Competencias do título |
Código
|
Competencias da titulación
|
A25 |
Comprender os principios básicos e as leis fundamentais das ciencias experimentais (Física, Química, Bioloxía e Xeoloxía). |
A26 |
Coñecer o currículo escolar destas ciencias. |
A27 |
Formular e resolver problemas asociados coas ciencias á vida cotiá. |
A28 |
Valorar as ciencias como un feito cultural. |
A29 |
Recoñecer a mutua influencia entre ciencia, sociedade e desenvolvemento tecnolóxico, así como as condutas cidadás pertinentes, para procurar un futuro sustentable. |
A30 |
Desenvolver e avaliar contidos do currículo mediante recursos didácticos apropiados e promover a adquisición de competencias básicas nos estudantes. |
B2 |
Resolver problemas de forma efectiva. |
B8 |
Capacidade para elaborar discursos coherentes e organizados loxicamente. |
B9 |
Capacidade para expoñer as ideas elaboradas, de forma oral e na escrita. |
B14 |
Capacidade para traballar en equipo de forma cooperativa, para organizar e planificar o traballo, tomando decisións e resolvendo problemas, tanto de forma conxunta como individual. |
B15 |
Capacidade para utilizar diversas fontes de información, seleccionar, analizar, sintetizar e extraer ideas importantes e xestionar a información. |
B16 |
Capacidade crítica e creativa na análise, planificación e realización de tarefas, como froito dun pensamento flexible e diverxente. |
B17 |
Capacidade de análise e de autoavaliación tanto do propio traballo como do traballo en grupo. |
B18 |
Compromiso ético para o exercicio das tarefas docentes. |
B19 |
Capacidade de adaptarse a novas situacións nunha sociedade cambiante e plural. |
C1 |
Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma. |
C4 |
Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común. |
C6 |
Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse. |
C7 |
Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida. |
C8 |
Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade. |
Resultados de aprendizaxe |
Competencias de materia (Resultados de aprendizaxe) |
Competencias da titulación |
Comprender os principios básicos e as leis fundamentais das ciencias experimentais (Física, Química, Bioloxía e Xeoloxía). |
A25
|
B8 B9
|
C1 C7
|
Coñecer o currículo escolar destas ciencias. |
A26
|
B16 B17
|
|
Formular e resolver problemas asociados coas ciencias á vida cotiá. |
A27
|
B2 B14
|
C6
|
Valorar as ciencias como un feito cultural. |
A28
|
B9 B15
|
C4
|
Recoñecer a mutua influencia entre ciencia, sociedade e desenvolvemento tecnolóxico, así como as condutas cidadás pertinentes, para procurar un futuro sustentable. |
A29
|
B2 B19
|
C4 C8
|
Desenvolver e avaliar contidos do currículo mediante recursos didácticos apropiados e promover a adquisición de competencias básicas nos estudantes. |
A30
|
B8 B17 B18
|
C1 C7
|
Contidos |
Temas |
Subtemas |
BLOQUE 1. A organización do proceso de ensino das Ciencias na educación primaria
|
1. Que ensinar. Criterios de selección e secuenciación de contidos.
2. Como ensinar. A secuencia de ensino e os tipos de actividades. O papel do profesor no desenvolvemento de contidos científicos.
3. Actividades e recursos didácticos para o ensino das Ciencias. As explicacións científicas no aula.
4. Que e como avaliar. Criterios e procedementos de avaliación. A súa integración no proceso de ensino-aprendizaxe. A autorregulación das aprendizaxes.
|
BLOQUE 2. Ensino e aprendizaxe do medio físico
|
1. Interese educativo do estudo do medio físico na educación primaria
2. Análise conceptual. O medio físico, os seus compoñentes (o aire, a auga, o chan/as rocas, os astros) e os fenómenos asociados (fenómenos atmosféricos e astronómicos). Análise e definición dos contidos que se deben ensinar na educación primaria
3. Problemática da aprendizaxe. As ideas e dificultades dos alumnos respecto da materialidad do aire e o seu comportamento, os movementos aparentes e reais dos astros e os cambios na superficie terrestre.
4. Recomendacións metodológicas, actividades e recursos para estudar os compoñentes do medio e os fenómenos atmosféricos e astronómicos.
|
BLOQUE 3. Ensino e aprendizaxe dos seres vivos e o seu medio. |
1. A importancia de estudar os seres vivos en Educación Primaria
2. Análise científica: o modelo de ser vivo; a diversidade dos seres vivos; os organismos en relación co medio -adaptacións e cambios-. Determinación do contido escolar
3. A problemática da aprendizaxe. A dificultade de comprender as funcións vitais, a súa interrelación. A dificultade de percibir a integración dos organismos no medio en continuo cambio.
4. Recomendacións metodológicas. Actividades, medios e recursos para estudar os seres vivos, as súas funcións, a súa relación co medio (terrarios, saídas ao campo, visitas,...)
|
BLOQUE 4. O ser humano un referente de ser vivo na educación primaria |
1. Interese educativo do estudo do ser humano e o mantemento da saúde
2. Análise científica. Os coñecementos biolóxicos fundamentais para o ensino de corpo humano e o mantemento da saúde na educación primaria. Determinación do contido escolar.
3. Problemática de aprendizaxe: as ideas que teñen os alumnos de 6-12 anos sobre este tema. Influencia en selección e secuenciación de contidos.
4. Recomendacións metodológicas. Actividades de ensino, uso de modelos anatómicos. |
BLOQUE 5. O estudo das sociedades humanas e a súa relación co medio ambiente na educación primaria |
1. Importancia de introducir a interacción ciencia/tecnoloxía/sociedade e medio ambiente no ámbito educativo
2. As sociedades humanas intégranse no medio, dependen del e posúen gran capacidade de cambio (contaminación do aire e da auga, variación da temperatura; incidencia na biodiversidade, no cambio e deterioración dos ecosistemas). Análise desta problemática na educación primaria
3. Recomendacións metodológicas para tratar alternativas e comportamentos desexables para manter un desenvolvemento sostible na educación primaria.
|
Planificación |
Metodoloxías / probas |
Horas presenciais |
Horas non presenciais / traballo autónomo |
Horas totais |
Presentación oral |
4 |
6 |
10 |
Aprendizaxe colaborativa |
3 |
3 |
6 |
Prácticas de laboratorio |
16 |
24 |
40 |
Traballos tutelados |
0 |
40 |
40 |
Sesión maxistral |
25 |
50 |
75 |
Estudo de casos |
3 |
4.5 |
7.5 |
Proba mixta |
3 |
30 |
33 |
Saídas de campo |
3 |
4.5 |
7.5 |
|
Atención personalizada |
6 |
0 |
6 |
|
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado |
Metodoloxías |
Metodoloxías |
Descrición |
Presentación oral |
Exposición sobre diferentes cuestións relativas a que e como ensinar contidos concretos de Ciencias na Educación Primaria, utilizando a conversación dialogada en gran grupo
|
Aprendizaxe colaborativa |
Estudo de supostos prácticos ou situacións diversas e de diferentes materiais escritos, tanto en pequeno como en gran grupo, presentadas e orientadas polo profesor.
|
Prácticas de laboratorio |
Realización de actividades prácticas, en pequeno grupo e baixo a dirección do docente, ao redor da planificación/realización de experiencias sobre obxectos e fenómenos, relativos a contidos científicos relevantes en educación primaria.
|
Traballos tutelados |
Elaboración de traballos, relativos á problemática do ensino e aprendizaxe de contidos concretos.
Comprenden: a) Lecturas e análise individual sobre a temática proposta; b) Discusión en pequeno grupo e desenvolvemento do traballo; c) Seguimento do traballo en fase de realización
|
Sesión maxistral |
Exposición oral complementada co uso de medios audiovisuais e a formulación de interrogantes aos estudantes, sobre os aspectos teóricos que debe coñecer un mestre en relación ao ensino e aprendizaxe das Ciencias da natureza. |
Estudo de casos |
Análise de problemas concretos relacionados coa práctica docente, relativos ao ensino das Ciencias na educación primaria (selección/secuenciación de contidos, actividades,...). Intercambio de ideas entre o alumnado e discusión/debate das mesmas.
|
Proba mixta |
Proba que integra preguntas obxectivas (de resposta múltiple ou de resposta breve) e preguntas de ensaio e desenvolvemento (análise de situacións, resolución de problemáticas, valoración de propostas concretas...) relacionadas co ensino e aprendizaxe das ciencias da natureza na educación primaria. |
Saídas de campo |
Realización de actividades en el medio, en pequeño grupo y bajo la dirección del docente, en torno a la planificación/realización de experiencias sobre objetos y fenómenos del entorno. |
Atención personalizada |
Metodoloxías
|
Traballos tutelados |
|
Descrición |
Os alumnos/as serán atendidos no horario de titorías para orientar y resolver problemáticas concretas relativas a o traballo na súa fase de realización. |
|
Avaliación |
Metodoloxías
|
Descrición
|
Cualificación
|
Presentación oral |
Valoraráse a capacidade de expoñer traballos e de contestar as preguntas que podan surdir a ráiz da presentación |
10 |
Proba mixta |
Valoraráse a adquisición dos coñecementos relevantes e a capacidade interpretativa do alumnado (análise e síntese, argumentación, crítica...) adquiridos a o longo do curso. |
60 |
Traballos tutelados |
Valorarase a inclusión dos aspectos descriptivos relevantes e especialmentela capacidade analítica e interpretativa do alumnado respecto as situacions obxeto de estudo. |
30 |
|
Observacións avaliación |
Pruebas concretas:
1.- Avaliación dos traballos tutelados. Serán avaliados tres traballos presentados nas datas fixadas ao longo do curso. Os alumnos que non obteñan unha nota media mínima (superior a 4) neste apartado deberán realizar un exame práctico final na convocatoria marcada oficialmente pola Facultade
2.- Evaluase a calidade das presentaciós orais
3.- Proba escrita. Faranse dúas probas: a primeira abarcará a metade da materia; a segunda coincidirá coa convocatoria de exame final fixada pola facultade. Os alumnos/as que superen a primeira proba ou teñan unha cualificación superior a 4 poderán presentarse só ao exame do segundo parcial. Os alumnos/as que teñan menos de 4 deberán realizar unha proba final que abarque todo o contido da materia. A nota correspondente á proba mixta será a media aritmética das notas obtidas
Nota. A asistencia ás sesións interactivas e prácticas é obrigatoria. No caso de que non se asista a mais do 10% das sesións, o alumno/a terá necesariamente que realizar un exame final práctico.
|
Fontes de información |
Bibliografía básica
|
|
Cañal, P., Lledó, A., Pozuelos, F. J., y Travé, G. 1997. Investigar en la escuela: elementos para una enseñanza alternativa. Sevilla: Díada.1997.
Cañal, P., 2008. Investigando los seres vivos: proyecto curricular Investigando nuestro mundo (6-12).
Sevilla: Díada
Cañas, y otras 2007. Competencias en el conocimiento y la interacción con el mundo físico. La competencia científica. Alianza Editorial. Madrid.
Catalá, M. y otros. 2003. Las Ciencias en la escuela. Graó. Barcelona.
Del Carmen, L. 1988. Investigación del medio y aprendizaje. Graó. Barcelona
Del Carmen, L. 1996. El análisis y secuenciación de los contenidos educativos. ICE/Horsori. Barcelona.
Del Carmen, L. y otros, 1997. La enseñanza y el aprendizaje de las Ciencias de la Naturaleza. Horsori/ICE UAB. Barcelona.
Driver, R. y otros 1989. Ideas científicas en la infancia y la adolescencia. MEC/Morata
García, J. y García, F., 1989. Aprender investigando. Diáda. Sevilla.
Garrido, J.M. y Galdón, M. 2003. Ciencias de la Naturaleza y su Didáctica. Grupo editorial Universitario.
Harlen, W. 1998. Enseñanza y aprendizaje de las Ciencias. Mora­ta. Madrid.
Marín, N. 2003. La enseñanza de las Ciencias en primaria. Grupo editorial Universitario.
Osborne,R. y Freyberg,P. 1991. El aprendizaje de las Ciencias. Implicaciones de las Ciencias de los alumnos. Narcea. Madrid.
Pujol, R.M. 2003. Didáctica de las Ciencias en la educación primaria. Síntesis. Madrid.
Sanmartí, N. 2002. Didáctica de las Ciencias en la educación secundaria obligatoria. Síntesis. Madrid.
Sanmartí, N. 2007. Diez ideas clave : evaluar para aprender. Graó . Barcelona
Sanmartí, N. y otros 2003. Aprendre Ciències. Tot aprenent a escriure Ciencia. Associació de mestres Rosa Sensat. Barcelona
Weissmann,H. 1993. Didáctica de las Ciencias Naturales. Pai­dós. Barcelona. |
Bibliografía complementaria
|
|
|
Recomendacións |
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
|
Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
Didáctica da educación para a saúde/652G02041 |
|
Materias que continúan o temario |
Ensino e aprendizaxe das ciencias da natureza I/652G02020 |
|
|