Datos Identificativos 2011/12
Asignatura (*) Instalacións II Código 670G01024
Titulación
GRAO EN ENXEÑARÍA DE EDIFICACIÓN
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Terceiro Obrigatoria 6
Idioma
Castelán
Galego
Prerrequisitos
Departamento Tecnoloxía da Construción
Coordinación
Garcia Vidaurrazaga, Maria Dolores
Correo electrónico
d.garciav@udc.es
Profesorado
Alvarez Diaz, Jose Antonio
Garcia Vidaurrazaga, Maria Dolores
Pérez Ordóñez, Juan Luis
Seara Paz, Gumersinda
Correo electrónico
jose.antonio.alvarezd@udc.es
d.garciav@udc.es
juan.luis.perez@udc.es
gumersinda.spaz@udc.es
Web
Descrición xeral

Competencias do título
Código Competencias da titulación

Resultados de aprendizaxe
Competencias de materia (Resultados de aprendizaxe) Competencias da titulación
Saber os requisitos técnicos normativos das instalacións hidráulicas nos edificios (protección de saneamento, canalización de ventilación, e protección contra o lume) A3
Comprobar o deseño de instalacións hidráulicas de edificios (protección de saneamento, canalización de ventilación, e lume) A9
B21
B22
B23
C6
Comprensión dos criterios constructivos das instalacións hidráulicas nos edificios (protección de saneamento, fontanaría, ventilación e lume) e os criterios de aceptación ou rexeitamento establecidos polos regulamentos e normas técnicas de referencia. A18
A19
B5
B16
B21
C6
Comprender os requisitos necesarios para legalizar as instalacións hidráulicas executadas (saneamento, fontanaría, ventilación e protección contra incendios), e do proceso administrativo para cada caso. A9
A18
B21
B22
C1
C6
Atender os requirimentos técnicos normativos para os aparatos de elevación e transporte nos edificios. A3
A9
B5
C6
Comprobar o proceso de montaxe e verificar si se satisfán os criterios para a súa aceptación ou rexeitamento establecidos pola normativa técnica aplicable. A18
B5
B21
B22
Coñecer a regulamentación técnica para legalizar os equipos de transporte no predio e do proceso administrativo para a obtención da autorización de uso. A18
B5
B23
C1

Contidos
Temas Subtemas
Bloque 1.- Instalacións de evaciación de auga en edificios Tipos de compoñentes de instalación
Criterios de deseño
Control de calidade en materiaís
Control de execución
Probas de servizo
Bloque 2.- Instalacións de suministro interior de auga en edificios Características da auga potable
Compoñentes da instalación
Dimensionado
Criterios para control de montaxe
Control de calidade dos materiais
Probas Finaís
Criterios para a legalización das instalacións de suministro de auga
Bloque 3.- Calidade do aire interior en edificios Requisitos para a renovación do aire en edificios
Descrición e tipos de ventilación
Dimensionado
Criterios para o control de calidade dos materiais e equipos
Probas Finaís
Criterios de legalización en instalacións de ventialzación en aparcamento
Bloque 4.- Instalacións de gas en edificios O gas como fonte de enerxía
Tipoloxía de combustibles
Normativa técnica
Características dos compoñentes de instalación
Control de Recepción e Calidade
Control de montaxe
Probas de servizo
Criterios para a legalización de instalacións de gas.
Bloque 5.- Instalacións de climatización en edificios Necesidade de climatización
Normativa aplicable
Confort térmico no interior dos edificios
Condicións ópitmas de deseño
Sistemas de aire acondicionado
Bomba de calor
Recuperación de calor
Volume variable
Análise de casos prácticos
Control de montaxe
Pruebas de servizo
Ciretrios para a legalización das instalacións de climatización
Bloque 6.- Instalacións de protección en caso de incendio Introdución á prevención de incendios
Criterios técnicos para evitar propagación
Requisitos para a evacuación dos ocupantes Instalacións de protección contra incendios(detección, alarma, evacuación e extinción)
Control de recepción de materiais e equipos homologados
Probas de servizo
Criterios para a legalización das instalacións PCI

Planificación
Metodoloxías / probas Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Solución de problemas 52 12 64
Proba de resposta múltiple 6 0 6
Proba obxectiva 6 0 6
Actividades iniciais 2 0 2
Análise de fontes documentais 6 0 6
Sesión maxistral 48 12 60
 
Atención personalizada 6 0 6
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Solución de problemas Aplicación de metodoloxía para o cálculo e dimensionamento da instalación, tendo en conta os parámetros normativos e regulamentarios.
Proba de resposta múltiple Exame teórico con preguntas tipo test ou de resposta curta
Proba obxectiva Exame práctico para resolover problemas similares aos resoltos en clase.
Actividades iniciais Presentación da materia, os seus obxectivos e contidos, metodoloxía didáctica e sistema de avaliación.
Análise de fontes documentais Realizar resumo de normativa aplicable e bibliografía recomendada.
Sesión maxistral Sesión expositiva na que se contemplan os compoñentes das instalacións hidráulicas e de protección en caso de inciendio, metodoloxía para a verificación do cálculo, criterios para o control de calidade e trámites administrativos para obter a autorización de uso.

Atención personalizada
Metodoloxías
Sesión maxistral
Solución de problemas
Descrición
O alumno dispoñerá dun horario de titorías, para realizar as consultas pertinentes e resolver as dúbidas que lle xurdan durante o desenvolvemento do curso académico. Nas devanditas titorías o profesor poderá propoñer traballos complementarios e específicos ao alumno, co obxecto de reforzar o seu coñecemento sobre a materia.

Avaliación
Metodoloxías Descrición Cualificación
Sesión maxistral Esíxese a asistencia ao 80% como mínimo das sesións maxistrais, co obxecto de obter os coñecementos mínimos necesarios das instalacións hidráulicas e de protección en caso de incendio. 10
Proba obxectiva As probas obxectivas teñen por obxecto desenvolver e resolver unha proposta formulada polo profesor, o seu obxectivo é aplicar os coñecementos e metodoloxías adquiridas en distintos bloques a un caso práctico. Realizaranse como mínimo dous, e segundo o tipo de proba o profesor pode estimar a súa resolución en equipos cun número máximo de integrantes de 4. 5
Análise de fontes documentais O alumno realizará un resumo e interpretación de textos normativos e regulamentarios, que facilitasen a súa aplicación a casos prácticos que se formulen na aula. 5
Proba de resposta múltiple Exame tipo test, realizarase un por bloque temático, podendo distribuírse en tres ou máis exames durante o cuadrimestre. 40
Solución de problemas Esíxese a presenza nas clases prácticas e a entrega destas ao finalizar. Neste caso a entrega da práctica constitúe o rexistro de asistencia. Cando algunha práctica ocupe dúas sesións, controlarase a asistencia. 40
 
Observacións avaliación

Asistencia a clase: Só poderán aprobar por curso aqueles alumnos que asistan a mais do 80% das clases.

Exames teóricos: realizaranse como mínimo 3 e un máximo de 6, durante o curso, sendo necesaria unha nota media de 5 para superar a materia por curso. Formúlase unha proba de resposta múltiple ou resposta curta para cada bloque.

Prácticas individuais: o alumno realizará todos os traballos individuais expostos polo profesor, para poder aprobar a materia por curso. Realizaranse un mínimo de 4 traballos. Cualificaranse e a súa nota media contribúe á nota do curso.

Traballos en grupo: Os alumnos realizarán os traballos expostos polo profesor, para poder aprobar a materia por curso. Realizaranse como mínimo 2 traballos. Cualificaranse e a súa nota media contribúe á nota do curso.

Todos os traballos deberán realizarse en papel branco, tamaño A4, letra arial 10. A súa presentación realizarase sen encadernación, fixaranse mediante grampa (non valen clips ou medios de fixación provisionais). Na portada aparecerán os datos do alumno (nome completo e número) e o desenvolvemento deste realizarase de forma correcta e pulcra.


Fontes de información
Bibliografía básica Ministerio de Fomento (2010). Código técnico de la Edificación (CTE). Normativa técnica oficial
José Antonio Álvarez Díaz (2009). Formulario instalaciones de suministro interior de agua en edificios. Universidade da Coruña
VAZQUEZ MORENO, JAVIER y HERRANZ AGUILAR, JUAN CARLOS (2008). MANUAL PRACTICO DE INSTALACIONES EN EDIFICACION (II): INSTALACION ES ENERGETICAS: CALEFACCION, CLIMATIZACION, GAS (2ª ED.). LITEAM
Ministerio de Industria (1985). Reglamento de aparatos de elevación. REAL DECRETO 2291/1985, de 8 de noviembre
Ministerio de Industria (1988). Reglamento de Aparatos que utilizan Gas como Combustible. R.D. 494/1988
Ministerio de industria (2007). RITE (Reglamento de instalaciones térmicas en los edificios). RD 1027/2007

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Instalacións III/670G01035

Materias que se recomenda cursar simultaneamente
Construción II/670G01011

Materias que continúan o temario
Fisica Aplicada I/670G01002
Fisica Aplicada II/670G01007
Construción I/670G01009
Instalacións I/670G01014

Observacións

Este curso está claramente orientado ao coñecemento das instalacións mecánicas do edificio, é dicir, o coñecemento previo de conceptos de mecánica de fluídos e hidráulica son fundamentais para entender os conceptos e aplicar as metodoloxías de cálculo e dimensionamento a casos prácticos. O cal faculta ao alumno para realizar comprobacións e verificacións nos procesos de contratación, control de montaxe, posta en servizo e legalización das devanditas instalacións.



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías