Datos Identificativos 2012/13
Asignatura (*) Economía de Galicia. Economía territorial e políticas públicas Código 611440010
Titulación
Mestrado Universitario en Xestión e Políticas Públicas (Plan 2009)
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 2º cuadrimestre
Primeiro Optativa 3
Idioma
Castelán
Galego
Prerrequisitos
Departamento Economía Aplicada 1
Economía Financeira e Contabilidade
Coordinación
Lopez Martinez, Ivan
Correo electrónico
ivan.lopezm@udc.es
Profesorado
Calvo Silvosa, Anxo Ramon
Lopez Martinez, Ivan
Correo electrónico
anxo.calvo.silvosa@udc.es
ivan.lopezm@udc.es
Web
Descrición xeral La materia presenta, desde una perspectiva estructural, los rasgos básicos de la economía gallega, con especial referencia a los aspectos sectoriales, geográficos (principalmente, la articulación en la economía del Estado español y en la de la Unión Europea) e institucionales.

Competencias do título
Código Competencias da titulación
A2 Analizar e contribuír á definición dos problemas aos que as administracións públicas territoriais (e outras…) tratan de responder coas súas propias políticas.
A3 Recopilar, elaborar e interpretar informacións relevantes, cualitativas e cuantitativas para a toma de decisións.
A5 Identificar os actores e os intereses que poidan estar implicados no proceso de decisión, propoñendo os instrumentos capaces de afrontar e resolver posibles conflictos.
A6 Deseñar os procesos para a toma de decisións coa finalidade de favorecer a rápida adopción das políticas e a súa eficaz posta en funcionamento.
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.
C8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.

Resultados de aprendizaxe
Competencias de materia (Resultados de aprendizaxe) Competencias da titulación
Analizar e contribuír á definición dos problemas aos que as administracións públicas territoriais (e outras…) tratan de responder coas súas propias políticas. AM1
Recopilar, elaborar e interpretar informacións relevantes, cualitativas e cuantitativas para a toma de decisións. AM2
Identificar os actores e os intereses que poidan estar implicados no proceso de decisión, propoñendo os instrumentos capaces de afrontar e resolver posibles conflictos. AM4
Deseñar os procesos para a toma de decisións coa finalidade de favorecer a rápida adopción das políticas e a súa eficaz posta en funcionamento. AM5
Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma. CM1
Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida. CM3
Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común. CM4
Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse. CM6
Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida. CM7
Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade. CM8

Contidos
Temas Subtemas
Tema 1. A evolución socioeconómica da realidade galega no longo prazo
Tema 2.A economía galega no momento actual.
Tema 3. Factores de crecemento: recursos naturais, ambientais, humanos, de capital e tecnolóxicos
Tema 4. Sector agrario e pesqueiro
Tema 5: Sector enerxético e mineiro
Tema 6. Sector industrial
Tema 7. Sector servizos
Tema 8. Dinámica do emprego e mercado de traballo
Tema 9. Sector financeiro
Tema 10: O sector empresarial
Tema 11. Sector público
Tema 12. A distribución persoal da renda. Desigualdade e pobreza
Tema 13. Estrutura espacial interna da economía galega
Tema 14. As relacións económicas co exterior. Globalización, competencia e deslocalización
Tema 15. A economía galega na UE.

Planificación
Metodoloxías / probas Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Actividades iniciais 0.5 0 0.5
Sesión maxistral 5 0 5
Presentación oral 8 16 24
Resumo 3 6 9
Seminario 3 0 3
Prácticas a través de TIC 1.5 3 4.5
Proba de resposta múltiple 1 26 27
 
Atención personalizada 2 0 2
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Actividades iniciais Neste ámbito, farase a presentación da materia, do xeito en que está estruturada e interrelacionada, da importancia dos temas que se tratarán, da metodoloxía e modos de acometer o traballo.
Sesión maxistral O profesorado exporá parte do temario con esta técnica. Profundará naquelas cuestións que poidan suscitar dúbidas no alumnado e fomentará unha acaída comprensión dos temas expostos.
Presentación oral O alumnado fará exposicións, de xeito individual, a partir de textos que desenvolven cuestións relacionadas co temario da materia. Estes textos poderán ser indicados polo profesorado e esixirán traballo persoal de análise ao alumnado.
Resumo A partir dun/s texto/s proporcionado/s polos docentes, o estudantado, de xeito individual, terá que desenvolver comentario/s crítico/s deste/s demostrando o dominio dos conceptos esenciais da materia e as relacións existentes entre eles.
Seminario Concíbense como ámbitos de posta en común, debate e discusión sobre os contidos da materia. Normalmente seguirán ás presentacións orais e aos resumos.
Prácticas a través de TIC Acudirase á aula de informática para que o alumnado poida facer procuras de fontes de información relevantes sobre a economía galega.
Proba de resposta múltiple Consistirá en probas tipo test sobre aspectos teóricos ou prácticos vinculados ao temario.

Atención personalizada
Metodoloxías
Presentación oral
Descrición
Os docentes estarán ao servizo dos estudantes para facer un seguimento e resolver cantas dúbidas puidesen xurdir, especialmente, na elaboración da presentación oral e dos temas que esta aborde.

Avaliación
Metodoloxías Descrición Cualificación
Presentación oral Valorarase o dominio e a comprensión do tema exposto e tamén a capacidade na comunicación oral do mesmo. De tratarse dun tema libre, ademáis do anterior, valorarase a adecuación do tema exposto á materia e o seu grado de dificultade. 30
Sesión maxistral Este item de avaliación refírese á asistencia participativa ás sesións presenciais. 5
Proba de resposta múltiple Realizarase no período de exames e comprenderá preguntas sobre os contidos da materia. 35
Resumo Valorarase o dominio e a comprensión do tema, ademáis das capacidades de síntese e expresión escrita. 30
 
Observacións avaliación
Cualificación de non presentado. Corresponde ao alumnado, cando só participe de actividades de avaliación que teñan unha
ponderación inferior ao 20% sobre a cualificación final, con independencia da cualificación acadada. 
Condiciones de realización da avaliación final. Está prohibido acceder á aula de exame con calquera dispositivo que permita a
comunicación co exterior e/ou o almacenamento de información.

Fontes de información
Bibliografía básica LAGO, I.; LAGO, S. (2006). 25 anos e autonomía en Galicia: mudanzas políticas e económicas. Santiago de Compostela. EGAP
YÁÑEZ, R. (2000). As relacións banca-industria en Galicia. Ed. Laiovento, Santiago.
DÍAZ, C. (Coord.) (2010). Autonomía e modernidade en Galicia: unha análise dos cambios económicos e sociais entre 1981-2009. Vigo. Galaxia
ALVAREZ CORBACHO, X. e PRADA, A (2007). Chaves da economía pública galega. Vigo. Editorial Galaxia
PRADA BLANCO, A. (2004). Economía de Galicia: situación actual y perspectivas. Santiago. TresCres
FERNÁNDEZ LEICEAGA, X. e LÓPEZ IGLESIAS, E. (2000). Estrutura Económica de Galiza. Santiago. Laiovento
PRADA BLANCO, A.; LAGO PEÑAS, S. (2009). Galicia: unha economía europea. Vigo. Galaxia
ÁLVAREZ POUSA, L. (2010). Informe Galicia 2010. Santiago de Compostela. Atlántica de Información
Consello Económico e Social (varios anos). Informes e informes Opinión. Santiago. CES
CIEF- FUNDACION CAIXAGALICIA (varios anos). Inofme ..... A Coruña
MEIXIDE, A.(Coord.) (2010). La internacionalización de la economía gallega. Santiago de Compostela. CIEF
BEIRAS TORRADO, X.M. (1973). O atraso económico de Galicia. Vigo. Editorial Galaxia
GONZÁLEZ LAXE, F (1996). Os desafíos económicos de Galicia.. Santiago. Fundación Luis Tilve
BARREIRO GIL, M.J. (2008). Revista Galega de Economía, vol. 17, número monográfico “Política rexional comunitaria”. Santiago de Compostela
DÍAZ, P., FERNÁNDEZ, A. e RODRÍGUEZ, X.A. (2000). Revista Galega de Economía, vol. 9, nº 1, número monográfico “A economía galega ante o século XXI”. Santiago de Compostela

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións
E importante a lectura de prensa e de revistas económicas. Estarán ao dispor do estudantado materiais varios na fotocopiadora e/ou no moodle da materia.


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías