Datos Identificativos 2011/12
Asignatura (*) Medio histórico e xeográfico de Galicia e a súa didáctica Código 652G01029
Titulación
GRAO EN EDUCACIÓN INFANTIL
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Terceiro Optativa 4.5
Idioma
Galego
Prerrequisitos
Departamento Didácticas Específicas
Coordinación
Bas López, María Begoña
Correo electrónico
begona.bas@udc.es
Profesorado
Bas López, María Begoña
Correo electrónico
begona.bas@udc.es
Web
Descrición xeral A materia fundaméntase nos coñecementos obtidos en Medio Social e Cultural e a súa Didáctica, ampliándoos e, ao tempo, concretándoos no medio xeográfico e histórico de Galicia. Trátase da aprendizaxe de contidos da Xeografía e Historia de Galicia cunha orientación cara á aplicación práctica na educación infantil. Trabállase sobre temas e aspectos concretos da realidade xeográfica e histórica galega axeitados a esta etapa a fin de coñecer, deseñar, experimentar, e aplicar a metodoloxía didáctica que se precisa para o ensino do medio en Infantil.

Competencias do título
Código Competencias da titulación

Resultados de aprendizaxe
Competencias de materia (Resultados de aprendizaxe) Competencias da titulación
Coñecer e comprender a realidade xeográfica, histórica, social e cultural de Galicia como un espazo dinámico resultado da interacción coas sociedades humanas . A62
B20
B24
Coñecer e comprender a importancia que teñen as actividades humanas nas transformacións da paisaxe. A40
B6
B13
C8
Coñecer e comprender as principais etapas da evolución histórica de Galicia e poñelas en relación cos vestixios do pasado que ainda están presentes no medio galego. A36
A37
B20
Coñecer e analizar os contidos referidos ao coñecemento do entorno do curriculum de educación infantil. A1
A14
A33
Recoñecer no entorno xeográfico, histórico e cultural galego aqueles recursos metodolóxicos e didácticos mais axeitados para traballar a área do entorno social e cultural galego. A28
A30
A45
B11
B12
B22
C4
Fomentar actitudes de valoración, respeto e conservación do patrimonio natural, cultural e histórico de Galicia A13
A40
B6
C6
Diseñar traballos de indagación sobre o entorno galego axeitados ó ensino infantil. A21
A28
A39
B1
B5
B17
C3

Contidos
Temas Subtemas
Unidade 1: Introdución ao Medio Xeográfico e Histórico de Galicia.
- Do contorno inmediato ao universal.
- Unidade e diversidade de Galicia.
- A paisaxe e a súa conformación. Paisaxes galegas.

Unidade 2.- O medio natural. Os recursos - Características do relevo; rede hidrográfica; a configuración da costa.
- Factores climáticos.
- Aproveitamento de recursos naturais: exemplos na vida cotiá e exemplos no patrimonio cultural.
Unidade 3: A poboación. Actividade económica. Sociedade e cultura en Galicia.

- Introdución á demografía.
- Observacións en diferentes momentos históricos.
- As familias: características e evolución dende os primeiros poboadores ate a actualidade.
- As formas de vida tradicionais. As mudanzas da actualidade.
- Da economía tradicional de autoconsumo á sociedade e economía actuais.
- Manifestacións culturais.
Unidade 4. Paisaxes naturais, históricas e culturais. -Iniciación á recolleita de información sobre a paisaxe a partir de imaxes, restos e reconstrucións arqueolóxicas, obras de arte e textos escritos.
- As fontes de información e documentación no entorno.
- Observacións de paisaxes naturais, históricas e culturais.
- Elaboración de propostas didácticas.
Unidade 5: Introdución á Historia de Galicia.
- Liñas xerais para o coñecemento dos períodos, cronoloxía e características.
- Fontes para o coñecemento ao longo da historia.
- Potencial didáctico da historia e das fontes documentais e de información.
Unidade 6. Evolución histórica dende os primeiros poboadores.
- A Prehistoria e a Historia na educación Infantil: temas, aspectos, acontecementos significativos.
- A vida cotiá dende os primeiros poboadores.
- Acontecementos e feitos significativos ao longo da historia.
Unidade 7. Galicia contemporánea. - A vida cotiá das xeracións inmediatas anteriores.
- Temas, aspectos e acontecementos significativos: a emigración, da II República á democracia.
- A vida no século XXI.
Unidade 8.- Temas monográficos no discurso da historia e recursos para a didáctica. - Nesta unidade trataranse cuestións concretas que ao longo do curso vaian xurdindo, motivados polo interese que esperten os temas traballados, con especial atención ás propostas didácticas.

Planificación
Metodoloxías / probas Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral 16 1.6 17.6
Actividades iniciais 3 0 3
Análise de fontes documentais 3 4.5 7.5
Discusión dirixida 6 9 15
Saídas de campo 6 7.8 13.8
Traballos tutelados 6 15 21
Proba mixta 2 30 32
 
Atención personalizada 2 0 2
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral As explicacións teóricas referiranse ós contidos básicos que forman a estrutura de cada tema. A partir dos esquemas iniciais e co apoio de documentación específica, iranse desenvolvendo a parte teórica dos contidos conceptuais da materia mediante metodoloxía explicativa.
Actividades iniciais Cada bloque temático iniciarase con debates de ideas previas que poñen en relación o seu contido cos contidos traballados na asignatura Medio social e cultural e a sua didáctica.
Análise de fontes documentais Ao longo de desenvolvemento da materia os estudiantes terán a ocasión de coñecer e manexar diversas fontes para obter a información precisa para coñecer o medio xeográfico e histórico de Galicia. Mapas, monografías científicas, documentación privada e pública, información oral, manexo de fontes materiais, arquivos, páxinas web, son exemplos relevantes.
Discusión dirixida Esta metodoloxía é fundamental para poñer en común os contidos recollidos nas fontes. Guía o traballo previo e concreta as conclusións e as aportacións dos grupos de traballo.
Saídas de campo Estas actividades permiten desenvolver as capacidades relacionadas coa observación directa e sistemática cara a recollida de información do medio xeográfico e histórico galego. Preséntase como a metodoloxía que máis incidencia ten nesta asignatura xa que por unha banda permite desenvolver as indagacións no medio e por outra resulta un dos mellores recursos para traballar o medio de Galicia no ensino infantil.
Traballos tutelados Realización dun traballo sobre o tema ou temas propostos pola profesora, que versarán sobre dalgún dos aspectos incluídos no programa da materia.
Os temas, características e metodoloxía serán concretados nas primeiras sesións.
Serán presentados na aula.

Proba mixta Divídese en:
1. Ao longo do curso iranse realizando probas sobre contidos teóricos impartidos nas sesións expositivas e traballados nas interactivas. Estas probas puntuarán ate 20.
2. Realizarase unha proba escrita na primeira oportunidade de avaliación que versará tanto sobre aspectos teóricos tratados na docencia expositiva como nos prácticos das sesións interactivas. Esta proba puntuará ate 50. Teranse en conta aspectos tales como coñecemento dos conceptos fundamentais da materia, corrección e claridade na expresión, capacidade de síntese, capacidade de relación, capacidade de traballo autónomo e en grupo.

Atención personalizada
Metodoloxías
Traballos tutelados
Descrición
Os traballos tutelados terán un seguimento individual para garantir o cumprimento dos obxectivos e prazos así como para resolver dúbidas.

Avaliación
Metodoloxías Descrición Cualificación
Saídas de campo Puntuará a asistencia e participación activa, así como nas tarefas previas e posteriores ás mesmas. 10
Proba mixta Consta de dúas partes:
1. Ao longo do curso iranse realizando probas continuas sobre contidos teóricos impartidos nas sesións expositivas e traballados nas interactivas. Estas probas puntuarán ate 20.
2. Realizarase unha proba escrita na primeira oportunidade de avaliación (xuño) que versará tanto sobre aspectos teóricos tratados na docencia expositiva como nos prácticos das sesións interactivas. Esta proba puntuará ate 50.
70
Traballos tutelados Na avaliación terase en conta a metodoloxía utilizada, o coñecemento dos conceptos e procedementos axeitados para a súa realización e aplicación na E. Infantil, a corrección e claridade expositiva, as fontes de información e documentación e, en suma, a adecuación ás directrices que se indiquen. 20
 
Observacións avaliación

Na avaliación terase en conta a asistencia a clase nas sesións
expositivas e a asistencia e a participación activa nas sesións de
docencia interactiva. Valoraranse os coñecementos adquiridos, a
comprensión e capacidade de
síntese, a claridade expositiva oral e escrita e a participación e
cumprimento nas tarefas que se encomenden tanto individuais como en
grupo.


-Na primeira oportunidade
de avaliación
terán carácter de NON PRESENTADO aqueles/as
alumno/as
que non concorran á "proba mixta", e non realizaran as actividades e
tarefas encomendadas ao longo do curso que se inclúan nas metodoloxías
relacionadas. Por tanto, para ter NON PRESENTADO non poden ter feito
actividade ningunha da materia.

-Terán carácter de SUSPENSO
aqueles/as alumnos/as que non téndose presentado á
"proba mixta" tiveran realizado previamente calquera das outras
actividades e tarefas encomendadas ao longo do curso que se inclúan nas
"metodoloxías". De superaren as avaliacións destas actividades (que
puntúan: 10 "saídas ao medio"; 20 "traballos tutelados"), conservaráselles a cualificación ate a segunda
oportunidade de avaliación.

-Os/as alumnos/as que concorrendo a unha segunda oportunidade de avaliación
non tiveran realizado as actividades de avaliación propia e as de
avaliación continua, terán
realizar esta proba única na que terán que facer fronte a preguntas
relativas a aquelas, debendo obter nestas preguntas unha cualificación
mínima de
5.0.

-Para superar a materia os/as alumnos/as deberán superar cada unha das dúas partes: proba mixta e a suma das dúas probas.


Fontes de información
Bibliografía básica

Aldrey Vázquez, J.A., Lois González, R.C. (2010). Breve Xeografía de Galicia. Vigo: A Nosa Terra

Andrade Cernadas, J.M. (1995). Didáctica de la Hª de Galicia. Tosoxuotos

Barreiro Fernández, X.R.; (1981). Historia de Galicia, IV Edade Contemporánea. Vigo: Galaxia.

Carballo Arceo, L.X. (2005). Guía de los castros de Galicia. Vigo: NigraTrea

Castro, X. (2007). Historia da vida cotiá en Galicia. Vigo: NigraTrea

Cooper, H. (2002). Didáctica de la historia en la enseñanza infantil y primaria. Madrid: MEC-Morata

Marrón Gaite, M.J., Salom Carrasco, J., Souto González X.M. (eds.) (2007). Las competencias geográficas para la educación ciudadana. Valencia: Universidad

Otero Pedrayo, R. (1962). Historia de Galiza. Benos Aires: Nós

Pazo Labrador, A. X. (2007). Nocións básicas de xeografía xeral física para mestres: as consecuencias xeográficas dos procesos naturais.. Vigo: Universidade

Pegerto Saavedra (1994). Vida cotidiana en la Galicia del Antiguo Régimen. Crítica, Barcelona

Pérez Alberti, A (dir.) (1993). Xeografía de Galicia (varios tomos). Gran Enciclopedia Galega.

Pérez Alberti, A. (1992). Xeografía. Anaya

Pérez Alberti, A., (2008). Espacios naturales de Galicia. Lundwerg

Potel Torres, M., coord. (1999). Proxectos curriculares e unidades didácticas de Ciencias Sociais, xeografía e historia. Noia. Toxosoutos

Saavedra Vázquez, M.C. (1995). Historia de Galicia. Galicia na Idade Moderna IV. A Coruña, Vía Láctea

VVAA (2007). A Gran Historia de Galicia. Arrecife-La Voz de Galicia

VVAA (1975). Gran enciclopedia gallega. Silverio Cañada

VVAA (1999). Atlas histórico de Galicia. Vigo. Nigratea

VVAA (2007). Las Gentes. Gran Biblioteca temática de Galicia. A Coruña. La Voz de Galicia

VVAA. 1991-2008. Galicia. Proxecto Hércules Editorial. Dirixido por Francisco Rodríguez Iglesias. A Coruña: Hércules de edicións.

Villares, R. (2004). Historia de Galicia. Alianza. Vigo: Galaxia

Bibliografía complementaria


Acuña, X.E. (2008). A resistencia antifranquista en Galicia. Vigo: A Nosa Terra

Andrade Cernadas, J.M (1995). Monxes e mosteiros na Galicia medieval. Santiago de Compostela

Antonio Rubio, Mª G. de (2006). Los judíos en Galicia (1044-1492). A Coruña: Fundación Pedro Barrié de la Maza.

Armas Castro, X. coord. (2002). Ensinar historia de Galicia. Santiago. ICE UDC

Barciela Garrido, P., Rey Seara, E. (2000). Xacementos arqueolóxicos de Galicia. Xerais. Roteiros

Barreiro Fernández X.R., (1993). A Galicia do Antigo Réxime. O ensino, a Ilustración e a Política. A Coruña

Barreiro, J. L (1997). Función política de los caminos de peregrinación en la Europa Medieval. Tecnos

Beiras, X.M. (1999). A poboación de Galicia no século XX. Laiovento

Blanco, O. (2006). A voz do emigrante. Sotelo Blanco

Calo Lourido, F. (2010). Os Celtas. Unha (re)visión dende Galicia. Vigo: Xerais

Carballo, X. (2007). Arqueoloxia de Galicia. Itinerarios polo pasado. Nigra Trea

Costa, A. (2005). Historia da educación e da cultura en Galicia. Vigo. Xerais

De Juana, J. coord. (2005). Historia contemporánea de Galicia. Ariel

Framiñán, A. Mª (2005). Galicia na Idade Media. Lóstrego

Freire Camaniel (1998). El monacato gallego en la Alta Edad Media. Fundación Barrié.

García Alén, L. (2008 (1º ed. 1983)). La alfarería de Galicia. A Coruña: Fundación Barrié

Leiro Lois, A., Daporta Padín, M., 2000. O pan. Enciclopedia temática ilustrada. Vigo: A Nosa Terra

López Carreira, A. (2005). O reino medieval de Galicia. Contribución a súa historia política. Vigo: A Nosa Terra

López Taboada, X.A (1996). La población de Galicia, 1860-1991. A Coruña

Mariño Ferro, X.R., 2000. Antropoloxía de Galicia. Vigo: Xerais.

Méndez Fernández, L. 2000. Por que se chama así este sitio?. Santiago: Lea

Moreno Jiménez, A., Marrón Gaite, M.J. 1955. Enseñar Geografía, Madrid: Síntesis

Nuñez Seijas, X.M (1998). Emigrantes, caciques e indianos: 1930 - 1936. Vigo: Xerais

Pérez, F.J. (2008). Mosteiros de Galicia na Idade Media, séculos XII - XV. Deputación de Ourense- Fundación Caixa Galicia

Sotelo Blanco, O. (2006). A voz do emigrante. Sotelo Blanco

Rey Castelao, O (1999)). A Galicia clásica e barroca. Vigo: Galaxia

Rodríguez Troncoso, M. (2005). Historia de unha aldea galega. Coas mans encol do lume. Vigo: Ir Indo

Rodríguez González, R (2000). De aldeas a cidades: urbanismo e xeografía das vilas galegas. Vigo: Ir Indo

Sánchez García, J.A. , Vázquez Iglesias, J.L. (2004). Los faros de Galicia. A Coruña: Fundación Caixa Galicia

Sánchez J. A. y Ponce, L. (1999). Galicia, guía do patrimonio arquitectónico. A Coruña: Vía Láctea

Torres Luna, Mª P. (dir.) (2000). Geografía de Galicia. Faro de Vigo

Valcárcel, M. (2008). Historia de Ourense. Vigo: Xerais

Varela, Paz (1999). Castillos y fortalezas de Galicia. Nigratrea
Villares, R., Lobato, X. (2006). O corazón das cidades. Cascos historicos de Galicia. Lunwerg

Outras referencias:

Acuña, X.E., 2008. A resistencia antrifranquista en Galicia. Vigo: A Nosa Terra

Bermejo Barrera, J.C. (coord.) (1989). Parentesco, familia y matrimonio en la historia de Galicia. Santiago de Compostela

Calo Lourido, F., 2010. Os celtas unha (re)visión dende Galicia. Vigo: Xerais

Chamorro, E., Lobato, X. (2004). La Galicia de los Monasterios. A Coruña: Biblioteca gallega / La Voz

Espinós, J., 2008. Así vivían los romanos. Anaya

Peña Santos, A. de la, 1999. Os petroglifos galegos. Vigo: A Nosa Terra

Piñeiro, E., Gómez, A. (2005). Homes de ferro en barcos de madeira. A Coruña: Porto de A Coruña

Sa Bravo, Hipólito (1992). Monasterios de Galicia. Everest

Sánchez García, J.A., Vázquez Iglesias, J.L., 2004. Los faros de Galicia. Fundación Caixa Galicia

Torres Santomé, J. et al., 2002. Ensinar historia de Galicia. Aspectos historiográficos e didácticos. Santiago: Universidade.

VVAA. Guía didáctica del Museo del Pavillón de Galicia. Mapa topografico en relevo de Galicia. Escala 1/50.000. Equipo Rio Barxa: Magdalena Vidal.José  Torres y Mayer.  Museo:"Galicia, presencias y esencias de una Cultura"

Villares, R., Armas, J., et al. (1990). Hª de Galicia. Textos y materiales para su historia. Crítica

Villares, R., Lobato, X., 2006. O corazón das cidades. Cascos históricos de Galicia. Lundwerg.

Páxinas web:

http://clio.rediris.es
www.edu.xunta.es
http://pntic.mec.es/recursos/primaria/conocimiento
www.educahistoria.com
www.didactica-ciencias-sociales.org
www.edualter.org
www.e-ducativa.com/index.shtml
www.proyectopdb.org
www.edu.aytolacoruna.es
www.aulagalega.fiestras.com
www.edugalicia.org
www.escolas.org
www.galego21.org/1dc/
www.as-pg.com
www.iaga.com
www.revistamurguia.com
www.prensaescuela.es
www.aaviladonga.es
www.atapuerca.com


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente
Medio social e cultural e a súa didáctica/652G01025

Materias que continúan o temario

Observacións

É fundamental a asistencia e participación activa tanto nas sesións maxistrais como nas sesións interactivas, así como en todas as actividades desenvoltas no contexto da materia.



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías