Datos Identificativos 2011/12
Asignatura (*) Acción socioeducativa con minorías e colectivos vulnerables Código 652G03022
Titulación
GRAO EN EDUCACIÓN SOCIAL
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Terceiro Obrigatoria 6
Idioma
Galego
Prerrequisitos
Departamento Pedagoxía e Didáctica
Coordinación
Cruz Lopez, Laura
Correo electrónico
laura.cruz@udc.es
Profesorado
Cruz Lopez, Laura
Correo electrónico
laura.cruz@udc.es
Web
Descrición xeral A pobreza, a marxinación, a vulnerabilidade e a exclusión son aspectos inherentes aos modelos de organización política, económica e social contemporáneos. Estas realidades supoñen formas de vida singularizadas pola precariedade económica, a falta de oportunidades ou desigualdade no acceso a mellores condicións de vida ou ben a privación de dereitos, aspectos que dificultan a realización persoal e social.
É unha finalidade da Educación Social visibilizar estas realidades, promover a toma de conciencia sobre o funcionamiento da sociedade actual e actuar en consecuencia desde unha posición crítica, de forma que se desenvolvan procesos encamiñados á emancipación das persoas, ao seu fortalecemento como suxeitos de dereitos, á súa integración e participación social, así como á transformación das sociedades, para que se tornen máis xustas.
Con esta idea, na materia de Acción socioeducativa con minorías e colectivos vulnerables, partiremos dun achegamento aos referentes teórico-conceptuais que permitan comprender e explicar as situacións de vulnerabilidade e exclusión social, contextualizadas no marco socioeconómico e político máis amplo, así como discernir os factores e as fases presentes nos procesos e traxectorias vitais que conducen a estas situacións.
Así mesmo, é importante coñecer o marco legal e institucional que lexitima e (de)limita a intervención socioeducativa para a prevención, protección e inclusión de minorías e colectivos vulnerables. Achegarémonos a diferentes contextos e realidades de exclusión social e ás propostas socioeducativas, que, en forma de programas, proxectos, recursos, redes… tratan de promover a inclusión social. Unha aproximación que nos permita poñer en cuestión e valorar a súa pertinencia en termos pedagóxicos e sociais.
Finalmente, interésanos coñecer os roles e funcións que ocupa o/a educador/a social nos diferentes programas, recursos ou institucións.

Competencias do título
Código Competencias da titulación

Resultados de aprendizaxe
Competencias de materia (Resultados de aprendizaxe) Competencias da titulación
Coñecer os campos da educación social e recoñecer novos ámbitos emerxentes. A1
Comprender os supostos e fundamentos históricos, pedagóxicos, psicolóxicos e sociolóxicos da acción socioeducativa e os seus ámbitos de actuación, valorando as súas implicacións. A2
Analizar as políticas de benestar social e a lexislación que sustentan os procesos de acción socioeducativa. A3
Identificar e analizar os factores contextuais que afectan os procesos de intervención socioeducativa. A5
Deseñar e levar a cabo proxectos de investigación elementais aplicables aos diferentes campos de intervención A13
Identificar e emitir xuízos razoados sobre problemas socioeducativos para mellorar a práctica profesional. A14
Desenvolver unha disposición favorable ao traballo en contornos multiculturais e plurilingüísticos. A20
Deseñar e implementar procesos de avaliación de programas e estratexias de intervención socioeducativa en diversos contextos. A21
Elaborar, analizar, sintetizar, valorar e transmitir criticamente a información. B1
Redactar e presentar informes técnicos, memorias, regulamentos ou calquera outro documento básico que contribúa a regular a acción socioeducativa. B2
Xerar a cultura profesional colaborativa, fomentando o traballo en rede e integrándose en grupos interdisciplinares con iniciativa e responsabilidade. B3
Deseñar e impulsar espazos socioeducativos en contextos de diversidade atendendo á igualdade de xénero, á equidade e respecto aos dereitos humanos, favorecendo o empoderamento das persoas e colectivos ubicados en situacións de desvantaxe social. B4
Capacidade de mostrar actitudes coherentes coas concepcións éticas e deontolóxicas propias da profesión. B5
Adquirir e dominar habilidades comunicativas que permitan transmitir información, ideas e propostas a diversas audiencias. B6
Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma. C1
Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común. C4
Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse. C6

Contidos
Temas Subtemas
1. Referentes teórico-conceptuais dos procesos de vulnerabilidade e exclusión social 1.1 Precisións terminolóxicas: exclusión, marxinación, vulnerabilidade, minoría, normalidade, integración.
1.2 Estado de benestar: necesidades, dereitos e pobrezas.
1.3 Exclusión e globalización: cuarto mundo.
1.4 Os procesos de exclusión e inclusión social: fases, dimensións, ámbitos e factores.


2. Políticas e prácticas socioeducativas de prevención e inclusión social 2.1. Marco normativo e medidas institucionais para a promoción e protección das minorías e colectivos vulnerables.
2.2. Principios e directrices da acción socioeducativa.
2.3. A prevención de situacións de vulnerabilidade e exclusión social.
2.4. Proxectos e itinerarios de inclusión sociolaboral.
2.5. Tecendo redes no marco da complexidade.
3. Das realidades aos programas, proxectos e recursos socioeducativos de intervención con minorías e colectivos vulnerables 3.1. Senfogarismo
3.2. Drogodependencias
3.3. Prostitución
3.4. Prisión
3.5 Outras realidades: inmigracións, discapacidades,...

Planificación
Metodoloxías / probas Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Análise de fontes documentais 10 20 30
Discusión dirixida 6 6 12
Estudo de casos 3 10 13
Traballos tutelados 0 25 25
Presentación oral 3 5 8
Portafolios do alumno 8 11 19
Sesión maxistral 13 10 23
Proba mixta 0 10 10
Eventos científicos e/ou divulgativos 2 5 7
 
Atención personalizada 3 0 3
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Análise de fontes documentais Utilización de documentos audiovisuais e bibliográficos (fragmentos de reportaxes documentais ou películas, novas de actualidade, fotografías, biografías, artigos, textos lexislativos, etc.) relevantes para afondar nos diferentes núcleos temáticos da materia, a través de actividades especificamente deseñadas: mapa conceptual, recensión, análise de casos, discusión dirixida...
Discusión dirixida En base a lecturas previas de carácter obrigatorio, a través das que recoller diferentes argumentacións sobre unha temática, promoverase o debate e contraste de opinións fundamentadas, coa finalidade de que o alumnado constrúa unha visión crítica das diferentes formas de interpretar a realidade socioeducativa.
Estudo de casos Consiste na procura e/ou achegamento dunha serie de casos ou experiencias educativas para o seu estudo, análise e discusión á luz dos referentes teóricos da materia.
Traballos tutelados Metodoloxía deseñada para promover a aprendizaxe autónoma do alumnado baixo a tutela e seguimento por parte da/o docente. Tendo como referencia os contidos e a bibliografía da materia, e coas orientacións que a profesora estime oportunas, realizarase en grupo (4-5 persoas) un estudo sobre un colectivo en situación de vulnerabilidade ou exclusión social. Contemplará: un apartado de fundamentación teórica e legal; a análise dunha experiencia, programa, proxecto... socioeducativo para favorecer a inclusión social do colectivo; e un apartado de propostas de mellora.
Preténdese fomentar a capacidade reflexiva e argumentativa arredor das problemáticas de vulnerabilidade e exclusión social, dende unha perspectiva crítica e complexa.
Será preciso desenvolver, como mínimo, dúas sesións de titoría nas que presentar o guión do traballo e facer o seguimento do mesmo. As datas serán acordadas na aula.
Ademais de ser incluído no cartafol, cada grupo expoñerá nunha sesión interactiva, o seu traballo, co obxecto de compartilo e sometelo a debate e valoración.
Presentación oral Exposicións de traballos realizados tanto de xeito individual como colectivo, diante do grupo de referencia, procurando tirar algunhas conclusións sobre o problema de investigación, documento ou experiencia abordada.
Portafolios do alumno Dossier ordeado por seccións, debidamente identificadas e paxinadas, no que se recollen os rexistros e/ou materiais produto das actividades de aprendizaxe realizadas polo alumnado. Realizarase a nivel grupal (entre 4-5 integrantes) e incluiranse aquelas actividades indicadas pola/o docente, referentes tanto ás sesións expositivas como interactivas, e que poden abranguer: notas de clase, mapas conceptuais, glosarios, recensións de fontes documentais, resumo de eventos científicos e/ou divulgativos... De cada actividade recollerase ademais unha valoración sobre a práctica desenvolvida (contidos abordados, competencias adquiridas, metodoloxía aplicada...). Así mesmo, presentarase ao final unha autoavaliación individual do proceso de aprendizaxe, das competencias adquiridas, do grao de participación e implicación...
O cartafol é froito do traballo tutelado e continuo en torno aos diferentes núcleos temáticos que se iniciarán na aula pero que requirirá do traballo autónomo do alumnado –previo e posterior–, atendendo ás indicacións que se proporcionarán a través da atención personalizada da profesora, na aula e no horario de titorías.
Sesión maxistral Exposición oral por parte da docente, complementada co uso dos recursos pertinentes (textuais e/ou audiovisuais) e a introdución de preguntas dirixidas ao alumnado. A finalidade é transmitir coñecementos, facilitar a aprendizaxe, promover o debate, identificar prexuízos, ter en conta as contribucións do alumnado, e potenciar a súa participación na construción significativa do coñecemento.
Proba mixta Metodoloxía de avaliación da aprendizaxe. Integrará preguntas de tipo ensaio ou abertas de desenvolvemento, e preguntas de tipo obxectivo. Nas primeiras valorarase a rigorosidade da resposta, combinada coa capacidade de razoamento (argumentación, relación entre ideas, comparación...), creatividade e espírito crítico. Implica un estudo amplo e profundo dos contidos, sen perder de vista o conxunto das ideas e as súas relacións. En canto ás obxectivas, presentaranse preguntas de resposta breve.
Eventos científicos e/ou divulgativos Actividades realizadas polo alumnado que implican la asistencia e/ou participación en eventos científicos e/ou divulgativos (congresos, xornadas, simposios, cursos, seminarios, conferencias, exposicións, etc.) co obxectivo de afondar no coñecemento de temas de estudo relacionados coa materia. Destinarase un tempo nas sesións expositivas para informar –por parte da/o docente e do alumnado– dos eventos de interese para a materia que acontezan durante o cuadrimestre. A participación neste tipo de actividades será recollida no cartafol.
En función das posibilidades, presentaranse na aula experiencias no ámbito da acción socioeducativa con minorías e colectivos vulnerables, e, se planificarán visitas a institucións/organismos... que traballen con estes colectivos, para a súa posterior análise e discusión.

Atención personalizada
Metodoloxías
Estudo de casos
Presentación oral
Traballos tutelados
Portafolios do alumno
Descrición
Para o desenvolvemento do traballo tutelado, para a súa presentación oral e para a realización do portafolios (no que se integrarán diversas prácticas desenvolvidas nas sesións expositivas e interactivas), será preciso acudir, como mínimo, a dúas sesións de titoría, nas que facer o seguimento por parte da docente. Estas sesións serán indicadas na aula.

Avaliación
Metodoloxías Descrición Cualificación
Presentación oral A valoración do traballo presentado terá carácter grupal. Será por elo preciso que cada grupo estableza unhas normas de autorregulamento mínimas que faciliten a dinámica de traballo en tódolos casos.
Valorarase: a orde na exposición; a claridade e corrección lingüística; a capacidade de síntese das ideas fundamentais; o nivel de profundidade na abordaxe da temática que amose a súa comprensión; a linguaxe non verbal e utilización do espazo; a creatividade (presentación suxestiva, motivadora, dinamizadora da participación das/os compañeiros/as...); o uso de recursos...
5
Traballos tutelados Valorarase especialmente: a coherencia interna; a profundidade do contido; a capacidade para establecer sinerxías; o tratamento dunha linguaxe propia do contexto disciplinar; a utilización de fontes documentais complementarias e actuais; a presentación; entre outros. 30
Portafolios do alumno Dossier ordeado por seccións, debidamente identificadas e paxinadas, no que se recollerán os rexistros e/ou materiais produto das actividades de aprendizaxe realizadas polo alumnado. Recolleranse, como mínimo, o rexistro dunha sesión expositiva (mapa conceptual, glosario, reflexión grupal sobre os contidos...) e de tres prácticas de sesións interactivas (discusión dirixida, análise de fontes documentais, presentación oral, estudo de caso...), e unha autoavaliación individual en relación ás aprendizaxes e competencias desenvolvidas na materia, o grao de implicación persoal nas actividades e traballos grupais...
Na cualificación do cartafol, contémplase o traballo final (15 pto.) e a asistencia a clase (10 pto.).
Valorarase a capacidade reflexiva en relación á propia aprendizaxe; a evolución da aprendizaxe reflectida nas prácticas recollidas en relación ao grao de profundidade do contido; a capacidade para establecer sinerxías; o tratamento dunha linguaxe propia do contexto disciplinar; a utilización de fontes documentais complementarias e actuais; a presentación; entre outros.
25
Proba mixta Integrará preguntas de tipo ensaio ou abertas de desenvolvemento, e preguntas de tipo obxectivo. Nas primeiras valorarase a rigorosidade da resposta, combinada coa capacidade de razoamento (argumentación, relación entre ideas, comparación...), creatividade e espírito crítico. Implica un estudo amplo e profundo dos contidos, sen perder de vista o conxunto das ideas e as súas relacións. En canto ás obxectivas, valorarase a rigorosidade, claridade e concisión. 40
 
Observacións avaliación

1.- Para superar a materia é imprescindible ter superadas todas e cada unha das actividades de avaliación. En caso contrario a cualificación será de suspenso. Gardaranse as partes aprobadas durante a convocatoria anual.
2.- A asistencia e participación activa e esixente nas dinámicas de aula serás consideradas de forma positiva no proceso de avaliación.
3.- Calquera circunstancia persoal que poida alterar o seguimento da materia por parte do alumnado deberá ser comunicada á docente para a súa oportuna e axeitada consideración. Para o alumnado que, por razóns debidamente acreditadas, non teña unha asistencia sistemática, e das/os que a docente deberá ter coñecemento ao comezo do cuadrimestre, establécense os seguintes criterios de avaliación:

- Recensión e exposición oral dun dos libros da bibliografía básica, que deberá ser acordado coa profesora a inicios de curso para a convocatoria de xaneiro, e a inicios do segundo cuadrimestre para a convocatoria de xullo (30%).

- Proba de ensaio nos mesmos termos que o alumnado asistente (70%).

4.- Para acollerse á modalidade presencial, cómpre ter unha asistencia mínima do 85%.


Fontes de información
Bibliografía básica

Asamblea General de las Naciones Unidas. Declaración Universal de los Derechos Humanos. Resolución 217 A (III), de 10 decembro de 1948.

Arriba, Ana (coord.) (2008). Políticas y bienes sociales: procesos de vulnerabilidad y exclusión social. Madrid: Fundación FOESSA.

Briz, Mamen e Garaizabal, Cristina (coords.) (2007). La prostitución a debate: por los derechos de las prostitutas. Madrid: Talasa.

Busaniche, Gisela (2002). Cuarto mundo. No somos tan ricos. Barcelona: Debolsillo.

Caballo, Mª Belén et al (1997). 131 conceptos clave de Educación Social. Santiago de Compostela: Universidadede Santiago de Compostela.

Cabrera, Pedro J. (2002) (dir.). Un techo y un futuro. Buenas prácticas de intervención social con personas sin hogar. Barcelona: Icaria.

Cabrera, Pedro J. e Rubio, Mª José (2008). Las personas sin hogar, hoy. Revista del Ministerio de Trabajo e Inmigración, 75. Consultado en http://www.mtin.es/es/publica/pub_electronicas/destacadas/revista/numeros/75/est03.pdf

Cabrera, Pedro J; Rubio, Mª José e Blasco, Jaume (2008). ¿Quién duerme en la calle? Una investigación social y ciudadana sobre las personas sin techo. Barcelona: Fundación Caixa Catalunya. Consultadoen http://obrasocial.catalunyacaixa.com/osocial/idiomes/2/fitxers/solidaritat/duerme_calle08.pdf

Carballedo, Alfredo J. (2002). La intervención en lo social. Exclusión e integración en los nuevos escenarios sociales. Buenos Aires: Paidós.

Castel, Robert (1995). De la exclusión como estado a la vulnerabilidad como proceso. Archipiélago. Cuadernos de crítica de la cultura, 21.

Castel, Robert (1997). La metamorfosis de la cuestión social, una crónica del salariado. Buenos Aires: Paidós

Castel, Robert (2010). El ascenso de las incertidumbres. Buenos Aires: FCE.

Escudero, José Manuel e Sáez, José (coords.) (2006). Exclusión social, exclusión educativa. Murcia: Diego Martín.

García Roca, Joaquín et al. (1991). Pedagogía de la marginación. Madrid, Editorial Popular.

García Roca, Joaquín (2007). La revancha del sujeto. Documentación Social, 145, 37-52. Consultado en http://www.caritas.es/imagesrepository/CapitulosPublicaciones/899/03%20LA%20REVANCHA%20DEL%20SUJETO.pdf

Garrido, Vicente e Gómez, Ana Mª (1995). Educación Social en el ámbito penitenciario. Comunicación, Lenguaje y Educación, 27, 53-60.

Garrido, Vicente e Martínez, Mª Dolores (eds.) (1998). Educación Social para delincuentes. Valencia: Tirant lo Blanch.

Gil, Fernando (2002). La exclusión social. Barcelona: Ariel.

Karsz, Saül (comp.) (2004). La exclusión bordeando sus fronteras: definiciones y matices. Barcelona: Gedis.

Laespada, Mª Teresa (ed.) (2008). Intervención en exclusión social y drogodependencias: la confluencia entre políticas sociales y sanitarias. Bilbao: Universidad de Deusto.

López-Aranguren, Eduardo (2005). Problemas sociales: desigualdad, pobreza, exclusión social. Madrid: Biblioteca Nueva.

Manzanos, César (dir.) (2005). Servicios sociales y cárcel: alternativas a la actual cultura punitiva. Victoria-Gastéiz: Salhaketa.

Rubio, Mª José e Montero, Silvia (coords.) (2002). La exclusión social: teoría y práctica de la intervención. Madrid, CCS.

Sanz, Susana (2010). Colectivos vulnerables y derechos humanos: perspectiva internacional. Valencia: Tirant lo Blanch.

Solana, José L. et al. (2008). Los retos de laprostitución: estigmatización, derechos y respeto. Granada: Comares.

Subirats, Joan (dir.) (2004). Pobreza y exclusión social un análisis de la realidad española y europea. Barcelona Fundación "La Caixa". Consultado en http://obrasocial.lacaixa.es/StaticFiles/StaticFiles/f28d31d9615d5210VgnVCM1000000e8cf10aRCRD/es/vol16_es.pdf

Ubieto, José Ramón (2010). El trabajo en red. Barcelona: Gedisa

Valedor do Pobo (2010). As persoas sen fogar en Galicia. Santiago de Compostela. Consultado en http://www.valedordopobo.com/index.php?s=115&i=89

Valverde, Jesús (1997). La cárcel y susconsecuencias. La intervención sobre la conducta desadaptada. Madrid: Popular.

Vidal, Fernando (2006) (ed.). La exclusión social y el estado de bienestar en España. V Informe FUHEM de políticas sociales. Barcelona: Icaria.

Xuntade Galicia (2004). A prostitución feminina na Comunidade Autónoma de Galicia. Santiago de Compostela: Servizo Galego de Igualdade, Consellería de Familia, Xuventude, Deporte e Voluntariado.

Xuntade Galicia (2006). II Plan Galego deInclusión Social 2007-2013. Santiago de Compostela: Vicepresidencia de Igualdade e do Benestar. Consultado en

http://benestar.xunta.es/export/sites/default/Vicepresidencia/Biblioteca/Documentos/Plans_e_programas/II_Plan_Galego_Inclusion_Social.pdf

Revistas:

  • Pedagogía Social. Revista interuniversitaria. Monográfico Exclusión social, núm. 6-7 (2000-2001).
  • EducaciónSocial. Revista de intervención socioeducativa:
    • (2000).Drogadicciones: experiencias en clave de futuro, núm. 14.
    • (2003).Intervención socioeducativa y pueblo gitano, núm. 24.
    • (2004).Intervención educativa con personas sin hogar, núm. 27.
    • (2007).El trabajo en red en la educación social, núm. 36.
    • (2009).La Inserción Laboral como proceso de intervención educativa, núm. 41.
    • (2009).La atención socioeducativa en las transiciones vitales, núm. 42.
    • (2009).Globalización, diversidad cultural y acción socioeducativa, núm. 43.
  • Documentación social:
    • (2001).Las otras caras de la globalización, núm. 125.
    • (2004).Intervención ante la exclusión social, núm. 135.
    • (2005).Vivienda y alojamiento, núm. 138.
    • (2007).Empleo e inclusión social, núm. 143.
    • (2007).La prostitución, una realidad compleja, núm. 144.
    • (2007).Repensar la intervención social, núm. 145.

Bibliografía complementaria

AA.VV. (2003). Patrones de exclusión social en el Marco Europeo. Consultadoen http://www.cruzroja.es/pls/portal30/docs/PAGE/SITE_CRE/ARBOL_CARPETAS/BB_QUE_HACEMOS/B10_INTERVENCION_SOCIAL/POBREZA/MAQUETAPATRONES.PDF

Antón, Antonio (coord.) (2000). Trabajo, derechossociales y globalización. Algunos retos para el siglo XXI. Madrid: Talasa.

Aliena, Rafael. (2005). Descenso a la Periferia:asistencia y condición humana en el territorio de lo social. Valencia: NauLlibres.

Álvarez-Uría, Fernando (ed.) (1992). Marginacióne inserción. Los nuevos retos de las políticas sociales. Madrid: Endymion.

Álvarez-Uría, Fernando et al. (1995). Desigualdady pobreza hoy. Madrid: Talasa

Arriba,Ana (2002). El concepto de exclusión en política social. Unidad de Políticas comparadas. CSIC.Consultado en http://digital.csic.es/bitstream/10261/1495/1/dt-0201.pdf

Bauman, Zygmunt (1999). La globalización, consecuencias humanas. México: Fondo deCultura Económica.

Bauman, Zygmunt (1999). Trabajo, consumismo y nuevos pobres. Barcelona: Gedisa.

Bauman, Zygmunt (2001). La posmodernidad y sus descontentos. Madrid: Akal.

Bauman, Zygmunt (2005). Vidas desperdiciadas. La modernidad y sus parias. Barcelona:Paidós.

Bergalli, Roberto (Coord.) (2003). Sistema penal y problemas sociales. Barcelona: Bellaterra.

Bergalli, Roberto (2009). La humillación: técnicas y discursos para la exclusión social. Barcelona: Bellaterra.

Bourdieu, Pierre (dir.) (1999). La miseria delmundo. Madrid, Akal.

Castel, Robert, et al (2001). Desigualdad yglobalización. Cinco conferencias. Buenos Aires: FCE.

Cortina, Adela (2001). Ciudadanos del mundo. Hacia una teoría de la ciudadanía. Madrid,Alianza Editorial.

Delgado, Manuel et al. (2003). Exclusión social y diversidad cultural. Donostia: Tercera Prensa.

Freire, Paulo (1992). Pedagogía del oprimido. Madrid: Siglo XXI

Freire, Paulo (2001).Pedagogía de la indignación. Madrid: Morata.

Freire, Paulo (2002).Pedagogía de la esperanza. Mexico: Siglo XXI.

García, A. e Sáez, J. (1998). Del racismo a la interculturalidad. Competencia de laeducación. Madrid: Narcea.

Gil, Fernando; Jover, Gonzalo e Reyero, David (2001). La enseñanza de los Derechos Humanos. Barcelona: Paidós

Giménez, Maria et al. (2003). Nuevas políticas para la inclusión social: agenda pública y prácticas significativas. VIII Congreso Internacional del CLAD sobre la Reforma del Estado y de la Administración Pública, Panamá, 28-31 Oct.2003

Gimeno, Juan A. (2004). Exclusión social y Estadode Bienestar. Madrid: Centro de Estudios Ramón Areces.

Goffman, Erving (1982). Estigma. La identidad deteriorada. Buenos Aires: Amorrortu.

Hernández, Enrique; Quintana, Pedro e Rodríguez, Fco. Javier (coords.) (2000). Marginación e intervención social. Actuaciones y necesidades del coletivo gitano en riesgode exclusión social. Oviedo: Universidad de Oviedo, Servicio de Publicaciones.

Hessel, Stéphane (2010). Indignádevos. Faktoría de libros.

Jelinek, Elfriede (2005). Los excluidos. Barcelona: Mondadori.

Juliano, Dolores (2004). Excluidas y marginales. Una aproximación antropológica. Valencia: Cátedra.

Mas, Francesc (2001). Rompiendo fronteras. Una visión positiva de la inmigración. Barcelona: Intermón.

Millán, José Carlos (comp.) (2004). Colectivos enriesgo de exclusión. Inmigrantes, minorías étnicas y perspectiva de género. A Coruña: Instituto Gallego de Iniciativas Sociales y Sanitarias.

Millán, José Carlos (2005). Políticas sociales, modelos de intervención y estado de bienestar. A Coruña: Instituto Gallego de Iniciativas Sociales y Sanitarias.

Muleiro, Hugo (2006). Al margen de la agenda: noticias, discriminación y exclusión. México: Fondo de Cultura Económica.

Nun, José. (2001). Marginalidad y exclusión social. Buenos Aires, Fondo de Cultura Económica.

Oña, José Manuel (2010). Educación de calle y desarrollo comunitario: una experiencia educativa en contextos de exclusión. Madrid: Cáritas, Fundación Foessa.

Renes, Victor (dir.) (2008). VI informe sobre exclusión y desarrollo social en España 2008. Madrid: Fundación FOESSA, Cáritas Española.

Riera, Ignasi (2002). Emigrantes y refugiados. Barcelona: Debolsillo.

Ruiz, Blanca e Ruíz, Eduardo (2001). Las Políticas de inmigración: la legitimación de la exclusión. Bilbao: Universidad de Deusto.

Santolaria, Félix (1997). Marginación y educación: historia de la educación social en la España moderna y contemporánea. Barcelona, Ariel.

Soriano, Andrés (2001): Políticas y economía en la exclusión social. Pedagogía Social Revista Interuniversitaria, 6-7, 21-32.

Subirats, Joan (dir.) (2005). Análisis de los factores de exclusión social. Fundación BBVA. Consultado en http://www.fbbva.es/TLFU/dat/DT_2005_04.pdf

Subirats, Joan (dir.) (2006). Fragilidades vecinas:narraciones biográficas de exclusión social urbana. Barcelona: Icaria.

Subirats, Joan & Gomà, Ricard (dirs.) (2003). Un paso más hacia la inclusión social. Generación de conocimiento, políticas y prácticas para la inclusión social. Madrid: Plataforma de ONGs – IGOP. Consultado en http://www.plataformaongs.org/upload/88/94/un_paso_mas_hacia_la_inclusion_social.pdf

Valedordo Pobo (2005). Informe extraordinariosobre a situación da poboación xitana en Galicia. Santiago de Compostela. Consultado en http://www.valedordopobo.com/index.php?s=115&i=22

Vallés, Josep (2009). Manual del educador social:intervención en servicios sociales. Pirámide.

Varela,J ulia e Álvarez-Uría, Fernando (1989). Sujetos frágiles. Ensayos de sociología de la desviación. Madrid: Fondo de Cultura Económica.

Vélaz de Medrano, Mari Carmen (2002). Intervención educativa y orientación en problemas de inadaptación y exclusión por factorese ducativos y socioculturales. Madrid: UNED.

Vidal, Fernando (2009). Pan y rosas: fundamentos de exclusión social y empoderamiento. Madrid: Fundación FOESSA.

Wacquant, Loïc (2000). Las cárceles de la miseria.Madrid: Alianza Editorial.

Wacquant, Loïc (2001). Parias urbanos. Marginalidad en la ciudad a comienzos del milenio. Buenos Aires: Manantial.

Wacquant, Loïc (2007). Los condenados de la ciudad:guetos, periferias y estado. Buenos Aires: Siglo XXI.

Wacquant, Loïc (2009). Castigar a los pobres. El gobierno neoliberal de la inseguridad social. Barcelona: Gedisa.

Xuntade Galicia (2009). Plan Integral para a convivencia e o desenvolvemento social do Pobo Xitano de Galicia. Documento base. Santiago de Compostela: Vicepresidencia de Igualdade e do Benestar. Consultado en http://benestar.xunta.es/export/sites/default/Vicepresidencia/Biblioteca/Documentos/Plans_e_programas/planxitano.pdf


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente
Orientación ocupacional/652G03021

Materias que continúan o temario
Pedagoxía social/652G03006
Educación multicultural/652G03013
Intervención en contextos familiares de risco/652G03015
Servizos sociais e benestar social/652G03014
Educación de menores en desprotección e conflito social/652G03016

Observacións
  1. É obrigatoria a entrega da ficha de identificación persoal para todo o alumnado antes do 1 de outubro do ano en curso.
  2. Non se admitirán traballos dos que o profesor/a non teña constancia da súa realización.
  3. Os traballos, tanto en formato impreso coma dixital, presentaranse ben identificados (nome do alumno/alumna, curso, grupo, materia e nome do profesor/profesora). É aconsellable facer copia do orixinal que se entrega.


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías