Datos Identificativos 2011/12
Asignatura (*) Practicum I Código 652G03027
Titulación
GRAO EN EDUCACIÓN SOCIAL
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Terceiro Obrigatoria 12
Idioma
Prerrequisitos Para matricularse no Prácticum I é necesario ter superados 90 créditos.
Departamento Filosofía e Métodos de Investigación en Educación
Pedagoxía e Didáctica
Psicoloxía
Psicoloxía Evolutiva e da Educación
Coordinación
Mendez Garcia, Rosa Maria
Correo electrónico
rosa.mendez@udc.es
Profesorado
Arza Arza, Neves
Castro Rodríguez, Mª Montserrat
Cruz Lopez, Laura
Garcia Mira, Ricardo Antonio
Gomez Duran, Bernardo Jose
Iglesias Galdo, Ana Maria
Pose Porto, Hector Manuel
Rodriguez Romero, Maria del Mar
Serantes Pazos, Araceli
Correo electrónico
neves.arza@udc.es
maria.castror@udc.es
laura.cruz@udc.es
ricardo.garcia.mira@udc.es
bernardo.gduran@udc.es
ana.iglesias@udc.es
hector.pose@udc.es
mar.rromero@udc.es
araceli.serantes.pazos@udc.es
Web
Descrición xeral Requisitos de matrícula
Para matricularse no Practicum I é necesario ter superado 90 créditos.

Créditos e presencialidade
Dos 12 créditos ECTS da materia (300 horas), o 45% son de carácter presencial (135 horas) e o 55% de traballo autónomo (165 horas)

Das 135 horas de carácter presencial, 125 horas desenvolveranse nas institucións colaboradoras (25 horas semanais), e as 10 horas restantes adicaranse a sesións informativas e titorías na Facultade.

Durante o desenvolvemento do Practicum I suspenderase a docencia no resto das materias correspondentes ao segundo cuadrimestre do terceiro curso da Titulación.

Contextualización
No curso 2009/10 iniciabamos o proceso de implantación dos plans de estudo acorde cos requirimentos do novo Espazo Europeo de Educación Superior, posto en marcha no 1999 coa Declaración de Bolonia e que destacaba a importancia de reforzar a investigación-innovación-educación para o que se propoñía como un fin básico mellorar a formación nos contextos das diferentes prácticas profesionais que a nosa lexislación recolle do seguinte xeito: “Os títulos de Grao teñen como finalidade a obtención por parte do alumnado dunha formación xeral, nunha ou varias disciplinas, orientada á preparación para o exercicio de actividades de carácter profesional” (art.9.1), de tal maneira que contempla a posibilidade de establecer prácticas externas que virían a “reforzar o compromiso coa empregabilidade dos futuros graduados e graduadas, enriquecendo a formación…..proporcionando un coñecemento máis profundo acerca das competencias que necesitará” (Preámbulo) (RD 1393/2007, de 29 de outubro, de Ordenación das enseñanzas universitarias oficiais).

O propósito central da materia Practicum non será só poñer en relación a formación adquirida cos diferentes contextos profesionais propios da educación do século XXI, facilitando que o estudantado tome conciencia dos aspectos básicos das prácticas profesionais, senón tamén asignarlle un papel chave na formulación de problemas e cuestións importantes que se usen para poñer en funcionamento a investigación. Trátase de situar a práctica profesional no centro da formación, como elemento a ter en conta para a organización do curriculum, onde a reflexión sobre a experiencia converta dita experiencia en fonte de aprendizaxe, incrementando a capacidade de aprender con autonomía, potenciando a aprendizaxe reflexiva para avanzar na construcción do propio coñecemento, tomar decisións, innovar, buscar recursos e traballar en rede, competencias básicas para as novas titulacións de grao que responden ás esixencias da educación do século XXI.

Competencias do título
Código Competencias da titulación

Resultados de aprendizaxe
Competencias de materia (Resultados de aprendizaxe) Competencias da titulación
1. Familiarizarse cos diferentes contextos profesionais inherentes á Educación Social. A1
A9
A14
A21
B2
B3
B5
B6
C1
C4
C7
C8
Identificar e analizar os factores contextuais que afectan aos procesos de intervención socioeducativa A3
A5
B2
B3
B5
Detectar factores de vulnerabilidade, de exclusión e de discriminación social A11
B2
B3
B5
Desenvolver unha disposición favorable ao traballo en contextos multiculturais e plurilingüísticos A20
B6
C1
C7
C8

Contidos
Temas Subtemas
Os contidos a abordar nos diferentes destinos de prácticas estarán básica e intimamente relacionados cos campos profesionais da Educación Social e os labores inherentes a eles. Así, accións como identificar e analizar os factores contextuais que afectan aos procesos de intervención socioeducativa, detectar factores de vulnerabilidade, de exclusión e de descriminación social que dificultan a inclusión social, escolar e laboral de persoas e colectivos ou desenvolver disposicións favorables ao traballo en contextos multiculturais e plurilingüísticos etc., serán motivo de atención e titorización do alumnado polos respectivos titores/as. Así mesmo, será de interese garantir a presenza do/a educador/a social en formación, naqueles espazos laborais emerxentes que albisquen posibilidades para o exercicio profesional.

Planificación
Metodoloxías / probas Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Traballos tutelados 4 23 27
Saídas de campo 125 100 225
Análise de fontes documentais 0 14 14
Portafolios do alumno 0 20 20
Seminario 10 0 10
 
Atención personalizada 4 0 4
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Traballos tutelados A elaboración do portafolio onde se recolla a experiencia do Practicum I será titorizada mediante sesións de traballo grupal ou individual que terán lugar na Facultade. Durante estas sesións desenvolveranse as indicacións oportunas sobre o contido e a estrutura do traballo, as fontes documentais imprescindibles ou a relevancia e pertinencia da análise da experiencia. Este traballo tutelado poderá contar tamén con exposición e posta en común ante compañeiro/as co motivo de compartir experiencias que enriquezan a aprendizaxe colectiva.
Saídas de campo Constitúen as prácticas pedagóxicas: 125 horas de permanencia na institución educativa desenvolvendo tarefas de observación, análise de caso, colaboración en accións educativas cos profesionais da propia institución etc.
Análise de fontes documentais Utilizaranse documentos bibliográficos relevantes sobre os diferentes contidos aos que o Practicum I da prioridade, como base para as análise e as reflexions sobre a diversidade de experiencias coas que se entre en contacto nas institución educativas. É imprescindible entender a relación teoría-práctica, atendendo aos múltiples factores que inciden no desenvolvemento da intervención educativa, co obxecto de favorecer a construción dunha visión crítica das diferentes formas de interpretar a realidade educativa.
Portafolios do alumno É unha carpeta ou arquivador ordenado por seccións, debidamente identificadas ou etiquetadas, que contén os rexistros ou materiais produto das actividades de aprendizaxe realizadas polo alumno no practicum, cos comentarios e cualificacións asignadas polo titor, o que lle permite visualizar o progreso do alumno. O portafolios ou carpeta inclúe todo o que fai o alumno, como: apuntes ou notas, traballos, guías de traballo e o seu desenvolvemento, comentarios de notas, resumes, autoavaliacións, tarefas desenvolvidas, comentarios de progreso do alumno realizado polo titor, etc.
Seminario 1. Sesión informativa inicial: 2 horas. Información xeral para comentar e precisar a Guía docente, as pautas de carácter xeral e orientar ao alumnado acerca da súa toma de decisión sobre da elección da institución colaboradora, así como explicar as funcións das diferentes persoas que van a titorizar o seu Practicum.

2. Selección de centro: 2 horas.

3. Tres seminarios de titoría durante o Practicum co profesorado titor/a: 6 horas.
- O profesorado de Practicum orientará ó alumnado que titoriza, antes de incorporarse e na data establecida, cando menos, sobre dos seguintes asuntos: documentos a incluír no portafolio, lecturas imprescindibles, datas de entrega dos traballos solicitados, calendarización dos seminarios, e calquera outra suxerencia que estime oportunas.
- Durante a realización do practicum: posta en común dos portafolios do alumnado asignado a un mesmo titor/a co fin de revisar a planificación proposta, formular e resolver as posibles necesidades e/ou conflitos percibidos. Seleccionar e analizar conxuntamente situacións ou procesos representativos do discorrer da práctica profesional. Comentario dos textos ou documentos seleccionados para este fin.
- De avaliación. Responder ás dúbidas do alumnado que titoriza en relación ós documentos solicitados.

Atención personalizada
Metodoloxías
Seminario
Traballos tutelados
Saídas de campo
Descrición
A atención personalizada que se describe en relación a estas metodoloxías concíbense como momentos de traballo presencial co profesor, polo que implican unha participación obrigatoria para o alumando.

A forma e o momento en que se desenvolverá indicarase en relación a cada actividade ao longo do practicum I e o plan de traballo.

Ademais dos seminarios de seguemento do practicum I, o profesorado titor/a da Facultade estará dispoñible no respectivo horario de titorías.

Dito profesorado-titor, realizará alomenos tres contactos cos centros de practicum I:
- A primeira, antes da incorporación do alumnado ao centro para comprobar a recepción da documentación, confirmar a incorporación do alumnado e ultimar os trámites e acordos que foran necesarios.
- A segunda, durante o desenvolvemento do practicum para compartir información sobre o grao de integración do alumnado.
- A terceira, ao remate do período de practicum I e avaliar a experiencia.

Avaliación
Metodoloxías Descrición Cualificación
Seminario O/a titor/a da Facultade avaliará a participación do alumnado nos seminarios cos seguintes criterios:
- Asistencia a todas as sesións presenciais
- Calidade das achegas á hora de expresar dúbidas razoables, expoñer ideas enriquecedoras e compartir experiencias de interese etc.
20
Saídas de campo O/a titor/a da institución colaborador/a realizará a avaliación de implicación e actuación do alumnado no centro/aula 40
Portafolios do alumno O titor/a da Facultade realizará a avaliación do contido do portafolio cos seguintes criterios:
- Capacidade de relación teoría-práctica.
- Dominio conceptual e capacidade analítica.
- Capacidade para relacionar ideas e accións.
- Capacidade de argumentar e fundamentar.
- Expresión escrita propia e claridade expositiva.
- Capacidade de descripción de escenarios, situacións e accións.
- Capacidade de autoavaliación e autocrítica.
- Orixinalidade da proposta.
40
 
Observacións avaliación














Para aprobar a materia será necesario superar
cada un dos elementos da avaliación (seminarios, portafolios e práctica
pedagóxica).

O alumnado que suspenda as prácticas
pedagóxicas e/ou os seminarios, non superará a materia nese curso académico.

Para a segunda oportunidade de avaliación
(xullo), consideraranse válidas as cualificacións das actividades que fosen
superadas na primeira oportunidade.



A cualificación final será a
media das puntuacións obtidas en cada unha das epígrafes. No caso de non
superar a materia, a cualificación será o resultado da media das actividades
suspensas.


Fontes de información
Bibliografía básica

Cómpre consultar a bibliografía das diferentes materias da titulación segundo o ámbito elixido e de acordo coas indicacións dos titores.

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías