Datos Identificativos 2011/12
Asignatura (*) Métodos de avaliación de programas Código 652G03023
Titulación
GRAO EN EDUCACIÓN SOCIAL
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Terceiro Obrigatoria 6
Idioma
Castelán
Galego
Prerrequisitos
Departamento Filosofía e Métodos de Investigación en Educación
Coordinación
Espiñeira Bellon, Eva Maria
Correo electrónico
eva.espineira@udc.es
Profesorado
Espiñeira Bellon, Eva Maria
Correo electrónico
eva.espineira@udc.es
Web http://www.educacion.udc.es/dptos/fmide/index.php
Descrición xeral Esta materia redáctase pensando no alumnado das diferentes disciplinas da intervención social (traballo social, servizos sociais, animación socio-cultural,...) que deberán realizar avaliacións sistemáticas, ofrecéndolles unha formación teórica-metodolóxica específica no campo da avaliación.

Esta materia ha de axudar ao alumnado na iniciación e na realización de avaliacións sistemáticas de diferentes programas de intervención social.

Así, presentaranse os fundamentos metodolóxicos e os procedementos operativos da investigación avaliativa de tal forma que se consiga que os futuros profesionais introduzan elementos de avaliación no seu propio quefacer profesional.

Competencias do título
Código Competencias da titulación

Resultados de aprendizaxe
Competencias de materia (Resultados de aprendizaxe) Competencias da titulación
A6 Seleccionar diferentes métodos e técnicas para a planificación e avaliación de programas e servizos. A19 Asesorar e supervisar programas, planos, proxectos e centros socioeducativos. A21 Deseñar e implementar procesos de avaliación de programas e estratexias de intervención socioeducativa en diversos contextos. A6
A19
A21
B1 Elaborar, analizar, sintetizar, valorar e transmitir criticamente a información. B3 Xerar a cultura profesional colaborativa, fomentando o traballo en rede e integrándose en grupos interdisciplinares con iniciativa e responsabilidade. B6 Adquirir e dominar habilidades comunicativas que permitan transmitir información, ideas e propostas a diversas audiencias. B1
B3
B6
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma. C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida. C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común. C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse. C8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade. C1
C3
C4
C6
C8

Contidos
Temas Subtemas
1. Perspectivas actuais da Educación Social, programas e servizos socioeducativos. 1.1. Áreas de intervención.
1.2. Delimitación e ámbito dos servizos socioeducativos.
1.3. Programas socioeducativos.
2. Investigación e avaliación de calidade. 2.1. Avaliación.
2.2. Investigación avaliativa.
2.3. Calidade.
3. Modelos ou perspectivas de avaliación e calidade de programas e servizos socioeducativos. 3.1. Modelos de calidade.
3.2. Modelos de avaliación.
4. O proceso de avaliación da calidade dos programas e servizos socioeducativos. 4.1. Cuestións previas.
4.2. Elaboración do deseño da investigación.
4.2.1. Alcance, aspectos, variables e indicadores.
4.2.2. Recopilación de datos e de información.
4.2.3. Elaboración e presentación de resultados.
4.2.4. Aplicación dos resultados.

Planificación
Metodoloxías / probas Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral 21 14 35
Aprendizaxe colaborativa 21 0 21
Esquemas 0 14 14
Estudo de casos 0 7 7
Lecturas 0 14 14
Obradoiro 0 9 9
Presentación oral 0 7 7
Resumo 0 14 14
Proba mixta 2 21 23
 
Atención personalizada 6 0 6
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Algúns contidos do programa precisan unha exposición maxistral por parte do profesorado para centrar o proceso de ensino-aprendizaxe.

Por iso, as clases expositivas (que se imparten un día á semana durante 1,5 horas) céntranse na exposición oral dos ditos contidos, complementada co emprego de medios audiovisuais e a introdución dalgunhas preguntas dirixidas ao alumnado, coa finalidad de transmitir coñecementos e facilitar a súa aprendizaxe.

Aprendizaxe colaborativa As clases expositivas combinaranse con clases interactivas (que se imparten igualmente un día á semana durante 1,5 horas) guiadas polo profesorado e nas que o alumnado cobra un papel importante.

Nas clases expositivas, empregaranse un gran conxunto de procedementos de ensino-aprendizaxe guiados de forma presencial e/ou apoiados con tecnoloxías da información e as comunicacións, que se basean na organización da clase en pequenos grupos nos que o alumnado traballa conxuntamente na resolución das tarefas asignadas polo profesorado para optimizar a súa aprendizaxe e a dos outros membros do grupo.

Esquemas Un esquema é a representación gráfica e simplificada da información que conleva uns determinados contidos de aprendizaxe.

Os esquemas desenvolveranse polo alumnado para a adquisición dos coñecementos aprendidos nas clases expositivas, nas diferentes prácticas grupais que se desenvolvan nas clases interactivas e nas prácticas individuais entregadas polo alumnado.
Estudo de casos Mediante esta metodoloxía, o alumnado situarase ante problemas concretos (casos) que se describirán nas diferentes prácticas grupais que se desenvolvan nas clases interactivas, en donde se describirá un servizo/programa real socioeducativo.

O alumnado debe ser capaz de analizar unha serie de feitos para chegar a unha decisión razonada a través dun proceso de discusión en pequenos grupos de traballo.
Lecturas Ao longo do cuadrimestre, facilitarase un conxunto de textos e documentación escrita que se terán recollido e editado como fonte de profundización nos contidos traballados.
Obradoiro Nas clases expositivas, empregarase, conxuntamente coa aprendizaxe colaborativa(explicada anteriormente), o obradoiro, como modalidade formativa orientada á aplicación de aprendizaxes na que se poden combinar diversas metodoloxías/probas (exposicións, simulacións, debates, solución de problemas, prácticas guiadas, etc.) a través da cal o alumnado desenvolverá tarefas eminentemente prácticas sobre temas específicos, co apoio e a supervisión do profesorado.
Presentación oral Nas prácticas que se desenvolvan nas clases interactivas, normalmente realizarase algunha intervención inherente aos procesos de ensino-aprendizaxe baseada na exposición verbal a través da cal o profesorado e o alumnado interactuarán dun modo ordenado, propoñendo cuestións, facendo aclaracións e expoñendo temas, traballos, conceptos, feitos ou principios de forma dinámica.
Resumo O resumo consiste na síntese dos principais contidos traballados.

O alumnado empregará esta metodoloxía tanto nas clases expositivas como nas interactivas xa que é un recurso óptimo para facilitar a comprensión dos textos e a concentración persoal sobre o material obxecto de estudo. É tamén unha axuda importante para o repaso e a preparación de exames.
Proba mixta Ademáis da avaliación continua realizada, a exame final fixada pola Xunta de Facultade realizarase mediante unha proba mixta. Esta proba, integrará preguntas tipo de probas de ensaio (abertas e de desenvolvemento) e preguntas tipo de probas obxectivas, que poderán combinar preguntas de resposta múltiple, de ordenación, de resposta breve, de discriminación, de completar e/ou de asociación.

Atención personalizada
Metodoloxías
Sesión maxistral
Aprendizaxe colaborativa
Estudo de casos
Obradoiro
Descrición
O profesorado realizará un seguimento do traballo que vaia elaborando o alumnado en canto á procura, elaboración e presentación de materiais relacionados co contido da materia.

É importante que o alumnado realice as súas prácticas desde o primeiro día e acuda ás titorías de maneira asidua co fin de resolver as dúbidas que estime oportunas.

As titorías desenvolveranse, polo tanto, no aula, durante as clases e no despacho do profesorado, da seguinte forma:

* No caso de indicacións xerais a todo o grupo (realizarase nas clases expositivas).

* A grupos de traballo pequeno (realizarase en clases interactivas -prácticas- ou no despacho do profesorado).

* Individuais (realizaranse no despacho do profesorado e versarán sobre o progreso do alumnado, para o cal presentaranse os traballos realizados).


Avaliación
Metodoloxías Descrición Cualificación
Proba mixta Ademais da avaliación continua realizada, a exame final fixada pola Xunta de Facultade realizarase mediante unha proba mixta.

A exame centrarase nos contidos traballados en todas as clases (expositivas e interactivas).

O sistema de corrección da dita proba será o seguinte:

- Para preguntas de verdadeiro/falso: unha resposta incorrecta, restará unha resposta correcta.

- Para preguntas de varias alternativas aplicarase a fórmula de corrección ao azar: acertos - errores/nº alternativas - 1.

A puntuación total da exame é de 6 puntos pero é preciso acadar a mitade da puntuación (é dicir, 3 puntos) para poder aprobar a materia.
60
Aprendizaxe colaborativa As clases interactivas, baséanse en varios tipos de metodoloxías: aprendizaxe colaborativo e obradoiros.

Para a realización do traballo colaborativo, é preciso formar pequenos grupos de traballo. Para realizar esta tarefa, débese ter en conta o seguinte:

- Formaranse grupos pequenos (non máis de 4 persoas).

- Cada grupo elixirá unha persona coordinadora, encargada de presentar e defender as ideas do seu grupo de traballo, no caso no que se lle solicite, que será rotativa en cada práctica.

- Estos grupos formaranse o primeiro día de clase polo profesorado.

- Sobre o traballo colaborativo, entregarase unha reflexión final (individual) que será valorada co 10% da calificación final da materia. Esta reflexión final deberá constar de:

* Valoración persoal con respecto ao funcionamento do seu grupo de traballo: rol desenvolvido no equipo, como se organizou o traballo,...

* Reflexión persoal acerca dos contidos desenvolvidos: que aprendín, que sei facer agora,...

* Valoración da metodoloxía seguida nas clases.

* Reflexión persoal acerca das competencias adquiridas con respecto ás indicadas na Guía Docente (da titulación e da materia).

* Valoración persoal con respecto á práctica profesional: aplicacións prácticas dos contenidos ao mundo da educación social, que aprendín para o meu futuro profesional,...

* Apreciacións personales sobre as titorías realizadas.

* Outros aspectos: materiais elaborados a maiores polo alumnado co fin de completar os contidos, referencias bibliográficas ou webs consultadas,...

É dicir, a reflexión final debe ser a valoración final froito do traballo do curso completo e o prazo máximo de entrega será a semana seguinte de finalizar as clases.

A puntuación deste traballo é de 1 punto pero é preciso acadar a mitade da puntuación (é dicir, 0.5 puntos) para poder aprobar a materia.

10
Obradoiro As clases interactivas, baséanse en varios tipos de metodoloxías, que sinalamos: aprendizaxe colaborativo e obradoiros de traballo.

Nos obradoiros, poñeranse en marcha varias prácticas ao longo do curso. As ditas prácticas serán individuais e grupais.

No caso de prácticas individuais, explicaranse nas clases interactivas polo profesorado. O prazo de entrega de estas prácticas será a semana seguinte de ter finalizado as clases.

Con respecto ás prácticas grupais, explicaranse igualmente nas clases interactivas polo profesorado.

Normalmente, o funcionamiento nas prácticas grupais, será o seguinte: para a realización de cada unha das prácticas, empregaranse dúas clases interactivas. Na primeira delas, explícase a práctica e comézase a traballar nela. Na segunda, finalízase e exponse. O prazo de entrega é á semana seguinte de ter exposto o dito traballo. Estas prácticas, polo tanto, han de ser entregadas sempre en horario de clase (nunca por correo electrónico, nin no casillero nin no despacho do profesorado).

É destacable que a entrega das prácticas terá que recoller tanto a parte individual traballada por cada alumno/a como a parte grupal.

A puntuación das prácticas (individuais e grupais) é de 3 puntos pero é preciso acadar a mitade da puntuación (é dicir, 1.5 puntos) para poder aprobar a materia.

30
 
Observacións avaliación

As condicións da avaliación sinaladas, fíxanse para o alumnado asistente a clase. Considérase alumnado asistente a aquel que asiste a un mínimo do 80% das clases; por iso, o profesorado poderá solicitarlle ao alumnado que asine unha folla tanto á entrada como á saída. O/a estudiante poderá xustificar as súas faltas de asistencia.


Para acadar a puntuación máxima en cada unha das metodoloxías non se terá en conta só si se entrega o material ou non. Teranse en consideración varios factores como: a capacidade de traballo individual, a capacidade de traballo en grupo, os coñecementos xerais básicos, a capacidade de análise e síntese, a capacidade de aplicación dos coñecementos adquiridos nas clases expositivas, a capacidade para xerar novas ideas (innovación e creatividade), a capacidade crítica e autocrítica, a toma de decisións, a comunicación oral e escrita,... Todo iso o observará o profesorado non só mediante a entrega das prácticas correspondentes e da reflexión final senón a través das diferentes clases, por iso, a asistencia a clase e a correspondente observación por parte do profesorado xugarán un aspecto fundamental, así como a asistencia a titorías.


O alumnado que non forme parte de ningún grupo, non entregue as prácticas correspondentes, a reflexión final ou non asista regularmente ás clases, só terá dereito a presentarse á exame final da materia na convocatoria oficial fixada pola Facultad (será considerado como non asistente ao 80% das clases). A exame puntuará o 100% da puntuación.


Se o alumnado asistente a clase suspende a exame, as puntuacións acadadas tanto na reflexión final como nas prácticas (individuais e grupais) realizadas pérdense; é dicir, non se reservará a nota acadada polo alumnado nestas tarefas para as seguintes convocatorias. Na exame que terá que superar na próxima convocatoria será considerado como non asistente ao 80% das clases.


Fontes de información
Bibliografía básica AGUILAR, M.J. y ANDER-EGG, E. (1992). Evaluación de servicios y programas sociales.. Madrid: Siglo XXI.
STUFFLEBEAM, D.L. y SHINKFIELD, A.J. (1985). Evaluación sistemática. Guía teórica y práctica.. Madrid:MEC.
WEISS, C.H. (1975). Investigación evaluativa. Métodos para determinar la eficacia de los programas de acción.. México: Trillas.

Bibliografía complementaria VENTOSA, V.J. (2001). Desarrollo y evaluación de proyectos socioculturales.. Madrid: CCS.
FERNÁNDEZ BALLESTEROS, R. (1995). Evaluación de programas. Una guía práctica en ámbitos sociales, educativos y de salud.. Madrid: Síntesis.
COLÁS BRAVO, M.P y REBOLLO CATALÁN, M.A. (1993). Evaluación de programas. Una guía práctica.. Sevilla: Kronos.
COHEN, E. y FRANCO, R. (1992). Evaluación de proyectos sociales.. México: Siglo XXI.


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías