Datos Identificativos 2011/12
Asignatura (*) Bases didácticas da educación especial inclusiva Código 652G01034
Titulación
GRAO EN EDUCACIÓN INFANTIL
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Terceiro Optativa 4.5
Idioma
Galego
Prerrequisitos
Departamento Pedagoxía e Didáctica
Coordinación
Castro Rodríguez, Mª Montserrat
Correo electrónico
maria.castror@udc.es
Profesorado
Castro Rodríguez, Mª Montserrat
Correo electrónico
maria.castror@udc.es
Web
Descrición xeral A atención á diversidade é un dos elementos claves a desenvolver no sistema educativo. Resulta de especial importancia que o profesorado de Infantil teña sexa consciente da necesidade de adoptar modelos de traballo que favorezan o desenvolvemento persoal de todo o alumnado, independentemente das necesidades e características que teña cada alumno e alumna. Por este motivo, é imprescindible que o futuro docente teña coñecemento de modelos de traballo de planificación e desenvolvemento da acción docente para responder ás necesidades de todo o alumnado, entre eles e elas, o que é destinatario da Educación Especial; daranse a coñecer experiencias educativas; procurarase a formación na elección, adaptación e elaboración de materiais e recursos educativos nunha aula na que hai alumnado con diferentes ritmos, intereses, necesidades, etc.

Competencias do título
Código Competencias da titulación

Resultados de aprendizaxe
Competencias de materia (Resultados de aprendizaxe) Competencias da titulación
A6 Coñecer a dimensión pedagóxica da interacción cos iguais e os adultos e saber promover a participación en actividades colectivas, o traballo cooperativo e o esforzo individual. A6
A7 Identificar dificultades de aprendizaxe, disfuncións cognitivas e as relacionadas coa atención. A7
A8 Saber informar a outros profesionais especialistas para abordar a colaboración do centro e do mestre na atención ás necesidades educativas especiais que se propoñan. A8
A9 Adquirir recursos para favorecer a integración educativa de estudantes con dificultades. A9
A10 Crear e manter lazos de comunicación coas familias para incidir eficazmente no proceso educativo. A10
A13 Analizar e incorporar de forma crítica as cuestións máis relevantes da sociedade actual que afectan á educación familiar e escolar: impacto social e educativo das linguaxes audiovisuais e das pantallas; cambios nas relacións de xénero e interxeracionais; multiculturalidade e interculturalista; discriminación e inclusión social e desenvolvemento sustentable. A13
A17 Colaborar cos profesionais especializados para solucionar ditos trastornos. A17
A21 Saber traballar en equipo con outros profesionais de dentro e fóra do centro na atención a cada estudante, así como na planificación das secuencias de aprendizaxe e na organización das situacións de traballo na aula e no espazo de xogo, identificando as peculiaridades do período 0-3 e do período 3-6. A21
A32 Valorar a relación persoal con cada estudante e a súa familia como factor de calidade da educación. A32
B6 Comportarse con ética e responsabilidade social como cidadán e como profesional. B6
B24 Recoñecemento e respecto á diversidade e á multiculturalidade. B24
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común. C4

Contidos
Temas Subtemas
1. A atención á diversidade na escola: evolución e modelos
Evolución da Educación Especial
Modelos de atención á diversidade
2. As diferenzas de capacidades na aula de Educación Infantil As diferenzas de habilidade motórica
As diferenzas de habilidade relacional e comunicativa
As diferenzas de capacidade cognitiva
3. As diferenzas por factores sociais, ambientais e culturais na Educación Infantil
Resposta educativa ante a diferenza sociocultural
Inmigración e escola infantil
4.Medidas curriculares de resposta á diversidade na escola infantil

As adaptacións do curriculum en Educación Infantil: formas e modelos

5.Organización da resposta á diversidade na educación infantil O apoio educativo á diversidade: modelos e organización
Organización. funcións e marco lexislativo do apoio á diversidade
6. O papel da comunidade educativa no proceso de deseño, planificación e implementación de iniciativas que camiñen cara a inclusión social A implicación da familia
A participación de axentes e institucións sociais
A creación de equipos interdisciplinares para desenvolver a proposta de inclusión educativa

Planificación
Metodoloxías / probas Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral 17 0 17
Estudo de casos 3 6 9
Lecturas 3 15 18
Discusión dirixida 7 3 10
Aprendizaxe colaborativa 5 10 15
Investigación (Proxecto de investigación) 3 10 13
Portafolios do alumno 5 10 15
Traballos tutelados 4.5 9 13.5
 
Atención personalizada 2 0 2
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Realizarase ao inicio de cada unidade temática, ou cando através do seguimento do traballo de aula e individual, se perciba a necesidade de aclarar ou introducir conceptos esenciais ou novidosos
Estudo de casos A través de casos reais ou supostos estudaranse especialmente os temas relacionados coas distintas discapacidades
Lecturas Indicaranse na aula as que teñen caracter obrigatorio e as que teñen un caracter opcional
Discusión dirixida Trátase de intercambiar razoamentos e elaborar un pensamento propio sobre algúns dos temas traballados
Aprendizaxe colaborativa Procederemos en dous sentidos:
-En equipos terán que facer unha proposta de intervención na aula dende unha perspectiva inclusiva
-Terán que poñerse en contacto con persoas da comunidade educativa para coñecer cómo contribúen no desenvolvemento de prácticas educativas dende unha perspectiva colaborativa
Investigación (Proxecto de investigación) O alumnado recollerá propostas de intervención educativa, que analizará e interpretará se se adecúan aos prinicipios básicos dunha aula inclusiva.
Ademais fará propostas de mellora
Portafolios do alumno O alumnado terá que realizar unha recolleita dos contidos elaborados na aula para a partir de aí, analizalos, interpretados e enriquecer as opinións propias coas achegas dos autores propostos na bibliografía aduxntada ou outros autores lidos polo alumnado
Traballos tutelados Os alumnos e alumnas seleccionarán un tema do seu interés en relación coa materia. A realización será supervisada pola profesora periódicamente.

Atención personalizada
Metodoloxías
Investigación (Proxecto de investigación)
Portafolios do alumno
Estudo de casos
Discusión dirixida
Traballos tutelados
Descrición


Estas actividades desenvolveranse coa supervisión periódica do profesor ou profesora da materia. Nesta supervisión solventaranse as dudas que poidan presentarse e daranse indicacións sobre as diversas fases de elaboración.




Avaliación
Metodoloxías Descrición Cualificación
Investigación (Proxecto de investigación) Recolleita dunha proposta educativa, análise, interpretación e adaptación ás caractarísticas dunha escola que camiña cara a inclusión 30
Portafolios do alumno Recollida da información, análise e interpretacación, e posterior enriquecemento coas achegas dos autores. Os criterios de avaliación do documento serán:
Integración dos contidos abordados na aula
-Reflexión e opinión persoal
-Ampliación de coñecementos empregando as fontes documentais e investigación persoal.
-Aplicabilidade ao teu traballo como logopeda.
40
Traballos tutelados Versarán sobre un dos temas da materia proposto polo alumno ou alumna e aceptado previamente pola profesora. Servirán para afondar no coñecemento dese mesmo tema e adquirir destrezas na investigación e de intervención educativa na diversidade 30
 
Observacións avaliación

O alumnado asistente será aquel que asiste á aula  o 80%  ou máis da materia da materia. O alumnado non asistente para cursar a materia terá que realizar:


1. O Proxecto de investigación sobre un elemento concreto das escolas que camiñan cara a inclusión (30%)


2. Recensión sobre 4 documentos (os documentos ou as referencias bibliográficas estarán colgadas en moodle) (20%)


3. 1 traballo tutelado baseado nunha proposta didáctica de inclusión dun alumno ou alumna con necesidades específicas de apoio educativo nunha aula ordinaria de educación infantil (20%)


4. Unha proba de preguntas curtas (30%)


Fontes de información
Bibliografía básica TORRES SANTOMÉ, J (2010). La justicia curricular. El caballo de Troya de la cultura escolar. Madrid: Morata
ESSOMBA, M.A. (2006). Liderar escuelas interculturales e inclusivas: equipos directivos y profesorado ante la diversidad cultural y la inmigración. Graó
RODRÍGUEZ RODRÍGUEZ J (2006). A elaboración e adaptación dos materiais curriculares. NEG e Concello de Santiago, Departamento de Educación e Mocidade
OCHAITA, E. (1988). Alumnos con necesidades educativas especiales. Popular-MEC
PUJOLÁS,P (2001). Alumnos con necesidades educativas especiales. Aljibe
WANG,M.C. (1995). Atención a la diversidad del alumnado. . Narcea
VV.AA (2007). Atención a la diversidad, una responsabilidad compartida. Huelva: Servicios de Publicaciones de la Universidad
JOVÉ, G. e MIÑÁNBRES, M.A (2000). Atención a las necesidades educativas especiales, de la educación infantil a la Universidad : (actas de las XVII Jornadas Nacionales de Universidad y Educación Especial) . Universitat de Lleida, Edicions de la Universitat de Lleida
STAINBACK,S y W. (1999). Aulas inclusivas. Narcea
PETERS,T. (2008). Autismo: de la comprensión teórica a la intervención educativa. Ávila Autismo
VLACHOU,A. (1999). Caminos hacia una educación inclusiva. La Muralla
LÓPEZ MELERO,M. (2004). Construyendo una escuela sin exclusiones.. Aljibe
AINSCOW,M;J. BERESFORD; HARRIS,A.;HOPKINS,D; WEST. M.(2001): (2001). Crear condiciones para la mejora del trabajo en el aula. .. Narcea
NÚÑEZ, M.T. (2008). Da segregación á inclusión educativa. Laiovento
AINSCOW, M. (2001). Desarrollo de escuelas inclusivas. Ideas, propuestas y experiencias para mejorar las instituciones escolares. Narcea.
ACOSTA , V y MORENO,A. (2003). Dificultades del lenguaje, colaboración e inclusión educativa. Manual para logopedas, psicopedagogos y profesores. . STM Editores
BARTON,L (1998). discapacidad y sociedad. Morata
AA.VV (2009 ). Diversidade e Inclusión. Revista galega de educación nº 43. Nova Escola Galega
PALOMINO,A. Y TORRES,J.A. (1997). Educación Especial. Pirámide
ECHEITA (2006). Educación para la inclusión o educación sin exclusiones. . Narcea
GARCÍA PASTOR,C (2005). Educación y diversidad. Aljibe
MOLINA, S. (2007). Educar en la diversidad. Barcelona: Davinci
FRITH,U. (1989). El autismo. Alianza
BRENNAN,W.K. (1.988). El curriculo para niños con necesidades especiales. . Siglo XXI.
RIVIÈRE, A. y MARTOS,J. (1997). El tratamiento del autismo: nuevas perspectivas. MEC
AA.VV. (2000). Igualdad con diversidad: la apuesta de los Movimientos de Renovación Peadgógica (manuscrito inédito). Confederación de Movimientos de Renovación Peadgógica.. Recuperado o 20 de Setembro de 2002 de: http://cmrp.pangea.org/ig_div.htm.
WARNOCK,M.H. (1990). Informe sobre necesidades educativas especiales. Siglo Cero
CARRIÓN, J.J. (2001). Integración escolar ¿plataforma para la escuela inclusiva?. Siglo XXI.
FERNANDEZ ENGUITA,M. (1990). La cara oculta de la escuela. Siglo XXI
CASTRO, M.M., FERRER, G.; MAJADO, M.F., RODRÍGUEZ, J.; VERA, J.; ZAGRA, M.; e ZAPICO, H. (2007). La comunidad en la escuela. La escuela en la comunidad. Graó
ILLÁN, N. (1997). La diversidad y la diferencia en la educación secundaria obligatoria: retos educativos para el siglo XXI. Granada: Aljibe
PARRILLA LATAS, A. (2005). La Educación Inclusiva: un Desafío a Todos los Sistemas yComunidades Educativas. Escuela Española
VV.AA (2004). La escuela inclusiva: prácticas y reflexiones. Editorial Laboratorio educativo
VV.AA (2010). La respuesta educativa a la diversidad, aquí y ahora. Cuenca: Ediciones de la Universidad de Castilla-La Mancha
ACOSTA RODRÍGUEZ (2004). Las prácticas educativas ante las dificultades del lenguaje. Una propuesta desde la acción.. Ars. Médica
PUYUELO,M. (2000). Parálisis Cerebral Infantil. Aljibe
MOLINA, J. e ILLÁN,N. (2008). Propuesta de un currículo integrado. Editorial MAD
RONDALJ; PERERA,J y NADEL (2000). Síndrome de Down. Espasa
PERERA,J. (1988). Síndrome de Down, aspectos específicos. Masson
BARTON,L (2008). Superar las barreras de la discapacidad. Morata
FORTES,J.A. (1994). Teoría y práctica de la integración escolar . . Aljibe
GARCÍA PASTOR,C (1998). Una escuela común para niños diferentes. EUB

Bibliografía complementaria

Páxinas con imáxes para elaborar e encontrar material:

http://uk.dk.com/static/cs/uk/11/clipart/index.htm

http://iespana2.gograph.com/IntegrationSimpleSearch.cfm?cfid=17779

http://prescolaire.grandonde.com/clipart/activites/index.htm

http://www.disabilityworld.org/09-10_01/spanish/indice.shtml

http://especial.fcep.urv.es/

http://www.webespecial.com/webespecial.htm

http://www.pntic.mec.es/

http://w3.cnice.mec.es/recursos2/atencion_diversidad/01_03_01.htm

http://cidat.once.es/

http://needirectorio.cprcieza.net/

http://www.xtec.es/~jlagares/indexcastella.htm

http://informaticaparaeducacionespecial.blogspot.com/2008_05_01_archive.html

http://villaves56.blogspot.com/2008/07/vocaroo-para-trabajar-la-expresin-oral.html

http://cprcaspe.educa.aragon.es/RECURSOS/compensat.htm

http://www.polibea.com/libros/index.htm

http://platea.pntic.mec.es/~fmaquina/rg.htm

http://www.revistaeducacion.mec.es/enlaces3.htm

http://www.ulpgc.es/index.php?asignatura=1354130013572&ver=pd_bibliografia&id_

Páxinas con sons grabados para elaborar material:

http://www.findsouns.com/types.html

http://iris.cinice.mecd.es/bancoimagenes/sonidos/directorio.php

Outros materiais de apoio:

REVISTAS

Revista Educación Especial. Málaga: Aljibe.

Revista Catalana d'Educació Especial i Atenció a la Diversitat. Vic:Departament

Revista Galega da Educación

Revista Galega do Ensino

Cuadernos de Pedagogía

Revista de Innovación Educativa

Revista Quinesia

Disability & Society

Educational Psychology

Emotional and Behavioural Difficulties

European Journal of Special Needs Education

High Ability Studies

International Journal of Disability, Development and Education

International Journal of Inclusive Education

Journal of Intellectual & Developmental Disability

Special Educational Needs Abstracts


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías