Datos Identificativos 2011/12
Asignatura (*) Practicum I Código 652G01028
Titulación
GRAO EN EDUCACIÓN INFANTIL
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Terceiro Obrigatoria 9
Idioma
Galego
Prerrequisitos Para matricularse no Practicum I é necesario ter superado 90 créditos.
Departamento Filosofía e Métodos de Investigación en Educación
Pedagoxía e Didáctica
Psicoloxía Evolutiva e da Educación
Coordinación
Mendez Garcia, Rosa Maria
Correo electrónico
rosa.mendez@udc.es
Profesorado
Castro Rodríguez, Mª Montserrat
Cotelo Guerra, Dolores
Depalma Ungaro, Renee
Digon Regueiro, Alba Patricia
Espiñeira Bellon, Eva Maria
Mendez Garcia, Rosa Maria
Muñoz Cantero, Jesus Miguel
Porto Rioboo, Ana Maria
Santorum Paz, Maria Rosa
Zapico Barbeito, Mª Helena
Correo electrónico
maria.castror@udc.es
dolores.cotelo@udc.es
r.depalma@udc.es
patricia.digon@udc.es
eva.espineira@udc.es
rosa.mendez@udc.es
jesus.miguel.munoz@udc.es
ana.prioboo@udc.es
rosa.santorump@udc.es
helena.zapico@udc.es
Web
Descrición xeral CRÉDITOS E PRESENCIALIDADE
Dos 9 créditos da materia (225 horas), o 55% son de carácter presencial (135 horas) e o 45% de carácter non-presencial ou de traballo autónomo (90 horas).
Das 135 horas de carácter presencial, 125 horas desenvolveranse nas institucións colaboradoras (25 horas semanais), e as 10 horas restantes dedicaranse a sesións informativas e titorías na Facultade.
Durante o desenvolvemento do Prácticum I suspenderase a docencia no resto das materias correspondentes ao segundo cuadrimestre do terceiro curso da titulación.
CONTEXTUALIZACIÓN
No curso 2009/10 iniciabamos o proceso de implantación duns novos plans de estudo acordes cos requirimentos do Espazo Europeo de Educación Superior, posto en marcha no ano 1999 coa Declaración de Bolonia. Esta declaración salientaba a importancia de reforzar o trinomio investigación-innovación-educación, para o que se propoñía como un fin básico mellorar a formación nos contextos das diferentes prácticas profesionais que a nosa lexislación recolle do seguinte xeito:
“Os títulos de grao teñen como finalidade a obtención por parte do alumnado dunha formación xeral, nunha ou varias disciplinas, orientada á preparación para o exercicio de actividades de carácter profesional” (art. 9.1), de tal maneira que considera a posibilidade de establecer prácticas externas que virían “reforzar o compromiso coa empregabilidade dos futuros graduados e graduadas, enriquecer a formación… [e] proporcionar un coñecemento máis profundo acerca das competencias que necesitará” (preámbulo do RD 1393/2007, de 29 de outubro, de ordenación das ensinanzas universitarias oficiais).
O propósito central da materia denominada Prácticum non será só poñer en relación a formación adquirida cos diferentes contextos profesionais propios da educación do século XXI, para facilitar que o estudantado tome conciencia dos aspectos básicos das prácticas profesionais. Tamén se lle asignará un papel chave na formulación de problemas e cuestións importantes necesarias á hora da investigación, co obxecto de situar a práctica profesional no centro da formación e como elemento para ter en conta na organización do currículo. Trátase de que a reflexión sobre a práctica converta esa experiencia en fonte de aprendizaxe, incremente a capacidade de aprender con autonomía e potencie a aprendizaxe reflexiva para avanzar na construción do propio coñecemento, tomar decisións, innovar, buscar recursos e traballar en rede, competencias básicas para as novas titulacións de grao que responden ás esixencias da educación do século XXI.

Competencias do título
Código Competencias da titulación

Resultados de aprendizaxe
Competencias de materia (Resultados de aprendizaxe) Competencias da titulación
Promover e facilitar a aprendizaxe na primeira infancia, desde unha perspectiva global e integradora das súas diferentes dimensións )cognitiva, emocional, psicomotora e volitiva) A5
A6
A13
A22
A30
A63
B2
B4
B5
B7
B8
B12
B23
C4
C7
C8
Deseñar e regular espazos de aprendizaxe en contextos de diversidade que atendan ás singularidades educativas das crianzas, a igualdade de xénero, a equidade e o respecto dos dereitos humanos e do medio. A59
A62
A65
B12
B24
B25
C3
C4
Coñecer a organización dos centros en que se imparte educación infantil e a diversidade de accións que comprende o seu funcionamento. A29
A30
A64
A66
B5
B6
C4
C8
Asumir o exercicio da función docente e ir perfeccionándose e adaptándose aos cambios científicos, pedagóxicos e sociais ao longo da vida. A37
A63
B1
B3
B4
B14
C6
C8
Reflexionar sobre a práctica da aula para innovar e mellorar o labor docente. A12
A13
A23
B11
B18
C4
C7
C8
Adquirir hábitos e destrezas para a aprendizaxe autónoma e cooperativa, e valorar a importancia de promover este tipo de hábitos e destrezas desde a primeira infancia. A5
B4
B9
C7
C8
Comprender a función, as posibilidades e os límites da educación na sociedade actual e as competencias fundamentais que afectan aos centros en que se imparte educación infantil e aos seus profesionais. A12
A13
A31
A63
A64
B6
B22
C4
C5
C8

Contidos
Temas Subtemas
AA organización das institucións educativas e a súa incidencia no funcionamento das aulas de educación infantil - Os órganos de goberno do centro e os órganos de coordinación das actividades que nel se desenvolven
- O réxime de funcionamento do centro: proxectos, programas, plans, horarios etc.
- A cultura do centro escolar
A concreción do currículo da educación infantil de acordo coas características dos contextos e das culturas dos destinatarios - Os niveis de concreción, o seu grao de coherencia e contextualización: Decreto de currículo, programación de ciclo e programación de aula
- O currículo como proxecto formativo, integrado e emancipador: as unidades didácticas, os centros de interese, os proxectos de aprendizaxe etc.
A xestión da aula na educación infantil como marco de referencia para un desenvolvemento integral que se constitúa como base da aprendizaxe ao longo da vida - Principios de procedemento didácticos para a organización da vida na aula
- Culturas escolares e procesos de comunicación emerxentes nas aulas
- Usos críticos dos recursos e materiais curriculares na educación infantil
- A titoría (individual/grupal) como elemento dinamizador e de conexión entre os centros e as familias
- A avaliación de aprendizaxes como avaliación educativa e auténtica
A reflexión sobre a práctica como ferramenta para a innovación e a mellora - O interese pola avaliación do currículo deseñado e desenvolvido
- Técnicas e estratexias de recollida de información para a reflexión sobre a práctica tomando como referencia os discursos dos mestres e dos alumnos
- A elaboración de informes científicos portadores de liñas de mellora contextualizadas

Planificación
Metodoloxías / probas Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Saídas de campo 125 0 125
Traballos tutelados 10 0 10
Portafolios do alumno 0 70 70
Análise de fontes documentais 0 10 10
Seminario 10 0 10
 
Atención personalizada 0 0
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Saídas de campo Constitúen as prácticas pedagóxicas: 125 horas de permanencia na institución educativa durante as cales se realizarán tarefas de observación, análise de casos, colaboración en accións educativas cos profesionais da propia institución etc.
Traballos tutelados A elaboración do portafolios para recoller a experiencia do Prácticum I será titorizada mediante sesións de traballo grupal ou individual que terán lugar na Facultade. Durante estas sesións daranse as indicacións oportunas sobre o contido e a estrutura do traballo, as fontes documentais imprescindibles ou a relevancia e pertinencia da análise da experiencia. Este traballo tutelado poderá contar tamén con exposicións ante os compañeiros e posta en común co obxecto de compartir experiencias que enriquezan a aprendizaxe colectiva.
Portafolios do alumno Ver documento en Anexos
Análise de fontes documentais Empregaranse documentos bibliográficos relevantes sobre os diferentes contidos a que o Prácticum I dá prioridade, como base para a análise e a reflexión sobre a diversidade de experiencias con que se entre en contacto nas institución educativas. É imprescindible entender a relación teoría-práctica e atender aos múltiplos factores que inciden no desenvolvemento da intervención educativa, co obxecto de favorecer a construción dunha visión crítica das distintas formas de interpretar a realidade educativa.
Seminario 1. 1 Sesión informativa inicial (2 horas). Información xeral para comentar e precisar a Guía docente, así como as pautas de carácter xeral, e orientar o alumnado acerca da súa decisión á hora de elixir institución colaboradora. Tamén se explicarán as funcións das diferentes persoas que van a titorizar o Prácticum.
2. Selección de centro (2 horas).
3. Tres seminarios de titoría durante o Prácticum co profesorado titor (6 horas).
- Antes de incorporarse ao centro de prácticas o profesorado de Prácticum, na data que se establecer, orientará o alumnado que titoriza cando menos sobre as seguintes cuestións: documentos que debe incluír no portafolios, lecturas imprescindibles e datas de entrega dos traballos solicitados, cronograma dos seminarios e calquera outra suxestión que estimar oportuna.
- Durante a realización do Prácticum terá lugar a posta en común dos portafolios do alumnado asignado a un/ha mesmo/a titor/a co fin de revisar a planificación proposta, formular e resolver as posibles necesidades e/ou conflitos percibidos. Trátase de seleccionar e analizar conxuntamente situacións ou procesos representativos do decorrer da práctica profesional. Tamén se comentarán os textos ou documentos seleccionados para este fin.
- De avaliación, para responder as dúbidas do alumnado que se titoriza no tocante aos documentos solicitados.

Atención personalizada
Metodoloxías
Seminario
Saídas de campo
Portafolios do alumno
Traballos tutelados
Descrición
Alén dos seminarios de seguimento do Prácticum, o profesorado titor da Facultade estará dispoñible no horario de titorías.
O profesorado da UDC realizará cando menos tres contactos cos centros de desenvolvemento do Prácticum:
1.ª) Antes da incorporación do alumnado ao centro para comprobar a recepción da documentación, confirmar a incorporación do alumnado e ultimar os trámites e acordos que foren necesarios.

2.ª) Durante o desenvolvemento do Prácticum para compartir información sobre o grao de integración do alumnado.
3.ª) Ao finalizar o período do Prácticum para avaliar a experiencia.
Na medida do posible un dos contactos co centro terá forma de visita.

Avaliación
Metodoloxías Descrición Cualificación
Seminario O/a titor/a da Facultade avaliará a participación do alumnado nos seminarios cos seguintes criterios:
- Asistencia a todas as sesións presenciais
- Calidade das achegas á hora de expresar dúbidas razoables, expoñer ideas enriquecedoras e compartir experiencias de interese etc.
20
Saídas de campo O/a titor/a da institución colaboradora realizará a avaliación da implicación e actuación do alumnado no centro/aula. 40
Portafolios do alumno O/a titor/a da Facultade realizará a avaliación do contido do portafolios cos seguintes criterios:
- Capacidade de relación teoría-práctica
- Dominio conceptual e capacidade analítica
- Capacidade para relacionar ideas e accións
- Capacidade de argumentar e fundamentar
- Expresión escrita propia e claridade expositiva
- Capacidade de descrición de escenarios, situacións e accións
- Capacidade de autoavaliación e autocrítica
Orixinalidade da proposta
40
 
Observacións avaliación

Para aprobar a materia será necesario superar cada un dos elementos da avaliación (seminarios, portafolios e práctica pedagóxica).


O alumnado que suspenda as prácticas pedagóxicas e/ou os seminarios, non superará a materia nese curso académico.


Para a segunda oportunidade de avaliación (xullo), consideraranse válidas as cualificacións das actividades que fosen superadas na primeira oportunidade.


A cualificación final será a media das puntuacións obtidas en cada unha das epígrafes. No caso de non superar a materia, a cualificación será o resultado da media das actividades suspensas.


Fontes de información
Bibliografía básica

Ainscow, M. (2001): Desarrollo de escuelas inclusivas. Madrid, Narcea.

Antúnez, S., del Carmen, L. M., Imbernón, F., Parcerisa, A. e Zabala, A. (2005): Del proyecto educativo a la programación de aula. Barcelona, Graó.

Apple, M.W. (1996): Política cultural y educación. Madrid, Morata.

Apple, M.W. e Beane, J.A. (Comps.). (1997): Escuelas democráticas. Madrid: Morata.

Bernstein, B. (1989): Clase y pedagogías visibles e invisibles. En J. Gimeno Sacristán e Á. Pérez Gómez (Comps.), La enseñanza: su teoría y su práctica. Madrid, Akal Universitaria, pp. 54-72.

Bolívar, A. (2000): Los centros educativos como organizaciones que aprenden. Promesas y realidades. Madrid, La Muralla.

Bruner, J. (1987): La importancia de la educación. Barcelona, Paidós.

Carr, W. (1991): Entrevista. Investigación en la escuela, nº 14, pp. 99-106.

Coll, C. e outros/as (1993): El constructivismo en el aula. Barcelona, Graó.

Del Carmen, L. e outros/as (2004): La planificación didáctica. Barcelona, Graó.

Edwards, D. e Mercer, N. (1988): El conocimiento compartido: el desarrollo de la compresión en el aula. Barcelona/Madrid, Paidós/MEC.

Fernández Pérez, M. (1994): Las tareas de la profesión de enseñar. Madrid, SXXI.

Fernández Enguita, M. (1999): La profesión docente y la comunidad escolar: crónica de un desencuentro (3ª ed.). Madrid/Coruña, Morata/Fundación Paideia.

Fernández Enguita, M. (2001): Educar en tiempos inciertos. Madrid, Morata.

Freire, P. (1985): Pedagogía del oprimido. Madrid, Siglo XXI.

Freire, P. (1985): La naturaleza política de la educación. Barcelona/Madrid: Paidós/MEC.

Gimeno Sacristán, J. (1997): El curriculum: una reflexión sobre la práctica. Madrid, Morata (7ª ed.).

Gimeno Sacristán, J. e Pérez Gómez, Á.I. (Comps.) (1997): Comprender y transformar la enseñanza (6ª ed.). Madrid, Morata.

Hargreaves, A. (1996): Profesorado, cultura y postmodernidad (cambian los tiempos, cambia el profesorado). Madrid, Morata.

Hargreaves, A. (2003): Enseñar en la sociedad del conocimiento. Barcelona, Octaedro.

Hernández, S. y Ventura, M. (1992): La organización del currículo por proyectos de trabajo. Barcelona, Graó.

Jackson, P.W. (1996): La vida en las aulas. Madrid/A Coruña, Morata/Fundación Paideia.

Kemmis, S. e McTaggart, R. (1992): Cómo planificar la investigación-acción (2ª ed.). Barcelona, Laertes.

Parra Ortiz, J.M. (2010): Manual de Didáctica de la Educación Infantil. Madrid. Gadeta Editorial.

Perrenoud, P. (1996): La construcción del éxito y el fracaso escolar. Madrid, Morata / Fundación Paideia (2ª ed. ampliada).

Rodicio García, M.L. e Iglesias-Cortizas, M.J. (2011). El acoso escolar. Diagnóstico y prevención. Madrid: Biblioteca Nueva.

Sánchez Blanco, C. (1994): La cooperación en Educación Infantil. A Coruña, Universidade da Coruña.

Sánchez Blanco, C. (1994): El desarrollo de actitudes en Educación Infantil. Zaragoza, Edelvives.

Sánchez Blanco, C. (2001): De la educación infantil y su crítica: Reforma, investigación e innovación y formación del profesorado. Vol2. Sevilla: M.C.E.R.

Sánchez Blanco, C. (2000): Dilemas de la educaicón infantil. Vol.I. Sevilla M.C.E.P.

Sánchez Blanco, C. (2006): Violencia física y construcción de identidades: propuestas de reflexión crítica para las escuelas infantiles. Barcelona. Graó.

Sánchez Blanco, C. (2009): Peleas y daños físicos en la educación infantil. Buenos Aires: Miño y Dávila.

 

Santos Guerra, M.Á. (1990): Hacer visible lo cotidiano: teoría y práctica de la evaluacion cualitativa de los centros escolares. Madrid, Akal.

Schön, D. A. (1992). La formación de profesionales reflexivos: hacia un nuevo diseño de la enseñanza y el aprendizaje en las profesiones. Madrid / Barcelona, Centro de Publicaciones del Ministerio de Educación y Ciencia (MEC) / Paidós.

Stainback, S. e Stainback, W. (2001). Aulas inclusivas: un nuevo modo de enfocar y vivir el currículo. Madrid, Narcea.

Steinberg, S.R. e Kincheloe, J. L. (Comps.) (2000): Cultura infantil y multinacionales. Madrid, Morata.

Stenhouse, L. (2003): Investigación y desarrollo del curriculum (5ª ed.). Madrid, Morata.

Torres Santomé, J. (2001): Educación en tiempos de neoliberalismo. Madrid, Morata.

Torres Santomé, J. (2005): El curriculum oculto (8ª ed.). Madrid, Morata.

Torres Santomé, J. (2006): La desmotivación del profesorado. Madrid, Morata.

Torres Santomé, J. (2006): Globalización e interdisciplinariedad: el curriculum integrado (5ª Ed.). Madrid, Morata.

Trillo Alonso, F. Y Sanjurjo, L (2008): Didáctica para profesores de a pie. Propuestas para comprender y mejorar la práctica. Rosario, Homo Sapiens.

Bibliografía complementaria

CANTÓN MAYO, I. (Coord.) (2009): Narraciones de la Escuela. Barcelona. Editorial Davinci.

CANTÓN MAYO, I. (Coord.) (2010); Narraciones de maestros. Barcelona. Editorial Davinci.

DIEZ NAVARRO, C. (2003): El piso de abajo de la escuela. Barcelona. Graó.

McCOURT, F. (2005): El profesor. Madrid, Maeva.

PENNAC C. (2008): Mal de escuela. Barcelona. Mondadori.

TONUCCI, Francesco (1994): Con ojos de niño. Barcelona, Barcanova (6ª ed.).

TONUCCI, Francesco (1988): Niño se nace. Barcelona, Barcanova (2ª ed.).

TONUCCI, Francesco (1989): Cómo ser niño. Barcelona, Barcanova.

TONUCCI, Francesco (1993): La soledad de los niños. Barcelona, Barcanova.

TONUCCI, Francesco (2003): Cuando los niños dicen ¡Basta!. Madrid, Fundación Germán Sánchez Ruipérez.


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías