Datos Identificativos 2011/12
Asignatura (*) Medio social e cultural e a súa didáctica Código 652G01025
Titulación
GRAO EN EDUCACIÓN INFANTIL
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Terceiro Obrigatoria 6
Idioma
Galego
Prerrequisitos
Departamento Didácticas Específicas
Coordinación
Bas López, María Begoña
Correo electrónico
begona.bas@udc.es
Profesorado
Bas López, María Begoña
Correo electrónico
begona.bas@udc.es
Web
Descrición xeral O coñecemento do Medio Social e Cultural está directamente relacionado coas Ciencias Sociais. Os fundamentos conceptuais e procedementais destas forman o bagaxe necesario na formación dos/as mestres/as, para a transferencia didáctica ao alumnado de Infantil. A formación dunha mente crítica e de compromiso redunda no traballo dos contidos actitudinais aos que se encamiña o coñecemento do propio entorno. A planificación e deseño de actividades educativas e o coñecemento de temas patrimoniais, metodoloxías e estratexias son o soporte para a elaboración de materiais didácticos en relación co entorno.

Competencias do título
Código Competencias da titulación

Resultados de aprendizaxe
Competencias de materia (Resultados de aprendizaxe) Competencias da titulación
Adquirir os coñecementos fundamentais e necesarios para a comprensión do medio social e cultural e a metodoloxía propia das ciencias sociais para aplicala ao coñecemento do medio social e cultural. A33
A36
A37
B10
B11
C1
C3
C8
Desenvolver a capacidade de análise e síntese, de esquematización e discernir o prioritario do secundario. Desenvolver a capacidade para presentar, defender e debater ideas con argumentación sólida. Desenvolver o pensamento crítico, autocrítico, lóxico e creativo. B1
B2
B3
B10
B11
B12
B17
C1
C4
Desenvolver estratexias de traballo autónomo e en grupo a fin de potenciar a planificación, organización, a discusión, o diálogo e a negociación na fundamentación do ensino. Presentación de propostas de materiais didácticos, actividades, proxectos unidades didácticas e análises de experiencias. A21
A26
A29
B4
B5
B7
B18
Adquirir a capacidade de transferir os coñecementos teóricos e prácticos da materia aos contextos das aulas de infantil con programacións e proxectos no marco da lexislación. A1
A4
A12
A62
B8
B15
Promover o interese, o coñecemento e o respecto polo medio social e cultural propio, valorando o entorno inmediato. Promover o interese, o coñecemento e o respecto por sociedades e culturas diferentes. A40
B6
B18
B20
B24
C4

Contidos
Temas Subtemas
Unidade 1: Introdución ao medio social e cultural - Conceptos e interpretacións sobre do medio social e cultural
- Medio social e cultural e a relación coas ciencias sociais
- O coñecemento do medio e as ciencias sociais na formación dos/as mestres/as
Unidade 2: Ensino/aprendizaxe do medio social e cultural na Educación Infantil - O medio e o/a neno/a e a súa relación para a aprendizaxe
- O currículo na Educación Infantil: contidos sociais e culturais
- Os contidos: tipos, organización, selección, aplicación
- As competencias básicas
- Métodos, procedementos e recursos. Métodos para o coñecemento do medio. Recursos educativos e materiais curriculares.
- As unidades didácticas. O traballo por proxectos
- A avaliación: definición e finalidade. Características, tipos e aplicacións no ensino/aprendizaxe.
Unidade 3: As coordenadas espazo e tempo e a formación do pensamento social - A comprensión do espazo e o tempo: a capacidade, experiencia, conceptualización, a medición do espazo e do tempo
- O entorno como recurso. A integración nas coordenadas espazo-temporais. O entorno na actualidade
- Os valores sociais. A diversidade
Unidade 4: Recursos e materiais didácticos sobre o medio social e cultural - Recursos e soportes. Recursos da aula e do centro escolar. Recursos externos.
- Elaboración de materiais didácticos: funcións, clasificación, contexto. O deseño de actividades
- As fontes de documentación nas ciencias sociais como recurso.
Unidade 5: Temas formativos para o coñecemento do medio social e cultural de Galicia - Patrimonio cultural. Concepto e aplicación á educación
- Introdución ao coñecemento do medio social e cultural de Galicia
- Medio e actividade humana
- Temas de xeografía, historia, etnografía, etc. de Galicia para o coñecemento do medio
- Temas monográficos desenvoltos ao longo da historia
Unidade 6. O entorno como recurso.
- Coñecemento do entorno inmediato.
- O potencial educativo do entorno.
- A elaboración de propostas educativas.
- O traballo e as actividades en relación co patrimonio cultural do entorno.
- A vida cotiá.

Planificación
Metodoloxías / probas Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral 21 4.2 25.2
Actividades iniciais 1.4 0 1.4
Análise de fontes documentais 2.6 7.8 10.4
Presentación oral 1.5 3 4.5
Discusión dirixida 5 7.5 12.5
Saídas de campo 6 30 36
Recensión bilbiográfica 3 9 12
Proba mixta 2 44 46
 
Atención personalizada 2 0 2
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Atendendo aos contidos especificados, as explicacións teóricas referiranse ós contidos básicos que forman a estrutura de cada tema. A partir dos esquemas iniciais e co apoio de documentación específica, irase desenvolvendo a parte teórica dos contidos conceptuais da materia, segundo os contidos especificados.
Actividades iniciais Antes de iniciar os temas do programa desenvolveranse actividades que permitan coñecer os saberes previos do alumnado respecto ás ciencias sociais, as competencias, intereses e motivacións que posúen para o logro dos obxectivos finais que queremos alcanzar nesta materia.
Análise de fontes documentais Ao longo do curso, os estudiantes terán ocasión de coñecer e manexar moi diversas fontes de información orais, documentais (artigos, capítulos de libros, unidades didácticas extraídas de revistas, libros escolares de texto...), materiais, audiovisuais, páxinas web,etc. Estas fontes utilizaranse tanto como introdución xeral a un tema o como mateiais de obtención de información para a construcción de coñecementos.
Presentación oral Os traballos de pequeno grupo serán obxecto de exposición na aula, xa que as facilitan a adquisición das destrezas explicativas fundamentais para o desenvovemento da profesión de mestres.
Discusión dirixida Metodoloxía fundamental para poñer en común os contidos traballados na aula e fora dela. Guía os traballos previos e concreta as conclusións e as aportacións dos grupos de traballo.
Saídas de campo Realizaranse saídas para o coñecemento do medio en relación cos temas traballados na aula.
Recensión bilbiográfica Realizaranse lecturas críticas, que incluirán, resumos e análises, de capítulos de libros, artigos de revistas ou calquera outro tipo de texto.
Proba mixta Ao longo do curso iranse realizando probas sobre contidos teóricos impartidos nas sesións expositivas e traballados nas interactivas. Estas probas puntuarán ate 10. Realizarase unha proba escrita na primeira oportunidade de avaliación que versará tanto sobre aspectos teóricos tratados na docencia expositiva como nos prácticos das sesións interactivas. Esta proba puntuará ate 50. Teranse en conta aspectos tales como coñecemento dos conceptos fundamentais da materia, corrección e claridade na expresión, capacidade de síntese, capacidade de relación, capacidade de traballo autónomo e en grupo.

Atención personalizada
Metodoloxías
Presentación oral
Recensión bilbiográfica
Descrición
O alumnado recibirá atención personalizada que o oriente na metodoloxía para a realización das recensións bibliográficas e das presentacións orais.

Avaliación
Metodoloxías Descrición Cualificación
Proba mixta Consta de dúas partes:
1. Ao longo do curso iranse realizando probas continuas sobre contidos teóricos impartidos nas sesións expositivas e traballados nas interactivas. Estas probas puntuarán ate 10.
2. Realizarase unha proba escrita na primeira oportunidade de avaliación que versará tanto sobre aspectos teóricos tratados na docencia expositiva como nos prácticos das sesións interactivas. Esta proba puntuará ate 50.
60
Presentación oral Presentaranse na aula proxectos, esquemas e resultados do traballo do alumnado sobre dos temas tratados na aula, nas saídas ao medio e en calquera das cuestións tratadas na materia. 10
Saídas de campo Puntuará a asistencia, participación activa e traballo anterior e posterior ás saídas ao medio. 20
Recensión bilbiográfica Terase en conta a dificultade dos textos escollidos e a corrección na metodoloxía aplicada, así como a corrección na expresión escrita. 10
 
Observacións avaliación

Na avaliación terase en conta a asistencia a clase nas sesións
expositivas e a asistencia e a participación activa nas sesións de
docencia interactiva. Valoraranse os coñecementos adquiridos, a
comprensión e capacidade de
síntese, a claridade expositiva oral e escrita e a participación e
cumprimento nas tarefas que se encomenden tanto individuais como en
grupo.


-Na primeira oportunidade
de avaliación
terán carácter de NON PRESENTADO aqueles/as
alumno/as
que non concorran á "proba mixta", e non realizaran as actividades e
tarefas encomendadas ao longo do curso que se inclúan nas metodoloxías
relacionadas. Por tanto, para ter NON PRESENTADO non poden ter feito
actividade ningunha da materia.

-Terán carácter de SUSPENSO
aqueles/as alumnos/as que non téndose presentado á
"proba mixta" tiveran realizado previamente calquera das outras
actividades e tarefas encomendadas ao longo do curso que se inclúan nas
"metodoloxías". De superaren as avaliacións destas actividades (que
puntúan: 10 "presentación oral"; 20 "saídas ao medio"; 10 "recensión
bibliográfica"), conservaráselles a cualificación ate a segunda
oportunidade de avaliación.

-Os/as alumnos/as que concorrendo a unha segunda oportunidade de avaliación
non tiveran realizado as actividades de avaliación propia e as de
avaliación continua, terán
realizar esta proba única na que terán que facer fronte a preguntas
relativas a aquelas, debendo obter nestas preguntas unha cualificación
mínima de
5.0.

-Para superar a materia os/as alumnos/as deberán superar cada unha das dúas partes: proba mixta e a suma das tres probas.


Fontes de información
Bibliografía básica Rodríguez Lestegás, F. (1984.). Didáctica das Ciencias Sociais na Educación Infantil.. Vigo: Ed. Ir Indo.
Prats, J. y Santacana, J. (2009). Ciudad, educación y valores patrimoniales. La ciudad educadora, un espacio para aprender a ser ciudadanos.. Íber, 59, pp. 8-21
Cooper, H. (2002). Didáctica de la historia en la educación infantil y primaria. . Madrid: Morata.
Hernández Cardona, F.X. ( 2002). Didáctica de las ciencias sociales, geografía e historia. . Barcelona: Editorial Graó.
Aranda Hernando, A.M. (2003). Didáctica del conocimiento del medio social y cultural en la educación infantil.. Madrid: Ed. Síntesis.
VVAA. (1998). Enciclopedia General de la Educación.. Barcelona: Océano Grupo Editorial
Pluckrose, H. (1993). Enseñanza y aprendizaje de la Historia. . Madrid: MEC – Ediciones Morata.
Benejam, P. e Pagès, J. (coords.) (1997). Enseñar y aprender Ciencias Sociales, Geografía e Historia en la Educación Secundaria.. Barcelona. ICE-Horsori
Egan, K. (1991). La comprensión de la realidad en la educación infantil y primaria. . Madrid: Morata.
Miralles, P., S. Molina y A. Santisteban (eds.) (2011). La evaluación en el proceso de enseñanza y aprendizaje de las ciencias sociales. . Murcia: A.U.P.D.C.S.
Benejam, P. et al. (2002). Las ciencias sociales: concepciones y procedimientos.. Barcelona: Graó.
Escamilla, A. (2009). Las competencias básicas en la programación de aula: infantil y primaria (3-12 años).. Barcelona: Graó.
Trepat, C-A. (1995). Procedimientos en Historia. Un punto de vista didáctico.. Barcelona: Editorial Graó.

A biliografía básica irase ampliando conforme se vaia tratando a materia.

Bibliografía complementaria Lisón Tolosana, C. (1971). Antropología cultural de Galicia.. Madrid: Siglo XXI de España Editores
Llano, P. de (1981). Arquitectura popular en Galicia.. Santiago: COAG.
Caamaño Suárez, M. (2003). As construcción da arquitectura popular: Patrimonio Etnográfico de Galicia. A Coruña: Colexio de Aparelladores e Arquitectos Técnicos de Galicia
Bas, B. (1983 (2ª ed. 2002)). As construcións populares: un tema de etnografía en Galicia.. Sada: Ediciós do Castro, Cuadernos do Seminario de Sargadelos 44.
VVAA (1991-2008). Galicia. proxectos Hércules.. A Coruña: Hércules de edicións
Otero Pedrayo, R. (1962). Historia de Galiza.. Buenos Aires: Editorial Nós.
Carballo Arceo, L. X (2000). Os castros galegos. . Vigo: A Nosa Terra.

A bibliografía complementaria irase aportando conforme se vaian tratando e traballando os temas e actividades.

http://www.nova-escola-galega.org

http://www.vieiros.com/vieiros-da-escola

http://mestreandres.blogia.com/temas/unidades-didacticas.php

http://man.mcu.es

http://www.aaviladonga.es

http://www.museovilalba.org

http://www.museodopobo.es


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente
Medio histórico e xeográfico de Galicia e a súa didáctica/652G01029

Materias que continúan o temario

Observacións

É fundamental a asistencia e participación activa tanto nas sesións maxistrais como nas sesións interactivas, así como en todas as actividades desenvoltas no contexto da materia.



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías