Datos Identificativos 2011/12
Asignatura (*) Teoría da educación Código 652G01001
Titulación
GRAO EN EDUCACIÓN INFANTIL
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Primeiro Formación básica 6
Idioma
Galego
Prerrequisitos
Departamento Pedagoxía e Didáctica
Coordinación
Rouco Ferreiro, Javier Francisco
Correo electrónico
javier.rouco@udc.es
Profesorado
Rouco Ferreiro, Javier Francisco
Zapico Barbeito, Mª Helena
Correo electrónico
javier.rouco@udc.es
helena.zapico@udc.es
Web
Descrición xeral

Competencias do título
Código Competencias da titulación

Resultados de aprendizaxe
Competencias de materia (Resultados de aprendizaxe) Competencias da titulación
Comprender os procesos educativos e de aprendizaxe no período de 0-6, no contexto familiar, social e escolar. Recoñecer a identidade da etapa e as súas características cognitivas, psicomotoras, comunicativas, sociais, afectivas. Comprender que a dinámica diaria en educación infantil é cambiante en función de cada estudante, grupo e situación e saber ser flexible no exercicio da función docente. Comprender que a observación sistemática é un instrumento básico para poder reflexionar sobre a práctica e a realidade, así como contribuír á innovación e á mellora en educación infantil. Dominar as técnicas de observación e rexistro.Situar a escola infantil no sistema educativo español, no contexto europeo e no internacional. Coñecer experiencias internacionais e exemplos de prácticas de innovadoras en educación infantil. Coñecer a lexislación que regula as escolas infantís e a súa organización. A1
A4
A19
A23
A24
A27
A28
A31
Saber promover a adquisición de hábitos en torno á autonomía, a liberdade, a curiosidade, a observación, a experimentación, a imitación, a aceptación de normas e de límites, o xogo simbólico e heurístico. Coñecer a dimensión pedagóxica da interacción cos iguais e os adultos e saber promover a participación en actividades colectivas, o traballo cooperativo e o esforzo individual. Crear e manter lazos de comunicación coas familias para incidir eficazmente no proceso educativo. Analizar e incorporar de forma crítica as cuestións máis relevantes da sociedade actual que afectan á educación familiar e escolar: impacto social e educativo das linguaxes audiovisuais e das pantallas; cambios nas relacións de xénero e interxeracionais; multiculturalidade e interculturalista; discriminación e inclusión social e desenvolvemento sustentable. Atender as necesidades dos estudantes e transmitir seguridade, tranquilidade e afecto. Participar na elaboración e seguimento de proxectos educativos de educación infantil no marco de proxectos de centro e na colaboración co territorio e con outros profesionais e axentes sociais. A5
A6
A10
A13
A22
A30
Traballar de forma autónoma con iniciativa e espírito emprendedor. Traballar de forma colaborativa. Capacidade para detectar as súas propias necesidades de aprendizaxe ao longo da vida. Recoñecemento e respecto á diversidade e á multiculturalidade. B4
B5
B14
B24
Comunicarse de maneira efectiva nun contorno de traballo. Capacidade de análise e síntese. Capacidade de organización e planificación. Capacidade para integrarse e comunicarse con expertos noutras áreas e en contextos diferentes. B7
B10
B12
B16
Aprender a aprender. Aplicar un pensamento crítico, autocrítico, lóxico e creativo. Comportarse con ética e responsabilidade social como cidadán e como profesional. Autonomía na aprendizaxe. Capacidade para relacionarse positivamente con outras persoas. Capacidade para asumir a necesidade dun desenvolvemento profesional continuo, a través da reflexión sobre a propia práctica. Creatividade ou capacidade para pensar as cousas desde diferentes perspectivas, ofrecendo novas solucións aos problemas. Habilidades sociais para exercer o liderado na aula. B1
B3
B6
B9
B15
B18
B22
B23
Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade. C4
C7
C8
Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma. C1
Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común. Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida. C4
C7

Contidos
Temas Subtemas
1. Explicación e comprensión do feito educativo. 1.1. A Teoría da Educación: niveis de análise e planos explicativos.
1.2. Ámbito conceptual: caracterización científica da educación.
1.3. Natureza e funcións sociais da educación.

2. Dimensións, fins e principios da educación. 2.1. Dimensións presentes en toda práctica educativa.
2.2. Fins, valores e principios deontolóxicos da educación.
2.3. Relacións estruturais entre educación e sociedade. A institución escolar como produto social.
2.4. Aproximación aos paradigmas en educación e movementos pedagóxicos contemporáneos.
3. O dereito á educación. 3.1. Educación e Estado Social: aspectos xerais do dereito á educación.
3.2. Lexislación e dereito á educación: perspectiva nacional e internacional.
3.3. Dereito á educación: igualdade, liberdade e calidade.
3.4. A institucionalización da educación: os sistemas educativos nacionais.
4. A educación como proceso de comunicación interpersoal. 4.1. Comunicación e educación.
4.2. A mediación pedagóxica: sentido, tipoloxía e significados.
4.3. Comunicación e saber profesional: O educador/a como profesional. Tensións e incertidumes do profesorado actual.
5. Educación ao longo da vida e sociedade educativa. 5.1. A educación ao longo da vida: concepto, necesidade e evolución histórica.
5.2. Sociedade educativa: proxecto educativo de cidade; cidades amigas da infancia; etc.

Planificación
Metodoloxías / probas Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral 15 0 15
Actividades iniciais 3 0 3
Análise de fontes documentais 12 20 32
Recensión bilbiográfica 0 25 25
Estudo de casos 3 15 18
Presentación oral 4 5 9
Traballos tutelados 0 10 10
Portafolios do alumno 0 10 10
Proba de ensaio 0 6 6
Discusión dirixida 6 0 6
Eventos científicos e/ou divulgativos 2 4 6
 
Atención personalizada 10 0 10
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Exposición oral dos contidos da materia diante do alumnado, complementada co uso dos recursos pertinentes (textuais e/ou audiovisuais) e a introdución de preguntas dirixidas ao alumnado para motivar a reflexión e o diálogo aberto. A obxectivo final pasa pola transmisión de coñecementos e ao tempo facilitar a súa aprendizaxe, potenciando a particiación dos/as estudantes na construción significativa do coñecemento.
Actividades iniciais Nas primeiras sesións de clase levaranse a cabo actividades de carácter expositivo, por parte do/a profesor/a, nas que se presentará o programa da materia e a dinámica metodolóxica establecida para o mellor desenvolvemento da mesma.
Análise de fontes documentais Análise crítica e reflexiva de documentos e fontes relevantes (bibliográficos, lexislativos, audiovisuais, xornalísticos...), o que implica a identificación e comprensión dos aspectos clave en relación cos contidos da materia, co fin de interpretar e cuestionar a realidade que se nos amosa.
Recensión bilbiográfica Proceso de lectura crítica dun libro, artigo ou calquera outro documento escrito. Comprende, ademais da lectura da obra en cuestión, a análise do seu contido, unha crítica e mesmo unha valoración en relación con outros documentos de igual ou parecida natureza.
Estudo de casos Consiste na procura e/ou achegamento dunha serie de casos ou experiencias educativas para o seu estudo, análise e discusión á luz dos referentes teóricos da materia.
Presentación oral Exposicións de traballos realizados tanto de xeito individual como colectivo, diante do grupo de referencia, procurando tirar algunhas conclusións sobre o problema de investigación, documento ou experiencia abordada.
Traballos tutelados Metodoloxía deseñada para promover a aprendizaxe autónoma do alumnado baixo a tutela e seguimento por parte da/o docente. Tendo como referencia os contidos e a bibliografía da materia, e coas orientacións que a profesora estime oportunas, realizarase en grupo (4-5 persoas) un traballo de ampliación sobre un dos 5 bloques temáticos, que contemplará a recensión dun libro, a busca e análise de novas de prensa, e un estudo de caso sobre unha experiencia, un programa ou recurso relacionado.
Será preciso desenvolver, como mínimo, dúas sesións de titoría nas que presentar o guión do traballo e facer o seguimento do mesmo. As datas serán acordadas na aula.
Ademais de ser incluído no cartafol, cada grupo expoñerá nunha sesión interactiva o seu traballo, co obxecto de compartilo e sometelo a debate e valoración.
Portafolios do alumno Dossier ordeado por seccións, debidamente identificadas e paxinadas, no que se recollen os rexistros e/ou materiais produto das actividades de aprendizaxe realizadas polo alumnado. Realizarase a nivel grupal (entre 4-5 integrantes) e incluiranse aquelas actividades indicadas pola/o docente, referentes tanto ás sesións expositivas como interactivas, e que poden abranguer: notas de clase, mapas conceptuais, glosarios, recensións de fontes documentais, resumo de eventos científicos e/ou divulgativos... De cada actividade recollerase ademais unha valoración sobre a práctica desenvolvida (contidos abordados, competencias adquiridas, metodoloxía aplicada...). Así mesmo, presentarase ao final unha autoavaliación individual do proceso de aprendizaxe, das competencias adquiridas, do grao de participación e implicación, do tempo dedicado...
O cartafol é froito do traballo tutelado e continuo en torno aos diferentes núcleos temáticos que se iniciarán na aula pero que requirirá do traballo autónomo do alumnado –previo e posterior–, atendendo ás indicacións que se proporcionarán a través da atención personalizada da profesora, na aula e no horario de titorías.
Proba de ensaio Pretende determinar os logros do alumnado en termos de obxectivos. Procura avaliar de xeito directo a capacidade de análise, a expresión e a organización de ideas relativas aos contidos da materia.
Valorarase a rigorosidade da resposta, combinada coa capacidade de razoamento (argumentación, relación entre ideas, comparación...), creatividade e espírito crítico. Implica un estudo amplo e profundo dos contidos, sen perder de vista o conxunto das ideas e as súas relacións.
Discusión dirixida En base a lecturas previas de carácter obrigatorio, a través das que recoller diferentes argumentacións sobre unha temática, favorecendo o debate e contraste de opinións fundamentadas, coa finalidade de que o alumnado constrúa unha visión crítica das diferentes formas de interpretar a realidade socioeducativa.
Eventos científicos e/ou divulgativos Asistencia e participación en actividades de carácter científico e/ou divulgativo (congresos, xornadas, simposios, cursos, conferencias, exposicións...), que teñan relación coa materia. Deben entenderse como unha estratexia complementaria de formación e nunca como substitutiva de outras.

Atención personalizada
Metodoloxías
Traballos tutelados
Presentación oral
Estudo de casos
Portafolios do alumno
Recensión bilbiográfica
Descrición
Para o desenvolvemento do traballo tutelado (no que se inclúe unha recensión bibliográfica e estudo de casos), para a súa presentación oral e para a realización do portafolios (no que se integrarán diversas prácticas desenvolvidas nas sesións expositivas e interactivas), será preciso acudir, como mínimo, a dúas sesións de titoría, nas que facer o seguimento por parte da docente. Estas sesións serán indicadas na aula.

Avaliación
Metodoloxías Descrición Cualificación
Traballos tutelados Deberá incluír unha recensión sobre un libro relacionado coa temática, a análise de novas de prensa, así como o estudo de caso sobre unha experiencia, programa, recurso...
Valorarase especialmente: a coherencia interna; a profundidade do contido; a capacidade para establecer sinerxías; o tratamento dunha linguaxe propia do contexto disciplinar; a utilización de fontes documentais complementarias e actuais; a presentación; entre outros.
30
Presentación oral A valoración do traballo presentado terá carácter grupal. Será por elo preciso que cada grupo estableza unhas normas de autorregulamento mínimas que faciliten a dinámica de traballo en tódolos casos.
Valorarase: a orde na exposición; a claridade e corrección lingüística; a capacidade de síntese das ideas fundamentais; o nivel de profundidade na abordaxe da temática que amose a súa comprensión; a linguaxe non verbal e utilización do espazo; a creatividade (presentación suxestiva, motivadora, dinamizadora da participación das/os compañeiros/as...); o uso de recursos...
10
Proba de ensaio Pretende determinar os logros do alumnado en termos de obxectivos. Procura avaliar de xeito directo a capacidade de análise, a expresión e a organización de ideas relativas aos contidos da materia.
Valorarase a rigorosidade da resposta, combinada coa capacidade de razoamento (argumentación, relación entre ideas, comparación...), creatividade e espírito crítico. Implica un estudo amplo e profundo dos contidos, sen perder de vista o conxunto das ideas e as súas relacións.
30
Portafolios do alumno Dossier ordeado por seccións, debidamente identificadas e paxinadas, no que se recollerán os rexistros e/ou materiais produto das actividades de aprendizaxe realizadas polo alumnado. Recolleranse, como mínimo, o rexistro dunha sesión expositiva (mapa conceptual, glosario, reflexión grupal sobre os contidos, aplicación á Educación Infantil...) e de tres prácticas de sesións interactivas (discusión dirixida, análise de fontes documentais, presentación oral, estudo de caso...), e unha autoavaliación individual en relación ás aprendizaxes e competencias desenvolvidas na materia, o grao de implicación persoal nas actividades e traballos grupais...
Na cualificación do cartafol, contémplase o traballo final (20 pto.) e a asistencia a clase (10 pto.).
Valorarase a capacidade reflexiva en relación á propia aprendizaxe; a evolución da aprendizaxe reflectida nas prácticas recollidas en relación ao grao de profundidade do contido; a capacidade para establecer sinerxías; o tratamento dunha linguaxe propia do contexto disciplinar; a utilización de fontes documentais complementarias e actuais; a presentación; entre outros.
30
 
Observacións avaliación

1.- Para superar a materia é imprescindible ter superadas todas e cada unha das actividades de avaliación. En caso contrario, a cualificación será de suspenso. Gardaranse as partes aprobadas durante a convocatoria anual.

2.- A asistencia e participación activa e esixente nas dinámicas de aula serán consideradas de forma positiva no proceso de avaliación.

3.- Calquera circunstancia persoal que poida alterar o seguimento da materia por parte do alumnado deberá ser comunicada para a súa oportuna e axeitada consideración. Para o alumnado que, por razóns debidamente acreditadas, non teña unha asistencia sistemática, establécense os seguintes criterios de avaliación:

  • Recensión e exposición oral dun dos libros da bibliografía básica, que deberá ser acordado coa profesora a inicios de curso para a convocatoria de xaneiro, e a inicios do segundo cuadrimestre para a convocatoria de xullo (30%).
  • Proba de ensaio nos mesmos termos que o alumnado asistente (70%).

4.- Para acollerse á modalidade presencial, cómpre ter unha asistencia mínima do 85%.


Fontes de información
Bibliografía básica

- Alonso, A. (2008). Las leyes educativas de la democracia. Descripción y contraste 1985-2006. Acción educativa y Ministerio de Educación, Política Social y Deporte.

- Apple, M. e Beane, J.A. (1999). Escuelas democráticas. Madrid: Morata-Paideia.

- Asociación Internacional de Ciudades Educadoras (2004). Carta de Ciudades Educadoras.

- Ayuste, A. e outros (2005). Planteamientos de la Pedagogía Crítica: comunicar y transformar. Barcelona: Graó.

- Carbonell, J. (1996). La escuela entre la utopía y la realidad. Barcelona: Euma-Octaedro.

- Carbonell, J. (2001). La aventura de innovar. El cambio en la escuela. Madrid: Morata.

- Carbonell, J. (2008). Una educación para mañana. Barcelona: Octaedro.

- Caride, J. A. e Meira, P.A. (1996). O diálogo paradigmático na Educación Social. Revista Galega de Educación, 27, 16-20.

- Carr, W. (1995). Una teoría para la educación. Hacia una investigación educativa crítica. Madrid: Morata.

- Colom, A.J. e Núñez, L. (2001). Teoría de la Educación. Madrid: Síntesis.

- Cuesta, R. (2005). Felices y escolarizados. Crítica de la escuela en la era del capitalismo. Barcelona: Octaedro.

- De Puelles, M. (2006). Problemas actuales de política educativa. Madrid: Morata.

- Delors, J. (1996). La educación encierra un tesoro. Madrid: Santillana. Ediciones UNESCO.

- Delval, J. (1990). Los fines de la educación. Madrid: Siglo XXI.

- Delval, J. (2002). La escuela posible. Barcelona: Ariel.

- Dewey, J. (1995). Democracia y educación. Madrid: Morata.

- Dirección General de Educación y Cultura (2004). Competencias para un aprendizaje a lo largo de la vida de 2005. Un marco de referencia europeo. Comisión Europea.

- Dubet, F. (2005). La escuela de las oportunidades. ¿Qué es una escuela justa? Barcelona: Gedisa.

- Esteve, J. Manuel (1994). El malestar docente. Barcelona: Paidós.

- Fernández Enguita, M. (1999). La escuela a examen. Madrid: Psicología Pirámide.

- Fernández Enguita, M. (2001). Educar en tiempos inciertos. Madrid: Morata.

- Fernández, M.; Mena, L. e Riviere, J. (2010). Fracaso y abandono escolar en España. Barcelona: Obra Social Fundación “La Caixa”.

- Filho, L. (1992). Introducción al estudio de la Escuela Nueva. Buenos Aires: Kapelusz.

- Freinet, C. (1992). Técnicas Freinet de la Escuela Moderna. Madrid: Siglo XXI.

- Freire, P. (2006). El grito manso. Buenos Aires: Siglo XXI.

- Gimeno, J. (2003). El alumno como invención. Madrid: Morata.

- Gimeno, J. e Carbonell, J. (coords.) (2003). El sistema educativo .Una mirada crítica. Barcelona: CISS-Praxis.

- Guerrero, A. (1996). Manual de sociología de la educación. Madrid: Síntesis.

- Imbernon, F. (coord.) (1999). La educación en el siglo XXI. Los retos del futuro inmediato. Barcelona: Graó.

- Kaplún, M. (1998). Una pedagogía de la comunicación. Madrid: Ediciones de la Torre.

- Ley Orgánica 1/1990, de 3 de outubro, de Ordenación Xeral do Sistema Educativo.

- Lei Orgánica 10/2002, do 23 de decembro, de Calidade da Educación.

- Lei Orgánica 2/2006, de 3 de Ma¡o, de Educación.

- Makarenko, A. S. (1967). Poema pedagógico. Barcelona: Planeta.

- Martín Rodríguez, E. (1988). La supervisión educativa a la luz de las tradiciones y teorías científicas de la organización escolar. En Supervisión educativa (pp.47-67). Madrid: Uned.

- Merieu, P. (1998). Frankenstein educador. Barcelona: Laertes.

- Merieu, P. (2001). La opción de educar. Ética y pedagogía. Madrid: Octaedro.

- Morin, E. (2001). Los siete saberes necesarios para la educación del futuro. Barcelona: Paidós.

- Nacións Unidas (1948). Declaración Universal dos Dereitos Humanos.

- Negrín, O. e Vergara, J. (2003). Teorías e Instituciones Contemporáneas de educación. Madrid: ICE e Ramón Areces.

- Neill, A. S. (1974). Summerhill. Un punto de vista radical en la educación de los niños. México: FCE.

- Tiana, A.; Ossenbach, G. e Sanz, F. (coords.) (2002). Historia de la educación (Edad Contemporánea). Madrid: UNED.

- Torreblanca, J. (coord.) (2002). Los fines de la educación. Una reflexión desde la Izquierda. Madrid: Biblioteca Nueva.

- Torres, J. (2011). La justicia curricular. El caballo de Troya de la cultura escolar. Madrid: Morata.

- Trilla, J. (coord.) (2001). El legado pedagógico del siglo XX para la escuela del siglo XXI. Barcelona: Graó.

- Trillo, F. (1994). El profesorado y el desarrollo curricular: tres estilos de hacer escuela. Cuadernos de Pedagogía, 228, 70-74.

- Tonucci, F. (1997). La ciudad de los niños. Un modo nuevo de pensar la ciudad. Madrid: Fundación Germán Sánchez Ruipérez.

- Varela, J. (2007). Las reformas educativas a debate. Madrid: Morata.

- VV.AA (1995). Volver a pensar la educación. Volumen I: Política, educación y sociedad. Madrid: Morata e A Coruña: Paideia.

- VV.AA. (2000). Pedagogías del siglo XX. Barcelona: CISS-Praxis.

Bibliografía complementaria

- Adorno, T. W. (1998). Educación para la emancipación. Madrid: Morata.

- Aldecoa, J. (1991). Historia de una maestra. Madrid: Anagrama.

- Almeida, J. (1995). Sociología de la educación. Notas para un curso. Barcelona: Ariel.

- Alumnos de la Escuela de Barbiana (1982). Carta a una maestra. Barcelona: Hogar del Libro.

- Álvarez-Uría, F. e Varela, J. (1991). Arqueología de la escuela. Madrid: La Piqueta.

- Álvarez-Uría, F. e Varela, J. (2009). Sociología de las instituciones: bases sociales y culturales de la conducta. Madrid: Morata.

- Apple, M. W (1996). Política cultural y educación. Madrid: Dykinson.

- Aubert, A. (2004). Dialogar y transformar. Pedagogía crítica del siglo XXI. Barcelona: Graó.

- Ball, S.J. (Comp.) (2001). Foucault y la educación. Madrid: Morata, 4ª ed.

- Barreiro, H. e Terrón, A. (2005). La institución escolar: una creación del estado moderno. Barcelona: Octaedro.

- Bauman, Z. (2007). Los retos de la educación en la modernidad líquida. Barcelona: Gedisa.

- Benner, D. (1998). Pedagogía como ciencia. Teoría reflexiva de la acción y reforma de la praxis. Barcelona: Pomares-Corredor.

- Carreño, M.; Colmenar, C.; Egido, I. e Sanz, F. (2000). Teorías e instituciones contemporáneas de educación. Madrid: Síntesis.

- Casas, M. e Botella, J. (2003). La democracia y sus retos en el siglo XXI. Elementos para la formación democrática de los jóvenes. Barcelona: Praxis.

- Castillejo, J. L.; Vazquez, G.; Colom, A. J. e Sarramona, J. (1993). Teoría de la educación. Barcelona: Taurus.

- Cela, J. e Palou, J. (1994). Con voz de maestro. Madrid: Celeste.

- Colom, A. J. (1997). Teorías e instituciones contemporáneas de la educación. Barcelona: Ariel.

- Costa, A. (2009). A construción do coñecemento pedagóxico: antecedentes e desenvovementos no século XX. Santiago de Compostela: Universidade, Sevizo de Publicacións e Intercambio Científico.

- De la Garza, MªT. (1995). Educación y democracia. Aplicación de la teoría de la comunicación a la construcción del conocimiento en el aula. Madrid: Visor.

- De Puelles, M. (1991). Educación e ideología en la España Contemporánea (1767-1975). Barcelona: Editorial Labor.

- Delgado, B. (1998). Historia de la infancia. Barcelona: Ariel.

- Delval, J. (2000). Aprender en la vida y en la escuela. Madrid: Morata.

- Díez, C. (2002). El piso de abajo de la escuela: los afectos y las emociones en el día a día de la escuela infantil. Barcelona: Graó.

- Escolano, A. (2002). La educación en la España contemporánea. Políticas educativas, escolarización y culturas pedagógicas. Madrid: Biblioteca Nueva.

- Fernández Soria, J. M. (1996). Educación y Estado en la España contemporánea. Madrid, Síntesis

- Ferrer i Guardia, F. (1976). La Escuela Moderna. Madrid: Júcar.

- Ferrero, J. J. (1994). Teoría de la educación: Lecciones y lecturas. Bilbao, Universidad de Deusto

- Freire, P. (1970). Pedagogía del oprimido. Madrid: S.XXI.

- Freire, P. (1997). A la sombra de este árbol. Barcelona: El Roure.

- García Aretio, L. (1998). La Educación. Teorías y conceptos. Perspectiva integradora. Madrid: Paraninfo.

- García, J. e García, A. (1996). Teoría de la educación. Salamanca: Universidad de Salamanca.

- Gómez Rodríguez De Castro, F. e outros (1998). Génesis de los sistemas educativos nacionales. Madrid: UNED.

- Guttman, A. (2001). La educación democrática. Una teoría política de la educación. Barcelona: Paidós.

- Halliday, J. (1995). Educación, gerencialismo y mercado. Madrid: Morata.

- Hargreaves, A. (1996). Profesorado, cultura y posmodernidad. Madrid: Morata.

- Illich, I. (1974). La sociedad desescolarizada. Barcelona: Seix Barral.

- Llopis, R. (2005). La revolución en la escuela. Dos años en la Dirección General de Primera Enseñanza. Madrid: Biblioteca Nueva.

- McCourt, F. (2006). El profesor. Madrid: Maeva.

- Medina, R.; Rodríguez, T.; García, L. (1992). Teoría de la educación. Madrid: UNED.

- Moore, T. W. (1987). Introducción a la teoría de la educación. Madrid: Alianza.

- Negrín, O. e Vergara, J. (2005). Antología de textos de Teorías e Instituciones Contemporáneas de educación. Madrid: Ramón Areces.

- Neill, A.S. (1994). El nuevo Summerhill. México: FCE.

- Palacios, J. (1988). La cuestión escolar. Críticas y alternativas. Barcelona: Laia.

- Pennac, D. (2008). Mal de escuela. Barcellona: Mondadori.

- Popkewitz, Th. S (1994). Sociología política de las reformas educativas. Madrid: Morata.

- Porto, A.S. (1986). La Institución Libre de Enseñanza en Galicia. Sada (A Coruña): Ediciós do Castro.

- Pozo, Mª M (2004). Teorías e Instituciones contemporáneas de educación. Madrid: Biblioteca Nueva.

- Rousseau, J.J. (1984). Emilio o de la educación. México: Porrúa. 9º edic.

- Ruiz, A. (2002). La escuela pública. El papel del Estado en la educación. Madrid: Biblioteca Nueva.

- Savater, F. (1997). El valor de educar. Barcelona: Ariel.

- Santos Rego, M. A. (ed.) (2009). Políticas educativas y compromiso social. El progreso de la equidad y la calidad. Barcelona: Octaedro.

- Sánchez Arbós, M. (2005). Mi diario. Zaragoza: Diputación General de Aragón y Caja de Ahorros de la Inmaculada.

- Sánchez Arbós, M. (2007). Una escuela soñada. Textos. Madrid: Biblioteca Nueva.

- Sarramona, J. (2000). Teoría de la educación. Reflexión y normativa pedagógica. Barcelona: Ariel.

- Sarramona,J.; Colom, A.J.; Vázquez, G. (1998). Educación no formal. Barcelona: Ariel.

- Skinner, B.F. (1985). Walden Dos. Barcelona: Martínez Roca.

- Subirats, M.- Brullet, C. (1988). Rosa y azul. La transmisión de los géneros en la escuela mixta. Madrid: Instituto de la Mujer.

- Taibo, C. (dir.) (2010). Decrecimientos. Sobre lo que hay que cambiar en la vida cotidiana. Madrid: Catarata.

- Torres Santomé, J. (2006). La desmotivación del profesorado. Madrid: Morata.

- Trilla, J. (1993). La educación fuera de la escuela. Barcelona: Ariel.

- Viñao Frago, A. (2004). Escuela para todos. Educación y modernidad en la España del siglo XX. Madrid: Marcial Pons.

- VV.AA. (2003). La participación de los padres y madres en la escuela. Barcelona: Graó.


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións

1.- É obrigatoria a entrega da ficha de identificación persoal para todo o alumnado antes do 15 de outubro do ano en curso.
2.- Non se admitirán traballos dos que o profesor/profesora non teña constancia da súa realización.
3.- Os traballos, tanto en formato impreso coma dixital, presentaranse ben identificados (nome do alumno/alumna, curso, grupo, materia e nome do profesor/profesora). É aconsellable facer copia do orixinal que se entrega.



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías