Datos Identificativos 2012/13
Asignatura (*) Tese de mestrado Código 611440026
Titulación
Mestrado Universitario en Xestión e Políticas Públicas (Plan 2009)
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 2º cuadrimestre
Primeiro Obrigatoria 6
Idioma
Castelán
Galego
Prerrequisitos
Departamento Análise Económica e Administración de Empresas
Economía Aplicada 1
Economía Financeira e Contabilidade
Coordinación
Correo electrónico
Profesorado
Calvo Silvosa, Anxo Ramon
Garcia Lorenzo, Antonio
Martin Palmero, Federico Guillermo
Martinez Fernandez, Valentin
Novo Peteiro, Jose Antonio
Orosa Gonzalez, Jose Javier
Rey García, Marta
Rivera Castiñeira, M. Berta
Correo electrónico
anxo.calvo.silvosa@udc.es
antonio.garcia.lorenzo@udc.es
f.g.martin@udc.es
valentin.martinez@udc.es
jose.novop@udc.es
javier.orosa@udc.es
marta.reyg@udc.es
b.rivera@udc.es
Web http://http://www.economicas.udc.es/subido/normativa_master_tese_mbf_2009.pdf
Descrición xeral A Máster-Tese é un traballo de especialización, que integre os coñecementos asimilados nas diversas disciplinas impartidas durante o mestrado centrado, ben no desenvolvemento dunha aplicación de tipo práctico ou ben na realización dun traballo de investigación.

Competencias do título
Código Competencias da titulación
A2 Analizar e contribuír á definición dos problemas aos que as administracións públicas territoriais (e outras…) tratan de responder coas súas propias políticas.
A3 Recopilar, elaborar e interpretar informacións relevantes, cualitativas e cuantitativas para a toma de decisións.
A4 Identificar os instrumentos adecuados para lograr os resultados desexados e imaxinar os posibles escenarios.
A5 Identificar os actores e os intereses que poidan estar implicados no proceso de decisión, propoñendo os instrumentos capaces de afrontar e resolver posibles conflictos.
A6 Deseñar os procesos para a toma de decisións coa finalidade de favorecer a rápida adopción das políticas e a súa eficaz posta en funcionamento.
A7 Orientar ás institucións públicas implicadas no desenvolvemento das relacións interinstitucionais e co sector privado.
A8 Suxerir instrumentos de seguimento e control para observar os resultados.
A9 Acadar coñecementos e habilidades para analizar, decidir e implantar e optimizar actuacións vinculadas ao uso de novas tecnoloxías na xestión e nas políticas públicas.
B1 Capacidade de análise e síntese.
B2 Capacidade de aprender.
B3 Resolución de problemas.
B4 Capacidade de aplicar os coñecementos na práctica.
B5 Capacidade para adaptarse a novas situacións.
B6 Preocupación pola calidade.
B7 Habilidade para traballar de forma autónoma.
B8 Traballo en equipo.
B9 Capacidade para organizar e planificar.
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C2 Dominar a expresión e a comprensión de forma oral e escrita dun idioma estranxeiro.
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
C5 Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras.
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.
C8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.

Resultados de aprendizaxe
Competencias de materia (Resultados de aprendizaxe) Competencias da titulación
A Máster-Tese facilitará o desenvolvemento das habilidades críticas, analíticas e creativas do alumnado ao adaptar solucións e métodos estudados na teoría a problemas reais. AM1
AM2
AM3
AM4
AM5
AM6
AM7
AM8
BM1
BM2
BM3
BM4
BM5
BM6
BM7
BM8
BM9
CM1
CM2
CM3
CM4
CM5
CM6
CM7
CM8

Contidos
Temas Subtemas
A Máster-Tese deberá constar das seguintes partes:
• PORTADA
• AUTORIZACIÓN DO TITOR DA MÁSTER-TESE
• ÍNDICE PAXINADO
• RESUMO
• INTRODUCIÓN XERAL
• CORPO DO INFORME
• CONSIDERACIÓNS / CONCLUSIÓNS FINAIS
• BIBLIOGRAFÍA
• ANEXOS, no seu caso.
O proxecto que , deberá realizarse en lingua galega ou castelán, non superará as 100 páxinas a dobre espazo e
tamaño de letra 12. A maiores, tamén poderá ser presentada unha copia e outro idioma da U.E.
Cada unha das partes mencionadas debe recoller a seguinte información:
1. PORTADA. Será de deseño libre pero incluirá: Escudo e nome da Universidade; Nome da Facultade; nome do
máster; título da Máster-Tese e nomes do autor e do tior; ano de presentación
2. RESUMO: recolle un breve resumo do contido do traballo.
3. INTRODUCIÓN XERAL: recolle a intención do autor e presenta o problema ou tema específico de estudo (os
obxectivos ou as hipóteses). Descríbense as principais características do traballo, unha breve discusión sobre os
antecedentes teóricos e empíricos e defínense os conceptos principais que serán utilizados no estudo. Tamén debe
incluír o resumo das partes nas que se estruturou o traballo e o proceso de elaboración que se seguiu.
4. CORPO DO INFORME, composto por: fundamentos teóricos, metodoloxía, aplicación práctica e conclusións.
Esta parte é a que desenvolve propiamente o traballo. Nel descríbese o método seguido, as achegas acadadas, o
proceso de produción e recollida de datos e a súa análise, así como os principais instrumentos e procedementos
usados.
5. CONCLUSIÓNS. Recolle ao final os principais os resultados e conclusións.
6. BIBLIOGRAFÍA: Ao final do informe aparece a sección de referencias a obras e fontes consultadas.
7. ANEXOS: O apéndice ou anexo achega unha información detallada que doutro xeito distraería a lectura no
corpo do informe. Esta sección do traballo pode incluír táboas, gráficos, unha mostra do/s cuestionario/s
empregado/s etc. No texto do traballo farase referencia aos contidos do anexo. Un traballo pode incluír máis dun
anexo.

Planificación
Metodoloxías / probas Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Traballos tutelados 0 143 143
 
Atención personalizada 7 0 7
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Traballos tutelados A Máster-Tese será realizado de forma individual baixo a supervisión dun/nha
profesor/a titor/a. Admítese a co-titorización.
A elección do/a titor/a e do tema deberá producirse cando menos tres meses antes da
finalización do prazo de presentación da Máster-Tese.

Atención personalizada
Metodoloxías
Traballos tutelados
Descrición
O/A titor/a será un/ha profesor/a doutor/a.
Terá que facilitar ao alumnado as orientacións adecuadas para elaboración da Máster-Tese. Isto non implica que o director ou titor do proxecto resolva os problemas, xa que se está a examinar a capacidade do alumnado para facerlles fronte.
Antes da presentación para ser avaliada, o titor supervisará a realización do proxecto, a calidade dos seus contidos e que se desenvolva de acordo coas presentes normas. Dará a súa opinión sobre cada estudante e o traballo realizado cubrindo o formulario elaborado e dando a conformidade para que se poida presentar ante a Comisión de defensa da Máster-Tese.

Avaliación
Metodoloxías Descrición Cualificación
Traballos tutelados O traballo será defendido polo alumnado ante a Comisión designada pola Comisión Académica do Máster. Para a avaliación da Máster-Tese o tribunal valorará:

- No caso de Máster-Tese con orientación profesional: a existencia dun produto/resultado, aplicabilidade e funcionalidade e calquera outra característica que permita establecer as capacidades do alumno no ámbito profesional relacionado coa temática do Máster.

- No caso de Máster-Tese con orientación académica: a calidade científica do traballo, valorada tanto polos resultados alcanzados, difusión e/ou as posibilidades de continuidade do traballo.

- En ambos casos se valorará tamén a presentación pública da Máster-Tese e a calidade formal do documento presentado.
100
 
Observacións avaliación


O traballo da Máster-Tese só poderá ser avaliado unha vez que se teña constancia de que o alumnado ten superado cando menos o 70% dos créditos totais necesarios para a obtención do título de Máster. 


O alumnado presentará á Coordinación do Máster, cunha antelación mínima de 15 días antes da defensa do proxecto, tres exemplares da Máster-Tese. Tamén presentará o proxecto en formato electrónico.


Fontes de información
Bibliografía básica

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario
Marco xurídico para a xestión das políticas públicas/611440001
Institucións e políticas na Unión Europea/611440002
Financiamento das facendas subcentrais/611440003
Avaliación de programas e proxectos públicos/611440004
Contabilidade Pública/611440005
Orzamentos e control da xestión pública/611440006
Calidade e xestión pública/611440007
Goberno dixital: implantación e estratexias de e-administración/611440008

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías