de colaboración cos distintos sectores da comunidade educativa e do contorno social.
B1 Aprender a aprender.
B3 Aplicar un pensamento crítico, lóxico e creativo.
B4 Traballar de forma autónoma con iniciativa.
B5 Traballar de forma colaborativa.
B6 Comportarse con ética e responsabilidade social como cidadán e como profesional.
B7 Comunicarse de maneira efectiva nun contorno de traballo.
B8 Capacidade para elaborar discursos coherentes e organizados loxicamente.
B9 Capacidade para expoñer as ideas elaboradas, de forma oral e na escrita.
B11 Capacidade de comprensión dos distintos códigos audiovisuais e multimedia e manexo das ferramentas informáticas.
B14 Capacidade para traballar en equipo de forma cooperativa, para organizar e planificar o traballo, tomando decisións e resolvendo problemas, tanto de forma conxunta como individual.
B15 Capacidade para utilizar diversas fontes de información, seleccionar, analizar, sintetizar e extraer ideas importantes e xestionar a información.
B16 Capacidade crítica e creativa na análise, planificación e realización de tarefas, como froito dun pensamento flexible e diverxente.
B17 Capacidade de análise e de autoavaliación tanto do propio traballo como do traballo en grupo.
B18 Compromiso ético para o exercicio das tarefas docentes.
B19 Capacidade de adaptarse a novas situacións nunha sociedade cambiante e plural.
B20 Relación con diversos interlocutores sociais.
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
C5 Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras.
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.
C8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.

Resultados de aprendizaxe
Competencias de materia (Resultados de aprendizaxe) Competencias da titulación
Familiarizarase coas das diversas tradicións intelectuais e políticas da Educación Inclusiva, Educación Multicultural, Educación Intercultural e os Estudos Culturais, e os aspectos máis relevantes destes campos de investigación para a etapa de Educación Primaria, ao entrar en contacto coas fontes bibliográficas, audiovisuais e informativas fundamentais no ámbito da Educación Inclusiva e Multicultural. A5
A6
A8
A10
A11
A13
A14
A15
A23
A28
A29
A34
A35
A37
B1
B3
B4
B5
B6
B7
B11
B19
B20
C3
C4
C6
C8
Situará estas tradicións na evolución das concepcións e das políticas históricas da mestizaxe, da contaminacións transculturais, por unha banda, e por outra banda, o peche cultural e as resistencias da comunidades e dos individuos á comprensión do “outro”, do “descoñecido”, “do que non é propio”, que pode conlevar a actitudes exclusivas (racismo, etnocentrismo, imposicións lingüística, xenofobia, sexismo, a homofobia, extremismos políticos e/ou relixiosos, etc) e outras expresións de discriminación, opresión e marxinación…. A1
A2
A6
A9
A15
A18
B1
B3
B4
B5
B6
B9
B11
B15
B16
B18
C4
C6
Afondar na importancia tanto profesional como social dos aspectos ético-axiolóxicos da Educación Inclusiva e Multicultural para a etapa de Educación Primaria, ao desenvolver actitudes á vez críticas e solidarias fronte á diversidade humana nas comunidades educativas, e ao adquirir e fomentar valores tanto universais como particulares relacionados con: a empatía, o respecto, a dignidade humana e os dereitos humanos, o apoio mutuo, a reciprocidade, a colaboración, a inclusión dos excluídos, a participación igualitaria e democráticas na vida pública do centro, as "virtudes comunicativas", e a organización pacífica e xusta da sociedade multicultural, entre outros valores e aspectos que atinxen á xustiza intercultural e a solidariedade. A3
A5
A9
A11
A14
A22
A23
B1
B3
B16
B17
C4
C7
C8
Comprenderá que a Educación Inclusiva e Multicultural supón un corpo de coñecementos inacabados, mutables, e continuamente negociados, non un paradigma pechado ou monolítico, polo que debe derivar no desenvolvemento dun xuízo (ou disposición) profesional flexíbel e crítico. A9
A10
A23
A65
A66
A68
B3
B5
B6
B8
B9
B16
B17
B18
C4
C5
C7
C8
Apreciará a importancia tanto profesional como social dos aspectos ético-axiolóxicos da Educación Inclusiva e Multicultural para a etapa de Educación Primaria, ao desenvolver actitudes á vez críticas e solidarias fronte á diversidade humana nas comunidades educativas, e ao adquirir e fomentar valores tanto universais como particulares relacionados con: a empatía, o respecto, a dignidade humana e os dereitos humanos, o apoio mutuo, a reciprocidade, a colaboración, a inclusión dos excluídos, a participación igualitaria e democráticas na vida pública do centro, as "virtudes comunicativas", e a organización pacífica e xusta da sociedade multicultural, entre outros valores e aspectos que atinxen á xustiza intercultural e a solidariedade. A64
A65
A66
A68
B1
B14
B15
B16
B17
B19
C3
C4
C7
C8
Comprender, analizar e avaliar os principais contidos, recursos, estratexias e ámbitos de intervención abordados desde a Educación Inclusiva e Multicultural: contidos culturalmente inclusivos e interculturais, a organización democrática da aula e do centro, a inclusión e promoción das perspectivas e voces minoritarias e/ou desfavorecidas socialmente, a análise crítica dos documentos e medios de comunicación-aprendizaxe, a mediación e resolución pacífica de conflitos, a aprendizaxe cooperativa e os xogos cooperativos, a globalización do curriculum, a colaboración intersectorial, o poder do desenvolvemento tecnolóxico para a aprendizaxe intcultural e a conectividade, etc. A1
A2
A3
A4
A5
A6
A7
A8
A11
A12
A13
A14
A15
A16
A17
A21
A60
A61
A62
A63
A64
A65
A66
A68
B1
B5
B7
B9
B14
B15
C8
Iniciarse na aplicación dos coñecementos pedagóxicos, na planificación, na posta en práctica das principais estratexias e recursos didácticos (curriculares, metodolóxicos, organizativos e dinamizadores) desenvolvidos desde a Educación Inclusiva e Multicultural para a etapa de Educación Primaria. A5
A6
A17
B3
B5
B17
B18
B19
C4
C8

Contidos
Temas Subtemas
1. A DIVERSIDADE CULTURAL E FUNCIONAL NAS SOCIEDADES CONTEMPORÁNEAS E A SÚA RELEVANCIA PARA A EDUCACIÓN EN PRIMARIA 1.1. Manifestacións da diversidade cultural e funcional, e o seu papel nos estados democráticos e os seus sistemas educativos. Algúns conceptos relativos ás ideas ¡nclusivas e exclusivas desde parámetros históricos, sociolóxicos, económicos, antropolóxicos, políticos, filosóficos, lingüísticos, relixiosos, mediáticos e pedagóxicos.
1.2. O papel da Educación Primaria na configuración de valores a prol da liberdade, das convivencias equitativas, e do rexeitamento das discriminacións e das prácticas inxustas.
1.3. Algúns conceptos centrais a debate: globalización, diversidade cultural (lingüística, relixiosa, étnica, etc.), diversidade funcional (dis/capacidades), empoderamento, multiculturalidade/multiculturalismo, nacionalismo, interculturalidade/interculturalismo, pluralidade/pluralismo, bi/multilingüismo, cosmopolitanismo, convivencia, democracia, igualdade, equidade, liberdade, xustiza social, dereitos (humanos, civís, etc.), identidade, recoñecemento, inclusión, representación, participación, integración, reparto de bens, poder social relativo.
1.4. Dinámicas que ameazan a xustiza intercultural e a convivencia equitativa nas sociedades multiculturais: prexuizos, estereotipos, sesgos, distincións, racismos, xenofobia, e a súa interacción con outros procesos de discriminación, opresión, marxinación e exclusión que comezan nos primeiros anos de vida, como o sexismo, o clasismo, a homofobia, etc.
2. MARCOS CONCEPTUAIS PARA A CONCIACIÓN: ENTRE AS CARACTERÍSTICAS DA ETAPA EDUCATIVA DE PRIMARIA E OS MODELOS DE INTERVENCIÓN NA ESCOLA 2.1. Epistemoloxía dos modelos: segundo as épocas, os colectivos de referencia, as zonas xeográficas de investigación, as disciplinas académicas de investigación e as ideoloxías subxacentes.
2.2. Antecedentes: o internacionalismo da UNESCO, os movimentos polos dereitos humanos e civís, a política compensatoria e a discriminación positiva.
2.3. O anti-racismo e a anti-discriminación.
2.4. As correntes de Educación Multicultural: pluralismo, asimilación, empoderamento, educación bilingüe, e influencias da Pedagoxía Crítica e da Educación Intercultural.
2.5. A interculturalidade: un reto ao marco multiculturalista.
2.6. O recente campo dos Estudos Culturais e a súa relación coa Pedagoxía Crítica, a Educación Multicultural Crítica e a Educación Intercultural e Inclusiva.
2.7. Visión global dos marcos conceptuais e legais da inclusión social e escolar (UNESCO, Constitución, LOE): converxencias e diverxencias.
2.8. Modelos de inclusión e exclusión social e escolar: percorrido da Educación Especial, do "mainstreaming" (integración), da Educación Compensatoria, e da Educación Inclusiva como actual resposta a unha "integración" moi deficiente do alumnado con discapacidade.
2.9. Máis alá da "inclusión: a convivencia multidireccional como proposta de futuro.
3. ATENCIÓN Á DIVERSIDADE CULTURAL E FUNCIONAL NA POLÍTICA EDUCATIVA E NA SOCIEDADE 3.1. Tratamento escolar e social do alumnado con NEE e NEAE e Colectivos que poden ser obxecto de exclusión social ou escolar: minorías étnicas, emigrantes, inmigrantes,
3.2. Colectivos de referencia: o alumnado composto por minorías étnicas (xitanidade), pobos con aspiracións nacionalistas (na Galiza, no País Basco e en Cataluña), emigrantes, inmigrantes, persoas con discapacidade, grupos maioritarios ou dominantes; os familiares do alumnado; o profesorado; outros axentes da institución escolar; axentes comunitarios.
3.3. Prácticas das institucións sociais e as familias no proceso de fornecer ou debilitar a inclusión social e escolar.
3.4. Políticas, programas e medios dirixidos á atención á diversidade humana nos primeiros anos de escolarización: medidas escolares (acollida, adaptación do curriculum, optatividade, etc.) e de formación do profesorado.
3.5. Situación actual da atención á diversidade na Educación Primaria.
3.6. Luces e sombras nas aproximacións actuais á atención á diversidade na Educación Infantil.
4. ORGANZIACIÓN DO CENTRO E DAS PRÁCTICAS PEDAGÓXICAS PARA DAR RESPOSTAS A PROL DO DESENVOLVEMENTO DE ESCOLAS INCLUSIVAS 4.1. Globalización do curriculum na Educación Primaria: formas interculturais e transversais de ensinanza, aprendizaxe, representación, inclusión, participación, integración e interrelación nos primeiros anos de escolaridade. O valor dos proxectos de aprendizaxe interdisciplinares e inter-idade, e doutros métodos para diversificar e maximizar o acceso ao curriculum oficial para colectivos con necesidades educativas ben diferentes entre si (falantes de linguas non designadas como vehiculares no ensino; cativos procedentes de ámbitos desfavorecidos; ou nenas e nenos con distintas discapacidades).
4.2. O valor da aprendizaxe cooperativa en grupos mixtos, como técnica esencial para o traballo desde a perspectiva da inclusión do alumnado con NEAE, levado a cabo desde parámetros da intervención interprofesional.
4.3. Organización da estrutura escolar de acordo cos principios da escola inclusiva: respostas dos órganos do centro escolar; o acercamento da escola ás familias; a colaboración intersectorial; e a democratización das estruturas organizativas, participativas e interactivas na escolarización temperá para desestabilizar a cultura escolar tradicionalmente competitiva, homoxeneizante e excluínte.
4.4. Experiencias e prácticas das escolas inclusivas.
4.5. Educar en valores como o respecto, a empatía, o apoio mutuo, a solidariedade, o saber escoitar, a igualdade, o reparto equitativo dos bens, o sentido da xustiza, a non-violencia, etc.
4.6. Fomentar a inclusión e o empoderamento do alumnado procendente de grupos minoritarios mediante o recoñecemento e a incorporación constantes das súas perspectivas, experiencias, capacidades e outros aspectos identitarios (p. ex. lingüísticos), sempre implicando ao alumnado maioritario nestes procesos. Medios didácticos efectivos para este fin.
4.7. Claves para unha formación intercultural, inclusiva e anti-discriminación do profesorado, e o valor da colaboración inter-profesional (entre sectores de profesorado e outros axentes).

Planificación
Metodoloxías / probas Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral 21 0 21
Análise de fontes documentais 3 25 28
Aprendizaxe colaborativa 3 25 28
Estudo de casos 3 10 13
Discusión dirixida 3 0 3
Foro virtual 1 2 3
Xogo de rol (role playing) 2 0 2
Presentación oral 1 5 6
Investigación (Proxecto de investigación) 3 25 28
Proba mixta 2 15 17
 
Atención personalizada 1 0 1
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Exposición oral por parte da docente, e con apoio de recursos audiovisuais, de contidos relacionados co temario da materia.
Análise de fontes documentais Lectura e análise da documentación seleccionada como obrigatoria para traballar a materia.
Aprendizaxe colaborativa Consistirá en dinámicas de grupos variadas, que se empregarán nos debates, na análise das fontes realizada en grupo, nos traballos tutelados e na presentación oral.
Estudo de casos Metodoloxía na que o suxeito é confrontado coa descrición dunha situación específica cun problema a ser entendida, valorada e determinada por un grupo de persoas a través dun proceso de discusión. O alumnado está perante un problema concreto que describe unha situación real de traballo, e debe ser capaz de analizar unha serie de eventos relativa a un determinado campo de coñecemento ou acción para acadar unha decisión fundamentada a través dun proceso de discusión en pequenos grupos de traballo.
Discusión dirixida Na clase debatirase sobre varios contidos estudiados e analizados, tomando como referencia diferentes tipos de fontes documentais.
Foro virtual Posíbel utilización de distintas modalidades de comunicación virtual (Moodle, wikis, redes sociais, Internet, gravacións audiovisuais, etc.) para facilitar o traballo colaborativo, o debate e os procesos de deliberación en xeral.
Xogo de rol (role playing) Técnica de dinámica de grupos que ten como obxectivo axudar a desenvolver a perspectiva social e a empatía mediante a representación de diferentes papeies dentro de situacións conflictivas nas que intervieñen diferentes posturas que teñen que ser combinadas. Utilízase para traballar as relacións interpersonais, o comportamento, os valores e as atitudes.
Presentación oral Exposición grupal dun guión do traballo de investigación, que terá lugar durante a semana anterior ao período festivo de Decembro-Xaneiro.
Investigación (Proxecto de investigación) Realización en pequeno grupo dun traballo escrito, seguindo as orientacións dadas na aula e presentación oral do guión do mesmo. Prazo provisional: entrégase o día do exame final.
Proba mixta A proba mixta consistirá nun exame, sen material, composto por preguntas de resposta breve e preguntas de desenvolvemento. Pode requirirse, ademais, a realización dun esquema ou mapa conceptual.

Atención personalizada
Metodoloxías
Investigación (Proxecto de investigación)
Presentación oral
Descrición
A atención personalizada aplícase ás dúas actividades á esquerda, e realízase principalmente dentro da aula de clase, mais tamén fóra durante as titorías. Concíbese como momentos de apoio que o profesorado ofrece a cada alumna ou alumno a título individual. Irase concretando a medida que se realizan as actividades da materia, en función das necesidades detectadas.

Aparte da atención personalizada, o profesorado apoiará ao alumnado de xeito colectivo nas actividades a seguir:

- Na análise colaborativa tanto das lecturas básicas como doutras lecturas repartidas en clase. Tamén se fará uso de distintos recursos impresos elaborados por diversas institucións e artigos de prensa.
- Nas exploracións e explicacións baseadas tanto nas lecturas básicas da asignatura como noutras que complementan e enriquecen as básicas.
- Nas sesións de deliberación coa participación do grupo-clase.
- Na investigación que as distintas equipas de alumnado irán elaborando ao longo da materia, que terá como bases fundamentais: a pesquisa na que empregar fontes documentais en diversos formatos; o estudo de casos; e a recollida de información procedente de distintos entornos sociais e educativos.
- Na reflexión colectiva e individual, que será complementaria coa información recollida nas fontes científicas.
- Na idea de "practicar o que se predica": o alumnado traballará a maior parte do tempo en pequenos grupos, e cada grupo reflictirá sobre o reparto de tarefas e roles, e sobre os esforzos solidarios e cooperativos feitos dentro do grupo de cara a fomentar o apoio mutuo.
- No traballo cooperativo nos pequenos grupos, que se levará a cabo tanto dentro como fóra da aula.
- No foro virtual, que será un entorno básico de exposición dos coñecementos que se van traballando nos diferentes grupos.

Avaliación
Metodoloxías Descrición Cualificación
Investigación (Proxecto de investigación) -------------------------------------------------
O traballo de investigación grupal terá como prazo de entrega o día do exame final (data provisional).

Para avaliar o traballo escrito teranse en conta os aspectos a seguir:

• Estrutura: presentación, organización do contido, claridade expositiva, e corrección gramatical (30%).

• Contido: comprensión das ideas básicas, dominio conceptual, uso dos contidos traballados ao longo do cuadrimestre, relacións entre eles (capacidade analítica), creatividade e innovación nas propostas, calidade da participación na preparación desta actividade, e grao de fundamentación das fontes (referencias bibliográficas e bibliografía final) (70%).
-------------------------------------------------
30
Presentación oral -------------------------------------------------
Na presentación participarán todos os membros do grupo.
Todas as presentacións terán lugar durante a semana anterior ao período festivo de Decembro-Xaneiro.

Valoraranse os aspectos a seguir:

• Calidade da participación na preparación desta actividade.
• Relevancia e organización dos contidos expostos.
• Coordenación da exposición (que reflicta un traballo colaborativo, non unha suma de partes).
• Nivel de comprensión dos contidos básicos.
• Capacidade analítica e de síntese.
• Claridade expositiva.
• Creatividade e innovación nas propostas.
--------------------------------------------------

20
Proba mixta -------------------------------------------------
Na proba mixta especificarase o peso de cada pregunta.

Nas preguntas de resposta breve teranse en conta a pertinencia e precisión da resposta, a claridade conceptual e a corrección gramatical.

Nas preguntas de desenvolvemento teranse en conta a pertinencia e organización do contido, o dominio conceptual, a conexión entre ideas, a claridade expositiva, e a corrección gramatical.
-------------------------------------------------
50
 
Observacións avaliación

Para aprobar a materia será necesario acadar,
como mínimo, unha puntuación de 4 (de 10) en cada unha das actividades
avaliadas: presentación do guión do traballo de investigación, traballo final e exame final.

As porcentaxes especificadas en riba aplícanse
ao alumnado asistente, que é aquel que asiste a clase nun 80% do horario. O
alumnado non-asistente terá que poñerse en contacto coa profesora, e para
superar a materia realizará o exame final, que se ponderará en función do grao
de participación nas demais actividades da materia.


Fontes de información
Bibliografía básica

As lecturas obrigatorias procederán dunha selección determinada das fontes a seguir:

--------------------------------------------------------------------------------------------------------


1. Diversidade cultural, convivencia e xustiza social nun mundo globalizado

Amnistía Internacional (Ed.) (2006). Vivir en las sombras. Madrid, Amnistía Internacional.

Bindé, J. (Dir.) (2005). ¿Adónde van los valores? Coloquios del siglo XXI. Barcelona, Icaria / UNESCO.

Galeano, E. (2008). Carta ao Señor Futuro. A Coruña, Laiovento.

Giroux, H.A. (2001). El capitalismo global y la política de la esperanza educada. Revista de Educación. Número extraordinario, pp. 251-263.

Santos Solla, X. M. (2004, (Abril-Xuño). A poboación galega, algo máis ca unha crise demográfica. Grial, Nº 162, pp. 13-17.

Terrén, E. (2004). Incorporación a asimilación: la escuela como espacio de inclusión social. Madrid, Los Libros de la Catarata.

Torres Santomé, J. (2011). La justicia curricular. El caballo de Troya de la cultura escolar. Barcelona, Morata.


2. Educación Anti-Racista, Educación Intercultural e Multicultural, e a diversidade lingüística nas aulas

AA.VV. (2000). Igualdad con diversidad: la apuesta de los Movimientos de Renovación Peadgógica (manuscrito inédito). Confederación de Movimientos de Renovación Peadgógica. Recuperado o 20 de Setembro de 2002 de: http://cmrp.pangea.org/ig_div.htm.

AA.VV. (2005): Plan de Acollida: orientacións para a súa elaboración. Materiais de apoio ao profesorado para a atención educativa ao alumnado procedente do estranxeiro. Santiago de Compostela, Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, Dirección Xeral de Centros e Ordenación Educativa / Consellería de Emigración / Xunta de Galicia. Recuperado o 14 de xullo de 2011 do URL: http://www.edu.xunta.es/portal/mostrarfile?tipoRecursoCampoID=72e4e373-c0a8fd03-006e7a5b-a9a0b568&recursoID=7e4151de-4532174a-0174813f-36330e8c&lleng=gl

Baker, C. (1997). Fundamentos de educación bilingüe y bilingüismo. Madrid, Cátedra.

Carrasco Pons, S. (2005, Decembro). Interculturalidad e inclusión: principios para evaluar la acogida del alumnado de origen extranjero. Aula de Innovación Educativa , Nº 147, pp. 64-68.

Cummins, J. (2002). Lenguage, poder y pedagogía. Madrid, Morata / Ministerio de Educación, Cultura y Deporte (263-277).

Dadzie, S. (2004). Herrmientas contra el racismo en las aulas. Madrid, Morata / MECD.

Brown, B. (2009). Desaprender la discriminación en educación infantil. Madrid, Morata.

Essomba, M.A. (2006). Liderar escuelas interculturales e inclusivas: equipos directivos y profesorado ante la diversidad cultural y la inmigración. Barcelona, Graó.

Fundación Secretariado Gitano (2007). Retos en los contextos multiculturales. Competencias interculturales y resolución de conflictos. Recuperado de Aula Intercultural, o 14 de xullo de 2011 do URL: http://www.aulaintercultural.org/article.php3?id_article=2541

Jociles, M.I., Franzé, A. e Poveda, D. (Coords.) (2011). Etnografías de la infancia y de la adolescencia. Madrid, Los Libros de la Catarata.

Martín Rojo, Luisa (Dir.) (2003). ¿Asimilar o integrar? Dilemas ante el multilingüismo en las aulas. Madrid, Centro de Investigación Documentación Educativa (CIDE), Ministerio de Educación, Cultura y Deporte.

McCarthy, C. (1994). Racismo y curriculum. Madrid, Morata.

Priegue Caamaño, D. (2008). A escola en Galicia e os desafios do alumnado inmigrante: avaliación dun programa para familias inmigrantes. Revista Galega de Educación, Nº 41, pp. 157-163.

Poveda, David (Coord.) (2003). Entre la diferencia y el conflicto: miradas etnográficas a la diversidad cultural en la educación. Cuenca, Universidad de Castilla-La Mancha.

Teasley, C. (2005, Novembro). Respuestas socioeducativas ante la creciente diversidad cultural en Galicia. Aula de Innovación Educativa, No. 146, pp. 29-32.

Teasley, C. (2008, Outubro). Perspectivas postcoloniales sobre la acogida del alumnado inmigrante en Galiza (España). Archivos Analíticos de Políticas Educativas / Education Policy Analysis Archives, Vol. 16, Nº 19, recuperado o 14 de xullo de 2011 do URL: http://epaa.asu.edu/ojs/article/view/44?lang=es

Torres Santomé, J. (1998). Educación antirracista: diversidad y justicia social en las aulas. En E. Santamaría e F. González Placer (Coords.), Contra el fundamentalismo escolar: reflexiones sobre educación, escolarización y diversidad escolar. Barcelona, Virus, pp. 107-124.

Villalba, F. e Villatoro, J. (Coords.) (2011). Educación Intercultural y currículo (Vols. I-IV). Madrid, Prácticas en Educación.


3. Dereitos humanos, democracia, cidadanía, convivencia, aprendizaxe cooperativa, xustiza socio-cultural, empoderamento, anti-discriminación, educar en valores, coeducación, igualdade (perspectivas pedagóxicas)

Amnistía Internacional (2007). Informe 2007: el estado de los derechos humanos en el mundo. Madrid, Editorial Amnistía Internacional. Recuperado o 20 de Setembro de 2007 en formato dixital (pdf) da páxina web de Aminstía Internacional: http://thereport.amnesty.org/document/172.

Asociación de Enseñantes con Gitanos (2003): Materiales curriculares y diversidad cultural: crítica, análisis y propuestas. Boletín del Centro de Documentación de la Asociación de Enseñantes con Gitanos, Nº 23 (monográfico).

Jares, X.R. (2006). Pedagogía de la convivencia. Barcelona, Graó.

Johnson, D.W., Johnson, R.T. e Holubec, E.J. (1994). El aprendizaje cooperativo en el aula. Barcelona, Paidós Educador.

Sánchez Sáinz, M. (Coord.) (2010). Cómo educar en la diversidad afectiva, sexual, y personal en Educación Infantil (orientaciones prácticas). Madrid, Los Libros de la Catarata.

Sánchez Bello, A. (2000). Coeducación: guía para el profesorado. A Coruña, Fundación Mujeres.

Sánchez Bello, A. (2007). La escuela en la cultura global: ¿qué concepto de ciudadanía enseñar? Innovación Educativa, Nº 17, pp. 27-35.

Tusón, J. (1995). Mal de linguas: arredor dos prexuícios lingüísticos. Santiago de Compostela, Edicións Positivas.

Tusón, J. (2010). Los prejuicios lingüísticos. Barcelona, Octaedro.

Zeichner, K.M. (2010). La formación del profesorado y la lucha por la justicia social. Madrid, Morata.


4. Diversidade funcional, discapacidade, proxectos de innovación educativa e Educación Inclusiva

Ainscow, M. (2001). Desarrollo de escuelas inclusivas. Ideas, propuestas y experiencias para mejorar las instituciones escolares. Madrid, Narcea.

Barton, L. (Comp.) (2008). Superar las barreras de la discapacidad. Madrid, Morata.

Booth, T., Ainscow, M. e Kingston, D. (2007). Index para la Inclusión: desarrollo del juego, el aprendizaje y la participación en Educación Infantil. (Tradución do Index for Inclusion: developing learning and participation in schools. Recuperado o 14 de xullo de 2011 do URL: http://www.csie.org.uk/publications/inclusion-index-explained.shtml

Castro, M.M., Ferrer, G., Majado, M.F., Rodríguez, J., Vera, J., Zagra, M. e Zapico, H. (2007). La comunidad en la escuela. La escuela en la comunidad. Barcelona, Graó.

Gartner, A., Greer, C. e Riessman, F. (Coords.) (1999). Nuevo ataque contra la igualdad de oportunidades: cociente intelectual y estratificación social. Madrid, Morata.

Harwood, V. (2009). El diagnóstico de los niños y adolescentes problemáticos: una crítica a los discursos sobre los trastornos de la conducta. Madrid, Morata.

Martínez Ríos, B. (2011). Definición y contexto actual de la discapacidad, Pobreza. Recuperado o 15 de xullo de 2011 do URL: http://www.cermiaragon.org/es/includes/get_file.php?file_1=a_document_528.pdf&file_2=01-POBREZA,%20DISCAPACIDAD%20Y%20DERECHOS.pdf

McDermott, R. (2006). La adquisición de un niño por una discapacidad de aprendizaje. En S. Chaiklin e J. Lave (Coords.), Estudiar las prácticas: perspectivas sobre actividad contexto. Buenos Aires, Amorrortu Editores.

Moya Maya, A. (2002). El profesorado de apoyo: ¿dónde?, ¿cuándo?, ¿cómo?... realiza su trabajo. Archidona, Ediciones Aljibe (pp. 81-113).

Núñez Mayán, M.T. (2008). Da segregación á inclusión educativa. A Coruña, Laiovento.

Parrilla Latas, A. (1996). La diversidad en el aula: una experiencia de apoyo colaborativo interprofesional. La Escuela en Acción, pp. 27-34.

Parrilla Latas, A. (2003). La respuesta educativa a la diversidad. Bases pedagógicas de la Educación Especial: manual para la formación inicial del profesorado. Madrid, Biblioteca Nueva.

Parrilla Latas, A. (2004). La construcción del aula como comunidad de todos: organizacion y gestion educativa. Revista del Forum Europeo de Administradores de la Educacion, Nº 2, pp. 19-23.

Parrilla Latas, A. (2005). La Educación Inclusiva: un desafío a todos los sistemas y comunidades educativas. Escuela Española, Nº 13, pp. 7-9.

Pujolás Maset, P. (2001). Atención a la diversidad y aprendizaje cooperativo en la educación obligatoria. Archidona (Málaga), Ediciones Aljibe.

Rodríguez Rodríguez, J. (Coord.) (2006). A elaboración e adaptación dos materiais curriculares. Santiago de Compostela, NEG e Concello, Departamento de Educación e Mocidade.

Rodríguez Rodríguez, J. (Coord.) (2006). Materiais curriculares e diversidade sociocultural en Galicia. Santiago, Concello de Santiago.

Rodríguez Rodríguez, J. e outros (Coords.) (2006). A Escola, ¿punto de encontro entre o profesorado e educadores/as sociais? Santiago, NEG e CESG.

Rodríguez Rodríguez, J. e outros (Coords.) (2008). Educación Social e escola. Santiago, NEG e CESG.

Torres Santomé, J. (1998). Globalización e interdisciplinariedad: el curriculum integrado (3ª ed.). Madrid, Morata.

Woods, J.W. (1993). Mainstreaming: a practical approach for teachers (2ª ed.). New York, Macmillan.


Revistas

Revista de Educación, Nº 349

Revista Galega de Educación, Nº 43

Revista Prácticas en Educación Intercultural: http://www.congresointerculturalidad.net/index.php?option=com_wrapper&view=wrapper&Itemid=44

Cuadernos de Pedagogía, Nº 414 julio 2011: http://www.cuadernosdepedagogia.com/ver_seccion.asp?idSeje=4419

Aula de Innovación Educativa: http://aula.grao.com/revistas/ficha.asp?ID=3&NUMERO=196


Webs

Inclusión Educativa: http://www.inclusioneducativa.org / http://inclusion-educativa.blogspot.com/

Aula Intercultural: http://www.aulaintercultural.org: http://www.edu.xunta.es/convivencia/

Asociación de Enseñantes con Gitanos: http://www.pangea.org/aecgit

Escuela Sin Racismo: http://www.escuelasinracismo.org/

EduAlter: http://www.edualter.org/index.htm

Educación Sin Fronteras: http://www.educacionsinfronteras.org/es/4025

Educación en Valores: Mi Escuela y el Mundo: http://www.educacionenvalores.org

Plan Galego de Convivencia Escolar Novo Portal de Convivencia do Ministerio de Educación e Ciencia (MEC): http://www.convivencia.mec.es

Portal de Atención a la Diversidad: Educación Especial (Ministerio de Educación): http://w3.cnice.mec.es/recursos2/atencion_diversidad/06_00.htm

Portal de Atención a la Diversidad: Interculturalidad (Ministerio de Educación): http://w3.cnice.mec.es/recursos2/atencion_diversidad/03_00.htm

Convivencia y conflicto (Concejo Educativo de Castilla y León): http://www.concejoeducativo.org/rubrique.php?id_rubrique=2


Lexislación específica

Ley integral para la igualdad de trato y la no discriminación (2011).

Ley 27/2007, de 23 de octubre, por la que se reconocen las lenguas de signos españolas y se regulan los medios de apoyo a la comunicación oral de las personas sordas, con discapacidad auditiva y sordociegas: http://www.boe.es/boe/dias/2007/10/24/pdfs/A43251-43259.pdf

Convención de los derechos de las personas con discapacidad (2007): http://www.un.org/esa/socdev/enable/documents/tccconvs.pdf

Orde do 20 de Febreiro de 2004 (DOG, 26 de Feb.): Establece as medidas de atención específica ao alumnado procedente do estranxeiro: http://www.xunta.es/dog/Dog2004.nsf/5168f626b2ff46e041256644003720d2/34476f6ea242df90c1256e450054af09/$FILE/04000D003P008.PDF

Ley 51/2003 del 2 de diciembre, de igualdad de oportunidades, no discriminación y accesibilidad universal de las personas con discapacidad: http://www.boe.es/boe/dias/2003/12/03/pdfs/A43187-43195.pdf

Orde do 27 de Decembro de 2002 (DOG, 30 de Xan de 2003): Regula as adaptacións curriculares para o alumnado con “Necesidades Educativas Especiais” (NEE): http://www.xunta.es/Dog/Dog2003.nsf/FichaContenido/3CD6?OpenDocument

I Plano galego de inclusión social 2001-2006.

Orde do 24 de Xullo de 1998: Desenvolve todo o relativo á Atención á Diversidade do alumnado no seu conxunto (DOG, venres, 31 de Xullo de 1998): http://www.xunta.es/Dog/Dog1998.nsf/FichaContenido/107CA?OpenDocument

Decreto 320/1996: Ordena a educación do alumnado con Necesidades Educativas Especiais (NEE) e regula a atención educativa para este alumnado: http://www.xunta.es/Dog/Dog1996.nsf/FichaContenido/8E56?OpenDocument

Real Decreto 334/1985, de 6 de marzo, de ordenación de la Educación Especial: http://noticias.juridicas.com/bas_datos/Admin/rd334-1985.html

Orde do 28 de Xaneiro de 1985 (Diario Oficial de Galicia, do 15 de Febreiro), pola que se crean os centros de recursos na Comunidade Autónoma de Galicia dentro do Programa de Educación Compensatoria. (Dito programa foi dirixido sobre todo á poboación xitana e canalizouse mediante un par de desenvolvementos xurídicos até o ano 1991. Posteriormente abandoouse. No terreo estatal, o Real Decreto 299/1996, de 28 de febrero, de ordenación de las acciones dirigidas a la compensación de desigualdades en educación [Boletín Oficial del Estado de 12 de marzo): http://www.boe.es/boe/dias/1996/03/12/pdfs/A09902-09909.pdf

Bibliografía complementaria

BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA

 

1. Diversidade cultural, convivencia e xustiza social nun mundo globalizado

 

Balibar, E. e Wallerstein, I. (1988). Raza, nación y clase. Madrid, IEPALA.

Bauman, Z. (2005). Identidad. Madrid, Losada.

Benhabib, S. (2005). Los derechos de los otros: extranjeros, residentes y ciudadanos. Barcelona, Editorial Gedisa.

Cid Fernández, X.M., Domínguez Alberte, X.C. e Soutelo Vázquez, R. (Coords.) (2008). Migracións na Galicia contemporánea: desafíos para a sociedade actual. Santiago de Compostela, Sotelo Blanco Edicións.

Córdoba, D., Sáez, J. e Vidarte, P. (Coords.) (2007). Teoría Queer: políticas bolleras, maricas, trans, mestizas (2ª ed.). Madrid, Editorial Egales.

Fernández Buey, F. (2004). Guía para una globalización alternativa: otro mundo es posible. Barcelona, Ediciones B.

Fraser, N. (2008). Escalas de justicia. Barcelona, Herder.

Gutmann, A. (2008). La identidad en democracia. Buenos Aires, Katz.

Habermas, J. (1999). La inclusión del otro: estudios de teoría política. Barcelona, Paidós.

Martín Muñoz, C. (Coord.) (2001). Aprender a conocerse: percepciones sociales y culturales entre España y Marruecos. Madrid, Fundación Repsol-YPF.

Martín Muñoz, G. (2003). Marroquíes en España: estudio sobre su integración. Madrid, Fundación Repsol YPF.

Nussbaum, M.C. (2007). Las fronteras de la justicia: consideraciones sobre la exclusión. Barcelona, Paidós.

PNUD (2004). Informe sobre el desarrollo humano 2004: la libertad cultural en el mundo diverso de hoy. Madrid, Mundi-Prensa.

Said, E. (2001). Cultura e imperialismo. Barcelona, Anagrama.

Santos, B. d. S. (2005). El milenio huérfano: ensayos para un nueva cultura política. Madrid / Bogotá, Trotta / ILSA.

Sharp, J. P. (2009). Geographies of postcolonialism. Los Angeles, Sage.

Taibo, C. (2008). 150 preguntas sobre el nuevo desorden. Madrid, Los Libros de la Catarata.

Tamayo, J.J. (2008). Islam: cultura, religión y política. Madrid, Trotta.

Villota, P. de (Ed.) (2001). Globalización a qué precio: el impacto en las mujeres del Norte y del Sur. Barcelona, Icaria.

 

2. Educación Anti-Racista, Educación Multicultural e Intercultural, e a diversidade lingüística nas aulas

 

AA.VV. (1993). Transversais. Revista Galega de Educación, Nº 18.

AA.VV. (1995). Hacer futuro en las aulas: educación, solidaridad y desarrollo. Barcelona, Intermón.

AA.VV. (2000). Igualdad con diversidad: la apuesta de los Movimientos de Renovación Peadgógica (manuscrito inédito). Confederación de Movimientos de Renovación Peadgógica. Recuperado o 20 de Setembro de 2002 de: http://cmrp.pangea.org/ig_div.htm .

Actis, W. (2006). La escuela ante la diversidad sociocultural: discursos de los principales agentes sociales referidos a las minoría étnicas de origen extranjero. En Santos Rego, M.A. (Coord.), Estudios sobre flujos migratorios en perspectiva educativa y cultural. Granda, Grupo Editorial Universitario, pp. 101-119.

Banks, J.A. (2006). Race, culture and education: the selected works of James Banks. London, Routledge.

Bartolomé, L.I. (2007). Pedagogia da subordinação. Mangualde, Edições Pedago.

Besalú, X. (1998). Currículum nacional y currículum intercultural en Cataluña y España. En X. Besalú, G. Campa ni e J.M. Palaudàrias (Coords.). La educación intercultural en Europa: un enfoque curricular. Barcelona, Pomares-Corredor, pp. 153-170.

Calvo Buezas, T. (2003). La escuela ante la inmigración y el racismo: orientaciones de educación intercultural. Madrid, Popular.

Calvo Cuesta, R. e outros (1996). Materiales para una educación antirracista. Madrid, Talasa.

Carrasco Pons, S. (2004). Inmigración y educación: oportunidades y dificultades para un modelo plural e inclusivo. En S. Carrasco Pons (Coord.), Inmigración, contexto familiar y educación. Proyectos y experiencias de la población marroquí, ecuatoriana, china y gambiana. Bellaterra, Instituto de Ciencias de la Educación (ICE) / Universidad Autónoma de Barcelona, pp. 15-36.

Dixon, C. N. e Nessel, D. (1983). Language experience approach to reading (and writing). LEA for ESL . Hayward, CA: The Alemany Press.

Essomba, M.A. (2006). Liderar escuelas interculturales e inclusivas: equipos directivos y profesorado ante la diversidad cultural y la inmigración. Barcelona, Graó.

Torres Santomé, J. (2008). Multiculturalismo anti-racista. Porto, Profedições.

 

3. Dereitos humanos, democracia, cidadanía, convivencia, xustiza socio-cultural, empoderamento, anti-discriminación, educar en valores, coeducación, igualdade (perspectivas pedagóxicas)

 

Amnistía Internacional (2003). Educación en derechos humanos: asignatura suspensa. Madrid, Amnistía Internacional. E-book consultado o 15 de Xaneiro de 2008 na web http://www.es.amnesty.org/uploads/tx_useraitypdb/edesp.pdf.

Gimeno Sacristán, J. (2001). Educar y convivir en la cultura global. Madrid, Morata.

 

4. Material audiovisual


- Hiyab (curtametraxe, 2006, España).

- Debate no Parlamento de Galicia sobre o caso da nena do hixab no CEIP Novo de Arteixo (2010).

- Hanan: de Marrocos a Galicia (documental, 2005, Galicia/Marrocos).



Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías