Datos Identificativos 2011/12
Asignatura (*) Ecuacións Diferenciais Código 770G01011
Titulación
GRAO EN ENXEÑARÍA ELECTRÓNICA INDUSTRIAL E AUTOMÁTICA
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Segundo Formación básica 6
Idioma
Castelán
Galego
Prerrequisitos
Departamento Matemáticas
Coordinación
Rodriguez Cabana, Manuel
Correo electrónico
m.cabana@udc.es
Profesorado
Brozos Vázquez, Miguel
Rodriguez Cabana, Manuel
Correo electrónico
miguel.brozos.vazquez@udc.es
m.cabana@udc.es
Web http://campusvirtual.udc.es/moodle
Descrición xeral As ecuacións diferenciais aparecen dun xeito natural na descripción matemática de problemas na Enxeñería Industrial. Nesta asignatura farase unha introducción básica ó estudio das ecuacións diferenciais. Estas clasificaranse en diversos tipos e en función destes estudiaranse distintos métodos de resolución.

Competencias do título
Código Competencias da titulación

Resultados de aprendizaxe
Competencias de materia (Resultados de aprendizaxe) Competencias da titulación
Familiarizarse coa linguaxe matemática e en particular a relacionada coas ecuacións diferenciais A1
B1
B2
B4
Entender as carácteríasticas básicas do plantexamento dun problema matemático facendo uso das ferramentas que nos proporciona o cálculo e en particular as ecuacións diferenciais A1
A5
B1
B4
Ser quen de empregar a bibliografía e as ferramentas TIC disponibles para atopar a información necesaria para resolver un problema dado B1
B4
C3
C6
Resolver ecuacións diferenciais dependendo do tipo por diversos métodos. A6
A7
B1
C6
C8

Contidos
Temas Subtemas
Ecuacións diferenciais ordinarias de primeira orde. Definición. Tipos.
Solucións. Teorema de existencia e unicidade de solución.
Métodos de resolución: variables separables, ecuacións homoxéneas, ecuacións exactas, ecuacións lineais, ecuación de Bernoulli. Resolución numérica: método de Euler.
Ecuacións diferenciais ordinarias de orde superior. Ecuacións homoxéneas e non homoxéneas.
Estructura do conxunto de solucións.
Wronskiano dun conxunto de funcións.
Solucións independentes.
Ecuación característica.
Ecuaciones lineales homogéneas con coeficientes constantes.
Solución da ecuación non homoxénea.
Método de variación de parámetros.
Método dos coeficientes indeterminados.
A transformada de Laplace. Existencia da transformada de Laplace.
Transformada de funcións elementais.
Propiedades: linearidade, propiedades de traslación, cambio de escala, multiplicación por potencias, transformada dunha derivada, transformada dunha integral, transformada dunha función periódica.
Teoremas de valor inicial e final.
Transformadas de funcións especiais: función impulso, función escalón.
A transformada inversa de Laplace. Existencia.
Propiedades e cálculo práctico da transformada inversa.
Convolución de funcións.
Resolución de ecuacións diferenciais mediante a transformada de Laplace.
Sistemas de ecuacións diferenciais. Sistemas de ecuacións diferenciais lineais de primeira orde.
Relación entre sistemas de primeira orde e ecuacións de orde n.
Estructura dos conxuntos de solucións.
Wronskiano dun conxunto de funcións.
Resolución de sistemas homoxéneos con coeficientes constantes: método matricial, obtención de solucións linearmente independentes, obtención da matriz exponencial.
Solución do sistema non homoxéneo: variación de parámetros.
Resolución de sistemas de ecuacións diferenciais mediante a transformada de Laplace.
Resolución numérica: método de Euler para sistemas e ecuacións diferenciais de orde superior.
Introducción ás ecuacións en derivadas parciais. Ecuacións diferenciais en derivadas parciais separables.
Series de Fourier: definición e cálculo para funcións periódicas, pares e impares.
Introducción ás ecuacións clásicas: ecuacións do calor e de ondas.

Planificación
Metodoloxías / probas Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral 21 42 63
Obradoiro 9 9 18
Proba obxectiva 4 0 4
Solución de problemas 21 42 63
 
Atención personalizada 2 0 2
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Exposición oral complementada co uso de medios audiovisuais e a intrducción dalgunhas preguntas dirixidas aos estudantes, coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe
Obradoiro Modalidade formativa orientada á aplicación de aprendizaxes na que se poden combinar diversas metodoloxías/probas (exposicións, simulacións, debates, solución de problemas, prácticas guiadas, etc) a través da que o alumnado desenvolve tarefas eminentemente prácticas sobre un tema específico, co apoio e supervisión do profesorado.
Proba obxectiva Proba escrita utilizada para a avaliación da aprendizaxe, cuxo trazo distintivo é a posibilidade de determinar se as respostas dadas son ou non correctas. Constitúe un instrumento de medida, elaborado rigurosamente, que permite avaliar coñecementos, capacidades, destrezas, rendemento, aptitudes, actitudes, etc
Solución de problemas Técnica mediante a que se ten que resolver unha situación problemática concreta e exercicicos aplicados da materia, a partir dos coñecementos que se traballaron

Atención personalizada
Metodoloxías
Obradoiro
Solución de problemas
Descrición
Resolveranse problemas de diversa índole nas que as ecuacións diferenciais desempeñen un papel importante. Estes serán un complemento idóneo ós contidos desenvolvidos nas sesións maxistrais. Ademais, atenderase á diversidade e heteroxeneidade do alumnado dun xeito particular.

Avaliación
Metodoloxías Descrición Cualificación
Obradoiro Realizaranse problemas e exercicios ó longo do curso que computarán na avaliación. 10
Proba obxectiva Proba escrita utilizada para a avaliación da aprendizaxe 70
Solución de problemas Resolveranse problemas, ben individualmente, ben en grupo, que computarán na avaliación da materia. 20
 
Observacións avaliación

Fontes de información
Bibliografía básica Granero, F. (). Cálculo. Mcgraw-Hill.
Ross, S.L. (). Ecuaciones Diferenciales. Reverté.
Boyce, W. e DiPrima, R (). Ecuaciones Diferenciales. Limusa.
Derrick, W.R. (). Ecuaciones Diferenciales. Fondo Educativo Iberoamericano.
Braun, M. (). Ecuaciones Diferenciales. Ed. Iberoaméricana.
Simmons, G.F. (). Ecuaciones Diferenciales. Mcgraw-Hill.
R. Kent Nagle, Edgard B. Saff. (). Fundamentos de Ecuaciones Diferenciales. Addison-Wesley Iberoamericana
Zill, D.G., Cullen, R. (). Matemáticas avanzadas para ingeniería 1 : ecuaciones diferenciales.. McGraw-Hill Interamericana
Gonzalez Montiel, J. (). Problemas de ecuaciones diferenciales. Publ. U.P. de Madrid.
Spiegel, M.R (). Transformadas de Laplace. Mcgraw-Hill.

Bibliografía complementaria

 


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario
Cálculo/770G01001
Física I/770G01003
Alxebra/770G01006

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías