Competencias do título |
Código
|
Competencias da titulación
|
A1 |
Comprender os procesos educativos e de aprendizaxe no período de 0-6, no contexto familiar, social e escolar. |
A4 |
Recoñecer a identidade da etapa e as súas características cognitivas, psicomotoras, comunicativas, sociais, afectivas. |
A12 |
Promover e colaborar en accións dentro e fóra da escola, organizadas por familias, concellos e outras institucións con incidencia na formación cidadá. |
A21 |
Saber traballar en equipo con outros profesionais de dentro e fóra do centro na atención a cada estudante, así como na planificación das secuencias de aprendizaxe e na organización das situacións de traballo na aula e no espazo de xogo, identificando as peculiaridades do período 0-3 e do período 3-6. |
A26 |
Saber analizar os datos obtidos, comprender criticamente a realidade e elaborar un informe de conclusións. |
A29 |
Valorar a importancia do traballo en equipo. |
A33 |
Coñecer os fundamentos científicos, matemáticos e tecnolóxicos do currículo desta etapa así como as teorías sobre a adquisición e desenvolvemento das aprendizaxes correspondentes. |
A36 |
Coñecer a metodoloxía científica e promover o pensamento científico e a experimentación. |
A37 |
Adquirir coñecemento sobre a evolución do pensamento, as costumes, as crenzas e os movementos sociais e políticos ao longo da historia. |
A40 |
Promover o interese e o respecto polo medio natural, social e cultural a través de proxectos didácticos adecuados. |
A62 |
Relacionar teoría e práctica coa realidade da aula e do centro. |
B1 |
Aprender a aprender. |
B2 |
Resolver problemas e tomar decisións de forma efectiva. |
B3 |
Aplicar un pensamento crítico, autocrítico, lóxico e creativo. |
B4 |
Traballar de forma autónoma con iniciativa e espírito emprendedor. |
B5 |
Traballar de forma colaborativa. |
B6 |
Comportarse con ética e responsabilidade social como cidadán e como profesional. |
B7 |
Comunicarse de maneira efectiva nun contorno de traballo. |
B8 |
Capacidade de adaptación a situacións novidosas. |
B10 |
Capacidade de análise e síntese. |
B11 |
Capacidade de busca e manexo de información. |
B12 |
Capacidade de organización e planificación. |
B15 |
Capacidade para asumir a necesidade dun desenvolvemento profesional continuo, a través da reflexión sobre a propia práctica. |
B17 |
Capacidade para presentar, defender e debater ideas utilizando argumentos sólidos. |
B18 |
Capacidade para relacionarse positivamente con outras persoas. |
B20 |
Coñecemento de outras culturas e de outras costumes. |
B24 |
Recoñecemento e respecto á diversidade e á multiculturalidade. |
C1 |
Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma. |
C3 |
Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida. |
C4 |
Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común. |
C8 |
Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade. |
Resultados de aprendizaxe |
Competencias de materia (Resultados de aprendizaxe) |
Competencias da titulación |
Adquirir os coñecementos fundamentais e necesarios para a comprensión do medio social e cultural e a metodoloxía propia das ciencias sociais para aplicala ao coñecemento do medio social e cultural. |
A33 A36 A37
|
B10 B11
|
C1 C3 C8
|
Desenvolver a capacidade de análise e síntese, de esquematización e discernir o prioritario do secundario. Desenvolver a capacidade para presentar, defender e debater ideas con argumentación sólida. Desenvolver o pensamento crítico, autocrítico, lóxico e creativo. |
|
B1 B2 B3 B10 B11 B12 B17
|
C1 C4
|
Desenvolver estratexias de traballo autónomo e en grupo a fin de potenciar a planificación, organización, a discusión, o diálogo e a negociación na fundamentación do ensino. Presentación de propostas de materiais didácticos, actividades, proxectos unidades didácticas e análises de experiencias. |
A21 A26 A29
|
B4 B5 B7 B18
|
|
Adquirir a capacidade de transferir os coñecementos teóricos e prácticos da materia aos contextos das aulas de infantil con programacións e proxectos no marco da lexislación. |
A1 A4 A12 A62
|
B8 B15
|
|
Promover o interese, o coñecemento e o respecto polo medio social e cultural propio, valorando o entorno inmediato. Promover o interese, o coñecemento e o respecto por sociedades e culturas diferentes. |
A40
|
B6 B18 B20 B24
|
C4
|
Contidos |
Temas |
Subtemas |
Unidade 1: Introdución ao medio social e cultural |
- Conceptos e interpretacións sobre do medio social e cultural
- Medio social e cultural e a relación coas ciencias sociais
- O coñecemento do medio e as ciencias sociais na formación dos/as mestres/as
|
Unidade 2: Ensino/aprendizaxe do medio social e cultural na Educación Infantil |
- O medio e o/a neno/a e a súa relación para a aprendizaxe
- O currículo na Educación Infantil: contidos sociais e culturais
- Os contidos: tipos, organización, selección, aplicación
- As competencias básicas
- Métodos, procedementos e recursos. Métodos para o coñecemento do medio. Recursos educativos e materiais curriculares.
- As unidades didácticas. O traballo por proxectos
- A avaliación: definición e finalidade. Características, tipos e aplicacións no ensino/aprendizaxe.
|
Unidade 3: As coordenadas espazo e tempo e a formación do pensamento social |
- A comprensión do espazo e o tempo: a capacidade, experiencia, conceptualización, a medición do espazo e do tempo
- O entorno como recurso. A integración nas coordenadas espazo-temporais. O entorno na actualidade
- Os valores sociais. A diversidade
|
Unidade 4: Recursos e materiais didácticos sobre o medio social e cultural |
- Recursos e soportes. Recursos da aula e do centro escolar. Recursos externos.
- Elaboración de materiais didácticos: funcións, clasificación, contexto. O deseño de actividades
- As fontes de documentación nas ciencias sociais como recurso.
|
Unidade 5: Temas formativos para o coñecemento do medio social e cultural de Galicia |
- Patrimonio cultural. Concepto e aplicación á educación
- Introdución ao coñecemento do medio social e cultural de Galicia
- Medio e actividade humana
- Temas de xeografía, historia, etnografía, etc. de Galicia para o coñecemento do medio
- Temas monográficos desenvoltos ao longo da historia
|
Unidade 6. O entorno como recurso.
|
- Coñecemento do entorno inmediato.
- O potencial educativo do entorno.
- A elaboración de propostas educativas.
- O traballo e as actividades en relación co patrimonio cultural do entorno.
- A vida cotiá. |
Planificación |
Metodoloxías / probas |
Horas presenciais |
Horas non presenciais / traballo autónomo |
Horas totais |
Sesión maxistral |
21 |
4.2 |
25.2 |
Actividades iniciais |
1.4 |
0 |
1.4 |
Análise de fontes documentais |
2.6 |
7.8 |
10.4 |
Presentación oral |
1.5 |
3 |
4.5 |
Discusión dirixida |
5 |
7.5 |
12.5 |
Saídas de campo |
6 |
30 |
36 |
Recensión bilbiográfica |
3 |
9 |
12 |
Proba mixta |
2 |
44 |
46 |
|
Atención personalizada |
2 |
0 |
2 |
|
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado |
Metodoloxías |
Metodoloxías |
Descrición |
Sesión maxistral |
Atendendo aos contidos especificados, as explicacións teóricas referiranse ós contidos básicos que forman a estrutura de cada tema. A partir dos esquemas iniciais e co apoio de documentación específica, irase desenvolvendo a parte teórica dos contidos conceptuais da materia, segundo os contidos especificados. |
Actividades iniciais |
Antes de iniciar os temas do programa desenvolveranse actividades que permitan coñecer os saberes previos do alumnado respecto ás ciencias sociais, as competencias, intereses e motivacións que posúen para o logro dos obxectivos finais que queremos alcanzar nesta materia. |
Análise de fontes documentais |
Ao longo do curso, os estudiantes terán ocasión de coñecer e manexar moi diversas fontes de información orais, documentais (artigos, capítulos de libros, unidades didácticas extraídas de revistas, libros escolares de texto...), materiais, audiovisuais, páxinas web,etc. Estas fontes utilizaranse tanto como introdución xeral a un tema o como mateiais de obtención de información para a construcción de coñecementos. |
Presentación oral |
Os traballos de pequeno grupo serán obxecto de exposición na aula, xa que as facilitan a adquisición das destrezas explicativas fundamentais para o desenvovemento da profesión de mestres. |
Discusión dirixida |
Metodoloxía fundamental para poñer en común os contidos traballados na aula e fora dela. Guía os traballos previos e concreta as conclusións e as aportacións dos grupos de traballo. |
Saídas de campo |
Realizaranse saídas para o coñecemento do medio en relación cos temas traballados na aula. |
Recensión bilbiográfica |
Realizaranse lecturas críticas, que incluirán, resumos e análises, de capítulos de libros, artigos de revistas ou calquera outro tipo de texto. |
Proba mixta |
Ao longo do curso iranse realizando probas sobre contidos teóricos impartidos nas sesións expositivas e traballados nas interactivas. Estas probas puntuarán ate 10. Realizarase unha proba escrita na primeira oportunidade de avaliación que versará tanto sobre aspectos teóricos tratados na docencia expositiva como nos prácticos das sesións interactivas. Esta proba puntuará ate 50. Teranse en conta aspectos tales como coñecemento dos conceptos fundamentais da materia, corrección e claridade na expresión, capacidade de síntese, capacidade de relación, capacidade de traballo autónomo e en grupo. |
Atención personalizada |
Metodoloxías
|
Presentación oral |
Recensión bilbiográfica |
|
Descrición |
O alumnado recibirá atención personalizada que o oriente na metodoloxía para a realización das recensións bibliográficas e das presentacións orais. |
|
Avaliación |
Metodoloxías
|
Descrición
|
Cualificación
|
Proba mixta |
Consta de dúas partes:
1. Ao longo do curso iranse realizando probas continuas sobre contidos teóricos impartidos nas sesións expositivas e traballados nas interactivas. Estas probas puntuarán ate 10.
2. Realizarase unha proba escrita na primeira oportunidade de avaliación que versará tanto sobre aspectos teóricos tratados na docencia expositiva como nos prácticos das sesións interactivas. Esta proba puntuará ate 50.
|
60 |
Presentación oral |
Presentaranse na aula proxectos, esquemas e resultados do traballo do alumnado sobre dos temas tratados na aula, nas saídas ao medio e en calquera das cuestións tratadas na materia. |
10 |
Saídas de campo |
Puntuará a asistencia, participación activa e traballo anterior e posterior ás saídas ao medio. |
20 |
Recensión bilbiográfica |
Terase en conta a dificultade dos textos escollidos e a corrección na metodoloxía aplicada, así como a corrección na expresión escrita. |
10 |
|
Observacións avaliación |
Na avaliación terase en conta a asistencia a clase nas sesións
expositivas e a asistencia e a participación activa nas sesións de
docencia interactiva. Valoraranse os coñecementos adquiridos, a
comprensión e capacidade de
síntese, a claridade expositiva oral e escrita e a participación e
cumprimento nas tarefas que se encomenden tanto individuais como en
grupo.
-Na primeira oportunidade
de avaliación terán carácter de NON PRESENTADO aqueles/as
alumno/as
que non concorran á "proba mixta", e non realizaran as actividades e
tarefas encomendadas ao longo do curso que se inclúan nas metodoloxías
relacionadas. Por tanto, para ter NON PRESENTADO non poden ter feito
actividade ningunha da materia.
-Terán carácter de SUSPENSO
aqueles/as alumnos/as que non téndose presentado á
"proba mixta" tiveran realizado previamente calquera das outras
actividades e tarefas encomendadas ao longo do curso que se inclúan nas
"metodoloxías". De superaren as avaliacións destas actividades (que
puntúan: 10 "presentación oral"; 20 "saídas ao medio"; 10 "recensión
bibliográfica"), conservaráselles a cualificación ate a segunda
oportunidade de avaliación. -Os/as alumnos/as que concorrendo a unha segunda oportunidade de avaliación
non tiveran realizado as actividades de avaliación propia e as de
avaliación continua, terán
realizar esta proba única na que terán que facer fronte a preguntas
relativas a aquelas, debendo obter nestas preguntas unha cualificación
mínima de
5.0. -Para superar a materia os/as alumnos/as deberán superar cada unha das dúas partes: proba mixta e a suma das tres probas.
|
Fontes de información |
Bibliografía básica
|
Rodríguez Lestegás, F. (1984.). Didáctica das Ciencias Sociais na Educación Infantil.. Vigo: Ed. Ir Indo.
Prats, J. y Santacana, J. (2009). Ciudad, educación y valores patrimoniales. La ciudad educadora, un espacio para aprender a ser ciudadanos.. Íber, 59, pp. 8-21
Cooper, H. (2002). Didáctica de la historia en la educación infantil y primaria. . Madrid: Morata.
Hernández Cardona, F.X. ( 2002). Didáctica de las ciencias sociales, geografía e historia. . Barcelona: Editorial Graó.
Aranda Hernando, A.M. (2003). Didáctica del conocimiento del medio social y cultural en la educación infantil.. Madrid: Ed. Síntesis.
VVAA. (1998). Enciclopedia General de la Educación.. Barcelona: Océano Grupo Editorial
Pluckrose, H. (1993). Enseñanza y aprendizaje de la Historia. . Madrid: MEC – Ediciones Morata.
Benejam, P. e Pagès, J. (coords.) (1997). Enseñar y aprender Ciencias Sociales, Geografía e Historia en la Educación Secundaria.. Barcelona. ICE-Horsori
Egan, K. (1991). La comprensión de la realidad en la educación infantil y primaria. . Madrid: Morata.
Miralles, P., S. Molina y A. Santisteban (eds.) (2011). La evaluación en el proceso de enseñanza y aprendizaje de las ciencias sociales. . Murcia: A.U.P.D.C.S.
Benejam, P. et al. (2002). Las ciencias sociales: concepciones y procedimientos.. Barcelona: Graó.
Escamilla, A. (2009). Las competencias básicas en la programación de aula: infantil y primaria (3-12 años).. Barcelona: Graó.
Trepat, C-A. (1995). Procedimientos en Historia. Un punto de vista didáctico.. Barcelona: Editorial Graó. |
A biliografía básica irase ampliando conforme se vaia tratando a materia. |
Bibliografía complementaria
|
Lisón Tolosana, C. (1971). Antropología cultural de Galicia.. Madrid: Siglo XXI de España Editores
Llano, P. de (1981). Arquitectura popular en Galicia.. Santiago: COAG.
Caamaño Suárez, M. (2003). As construcción da arquitectura popular: Patrimonio Etnográfico de Galicia. A Coruña: Colexio de Aparelladores e Arquitectos Técnicos de Galicia
Bas, B. (1983 (2ª ed. 2002)). As construcións populares: un tema de etnografía en Galicia.. Sada: Ediciós do Castro, Cuadernos do Seminario de Sargadelos 44.
VVAA (1991-2008). Galicia. proxectos Hércules.. A Coruña: Hércules de edicións
Otero Pedrayo, R. (1962). Historia de Galiza.. Buenos Aires: Editorial Nós.
Carballo Arceo, L. X (2000). Os castros galegos. . Vigo: A Nosa Terra. |
A bibliografía complementaria irase aportando conforme se vaian tratando e traballando os temas e actividades. http://www.nova-escola-galega.org http://www.vieiros.com/vieiros-da-escola http://mestreandres.blogia.com/temas/unidades-didacticas.php http://man.mcu.es http://www.aaviladonga.es http://www.museovilalba.org http://www.museodopobo.es
|
Recomendacións |
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
|
Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
Medio histórico e xeográfico de Galicia e a súa didáctica/652G01029 |
|
Materias que continúan o temario |
|
Observacións |
É
fundamental a asistencia e participación activa tanto nas sesións maxistrais
como nas sesións interactivas, así como en todas as actividades desenvoltas no
contexto da materia. |
|